Afriga 95

Page 79

80

CONVOCATORIAS

O concurso atlántico de Holstein encheu as gradas e levou á pista ata 200 frisonas do país

UN GRAN SALÓN XENÉTICO Un dos puntos fortes do Space de Rennes, o salón xenético, volveu xuntar 750 animais nos concursos, nas presentacións de descendencias dos mellores touros e nas poxas. Contáronse no recinto unhas 650 reses bovinas, sendo o resto do gando ovino, caprino e cabalar. Fixeron falta 70 toneladas de palla, 42 de silo de millo, 16 de feo, outras 16 de substitutivos de forraxes e 5 de tortas de soia para alimentalas e estiveron pendentes delas, ademais dos seus propietarios, 35 vaqueiros, 8 chóferes e 35 traballadores en prácticas. Como dato curioso, apuntar que as 400 vacas leiteiras alí congregadas produciron máis de 40.000 litros de leite. Entre os certames morfolóxicos cobraron especial relevancia o festival xenético de charolesa, que levou á pista 85 animais pertencentes a 30 explotacións, e o concurso Prim’Holstein Atlántica, no que tiveron representación os 200 mellores animais das cinco rexións leiteiras do oeste francés, xulgados por David Biarnes. Pero ademais celebráronse festivais das razas leiteiras Pie Rouge, Simmental, Jersey e Parda e das razas cárnicas e concursos interrexionais das razas Normanda e Montbéliarde.

A Agricultura Ecoloxicamente Intensiva presentouse como nova tendencia sostible no rural

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

O salón xenético congregou 750 animais

PREMIO PARA 54 INNOVACIÓNS Este salón da gandería serve de plataforma de lanzamento de moitos produtos novidosos que contribúen a mellorar as condicións de traballo no campo, algo que se valora e premia no Space. A elección dos galardoados recae nun xurado independente formado por representantes do Instituto de Investigación Agronómica de Europa (INRA), o Instituto Nacional da Propiedade Industrial (INPI) e a Axencia Nacional de Seguridade Sanitaria (Anses), así como de institutos técnicos especializados, cámaras de agricultura e prensa agrícola especializada. Este ano recibíronse 136 candidaturas e distinguíronse á fin 54 produtos, 15 con dúas estrelas e 39 cunha estrela; ademais, os 7 produtos favoritos do xurado recibiron simbolicamente tres estrelas. Destas 54 innovacións con premio, 16 están dirixidas ao vacún. Por exemplo, destacaron un chip electrónico para a identificación das vacas durante o muxido e o envío de datos a un software, un portal de Internet para a venda directa, predictores da fertilidade das vacas, quentadores de auga de tanque dobre con 250 litros de capacidade e 95 graos de temperatura máxima, distribuidores de camas de palla ou dispensadores móbiles do alimento que chegan a todos os recunchos. A AGRICULTURA ECOLOXICAMENTE INTENSIVA A Plataforma de Investigación e Desenvolvemento consagrouse desta volta a fomentar as prácticas da Agricultura Ecoloxicamente Intensiva (AEI) como vía de futuro dende unha perspectiva técnica, social e medioambiental. Destináronse máis de 300 metros cadrados do pavillón 4 para a plataforma da AEI, concepto de cuño recente, desenvolvido e promovido no 2008 polo enxeñeiro agrónomo e economista Michel Griffon. O propio Griffon interveu nun debate levado a cabo no transcurso da feira e algúns agricultores seguidores da AEI compartiron co público os seus métodos. Este movemento busca responder ás necesidades alimenticias dunha poboación en crecemento que necesita manter os niveis de produción agrícola, reducir o consumo de insumos de síntese e de recursos non renovables e mellorar a protección do medio natural.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.