Afriga97

Page 84

84

AGRICULTURA

DOSSIER: SEMENTEIRA DO MILLO

Data óptima de sementeira e colleita

CICLO

DATA DA SEMENTEIRA

DATA DA COLLEITA

ALTITUDE

200 300 400 500 600

10 maio-15 xuño 25 abril-31 maio 20 abril-15 maio 10 abril-15 maio 10 abril-10 maio

30 setembro-15 outubro 20 setembro-20 outubro 15 setembro-15 outubro 15 setembro-10 outubro 15 setembro-10 outubro

0-300 metros 0-300 metros 0-250 metros 0-200 metros 0-150 metros

Relación entre a integral térmica e o ciclo

TÉRMICA INTEGRAL TÉRMICA A CICLO INTEGRAL A FLORACIÓN 35% HUMIDADE GRAN 200 300 400 500 600

850-900 °C 900-960 °C 960-1020 °C 1020-1060 °C 1060-1120 °C

Porcentaxe de sementeira segundo o ciclo na Mariña lucense e Asturias

CICLOS

% SUPERFICIE

200 300 400 500 600

10 20 20 20 30

1450-1500 °C 1500-1560 °C 1560-1620 °C 1620-1680 °C 1680-1740 °C

Tamén cómpre destacar que nas sementeiras temperás a eficacia dos herbicidas de presementeira ou preemerxencia é moito maior, xa que a humidade do terreo é maior e as temperaturas non son tan elevadas, diminuíndo así a evaporación da auga, condición fundamental para un bo funcionamento dos devanditos herbicidas. Ademais, as sementeiras tardías coinciden coa xerminación das malas herbas, aumentando a probabilidade de ter que usar herbicidas de postemerxencia, co consecuente gasto engadido. Así mesmo, se se planifica unha sementeira temperá e se realizan os labores profundos no mes de marzo ou a principios de abril teremos máis marxe para incorporar herbicidas, práctica esta que se está demostrando como unha boa solución para combater as malas herbas. Outro efecto favorable de sementeiras máis temperás é a maior resistencia á seca, xa que cando chegan os meses de xullo e agosto estas plantas teñen un maior desenvolvemento radicular. As densidades de sementeira ás que adoitamos traballar atópanse entre 80.000 e 90.000 plantas. Normalmente, estas son un pouco maiores en sementeiras temperás e en terreos fortes e máis próximas ás 80.000 plantas en sementeiras máis tardías e en terreos máis lixeiros. Hai que ter en conta tamén que a maior densidade de sementeira, maior tempo tarda o millo en alcanzar a súa madurez.

VARIEDADES

O ADIANTO DA SEMENTEIRA DARANOS A OPORTUNIDADE DE SEMENTAR UN CICLO MÁIS LONGO E APROVEITAR O SEU POTENCIAL PRODUTIVO SEN CORRER OS RISCOS DO OUTONO (XEADAS, VENTO, ENCHARCAMENTO…)

AFRIGA ANO XVIII - Nº 97

Como norma xeral, resaltar que as variedades de ciclos longos son máis resistentes a enfermidades foliares que as de ciclo curto. En canto á porcentaxe de amidón, non se encontraton diferenzas significativas entre ciclos, xa que os ciclos longos conteñen maior cantidade de gran, pero tamén teñen plantas de maior porte, co que a relación espiga-planta mantense. Nos ciclos curtos, as espigas teñen de media entre 1214 filas e 30-35 grans por fileira, mentres que nos longos teñen entre 18-20 filas e 40-42 grans por fileira. Ademais, os grans adoitan ser maiores nos ciclos longos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.