Combinado traxes

Page 4

TRAXES TÍPICOS DE BANGLADESH O Sari: É a indumentaria máis usada entre as mulleres do subcontinente indio que é a rexión do planeta onde se atopa Bangladesh. Consiste nun lenzo de seda, longo e lixeiro, que se usa como vestido. Debaixo do Sari, as mulleres teñen que poñerse unha blusa e unha enagua introducindo un extremo na cintura e despois enrólano ó redor do seu corpo.

O Shalwar Kameez: É unha vestimenta composta por unha camisa longa e uns pantalóns anchos na parte superior e estreitos no nocello. É unha prenda usada tanto polas mulleres coma polos homes en Asia do Sur e Asia Central de onde despois pasou á India. MULLERES

HOMES


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.