003 revista ff decembro 2013

Page 10

FF Un título e unha presenza mundialista poderían ser os novos marcos xeográficos de Ana Buceta.

Ana Buceta, triunfando na elite

Que significa o fútbol na túa vida? Para min, a palabra fútbol é algo máis que un simple xogo entre rapaces que lle dan patadas a un balón. É a miña ilusión de cada día, o que me permitiu vivir algún dos momentos máis felices da miña vida.

Desde pequena leva a paixón polo fútbol, pola competición e por superar permanentemente retos. Un espírito grande, propio das que axiña se lles queda sen recunchos o espazo que habita. As ligas escolares de Moaña acabaron por mostrala como unha futbolista diferente, capaz de competir, nesas idades, con futbolistas deses aos que, pouco despois, o Celta, o Alondras ou o Pontevedra lles acaba botando o ollo. Pequena ficou tamén a lexislación que impedía a esa futbolista precoz demostrar que o hábitat máis natural para a súa formación era o segundo chanzo do fútbol español. Preclara desde sempre, a súa pulsión competitiva levábaa a discutir cos seus primeiros técnicos aspectos tácticos do xogo. Baixar un chanzo agrandou a súa personalidade reflectido noutro concepto que está deixando de ser frecuente na vida: compromiso. Un ano no purgatorio compensoulle para obter a súa primeira Copa oficial e que se lle abriran as portas ao mellor equipo galego dos últimos tempos. En Vigo se lle abriron outras portas, as de xogar para gañar calquera partido e as de Europa a través da selección española sub’19. En Vigo gozou da dozura dun ascenso histórico á Primeira División e foi capaz de sobrevivir nas antípodas do éxito. No fondo, a expiación dun ano de derrotas tiña que pagar con réditos a frustración de reprimir a arte do jogo bonito. O Levante non deixou pasar a oportunidade. Agora dous nomes marcan a súa vida: Valencia e As Rozas. Quereda quere tela perto porque sabe que o talento da galega continúa a crecer.

Comezas en Moaña, a túa vila, como todas as rapazas, en equipos mixtos de base. A verdade é que eses anos foron realmente bos. Estaba rodeada dos meus amigos e compañeiros de clase que me trataban moi ben. Pero axiña chega o interese do Bértola por ti. Como foi o de ir ao equipo de Vilaboa? Meu pai é de Vilaboa e coñecía ao presidente do Bértola, que me mirou xogar co Moaña algúns partidos. Sempre lle dicía que eu tiña que ir para alí e así foi. En calquera caso, vas e atopas o primeiro obstáculo: a idade. Si, iso foi unha cousa que me amolou bastante porque me perdín varios partidos importantes por culpa da idade. Eu pensaba que podía xogar con trece anos se cumpría os catorce nese mesmo ano, pero non foi así. Malia todo, te estreas na Segunda. Lémbrache algo o nome de Zaida? Lémbrome ben dese nome. Tiven que usar a súa ficha ata que cumprín os catorce anos. Vamos con outro nome da época: Jesús Bujía. Sendo unha novata parece que tes tido algunha discordancia. Con que non concordabas da súa metodoloxía? Tivemos as nosas discrepancias dentro do terreo de xogo xa que, en varias ocasións, tiñamos maneiras diferentes de pensar, pero foi un 10


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.