Quedou Mariuca viuda, matouse toda a chorar antes do ano xa tiña un meniño que arroular. (Pura 84 anos) Chamáchesme trabusqueira herba co gando non come, é mellor ser trabisqueira ca muller de ruín home. (Carmen 69 anos - Vales) O cura vendeu a burra por non lle dar a cebada, e agora vai ós enterros a cabalo da criada. (María 60 anos - Agrosantiño) O cura e maila criada foron ós garabuxiños, o cura caeu de cu e a criada de fuciños. (Manuel Jorge 65 anos - Bustelo) O cura e maila criada, ordenaron de cocer, tiñan a leña no monte e a fariña sen moer. (Manuel Jorge 65 anos - Bustelo) O cura cando vai fóra déixalle dito á criada: veña tarde, veña cedo, déitate na miña cama. (Manuel Jorge 65 anos - Bustelo) O señor cura non baila, porque ten unha coroa, baile señor cura, baile, que Dios todo o perdoa. (Manuel Jorge 65 anos - Bustelo) Canta cuco, canta cuco, canta cuco no penedo, anque remede-los ollos cuco non che teño medo. (Felisa 83 anos) Túa nai e maila miña foron á festa dos nobelos a miña trouxo nobelos e a túa merda nos dedos. (Paz Josefa 53 anos)
Eu non sei o que pasa Antón que tu tes o fuciño untado, e a min fáltame da horta un lechón. (Felesindo 86 anos) O que cabritos come, e cabra non ten de algures lle vén. (Felesindo 86 anos) Cando andaba pretendendo, saliume a cousa mal e caín nun rego de auga e derreteume o sal. E cando salín de alí, salín cun grande bicho, pero eu salín dicindo que logrei o meu capricho. (Felesindo 86 anos) Pasei pola túa porta e mirei polo postigo, e vin á túa nai rañándoche o embigo. (Francisco 79 anos) Pasei xunto da túa porta, e mirei polo cerrollo, e vin á túa nai meténdoche un pau nun ollo. (Francisco 79 anos) Miña nai deume unha tunda co aro dunha peneira miña nai teña vergonza que vén a xenta da feira. (Amelia 61 anos) Cálate vaite calando cara de tuturutú que matache a teu pai cunha dentada no cu. (Purificación 73 anos - Cea) Cálate vaite calando cara de leite mazado que levaches a teu pai á misa nun borrico pelado. (Amelia 61 anos) Cálate vaite calando cara de cañoto seco que pereces o meu marráu cando foza no esterco. (Purificación 73 anos - Cea)
38