Revista albares 2014

Page 10

ALBARES

MAGOSTO E SAMAÍN NO COLE Outro ano mais celebramos o magosto no cole. Os nenos da clase de 1º A fixemos un montón de cousas. Por exemplo, no tempo do Magosto, preparamos unhas coroas moi xeitosas, feitas con cartolina, plastilina, ceras, alkil, e virutas de ceras. Mirade que bonitas quedaron!!!. Ahhh!!!. tamén fixemos uns saquiños para botar as castañas!!! Ademais, no Samaín, os corredoiros do cole quedaron terroríficos con todo o que fixemos: cabazas, o monstro da porta, unha bruxa que apareceu no teito de súpeto,

castelos,

pantasmas….UHHHHH,

qué medo!!!!

CELEBRAMOS O ENTROIDO Este ano o Entroido estivo dedicado ás actividades artísticas. Colorido, desfiles, bailes e moita alegría é o que se vivíu na celebración do Entroido 2014 para compensar o frío que nos acompañou o venres 28 de febreiro. Polo cole pasaron os personaxes mais variopintos: pintores, piratas, músicos, cociñeiros...toda unha explosión de cor e fantasía que percorreu as rúas da nosa vila. Despois deste alegre desfile os nenos/as degustaron doces de Entroido. Solicitamos a colaboración das familias para que cada alumno trouxese un doce típico desta época do ano e o Concello regalounos un paquete de caramelos. Tamén o alumnado de secundaria amenizou este día cunha morea de bailes e coreografías cada cal mellor. Pasámolo moi ben!!

10


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.