Afriga 129. Edicion en galego

Page 68

68

formación

VIAXE TÉCNICO-PROFESIONAL DE EFA FONTEBOA A LA VENDÉE. PAYS DE LA LOIRE (FRANCIA)

ESTUDO COMPARATIVO DE DIFERENTES SISTEMAS DE PRODUCIÓN DE LEITE Do 10 ao 17 de marzo alumnos do Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa realizaron un intenso e enriquecedor programa de traballo en La Vendée (rexión francesa de Pays de la Loire), orientado a descubrir os diferentes sistemas de produción de leite e outras iniciativas innovadoras. Antes de entrar en territorio galo, os participantes tiveron a oportunidade de visitar a granxa San José, en Tamarite de Litera (Huesca). Luis García Fernández Director do Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa Coristanco (A Coruña)

A GRANXA SAN JOSÉ: UN REFERENTE NA PRODUCIÓN DE LEITE A NIVEL NACIONAL Polo volume de produción, pola eficiencia e polos protocolos de xestión, a granxa San José é un referente na produción de leite a nivel nacional. Nesta explotación cultivan 900 ha, moxen 2.700 vacas e danlles emprego directo a 55 traballadores, organizados nas diferentes áreas da empresa. Detrás dos datos económicos hai un traballo de tres xeracións. Foi en 1961 cando comezaron con media ducia de vacas para chegar ao centenar de reses vinte anos máis tarde. A finais dos 80 xa se aproximaban ás 500 e, dende

entón, trazaron o plan de seren competitivos por volume de produción e, por suposto, coidando todos os aspectos inherentes ao bo manexo do rabaño e ao benestar animal. Hoxe contan cuns efectivos de 2.700 vacas adultas e ao redor de 2.000 xatas e xovencas para reposición das vacas de descarte e o aumento do rabaño. Teñen como obxectivo chegar ás 4.500 vacas en 2020. Producen ao ano 32 millóns de litros de leite e dentro de tres esperan achegarse ata os 60 millóns; trátase de aproveitar as economías de escala, explica Jaume Pont, pois as infraestruturas xa están construídas e agora trátase de rendibilizalas e optimizar o seu rendemento. O último investimento, de 3 millóns de euros, foi unha sala de muxido rotativa de 80 puntos, toda unha aposta de futuro.

AFRIGA ANO XXIII - Nº 129

afriga129_formacion_fonteboa_galego.indd 68

24/05/2017 17:07


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.