Cántame Cóntame Avoa

Page 45

Se non tendes sachos traémolos nós, arados de ferro e carros de bois. (Amelia 61 anos) Costureiriña bonita, ¿onde tes a túa cama? no poleiro das galiñas, cunha presa de palla. (Manuel Jorge 65 anos - Bustelo) Costureiras non chas quero, se mas dan ríome delas, cantos pillos hai na calle dormen á noite con elas. (Manuel Jorge 65 anos - Bustelo) Costureiras non as queres, costureiras non chas dan, para o mozo que ti eres chégache o cocho do can. (Manuel Jorge 65 anos - Bustelo) A costela dunha pulga e o zarrizo dun piollo, mantiveron sete xastres na semana do entroido. (Manuel Jorge 65 anos - Bustelo)

Poñan atención señores o que vamos a contar, a vida dos mariñeiros que houbemos naufragar. Fíxense ben neste barco feito de pan de ameneiro, viñemos cargar a noia de viño para o ribeiro. E saímos do Ribeiro, o barco ten bo velame, cargados de mineral para a mina de lousame. (Purificación 73 anos - Cea) Seguide sempre faenando, marisqueiros de Galicia, que hai moita xente na terra, que vos quere con ledicia. traballan de noite e de día, e son escravos do mar, nas nosas rías galegas, cando van a mariscar. os homes e as mulleres que loitan na nosa terra, hoxe quero recordalos, con esta canción galega.

Costureiriña bonita a túa agulla picoume tanta foi a picadela que durmía e espertoume. (Concha 73 anos) Costureiriña bonita tecedeira regalada éntrache o sol pola porta e o luar pola ventana. (Concha 73 anos)

45


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Cántame Cóntame Avoa by O Cole de Cea - Issuu