AUTÓCTONAS GALEGAS 9

Page 3

EDITORIAL

A CERTIFICACIÓN 100% RAZA AUTÓCTONA, UN PASO ADIANTE No mes de febreiro deste ano, as cinco razas bovinas autóctonas galegas recibiron a autorización para o emprego do novo logotipo oficial 100% Raza Autóctona coa que xa contaban a Ovella Galega, a Galiña de Mos e a Cabra Galega, polo que actualmente as oito razas pertencentes a Boaga poden ser etiquetadas con este selo de calidade. Os operadores (produtores, transformadores e comercializadores) que queirades facer uso del debedes darvos de alta especificamente para o caso a través das asociacións da Federación correspondentes, como o fixestes ata a data preto dun cento de vós. Se ben a súa utilización non é obrigatoria, si é moi recomendable cara aos consumidores, para ofrecerlles unha información completa da trazabilidade da vosa produción e unha garantía de seguridade alimentaria, cada vez máis demandadas no mercado global. A comercialización e o marketing asociado son, precisamente, os aspectos que máis traballamos nos últimos anos para paliar o descoñecemento que había sobre as razas autóctonas de Galicia que se atopan en perigo de extinción e para que este sistema de produción sexa rendible. Neste número da revista continuamos a serie de entrevistas a través das cales falades en primeira persoa da vosa experiencia: que produtos sacades, que canles de distribución tedes, quen son os vosos clientes, se optastes por unha marca comercial propia, cales son as vosas estratexias de venda, como evolucionou o voso negocio, etcétera. É a mellor maneira de presentar este tipo de actividade, e de convencer. Por iso cando planificamos a asistencia a feiras agroalimentarias e a outros eventos profesionais contamos coa vosa presenza, para manter esa relación directa. Na mesma liña, nas nosas campañas de promoción queremos mostrar o gando, que o público vexa a beleza das vacas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa, do Galo e da Galiña de Mos, da Ovella Galega, da Cabra Galega. Que saiba que excepcionalmente eses días están nun recinto feiral, pero que o seu lugar é o monte, o medio natural. E que desa crianza en liberdade proveñen as carnes e os ovos que logo sorprenden polo seu sabor, o sabor de raza. Destacámolo na portada, a cociña coas razas autóctonas é unha aposta diferente, tamén, sen dúbida, unha cociña 100%. Detrás da súa potencialidade culinaria hai moito traballo. Primeiro, o dos gandeiros que criamos as razas e, despois, o dos técnicos que estamos a investigar o valor engadido das producións. Desta vez presentamos os estudos dos novos produtos cárnicos e os novos cortes comerciais do cordeiro da raza Ovella Galega, por unha banda, e do efecto da produción e da calidade dos ovos da raza Galiña de Mos fronte á estirpe industrial, coa caracterización da canal e da carne de desvelle, pola outra. O outro avance da temporada é a creación e posta en funcionamento dunha rede de pequenos centros de envasado de ovos da Galiña de Mos procedentes de explotacións avícolas artesanais, para cuxa instalación publicamos unha guía da que vos damos conta nestas páxinas. Imos polo bo camiño!

3

AUTÓCTONAS número

9

A REVISTA DAS RAZAS AUTÓCTONAS GANDEIRAS GALEGAS

VERÁN 2016

EDITA: FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA Fontefiz. 32152. Coles (Ourense). Teléfono: 988.20.54.86 Fax: 988.20.54.89 Email: boaga@boaga.es Web: www.boaga.es Presidente: José Benito Gayoso González Vicepresidente: José Manuel González Lamelas Secretario-tesoureiro: Lisardo López Blanco Vogais: M.ª Hortensia Alonso Alonso, José Blanco Blanco, M.ª Hortensia Rodríguez González, Francisco José Monasterio Solveira PRODUCE: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A. 27002. Lugo. Teléfonos: 982.22.12.78 / 636.95.28.93, 610.21.53.66 Email: transmedia@ctransmedia.com Web: www.transmedia.es Tirada: 2.500 exemplares Depósito legal: LU-399/2007

SUMARIO ENTREVISTA Pascual Abalo (Mosteiro de Oseira)

4

Miguel Cordero (Granxa Teixeiro e Pistón)

7

José Manuel González (Ganado de Lemos SL)

10

Ramón Vázquez

13

COMERCIALIZACIÓN Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa xa somos 100% Raza Autóctona. Únete a nós!

16

OVELLA GALEGA Novos produtos e cortes comerciais da raza Ovella Galega

18

GALIÑA DE MOS Efecto da produción e calidade do ovo da raza Galiña de Mos fronte á estirpe industrial

21

Primeiros pequenos centros de embalaxe de ovos da raza Galiña de Mos

34

NOVAS

38


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.