O NOTICIEIRO Editorial "Eu quero que Galiza entre no concerto dos pobos civilizados; quero que fale a súa lingua , que desenrole a súa cultura, que aporte o seu esforzo á civilización da Humanidade.” Lois Peña Novo. A Nosa Terra, 1922
Un ano máis, rematamos este curso escolar 2021/2022 que, aínda que pasamos por momentos de incerteza, rematámolo con moita ilusión e esperanza dun futuro mellor. Neste curso traballamos o Proxecto de Centro “Pasiño a Pasiño faise o camiño” onde aprendemos as etapas do Camiño de Santiago, a Ruta do Padre Sarmiento, a gastronomía do camiño, a súa fauna e flora, o noso Patrimonio e onde realizamos moitos proxectos de investigación arredor del, respectando e valorando a nosa cultura. Ademais, celebramos o Magosto, o Samaín, o Nadal, o Entroido, os Maios, sen esquecernos de conmemoracións como o día da Muller,día da non violencia de xénero ou o día da Paz. Mencionar tamén as distintas actividades implementadas polos distintos equipos do centro como a radio escolar, brincaletras, ou o camiño lector coa Compostela lectora. Recibimos a visita de contacontos e charlas informativas de diversa temática e realizamos saídas didácticas como a visita a Santiago de Compostela ou Á Illa de Cortegada. Neste mes de maio homenaxeamos a Florencio Delgado Gurriagán, autor ao que se lle adica este ano o días das letras galegas, realizando moitas actividades de fomento da lingua galega tendo a este autor emigrado como referente na defensa e promoción da lingua galega. Por último, agradecemos a todo o alumnado, profesorado, familias, ANPA e demais comunidade educativa, por toda a implicación, esforzo e axuda para poder desenvolver o noso proxecto educativo de xeito tan satisfactorio. Tamén queremos, antes de rematar, desexarlle moita sorte ao alumnado de 6º de Primaria que este ano nos deixa, para comezar unha nova etapa educativa. Sen máis, desexarvos que pasedes un bo verán!
CEIP VILAXOÁN
2
XUÑO 2022