"Luís Seoane Textos sobre deseño"

Page 14

Entre os artistas galegos que se dedicaron á decoración e ilustración do libro debemos salientar no século XIX a Ánxel Balaca, Cendón e Guisasola e Mayer, e xa no século XX a Bujados, Alfonso R. Castelao, Castro Gil, Cebreiro, Manuel Colmeiro, Camilo Díaz, Fernández Mazas, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Portela, Máximo Ramos, Federico Rivas, Luís Seoane, Arturo Souto, Varela de Seijas e Manuel Torres, entre outros. Sinalamos a parte os grandes debuxantes galegos que realizaron case todo o seu labor nesta República, onde adquiriron xusta notoriedade sen que por iso esquecesen o seu país natal, como Cao, Alonso Lourido, Peña e Silva. O primeiro, ao mesmo tempo que realizaba o seu profuso e importante labor de debuxante satírico, entregado á paixón política deste país, editaba pola súa conta El Eco de Galicia, que máis tarde dirixiu e editou o historiador galego Manuel Castro López, tamén residente nesta República. Dos escritores máis destacados de Galicia que impulsaron a edición de libros débense citar os nomes ilustres dos historiadores e escritores don Benito Vicetto e don Manuel Martínez Murguía e a este último debemos, ademais, que na súa obra publicada en Vigo en 1862 titulada Diccionario de Escritores3 aportase un dicionario bastante completo de impresores como primeira parte dese libro, no que están sinaladas as imprentas galegas desde aquela primeira fundada polo Conde de Monterrei ata a Tipografía Galaica, que publicaba na época en que

Luís Seoane - 14 - Textos sobre deseños


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.