Paxariño, gorrión ¿onde vas facer o niño? na carballa de San Pedro no máis alto ramalliño. (María 69 anos - Ponte Mandrás)
O raposo vai berrando pola rodeira do carro lava os ollos na cabeza e o cu debaixo do rabo. (Luz Divina 70 anos)
Catro aves escollidas son as que pasan o mar, o cuco, e maila andoriña, a rula e o papallás.
Ó subir as escaleiras unha mosca me picou, collina pola orella bofetadas que levou. (María 78 anos - Pieles)
O cuco, cuco, cuqueiro, o cuco, cuco, cucán madrugón e cantareiro, cantareiro e madrugan. Polas mañás ben cediño, o cuco canta “cu-cú”, ¡como o teño por veciño, ¡eu trato o cuco de tú! Túa nai e maila miña quedan no río berrando, por culpa dunha galiña que ten amores co galo. Teño lanchas, teño redes teño sardiñas no mar teño un amor que me quere e líbrame de traballar. (Eladio 83 anos - Confurco)
Animal como o piollo non o hai máis recuado, come carne cando quere e anda sempre a cabalo. (María 78 anos - Pieles) O piollo vai na arada e a pulga vai sementar e tamén vai a carracha derreada co xantar. (Eladio 83 anos - Confurco) O piollo está enfermo no hospital de San Roque. Corre pulga vaino ver que o piollo está á morte. (Purificación 73 anos - Cea)
O raposo está berrando no alto de Camagüiñas. Que lle leven uns zocos que o piquen nas espiñas. (Eladio 83 anos - Confurco)
7