Non teño medo ós teus ditos nin medo do teu meigallo que ando cunha vacaloura e catro dentes de allo. (Pura 84 anos)
María ten sete saias todas sete lle están ben debaixo das sete saias ten a máquina do tren. (Juan 70 anos - Fondo de Vila)
O cura chamoume Rosa, eu tamén lle respondín, destas rosas, señor cura non as hai no seu xardín. (Pura 84 anos)
Ai roxiña, roxiña do pelo toma tres cartos e móstrame aquilo, toma outros tantos e ti dáme aquilo, ai roxiña, roxiña do pelo. (Juan 70 anos - Fondo de Vila)
A miña nai e maila túa foron á feira dos pendentes a miña trouxo pendentes a túa ferros nos dentes. (Manuel 51 anos)
Aviva esa gaita, mozo, que a traes amortexada e as nenas da miña terra quérena máis avivada. (Juan 70 anos - Fondo de Vila)
O zorro vai cantando por onda a roda do carro leva os ollos na cabeza e o cu debaixo do rabo. (Pura 83 anos)
Querer quéroche ben fago todo o que tu mandes, pero contigo non durmo que tes as pernas moi grandes. (Carmen 69 anos - Vales)
A miña nai e mais a túa foron a feira dos novelos a miña trouxo novelos a túa terra nos dedos. (Pura 83 anos)
Si queres que vaia e veña, neniña, ó teu lugar has de prender a cadela que non fai senón ladrar. (Bernardino 82 anos)
Heiche de dar o boi blanco, heiche de dar o boi blanco, e mais a vaca marela, e mais a filla máis nova, meu ben, para que te cases con ela. (Carmen 70 anos)
A muller que capa os homes anda polas feiras todas fuxide homes, fuxide, que aí vén a capadora. (Paca 65 anos - Costa de Monte)
Heiche de dar o boi blanco, heiche de dar o boi blanco, e mais a vaca marela, e mais a filla máis nova, meu ben, se non queres a máis vella.. (Carmen 70 anos) Unha vella díxolle á outra polo burato da porta tu goberna a túa vida que a miña nada che importa. (Bernardino 82 anos) Chámasme atrevidiño por mirar na túa ventana atrevidos son aqueles que dormen na túa cama. (Luz Divina 70 anos)
A muller do coxo ten o pelo roxo. dálle coxo, dálle non lle teñas noxo. (Paca 65 anos - Costa de Monte) Baselisa ten un niño e tres tellas no tellado e o niño da Baselisa cando chove está mollado. (Paca 65 anos - Costa de Monte) Teño unha herba na horta que rebenta polo pé así has rebentar ti se di-lo que non é. (Manuel Horacio 51 anos)
36