ALBARES

Page 1

Xuño 2012. Nº1

ALBARES REVISTA ESCOLAR Cpi conde de fenosA. Ares

LBARES


ALBARES ENTREVISTA A MARU, A NOSA XEFA DE ESTUDOS

REVISTA ESCOLAR CURSO 2011-2012

Nº 1

QUE É ALBARES? NESTE NÚMERO ATOPARÁS:

Co nome de Albares, sae á luz un proxecto feito polo Equipo de Dinamización Lingüística e a colaboración da Biblioteca Escolar “Carabela de Ares”do noso

QUE É ALBARES?.

COMO PASA O TEMPO!.

centro. Vos preguntaredes o porqué do nome. Albares parte da palabra Alba e

PROXECTOS SOLIDARIOS.

Ares. O alba é a primeira luz do día, simboliza a iluminación, o coñecemento, o

ARES A FONDO.

ESTREAMOS NOVO EQUIPO DIRECTIVO.

ENTREVISTA A BLANCA, A NOSA DIRECTORA.

ENTREVISTA A MARU, A NOVA XEFA DE ESTUDOS.

CELEBRAMOS O DENIP.

CONTOS PARA OS PEQUERRECHOS.

JAVIER CRISTOBO,UN INVESTIGADOR DE ARES NA ANTÁRTIDA .

bal, do que pasa no noso centro ao que pasa no mundo. Aquí tamén encontrare-

O RECUNCHO DA LECTURA.

des pequenas pinceladas das moitas actividades que fomos realizando ao longo do

DIVERGARDEN.

curso.

PROXECTO SECCIÓNS BILINGÜES.

LETRAS GALEGAS 2012: VALENTÍN PAZ ANDRADE.

INTRODUCIÓN Á INVESTIGACIÓN E Á COMPETENCIA DIXITAL NAS MATERIAS DE CIENCIAS, LINGUA, INGLÉS E PLÁSTICA EN 1º ESO.

O CINE NO ENSINO: UNHA EXCUSA PARA PENSAR.

CONCURSOS NO COLE.

XX RALLYE MATEMÁTICO OU...CATRO DÍAS EN TOULOUSSE.

“TUNEANDO” O NOSO COLE.

QUE É UN CÓDIGO QR?.

RATOS DE LABORATORIO, A HISTORIA NUNCA CONTADA DE MENDEL.

Benvidos a tod@s e xa sabedes, estamos abert@s a suxestións e críticas construti-

A NOSA BIBLIOTECA.

vas.

EMOCIONANTE PRINCIPIO, DESEXADO FIN.

VILARIÑO VAISE COA HISTORIA A OUTRA PARTE.

espertar á vida, o dar a luz. Por iso mesmo con este nome damos a luz o noso primeiro número desta publicación escolar, en Ares, no noso centro o “Conde de Fenosa”. Con este boletín, e desde as súas seccións perseguimos informar e divulgar novas, opinións, informacións, artigos de interese, nun eixe que vai do local ao glo-

Neste puñado de follas palpita un Curso Escolar, único e irrepetible como son todos os cursos escolares, cheos de vivencias, de alegrías e sensabores como é a vida mesma, porque a Escola é a vida e educa para a vida. Esperamos que o próximo curso melloremos esta publicación con novos contidos e formatos e, por suposto, con nov@s colaboradores e dinamizadores. Finalmente queremos animar a todos e todas a que sigades a nosa publicación no blogue de dinamización lingüística: tesmoitalingua.blogspot.com así como na páxina web do centro:http://www.edu.xunta.es/centros/cpicondefenosa/ e no blogue da biblioteca http://carabeladeares.blogspot.com, onde poderá ser consultada cantas veces desexedes, sendo posible imprimir toda a revista ou parte da mesma.

A redacción

1


ALBARES COMO PASA O TEMPO!! “PARECE QUE

Parece que foi onte cando, por primeira vez neste curso, as aulas volvían a ter vida. Desde entón

FOI ONTE

pasaron moitos días e semanas de contidos, actividades, traballos, nervios, sorrisos e, seguramente,

CANDO, POR

algunha que outra decepción. Pero todo supón xa un conxunto de experiencias que nos acompaña-

PRIMEIRA VEZ NESTE CURSO, AS AULAS VOLVÍAN A TER VIDA” .

rán o resto das nosas vidas. Cada curso supón para todos un reto novo que hai que afrontar con esforzo, enerxía e ilusión, e para algúns, este curso, seguro que foi especialmente duro. Posiblemente os alumn@s de 1º da ESO superaron xa a vertixe de pasar de ser os maiores de primaria aos menores de secundaria; os alumnos de 2º da ESO botarán agora de menos o curso de 1º, onde todo parecía máis doado; pola súa banda, os de 3º renderanse á evidencia de que están noutro ciclo, con todo o que iso supón, e os alumn@s de 4º seguro que xa se deron de conta de que habitan o curso que pecha toda unha etapa. E así, con présas e sen máis pausas que as estritamente necesarias, chegamos ao remate, pechando un duro curso de traballo e recollendo o que durante este tempo sementamos cada un de nós. As vacacións, máis que merecidas, espérannos xa aí na volta, e por iso desde Albares queremos animarvos a que neste tempo de descanso recarguedes as baterías para comezar o novo curso con gran enerxía e o mellor dos vosos sorrisos. Yolanda Castro. Coordinadora do EDL

2


ALBARES PROXECTOS SOLIDARIOS Nos últimos tempos por desgraza, a palabra crise está a orde do día. E por isto que , infinidade de institucións veñen dando resposta activa as demandas urxentes de axuda de un número cada vez máis numeroso de persoas que, arrastradas polos efectos da crise, recurren á elas para buscar solucións puntuais a súa situación de precariedade e vulnerabilidade social. No noso colexio tamén somos sensibles a este tipo de problemas e así, por segundo ano consecutivo, realizamos a campaña de recollida de alimentos para a Cociña Económica. Recadáronse preto de 600 quilos de todo tipo de alimentos non perecedeiros que foron levados, coa colaboración do Concello, ata Ferrol. FOI IMPRESIONANTE!. Desde aquí queremos destacar a colaboración e a solidariedade de toda a comunidade educati-

Desde o CPI “Conde de Fenosa” agradecemos a todo

va e a xenerosidade a favor dos que máis o necesitan.

o alumnado a participación na carreira “Quilómetros de Solidariedade” e por suposto, a nosa atleta Paula

Outro acto solidario que se desenvolveu no noso centro foi a carreira “Quilómetros de Solida-

Mayobre por apoiar

riedade”. Acompañados de Paula Mayobre, a atleta aresán campiona de España, fixemos un

esta causa e correr

percorrido dende o colexio ata o club náutico e voltamos. Grazas aos alumnos e alumnas que

cos rapaces e

buscaron patrocinadores entre os profesores/as e tamén fóra das aulas, a recadación superou os

rapazas do noso

800 euros.

colexio.

Cristina Reborido e Menchu Garrote , alumnas de 4º ESO 3


ALBARES ARES A FONDO Dende esta sección queremos dar a coñecer a beleza da nosa vila. Como todos sabedes Ares è unha pequena vila mariñeira, coroada pola sua fermosa ría. Conta cuns 5.700 habitantes pero son moi poucos os que coñecen a nosa vila a fondo. Ímos poís a facer un pequeno percorrido. Estades preparad@s?. ARES E AS SÚAS PRAIAS

Darémosvos todos os detalles das praias máis fermosas da vila. Dende as calas máis pequenas ata as praias máis grandes. PRAIA DA BARROSA, ESTACAS

Praia en forma de cuncha, de area dourada, situada na ensenada de Ares, illada, nunha contorna virxe e rural de difícil acceso. Cálida, ventosa e con augas tranquilas, ideal para nadar e gozar da auga e do sol nunha paisaxe case salvaxe, a escasa distancia do núcleo urbano. Conta con 198 escaleiras para chegar ata ela.

PRAIA DE ARES

Esta praia ten 1,3 km. Está situada no casco urbano e preto do porto. O paseo marítimo rodea toda a praia e conta con diferentes accesos (rampas, escaleiras, etc.). A súa area é branca e de grosor medio. É unha praia ventosa de augas tranquilas ideal para a vela.

PRAIA DE SESELLE

Cunha extensión dun quilómetro, a praia de Seselle está situada nunha zona semiurbana. É unha praia de area dourada; é ventosa e de ondaxe moderada. Equipada con bastantes servizos e zonas de fondeo é frecuentada por barcos de recreo. A temperatura da auga oscila entre os 20 e os 22º de temperatura.

Cristina Reborido e Menchu Garrote , alumnas de 4º ESO 4


ALBARES ESTREAMOS NOVO EQUIPO DIRECTIVO Este curso 2011-2012 estreamos novo equipo directivo no noso centro. Algúns dos membros xa estaban no anterior equipo como é o caso de Charo, a xefa de estudos de primaria ou Juan que é o secretario. A novidade é o cargo de directora que recae en Blanca Cortizas e o de Maru Cuíña como xefa de estudos de secundaria. Dende aquí queremos felicitar o novo equipo e desexarlle todo o mellor na súa andaina . E para que saibades un pouco as súas impresións sobre este novo reto ao que se enfrontan ( a de levar a bo porto a organización do noso cole) , aquí vos deixamos as entrevistas que amablemente nos concederon.

ENTREVISTA Á NOSA DIRECTORA BLANCA

“ PASAR DA XEFATURA Á DIRECCIÓN

Ola Blanca, en primeiro lugar queremos darche

cei pensando que era o traballo que menos me gus-

a en hora boa polo teu novo cargo de Directora e

taba dos do equipo directivo, non me desagradou,

agradecerche o teu tempo para esta entrevista,

estiven contenta desenvolvéndoo, grazas aos meus

xa que sabemos que isto da dirección che ten

compañeiros e, en verdade, ao alumnado e ás fami-

bastante ocupada. Ben, queríamos saber que tal

lias, é dicir, á toda comunidade educativa que mo

che vai na dirección, moito traballo?

fixeron moi agradable.

Moitísimo traballo, pero estou ilusionada con

Que opinas sobre os cambios que está a sufrir o

esta nova situación e poder realizar o proxecto

colexio?. Considero que o noso centro escolar é un

educativo que estamos desenvolvendo .

centro activo e, como tal, creo que os cambios que

Notaches moito cambio da xefatura á direc-

estamos vivindo son positivos e nomeo os seguintes:

ción?. Pasar da xefatura á dirección supuxo

 Moito traballo por parte do profesorado que se

SUPUXO UNHA

unha perda de relación directa co alumnado e

implica cada vez máis na vida do centro, na súa

PERDA DE

ter máis relación co resto do persoal do centro:

adaptación á educación 2.0 así como a desenvol-

RELACIÓN

profesores, persoal non docente, ANPA, institu-

ver o seu labor con gran responsabilidade.

DIRECTA CO

cións: Concello, Consellería, ..., é dicir, máis tra-

ALUMNADO”.

ballo de oficina, e sempre rodeada de papeis.

 Boa colaboración coa ANPA, Concello, e Inspec-

ción educativa.

Que función cumple unha directora?. Unha di-

 Se pensamos no cambio físico, destaco: O labor

rectora ten que coordinar todas as actividades,

do profesorado e alumnado en mellorar o aspecto

plans, proxectos, garantir a convivencia, xestio-

físico do centro: xardíns, horta... ; a colaboración

nar, ser a representante do centro ante a admi-

continua do concello na mellora e mantemento do

nistración educativa …, é dicir, dinamizar toda

centro; a mellora da cuberta de ESO por parte da

a vida no centro.

Consellería e tamén a posibilidade de ampliación

É difícil ser directora dun colexio?. Por que?.

do noso centro que, cando sexa efectiva veremos

Ser directora dun colexio require moita dedica-

como mellorarán os recursos, infraestructuras

ción, gran responsabilidade e dar resposta a cal-

(por fin ,teremos biblioteca de centro).

quera incidencia, eventualidade, problemas....en momentos que, ás veces non depende de tí. Canto tempo estiveches como xefa de estudos?. Gustouche a experiencia?. Estiven 6 anos. A verdade que aínda que come5


ALBARES

Algunha vez tiveches algunha situación que non

Tamén considero un gran reto acadar o conve-

puideras resolver?. Pois claro, aínda que sempre o

nio co concello sobre o uso do Pavillón Depor-

intentas todo, non é posible porque, como xa co-

tivo, posto que os horarios do profesorado de

“CONSIDERO

mentei antes, neste traballo, non todo depende de

educación física, ao ter que coordinar os tres

FUNDAMENTAL A

tí. Por exemplo, agora que estamos a falar de am-

niveis: infantil, primaria e secundaria, com-

AMPLIACIÓN DO

pliación do noso centro para educación infantil, o

parten pista dous grupos sempre e, ás veces ,

CENTRO PARA

equipo directivo, temos claro que, organizativamen-

con grupos de actividades realizadas polo con-

REORGANIZAR

te, quedaría mellor o aulario no terreo que van a

cello, complicando o horario e a organización

TODOS OS

anexar ao centro, pero creo que non vai poder ser

do centro.

RECURSOS QUE

debido a razóns legais, polo que haberá traslado da

Tes algunha anécdota que poidas compartir

TEMOS E ASÍ

pista cuberta, solución que non nos gusta pero an-

con nós?. Nunca digas nunca xamais, porque

MELLORAR AS

tes de non facelo…

a min pasoume. Eu sempre dixen que, aínda

NOSAS

Como nova directora, qué retos afrontas cara o

que me gusta traballar en equipo, traballaría

futuro?. Considero fundamental a ampliación do

nun equipo directivo en calquera posto agás

centro para reorganizar todos os recursos que temos

na xefatura de estudos, e sen embargo, foi o

e así mellorar as nosas instalacións:

primeiro cargo no que comecei.

 Biblioteca de centro.

Moitas grazas Blanca por as túas palabras e

Comedor escolar

boa sorte. Grazas a vós.

INSTALACIÓNS”.

Aula Usos múltiples Aula de Informática. Aula de psicomotricidade

Blanca coas responsables desta reportaxe Laura Sánchez e Sabela Feal. Alumnas de 4º ESO 6


ALBARES ENTREVISTA A MARU, A NOSA XEFA DE ESTUDOS Ola Maru ante todo felicidades polo teu cargo.

Como é o día para unha xefa de estudos?. É duro?

Queríamos preguntarche como foi o cambio de ser só

Pois non é doado. Sempre pensas en positivo pero

profesora a xefa de estudos?. Comecei a principio de

non sabes como se vai desenvolver o día: se terás

xullo de 2011 e a verdade é que non foi progresivo

que lidiar con alumnos/as que se resistan a cum-

senón repentino. Imaxinade, rematei o curso o 30 de

prir as normas, chamar a pais e nais para comuni-

xuño de 2011 como profesora e empecei o día 1 de

carlles o comportamento dos seus fillos/as, chegar

xullo como xefa de estudos. Non houbo período de

a acordos cos compañeiros/as sobre diferentes

adaptación. A administración non nos oferta un

aspectos do ensino,... Como dicía ao principio da

curso para formarnos, para que nos afagamos cuns

entrevista, ao non ter unha formación específica

mínimos coñecementos para poder exercer o cargo.

para desempeñar este cargo, moitas veces dame a

Que fai unha xefa de estudos?. As competencias dun/

sensación de ir dando paus de cego. Teño que dar

ha xefe/a de estudos son bastantes e afectan a dife-

as grazas aos meus compañeiros do equipo directi-

CLIMA DE

rentes aspectos da vida nun centro. De xeito xeral,

vo, que xa tiñan experiencia.

TRABALLO QUE

pódese dicir que coordina e vela pola execución das

Cantos anos levas neste colexio?. Cambiou moito

HAI NO

actividades académicas de alumnado e profesorado.

desde que chegaches?. Levo vinteseis anos traba-

COLEXIO”.

Concretando máis, podo citarvos algunhas: organizar

llando e neste colexio dende o ano 2000, é dicir,

os agrupamentos do alumnado, coordinar as progra-

iste é o duodécimo curso. Xa son uns cantos anos!.

macións, a organización dos horarios, coordinar as

O colexio cambio moito. Cando eu cheguei eran os

reunións de profesorado, as actividades titoriais, for-

tempos nos que na prensa saían noticias sobre a

mar parte do Consello Escolar,...etc.

violencia e indisciplina nas aulas e eu viña de

Que é o que máis e o que menos che gusta do teu

traballar en Ed. Infantil e o cambio foi significa-

posto?. Por que?. O que máis me gusta é o excelente

tivo. A xente coa que me tocou traballar neste

clima de traballo que hai no colexio e, o que menos, é

colexio estivo sempre moi comprometida coa edu-

a carga excesiva de traballo e moitas veces a tensión

cación e os problemas que xurdían íanse resolven-

emocional que se sofre. A miúdo o xefe de estudos

do coa implicación de todos. Axudou moito a es-

vese como o malo da película.

tabilidade do profesorado e que todos, cada un

Que pensaches cando che propuxeron ocupar este

coas nosas diferenzas, unificásemos criterios para

posto?. Pensei que ía ser difícil estar á altura das

crear un bo clima.

“ O QUE MÁIS ME GUSTA É O EXCELENTE

circunstancias despois de ter unha xefa de estudos excepcional como Blanca, agora a nosa directora. Ela animoume moito e prestoume todo o seu apoio. Tamén pensei que me apetecía probar algo novo despois de vinteseis anos traballando. Vino como unha etapa máis, como a posibilidade de ser docente dende un posto de moita responsabilidade. 7


ALBARES

Gustaríache compartir algunha anécdota con nós?.

viñera a miña nai a axudarme a limpar a aula.

Teño moitas anécdotas. Contareivos algunhas:

Noutro cole, en Cedeira,e tamén en Ed. Infantil,

Traballei durante algúns anos na unitaria de S.

un neno de 4 anos acercouse a min e díxome que

Xiao de Montoxo, entre Cedeira e Ortigueira. Os

quería facer pis e se lle quitaba o “poliño”. Eu

rapaces tiñan que vir en taxi e ían chegando en quen-

pregunteille se tiña unha granxa. Vaia eufemismos

das de cinco. Dende os primeiros aos últimos pasa-

que utilizamos ás veces os adultos!.

ANOS

ban uns 45m. O mesmo pasaba á hora de marchar.

Xa neste colexio, nunha clase de lingua castelá

TRABALLANDO

Había un neno, chamábase Diego, que dende que

nun exame en 2º de ESO, ante unha pregunta na

E, NESTE

chegaba ata que marchaba estaba a chorar todo o

que solicitaba a definición de monólogo, un alum-

COLEXIO, DESDE

tempo e preguntaba cando ía vir Manolo (o taxista)

no contestou literalmente “os manolos son uns

O ANO 2000, É

a buscalo. O problema era que contaxiaba a algún

señores que saen na tele contando chistes e que ás

DICIR ISTE É O

máis e formábase un coro de choros durante un tem-

veces son tan bós que editan libros”. E xa para

DUODÉCIMO

po considerable da mañá porque os choros íanse rele-

rematar contar que neste curso, en 1º de ESO,

CURSO”.

vando de neno a neno.

estabamos a escribir entre todos un diálogo directo

Na mesma unitaria, tiñamos que realizar certas tare-

narrativo. No diálogo interviñan varios perso-

fas con pinturas de dedos determinados días á sema-

naxes, entre eles un camelo. Xurdiu a palabra

na porque a limpeza da aula non se facía todos os

“antaño”. Un alumno, que estaba copiándoo do

días. Certo día, fun falar ao concello coa persoa en-

encerado, preguntoume que tipo de droga era.

cargada de solucionar os problemas que xurdían nas

Moitas grazas Maru polo teu tempo e desexámoste que todo te vaia ben nesta nova andaina. Grazas a vós.

escolas da zona e pedinlle unha solución. Díxome literalmente que se quería pintar todos os días, que

“LEVO VINTESEIS

Maru con Cristina e Carmen, membros do equipo de redacción Cristina Montenegro e Carmen Díaz. Alumnas de 4º ESO 8


ALBARES CELEBRAMOS O DENIP O acrónimo DENIP significa Día Escolar da Non-violencia e a Paz, xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal, como punto de partida e de apoio para unha educación nonviolenta e pacificadora de carácter permanente e que se practica o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte do Mahatma Gandhi. No noso cole como todos os anos, e este non ía ser menos, celebramos o día da Paz e a non Violencia. Realizamos unha morea de actividades tanto en primaria como en secundaria. Os alumnos de 1º da ESO deseñaron unha serie de debuxos e lemas sobre a paz que logo foron convertidos en pegatinas e repartidos por todo o colexio. Tamén os alumnos de 2º e 3º da ESO elaboraron un mural moi chulo coa pomba da paz de Picasso e un lema que dicía "cada noite, antes de que pechemos os nosos ollos para durmir, lembremos que a paz é o noso soño". Un lema que reflicte o que todos e todas deberíamos sentir. Tamén fixemos unha estupenda actividade para os pequerrechos de 5 anos do cole. Esta actividade estivo programada polas profes de música e relixión e consistiu en contarlle aos pequenos dous contos acompañados dunha interpretación musical. Os contos chamábanse “Buscando a paz” e “A espada pacifista” e a melodía que os rapaces de 3º interpretaron foi o “Himno á Alegria”. E os alumnos e alumnas de primaria non ían quedar atrás así que fixeron tamén moitas cousas: foron á sala de usos múltiples ver unha obra representada polos compañeiros de teatro da ANPA. A obra ía sobre un extraterrestre que levaba a reflexionar sobre as diferenzas entre os países ricos e pobres. Despois, compañeiras de 6º foron polas aulas de primaria e contaron un conto e léronlles un manifesto pola paz a todos os nenos de primaria. Ademais repartiron pegatinas que fixeron os rapaces de secundaria para conmemorar esta data. Tamén, fixeron unhas pombas picasianas no corredor e outras moitas actividades.

Laura González. Alumna de 3º Diver 9


ALBARES CONTOS PARA OS PEQUENOS Este curso nós, os maiores do cole, realizamos unha experiencia preciosa e moi gratificante que consistiu en representar unha serie de contos aos máis pequerrechos. Os alumnos de 3º DC, contámoslles aos máis pequenos dous contos elixidos polo departamento de lingua castelá e galega. Para preparar as representacións fomos axudados por Aida, que fixo un excelente traballo de directora, Marisa que axudou co atrezo e Teresa que, xunto con algúns alumnos de 3ºB , encargáronse da música no primeiro conto que se titulaba "Contos en verso para nenos perversos", co clásico conto da “Cincenta”. Unha versión algo "terrorífica", no que Cincenta non acaba co príncipe.

O outro conto que interpretamos, narrado en galego, foi " A casa dá mosca chosca" nos que participamos todos os alumnos de 3º DC e algúns alumnos de 3º B e 4º que se ofreceron voluntarios para axudar co devandito conto. Aos alumnos de preescolar e primaria encantoulles, incluíndo as coreografías feitas por Fátima B, Bea Sanesteban e Aida Prieto. Aquí tedes algunhas fotos da actuación. E se queredes ver a obra de teatro podedes entrar no blogue de dinamización lingüística cuxo enderezo é: http://tesmoitalingua.blogspot.com. onde encontraredes a gravación da obra de teatro. Esperamos que vos guste.

Laura Gonzáez. Alumna de 3º Diver 10


ALBARES JAVIER CRISTOBO, UN INVESTIGADOR DE ARES NA ANTÁRTIDA Francisco Javier Cristobo Rodríguez é aresán, ademais de biólogo e investigador que traballa na actualidade como director do Instituto Español de Oceanografía (unha rede de centros española onde investíganse cuestións do medio mariño). Ademais leva anos viaxando á base española na Antártida para realizar diversas actividades investigadoras. Forma parte dun apaixonante proxecto chamado Actiquim que ten como misión buscar produtos naturais de orixe mariña que teñan

CÓDIGO QR

principios activos para elaborar fármacos que axuden a loitar contra doenzas e enfermidades do home. Un dos cometidos do noso investigador aresán é o de se mergullar nas xélidas augas da Antártida para recoller diferentes invertebrados mariños cos cales experimentarán no barco ou na estación investigadora que hai en Terra. Imaxinade o fría que está a auga, que ás veces está por embaixo dos 0º C. O noso amigo Javier, que actualmente ostenta o récord do galego con máis inmersións na Antártida, relataba así a súa primeira experiencia mergullando en augas antárticas: “É a primeira vez, o meu bautismo polar, e xusto antes de entrar, as dúbidas e os nervios déixanse notar. A inexperiencia e o descoñecido producen inseguridade nas miñas accións. A primeira impresión é de dor, dor ao sentir a auga xeada cortando como coitelos afiados a miña cara... e o primeiro que pasa pola miña mente é gritar, blasfemar e pensar que ninguén pode resistir esa puñada xélida... Aos poucos segundos, unha vez so mergullado baixo a auga, todo pasa e esquéceste. Aínda non descubrín si é pola emoción ou é que do frío quédase a cara adormecida e non se sente nada. Síntome tan afortunado de estar aquí, de poder mergullar, que todo o que descubro debaixo da auga sorpréndeme e apaixóname. Esa sensación máxica de illamento e soidade, de observar un mundo descoñecido e inalcanzable, fai que a satisfacción quente o meu corpo o suficiente como para poder resistir. Invariablemente, aos 20 minutos de inmersión, deixo de sentir as dedas dos pés, pero como apenas os usas non é tan importante como os das mans, xa que que dificulta extremadamente coller o coitelo, abrir os botes ou intentar capturar algunha mostra. Hoxe, cando estabamos a piques de saltar da lancha zodiak á auga, reparamos na presenza dunha foca na praia, e ao achegarnos a saudar...... SI!!!!....resultou ser o meu primeiro avistamento de foca leopardo, a menos de dous metros: e que grande, e que dentes, e que bonita... Menos mal que os militares son responsables de nós e non nos permitiron tirarnos, pois unha vez máis, a emoción anubraba as miñas decisións.”.

11


ALBARES A estación española na que se atopa Javier, está situada na Illa Decepción e resulta que é o cráter dun volcán que está aínda en activo, por iso ten unha forma en ferradura. As instalacións están dotadas de barracóns onde poden descansar os investigadores, pero tamén teñen laboratorios para facer os seus experimentos. Imaxinade que frío ter que facer as súas investigacións no exterior co vento frío!

Incluso teñen un laboratorio húmido onde experimentar coas especies de invertebrados mariños que recollen e así obter datos de interese. Agora mesmo están investigando con estrelas e ourizos de mar, que pertencen ao mesmo grupo: os equinodermos. Cos datos obtidos nos seus experimentos científicos teñen que realizar análises estatísticas para poder facer gráficas que lles axuden a entender os resultados. Grazas ao análise dos resultados o noso amigo Javier e os seus colaboradores poden sacar as súas propias conclusións sobre a eficacia dos principios activos que buscan nos invertebrados mariños e logo aconsellar os científicos das empresas farmacéuticas sobre cal é o punto de partida para elaborar novos fármacos . E dende o noso cole tivemos a oportunidade e o privilexio de realizar unha videoconferencia coa Base Antártica Española "Gabriel de Castilla". En riguroso directo o noso amigo Javier e os membros do Proxecto Antártico explicáronnos en que consistía o seu labor e o traballo que estaban a facer, pero o máis importante foi que puidemos falar con eles, facerlles preguntas e coñecer de preto o proxecto que están a realizar. No blogue do EDL “tesmoitalingua” podedes ver o vídeo da videoconferencia así como outros que Javier foi gravando para nós no se periplo cara á Illa Decepción e que , amablemente nos enviou.

Xacobo de Toro Cacharrón. Profesor de Ciencias 12


ALBARES O RECUNCHO DA LECTURA Ola son Laura e nesta sección, vouvos mostrar as miñas recomendacións dunha serie de libros moi interesantes que podedes ler.

Made in Galiza: Iste libro escrito por Sechu Sende consta de pequenos relatos moi vitais que cautivan ao lector e o fan caer rendido diante deste equilibrio de humor, amor, tenrura e retranca. É un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza. Hush Hush: conta a historia de Nora Grey. Ela levaba unha vida normal ata que coñeceu a Patch. Nese momento a vida de Nora dá un xiro radical. Este libro gustoume moito porque ten parte de aventura, moito romance e engancha dende o primeiro momento e deixa moito suspense. Crescendo: É a continuación de Hush Hush. Nora leva unha vida feliz xunto a Patch que agora é o seu anxo custodio, pero a causa dun erro, se separan e Patch deixa de ser o seu anxo, cousa que a Nora lle pode custar a vida. Este libro ten mais do mesmo que a primeira parte só que con moito máis misterio. Sabes estudar ? : Este libro non che fará a vida mais doada no cole, se non que te axudará con trucos moi fáciles e que resultan efectivos Eu recoméndoo porque puxen a proba estas estratexias e déronme resultado. A filla da noite: Esta historia esta ambientada en Francia, onde nun pequeno pobo se rompe a paz polo regreso de Isabella, unha moza que abandonou o pobo para perseguir o amor da súa vida. Dende ese momento suceden cousas estranas e o xendarme Max investiga ese suceso ata encontrar a verdade. Recordo que este libro o recomendara Maru, cando entrei na ESO. Nese momento non era eu moito de ler, pero dende que tiven ese libro entre as miñas mans e empecei a lelo engancheime á lectura . Recoméndoo para a xente que aínda non o leu, e en concreto aos que lles gusten as historias de misterio e de terror. Pel de lobo: Conta a historia dun mozo que vai co seu pai cumprir cos servizos dun conde para matar a unha besta que ameaza o pobo onde residen. O mozo coñece as dúas fillas do conde e se queda engaiolado pola beleza de ambas as dúas. No momento da caza, o mozo encóntrase coa besta, que é un lobo, e quedouse impactado polo enorme que era en comparación con el. Estrañado decide investigar sobre o lobo. Este libro, o recomendou a profesora de galego, Luísa. Fascinoume sobre todo polo misterio que tiña. La piel de la memoria: Conta a historia de Kalil, un neno que tivo que pasar un inferno. O seu único soño é conseguir a súa liberdade. Este libro mostra a crueldade do mundo e o cruel que poden ser algunhas persoas maltratando os débiles e quitándolles a liberdade. Ben amigos e amigas espero que vos sirvan estas recomendacións e xa sabedes…

...a lectura é unha porta aberta ao mundo.

Laura González. Alumna de 3º Diver 13


ALBARES DIVERGARDEN Ola, eu son Verónica, alumna de 4º DC e vouvos falar sobre que é Divergarden. Este é un proxecto no que traballamos os alumnos de 4º DC, 3º DC e os titores dos respectivos cursos. Púxose en marcha grazas a Chus, a profe de bioloxía; consiste en facer un horto e alí poder plantar distintas variedades de plantas e produtos da horta para despois vendelos . A nosa zona de traballo está por detrás do colexio e aí plantamos árbores, leitugas, repolos, espinacas, escarolas, distintas variedades de cultivos de horta, plantas aromáticas… Empezamos este proxecto porque na parte de atrás do colexio había unha zona chea de malas herbas e moi descoidada. Isto, a verdade, é que lle daba ao colexio un mal aspecto. Agora parece outra cousa, está coidadiño e xa dá outra impresión. En canto ao noso traballo, penso que é importante porque ademais de plantar moita variedade de produtos, os vendemos. Os nosos compradores soen ser os profesores do colexio, aínda que tamén fomos algunha vez ao mercado vender a nosa colleita . Os titores que levan o proxecto Divergarden, Chus e Jorge , queren que continúe o próximo curso. A verdade é que con este proxecto, ademais de adquirir coñecementos, aprendemos outras cousas prácticas como o valor do esforzo diario, cultivar produtos , traballar en equipo, a reciclaxe e reutilización de materiais e moitas cousas máis. No colexio de Ares, á parte de ter o horto e plantar, tamén temos un composteiro onde botamos as sobras orgánicas da cociña do comedor escolar, como poden ser as pelas de patacas , cebolas etc. Á parte de facer o do horto, tamén recollemos os datos do tempo diario. Gravamos as novas do tempo en inglés e colgámolas na nosa páxina web que é: http://divergarden.drupalgardens.com/. Os luns e os martes recollen os datos os de 3º de diver e os xoves e venres facémolo os de 4º de diver. Aquí deixámosvos algunhas fotos que ilustran o proxecto Divergarden:

Verónica García. Alumna de 4º Diver 14


ALBARES PROXECTO SECCIÓNS BILINGÜES O CPI Conde de Fenosa pretende desenvolver no vindeiro curso académico 2 seccións bilingües: unha en 5º de EP (na materia de Plástica) e outra en 1º ESO (na materia de Ciencias Naturais). O proxecto de seccións bilingües consiste na organización da ensinanza dunha área ou materia non lingüística tanto de primaria como de secundaria que se cursa cun grupo de alumnos dun xeito bilingüe: en galego ou castelán segundo a normativa vixente e unha lingua estranxeira falada na Unión Europea (Inglés). O obxectivo será reforzar a aprendizaxe da lingua estranxeira como vehículo de comunicación na área, materia en que se desenvolve, e adquisición da terminoloxía específica progresivamente.

Estrutura e organización do proxecto  O número máximo de seccións bilingües para o mesmo grupo de alumnos será de 2 en Primaria e 4 na ESO.  O currículo das materias será o mesmo.  A avaliación do alumnado axustarase á normativa vixente. O profesorado das áreas ou materias coordinarase co profesorado especialista do idioma.  Ao remate do curso, o alumnado recibirá unha credencial oficial expedida polo centro conforme participou nunha sección bilingüe.

“O COÑECEMENTO DE IDIOMAS É CADA VEZ MÁIS IMPRESCINDIBLE

O PROXECTO EN PRIMARIA

PARA PARTICIPAR NA SOCIEDADE

CURSO

NIVEL

MATERIA

2012-2013

5º EP

ED. ARTÍSTICA PLÁSTICA

Fifí (plástica) Elisa (Coordinadora L. inglesa

DESDE O PUNTO

ED. ARTÍSTICA PLÁSTICA

Fifí (plástica) Elisa (Coordinadora L. inglesa

PERSOAL, COMO

2013-2014

6º EP

PROFESORADO

ACTUAL, TANTO

DE VISTA

ACADÉMICO E PROFESIONAL”.

O PROXECTO NA ESO CURSO

NIVEL

MATERIA

2012-2013

1º ESO

CIENCIAS NATURAIS

Chus Mourazos Pilar Molina (Coord. L. inglesa)

1º ESO

CIENCIAS NATURAIS

Chus Mourazos Pilar Molina (Coord. L. inglesa)

2013-2014 2º ESO

PROFESORADO

CIENCIAS NATURAIS Jorge Gutierrez E Daniel Cabal TECNOLOXÍA Pilar Molina (Coord. L. inglesa)

Se a avaliación do proxecto fose positiva, poderiamos continuar coa sección bilingüe, ou ampliala, nos vindeiros cursos a 3º ESO con Física e Química, Bioloxía, Tecnoloxía.

15


ALBARES LETRAS GALEGAS 2012: VALENTÍN PAZ ANDRADE Na matricial Galiza, sempre túa que dende a Torre de Hércules ao Miño un facho acenderá por cada illa, cando ti volvas polo mare… Así comeza o poema “Cando ti volvas” do primeiro libro de poemas que escribíu Valentín Paz Andrade e que adicou ao seu amigo Castelao. Como xa sabedes tod@s este ano Valentín Paz Andrade foi o autor elixido pola Real Academia Galega para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas. Andrade naceu na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de abril de 1898. Realizou os estudos de bacharelato na cidade de Pontevedra e, xa de mozo, estudou para avogado na Universidade de Santiago de Compostela. Dende moi novo dedicouse a escribir en xornais e revistas e chegou a dirixir, durante cinco anos, o xornal «Galicia», aínda que seguiu colaborando noutros xornais e revistas galegas e madrileñas. Traballou como avogado de varias empresas pesqueiras e escribiu moitos libros sobre os problemas da pesca en Galicia e no mundo. Fundou, xunto con outras persoas, a empresa Pescanova, dedicada á pesca en mares moi afastados de Galicia. Escribiu tamén poesía. O seu primeiro libro está adicado ao seu amigo Alfonso Rodríguez Castelao, e leva por título Pranto Matricial. Máis tarde escribiu Sementeira do vento e Cen chaves de sombra. Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Galega das Ciencias e galardoado co Pedrón de Ouro, a medalla Castelao e numerosos premios máis, polo seu traballo a prol de Galicia. No noso centro tamén quixemos homenaxear a Paz Andrade e así un grupo de alumnas de 6º de primaria realizaron un videodocumental para darnos a coñecer a vida e obra deste autor.

Tamén os alumnos e alumnas do 1º ciclo de primaria fixeron un espectacular mural para homenaxear a figura de Andrade na semana das Letras Galegas. Como xa todos sabemos, Paz Andrade estivo moi vencellado ao mar e tivo unha forte relación con el, e isto é o que os rapaces e rapazas reflectiron no seu mural titulado “unha marea de palabras” .

E.D.L. 16


ALBARES INTRODUCIÓN Á INVESTIGACIÓN E Á COMPETENCIA DIXITAL NAS MATERIAS DE CIENCIAS, LINGUA, INGLÉS E PLÁSTICA EN 1º ESO Coa realización deste proxecto queremos contribuír ás destrezas investigadoras e a mellorar as competencias TIC e comunicativas (orais e escritas) dos rapaces traballando nunha presentación dixital de contido científico que teñen que expoñer de forma amena para os seus compañeiros en galego e inglés. O primeiro paso que realiza o alumno é a lectura dun libro científico en castelán da colección Cárabo que desenvolve diferentes temáticas medioambientais, sobre a fauna e a flora. A partir da lectura, o alumno ten que preparar unha presentación de 4-5 minutos en soporte dixital que lles exporá, en galego e inglés, aos seus compañeiros na aula. É importante sinalar que a exposición se rexistra en vídeo xa que logo quedan á disposición do alumno calquera dos recursos presentes na aula (canón, ordenador, altofalantes e encerado dixital), pero tamén poden achegar fotos, imaxes ou incluso espécimes animais, vexetais ou minerais. Para elaborar a presentación, ademais de buscar diferentes formas de información en forma de texto, vídeos, imaxe ou audio en soporte dixital ou analóxico, o alumno debe elaborar un mínimo de dous debuxos feitos á man que escaneará e introducirá na presentación no momento que considere axeitado para apoiar a súa intervención. A procura de documentación por parte do alumno está guiada polos profesores involucrados no proxecto a través de diferentes guías, webs específicas, buscas en dicionario e biblioteca, etc, procurando sensibilizalos na problemática de buscar información fidedigna e contrastada, así como da necesidade de citar os autores e respectar a propiedade intelectual de calquera soporte empregado. Para o material de ciencias, empregarase como referencia a web Arkive, xa que alberga gran cantidade de vídeos, audios e imaxes e permite facer buscas por nome científico e vulgar. Esta páxina contén materiais audiovisuais, que se poden descargar, ou impresos para seren incorporados aos proxectos docentes e escolares. A introdución do tema da súa exposición realízana en inglés, a duración é de aproximadamente un minuto; mentres que o corpo da presentación se desenvolve en galego durante uns 4-5 minutos. Logo da presentación hai unha quenda de preguntas por parte do alumnado asistente para solucionaren as dúbidas xurdidas durante a exposición do compañeiro. A exposición rexístraa un equipo de rapaces que vai rotando no grupo e, segundo avanzan as quendas, uns van formando os outros. Hai un equipo para manexar a cámara de vídeo e trípode e outro que se encarga do son, posto que se traballa con micrófono inarámico que emite por emisor a un receptor que se conecta á entrada de micro da cámara. Ao rexistrar a presentación en vídeo e colgalo no blog de 1º da ESO cienciasnarede-1eso.blogspot.com, o discente ten a posibilidade de verse a si mesmo e contemplar a súa intervención cos seus puntos fortes e aqueles que debe mellorar, ao tempo que lles serve de exemplo ao resto dos compañeiros. Tamén propicia que outros profesores poidan avaliar competencias dos alumnos relativos a súa materia aínda que non estivesen alí presentes. Os vídeos das presentacións cólganse no blog dos alumnos pero primeiro sóbense á web Youtube en modo oculto para que só quen coñeza o seu URL poida acceder a el (activo para alumnos e titores). 17


ALBARES Youtube permite a edición de anotacións sobre os vídeos a modo de capas superpostas, polo que os profesores poden facer anotacións sobre a presentación, xusto no momento en que se está a producir o feito relevante que se queira destacar, coma se fosen "post it" dixitais que se van sucedendo durante a presentación. A partir destas indicacións, e co transcurso das sucesivas presentacións, os alumnos convértense en auténticos “expertos”, eles mesmos detectan se a presentación adoece de falta de imaxes, de exceso de texto, reiteración de palabras, exceso de nerviosismo polo orador, falta de estruturación na información, etc. Favorécese, deste xeito, unha aprendizaxe colectiva mediante a observación recíproca e mediante sesións de aula nas que os alumnos teñen que comentar cales son os seus puntos fortes e febles, así como aqueles items que máis lles gustaron aos compañeiros. Podemos ver un exemplo do anteriormente exposto no seguinte link: http://youtu.be/TK2Q_ibLsiQ ao que lle falta aínda o subtitulado porque non entramos nesa fase do proxecto. Agardamos que isto continúe e que o alumnado siga participando no proxecto con tanto entusiasmo e ilusión como o destes dous cursos. GRAZAS A TODAS E A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN Xacobo Raúl de Toro Cacharrón. Profesor de ciencias

18


ALBARES O CINE NO ENSINO: UNHA EXCUSA PARA PENSAR Hoxe imos falar sobre a película "La vida es bella”, dentro dá sección "Cine no Ensino". Dicir que esta película é unha das mellores que se fixeron ao longo da historia é presuntuoso e quizais non sexa certo, pero si podemos afirmar que toda ela é un fermoso himno ao feito de que estamos condenados a amar por forza a vida. A película está ambientada na Italia prefascista na que un bo home, Güido, soña con poder montar o seu propio negocio, unha libraría, poder vivir tranquilo e ser feliz traballando honradamente. Podemos dicir que a película ten dúas partes ben diferenciadas. A primeira é unha introdución na que se describe claramente a mentalidade e personalidade dos personaxes. Conta a bonita historia de amor entre Güido,o noso gran protagonista, e Dora, unha mestra da vila, da cal Güido namora a primeira vez que se encontra " accidentalmente " con ela. Güido conquista finalmente a Dora, grazas ao seu grande humor e enxeño. En diferentes secuencias da película poderemos gozar de gran variedade de situacións que sen dúbida nos farán pasar un bo momento. Esta primeira parte da película remata claramente cando este amor se consolida e forman unha familia, Güido, Dora e o seu fillo Josue. Na segunda parte da película, toda esa unidade familiar e todo o que conseguiran ata ese momento esváese co comezo da 2ª Guerra Mundial. Toda a familia é levada a un campo de concentración nazi. Debemos salientar que Dora non era xudía pero non pode imaxinar o feito de separarse da súa familia e renuncia á súa " nacionalidade" para ser levada ao campo de concentración e poder estar relativamente máis preto daqueles a quen quere. A vida desta familia separada no campo de concentración é a trama principal desta segunda parte. O amor, a familia, o poder da imaxinación, a fortaleza de ánimo, o humor, mesmo nas situacións máis difíciles , son expresados de xeito sublime.

A película transmítenos unha visión positiva da vida, un modelo de personalidade moi atractivo do que todos deberiamos aprender. Iso pódenos dar pé a reflexionar sobre a actitude coa que afrontamos as situacións difíciles, e intentar adoptar esta mesma actitude positiva.

Outro tema importante que se desenvolve na película é a persecución xudía durante a Segunda Guerra Mundial, o racismo, a hipocrisía por parte do réxime nazi. Seguro que cando vexades a película (algúns e algunhas xa a vistes este curso) simpatizaredes co personaxe principal, Güido, sufriredes con el a discriminación racista, os horrores dos campos de concentración, coñeceredes a historia vivida a través dos personaxes da película e seguro que se espertarán en vosoutr@s sentimentos de indignación, impotencia e inxustiza que dificilmente esqueceredes. Para finalizar, dicir que o que verdadeiramente converte esta película en única e diferente non é a historia que nos conta, senón o xeito de tratar esta: personaxes, enxeño, humor, drama encuberto, diálogos paradóxicos etc...O director xoga dun xeito maxistral cos nosos sentimentos, xa que fai que empaticemos cos personaxes nun alto grao, tanto coas súas alegrías coma coas súas penurias. Consegue converter as situacións tristes en graciosas e o que aínda é mais difícil: consegue facernos rir en situacións cun trasfondo realmente dramático. Dende esta sección recomendámosvos que vexades a película e gocedes con ela porque asegúrovos que non vos deixará indiferentes. Un saúdo a tod@ss e unha mención especial para unha das frases que máis me gustou da película: “Bos dias princesa !!!!!!!!!!” 19

Yolanda Castro López.

Esta é unha historia sinxela, pero non é doado contala. Como nunha fábula, hai dor. E, como unha fábula, está chea de marabillas e de felicidade.


ALBARES PRIMEIRO ENCONTRO DE ALUMN@S DE MÚSICA DE SECUNDARIA O 24 de maio, os alumnos de 3º da ESO A e algúns de 4º, participaron no Primeiro Encontro de Alumn@s de Música de Secundaria, que se celebrou durante a mañá no auditorio de Narón. Participaron un total de 12 centros de diferentes lugares de Galicia. Cada un tiña que interpretar dous temas relacionados coa música no cine. Os temas interpretados polos alumn@s do noso centro foron: “He´s a pirate", un dos temas principais dá película Piratas do Caribe (3º ESO) e o tema “Marcha do Coronel Boggey” da banda sonora dá película Ponte sobre o Río Kwai (4º ESO). Parabens a todos os rapaces que participaron nesta experiencia de compartir os traballos realizados polos diferentes centros. Tocaron diante de preto de 400 persoas só cos seus instrumentos de aula e nun auditorio que é realmente grande. E... fixérono moi ben!

GAÑADORES DO “II CONCURSO EMPRENDEARES” CONVOCADO POLO CONCELLO Os estudantes da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 4º da E.S.O. recibiron o 1º premio do II Concurso EmprendeAres 2012, co traballo “Divergarden Soc. Coop. Galega”. O concurso, que promove o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras no ámbito da empresa, xurdiu coa finalidade de estimular o coñecemento de novas posibilidades laborais entre a mocidade. En hora boa a todos e todas polo premio e polo voso traballo.

20


ALBARES CONCURSOS NO COLE Como ben di Lareto, a nosa mascota do EDL, “O Preguntón” chega xa a súa cuarta edición. Este ano por primeira vez o alumnado de 6º de primaria participou nel con un número considerable de participantes. En hora boa aos gañadores e gañadoras e grazas a tod@s polo voso interese, polo voso ánimo e pola vosa curiosidade. Esperamos que o vindeiro curso o número de “preguntóns” creza como a escuma. Ata a vindeira edición!!!.

AIDA FORMOSO RECIBE O PREMIO DA FUNDACIÓN BARRIÉ A nosa alumna Aida Formoso (2º ESO) recibiu o Premio que a acredita como gañadora do "Preguntoiro Científico", organizado pola Fundación Barrié de la Maza. O comité avaliador de "O Preguntoiro Científico" elexiu a mellor resposta á pregunta sobre a primeira personaxe misteriosa do concurso en rede de educaBarrié. Tratábase de Antoine Lavoisier o creador da Química moderna co que se quixo despedir o Ano Internacional da Química. Pola súa capacidade de argumentación, a corrección na escrita e a rapidez na resposta, Aida converteuse na primeira alumna gañadora do concurso. Desde aquí dámos os nosos parabéns a Aida e ao profe Xacobo polo seu gran labor docente e por motivar e animar ao alumnado a adquirir a capacidade de “aprender a aprender”. 21


ALBARES CONCURSO “I SEMANA PROBLEMÁTICA" Este curso o Departamento de Matemáticas da ESO organizou o concurso I Semana Problemática. A participación foi un éxito (96 alumnos) que achegaron información, destreza, imaxinación, sabiduría e por suposto un gran número de respostas correctas. Os 5 gañadores foron:

Roberto Rivas Couce de 3º ESO A

Carlos Bello Pita de 2º ESO B

Julián Sixto Sánchez de 3º ESO B

Marcelo Couce Barbeito de 3º ESO B e

Silvia Rodríguez Rodríguez de 3º ESO DC

Esperamos xa a II Edición con novos retos problemáticos!!!

O CPI "CONDE DE FENOSA" GAÑADOR PROVINCIAL DO 28 CONCURSO ESCOLAR DA ONCE Como vén sendo habitual a ONCE convocou o 28 Concurso Escolar co lema de "Fai o teu barrio accesible". Os nosos alumn@s puxéronse no lugar das persoas que teñen problemas para ver, escoitar, para camiñar... Analizaron a nosa contorna desde unha nova perspectiva, a de aquelas persoas que viven con algún tipo de discapacidade. E así, uns elaboraron foto-reportaxes e outros vídeos para denunciar que tod@s temos os mesmos dereitos, que os nosos barrios deben ter accesibilidade para que todo o mundo poida moverse por eles e que os barrios e as cidades teñen que ser accesibles para tod@s. O xurado despois de deliberar considerou que a vídeo-reportaxe gañadora na fase provincial fose a realizada polo grupo de 2º da ESO composto pol@s alumn@s: Judith Rouco Filgueiras, Antonio Lemos Margaretto, Laura Pita Sánchez, Lucía Rodríguez Buyo, Felipe Oltra Crespo, Daniel Domínguez Leira y Ainhoa Somorrostro Fernández. En hora boa a todos e todas.

22


ALBARES XX RALLYE MATEMÁTICO OU ...CATRO DÍAS EN TOULOUSE Como resumir en poucas liñas catro días e tres horas? 101 horas, 37 minutos, 8 segundos ... outra vez as matemáticas. Tanto condensado en tan pouco tempo. Coñecémonos mellor. Aturámonos nos nosos cansazos e axudámonos cando foi necesario, pero sobre todo, rimos, rimos moito. A Cité de l’espace abriunos os ollos aos misterios do universo. Gozamos da maxia medieval de Carcassonne e, por suposto, da fermosa cidade de Toulouse, a ville rose. O día do Rallye Matemático os rapaces estaban tranquilos, non así as profes. A xornada resultou ser unha festa con música e bailes. Todo un tanto caótico pero cheo de boas vibracións. Coñecemos xentes doutros lugares. Fixeron moi ben a proba, nosoutras espiabamos desde o alto e sorprendeunos a organización que tiñan, o rápido que resolvían os problemas e, sobre todo, a camaradería que transmitían nese intre. Case gañan, faltoulles pouco, pero en ningún momento se afundiron. Seguían contentos e gozando da situación. Ante as escasas contrariedades comportáronse con tranquilidade, aflorando esa madurez que normalmente non amosan. Fátima B., Jorge, Marcelo, Vero, Fátima D., Tomás, Kike, Ángel, Bran, Andrés, Julián, Agustín, Brais, grazas por ensinarnos unha parte de vós que descoñeciamos. Medrastes ante os nosos ollos. Ningún de nós esqueceremos esta viaxe. As vosas profes e compañeiras de periplo, Marisa e Belén.

En Toulousse con Marisa e Belén

Preparados para comezar a proba!!!

O grupo de alumn@s coa súa profesora María Segura 23


ALBARES “TUNEANDO” O NOSO COLE Este ano un grupo de profesoras de Primaria embarcámonos nun estupendo proxecto moi enriquecedor para nós, as profes, e tamén para os alumnos, que quedará rematado no próximo curso. Que nos levou a intentalo? As condicións nas que se encontra o colexio, as súas fachadas, o pouco coidado e atractivo que está. Un día á profe Conchi, especialista en AL, ocorréuselle que podiamos pintar o cole para mellorar o seu aspecto e así desenvolver un gran proxecto a longo prazo. O proxecto foi realizar un inmenso mural no que todos os nenos poidan participar. Como a algunha das profes “botada para diante” se lle fixo “a boca auga” enseguida se apuntou e, o que comezou co bosquexo dunha idea, deseguido foi construíndose como un estupendo proxecto. As sección de EI e ESO tamén se sumaron. En definitiva, este é un traballo que implica a comunidade educativa, os nenos, os seus profesores e o concello. E, se cadra o máis importante, fomenta a creatividade e o gusto polo ben feito así como a satisfacción de realizalo entre todos e para todos. Ánimo, rapaces e profes, vai quedando moi ben, pero aínda hai moito que facer! Achegámosvos algunhas imaxes dos pequenos e pequenas de Primaria. Xa vedes que ben o fan e, aínda mellor, que ben o pasan! Amelia Seoane, profesora de Primaria.

QUE É UN CÓDIGO QR? Viches isto antes? Isto é un código de resposta rápida ou QR e vén sendo unha versión máis sofisticada do código de barras que viches ata o de agora, por exemplo, nas bolsas de patacas fritas que te zampas no recreo. Os códigos QR están xurdindo por todas as partes e gañan popularidade na publicidade, para anunciar ou dar información na liña do bus, para completar a información dunha oferta de traballo é... por suposto, na educación. De feito, nesta revista de eido educativo, no artigo sobre a conferencia de Javier Cristobo, incorporamos un código QR, para que accedas ao enderezo web de youtube onde está colgada a exposición de Javier desde o teu dispositivo móbil. Esta vai ser unha pequena guía para que comeces a empregalos rapidamente nos teus traballos de clase ou na túa vida diaria. Que é un código QR? Un código QR ou Quick response ("Código de resposta rápida") é un sistema para almacenar información nunha matriz de puntos ou código de barras bi-dimensional creado por unha empresa xaponesa do sector da automoción en 1994. Caracterízase por tres cadrados que están nas esquinas para que o lector de código poida detectar a posición do QR e que a lectura do escáner sexa moi rápida. O código QR é un código aberto, e aínda que está suxeito por unha patente, os seus propietarios (Denso Wave) non a exercen. Nun único código podemos almacenar a información de 4000 caracteres! Unha morea de información con diferentes posibilidades. SE QUERES SABER MÁIS, ENTRA NA EDICIÓN DIXITAL DA REVISTA. Xacobo de Toro Cacharrón. Profesor de Ciencias

24


ALBARES REMATOU A I EDICIÓN DE “RATOS DO LABORATORIO, A HISTORIA NUNCA CONTADA DE MENDEL” A maior participación, no Conde de Fenosa Os rapaces de 4º Bioloxía-Xeoloxía do CPI Conde de Fenosa de Ares foron o grupo máis numeroso dos que participaron na I edición de “Ratos do laboratorio, a historia nunca contada de Mendel”. Este proxecto realizouse no marco das accións que promove EducaBarrié para fomentar a actividade investigadora. Nesta experiencia, os alumnos estudaron a herdanza a partir da observación das camadas e, malia que Micky, Minnie, Tom e Jerry non chegaron a ter descendencia, os rapaces foron capaces de formular distintas alternativas para crear as condicións máis axeitadas para un posible parto que nunca chegou. Por outra banda, os rapaces de 4º Bi-Xe obtiveron a colaboración de todos os seus compañeiros da sección de Secundaria, especialmente dos grupos de Diversificación, no mantemento e dos grupos de 1º da E.S.O., que fixeron a descrición dos ratos. Ademais outros departamentos traballaron arreo dentro do mundo “ratonil”, destacando Plástica, cunhas creacións dos alumn@s de 4º desta materia que permitiron a aparición da “pañoleta Jerry nº 2” e o departamento de Música, cuxa “Sonata aos ratos", interpretada por 3ºA, foi o último intento no camiño da procreación. Chus Mourazos: profesora de bioloxía e xeoloxía.

Pañoleta Jerry nº 2

25


ALBARES A NOSA BIBLIOTECA Carabela, a biblioteca do noso centro, ten unha andadura moi curta: é este o terceiro curso que está en funcionamento. Desde que comezamos co traballo, a nosa biblioteca experimentou grandes cambios, tanto a nivel estrutural como dinamizador, estes cambios fórona convertendo no que é agora: pintámola, cambiamos mesas e cadeiras, mercamos libros, organizamos actividades de dinamización, colaboramos nos proxectos en que traballan os distintos cursos, propuCARABELA

xemos proxectos documentais e moitas outras cousas.

Pero, se cadra, o cambio máis importante foi conceptual, entendémola como un centro de recursos, unha unidade que está a disposición dos usuarios e na que traballamos de forma colectiva, nenos/as e mestres/as. En fin, foi un proxecto que comezou sen moitas pretensións pero, coa colaboración de todos/as, estamos a traballar nun recurso que nos axuda no noso camiño educativo. Xa para rematar, quixera agradecervos a todos/as a vosa colaboración e o voso esforzo para sacar a diante algo que comezamos hai tres cursos con toda a nosa ilusión. Mª Concepción Cambeiro López: Coordinadora da biblioteca

26


ALBARES EMOCIONANTE PRINCIPIO, DESEXADO FIN... Parece que foi onte cando estabamos a entrar polas portas de infantil, asustados, chamando polas nosas nais, desexando que chegase a hora de marchar. Pasaron os anos, e a nosa etapa en infantil rematou, despois de tres anos cheos de recordos e momentos que aínda hoxe lembramos con graza. Chegamos a primaria, e viñeron os cambios: xa non era hora de xogar, senón que os números e as letras fóronse apoderando do tempo, e con estas os exames e o estudo. Aínda podemos lembrar con morriña cando, inocentes, pedíamoslle á profesora Carmen que nos mandase tarefas para a casa. Que inocentes eramos!... Logo, co paso do tempo todo complicábase, pero os momentos para o recordo seguían e seguiran chegando.

Seguimos avanzando nas nosas lembranzas de pequen@s. E chega un novo curso, terceiro de primaria. Daquela algo tan insignificante como subir as escaleiras para acceder ao segundo piso do edificio de primaria, parecíanos impresionante pois xa comezaba outra etapa nas nosas vidas, xa nos estábamos a facer maiores. O túnel de primaria, as escaleiras de quinto e sexto… todo iso recordábanos as etapas de infantil. Pasabamos por alí todos os días, e moitos deles faciamos comentarios do tipo: acordaste de cando...?, e de cando..?, tan so con ver as portas, as profesoras… Todo iso causábanos un gran sorriso. Todos os anos, preparábamos con emoción os nosos disfraces e bailes. Nise momento, non lle dabamos importancia a todo iso, sen saber que ao chegar a ESO todas esas cousas iriamolas perdendo. Pasados os anos, emocionábanos pensar na entrada da ESO, ese momento en que todos esperabamos que o profesor dixese o noso nome para entrar nas aulas o día da presentación. Sen embargo atoparnos con profesores como Don Manuel, asustábanos bastante, a verdade. Os maiores no recreo, as preguntas dos profesores, o novo entorno e sobre todo as novas materias facíannos perder un pouco a ilusión. E chega 2º da ESO, a complicación aumentou. Profesores como Luísa, substitutos como Tom, Montse, etc. cambiaron o noso ritmo, os métodos de estudo… Todo era cambio tras cambio. E chegamos ao segundo piso do edificio de secundaria, que supoñía entrar no ecuador, ou sexa chegar a terceiro da ESO. Por sorte tocounos Ana de titora. Con ela todo tornábase máis doado. Incluso algo aparentemente tan complicado como a química facíase levadeiro e entretido.

27


ALBARES

Primeiras clases como as de Esperanza e rutinas como as de Chus que sempre dicía:” Boli, lápis, goma e dous folios, nada máis enriba da mesa!. As clases de Chus sempre eran sorprendentes: desmaios, ollos de vaca, corazóns, cerebros, pinchazos… Recordos que nunca olvidaremos. E chegamos ao final, desexado cuarto. O día da presentación todos levamos unha gran sorpresa: as listas non eran como nós esperabamos!. O curso faise duro, intenso, e os exames difíciles de superar. Pero a nosa consolación e pensar que xa rematamos a nosa etapa no centro de Ares, aínda que posiblemente o que nos espera sexa peor... Con todo, levámonos un moi bo recordo deste centro, pero sen olvidar todas as restricións que nos fixeron neste último ano, pois somos o único grupo que se queda sen excursión de fin de curso de cuarto, sen carnavais, castigos sen motivos ou probas e así sucesivamente. Pero entristécenos saber que é o último ano que estaremos xuntos: novos centros, diferentes destinos, distintos camiños e unha vida por diante... Cristina Maceira, Cristina Domínguez, Marta Otero, Almudena Cepero. Alumnas de 4º da ESO

28


ALBARES VILARIÑO VAISE COA HISTORIA A OUTRA PARTE Este é o derradeiro curso académico no que imos contar coa presenza do noso ben querido profesor Vilariño, que nos acompañou durante 25 anos neste colexio. Comeza así unha merecida etapa de descanso, que non de inactividade, xa que de seguro seguirá a facer historia por outros lares e se entregará ao resto das súas paixóns con xúbilo, que é como debe entenderse toda xubilación. Así que quixemos facerlle unha pequena entrevista á que el amablemente accedeu.

Cantos anos levas no centro? . Desde o ano 1987, botádelle contas… E pensaba quedar dous ou tres anos!. En que outros centros traballaches?. Empecei nunha Escola Fogar que había en Pontedeume, aprobei a oposición no 76 e andei rulando por Culleredo (dous colexios), Mugardos, Taragoña (Rianxo) e Ares. Moi poucos destinos comparado co que teñen que cambiar hoxe. Polo tempo que levas aquí, estás dando clase a fillos de antigos alumnos. Como é esa sensación?. É algo parecido a cando rapaces novos te tratan de “usted” por primeira vez. Daste de conta que o tempo pasa para ti tamén, non só para os faraóns. Pero aínda é máis curioso ter que explicarlle aos “ex-alumnos-pais” que os seus fillos repiten condutas, que non son moi distintas das que eles tiveron… A historia repítese!. As túas clases son moi orixinais. Tiveches a outro profesor como modelo ou é iniciativa propia?. Todo o mundo recibe influencias, eu tamén. Ao longo destes anos procurei aprender de todos os meus compañeiros, e tívenos extraordinarios, pero tamén das relacións e contactos alleos á profesión. Pódese e débese aprender de todo o mundo. Eu aprendín a contar historias da xente maior que nos contaba contos e lendas cando era pequeno, pero profesionalmente, quen me abriu as portas a outra maneira de ver e andar polo mundo foi o profesor Río Barja, que me deu clase de Xeografía e Historia na Escola Normal de Santiago. Supoño que combinar todas esas experiencias axuda a facer un traballo máis variado e divertido.Vós diredes...! Que métodos empregas para motivar aos teus alumnos?. Cada persoa é diferente polo que hai que telo en conta para que se espabile e traballe o máis a gusto posible. Pero basicamente hai que ter actitudes positivas e fomentalas para conseguir resultados positivos. A túa materia ten dúas partes, Xeografía e Historia. Cal é a parte que máis che gusta impartir?. Depende do día!. Aínda que para explicar quizais me manexo mellor coa Historia, pero nese proceso introduzo a Xeografía constantemente… En fin! 29

Sempre quixeches ser profesor, ou de pequeno querías ser outra cousa?. Quería estudar Belas Artes e ser pintor… pero a economía doméstica non mo permitiu. Tampouco era un estudante brillante, polo que as notas non eran dabondo para conseguir unha bolsa de estudos. Por iso tiven que optar por outra das opcións posibles e así tirei polo Maxisterio. Tes algunha anécdota curiosa que che o correra neste centro ou en outro?. Hai por aí un libro titulado “Antoloxía do disparate” que recolle “barbaridades” escritas por alumnos en exames de todo tipo. Por aquí tamén tiven un bo mostrario nestes anos, como aquel que me pregunta: _Como se inventou a roda? _Farto de repetir, resposteille: Por desgaste! Efectivamente, así respostou no exame á mesma pregunta, pero ilustrando a contestación cunha roda “cadrada” que por “desgaste” vaise facendo “hexagonal”, “dodecagonal” e, por fin, “redonda”. Aínda que a máis difundida foi a “incrible e fantástica historia do tiburón de Vilariño”, que comezou a partir dunha anécdota para ilustrar un tema de Xeografía e foise transformando, segundo quen a ilustrara, nun “culebrón” de final impredicible… ao que sempre que alguén me preguntaba pola veracidade, eu contribuía aumentando a narración e verificándoa, por suposto. Que recordos levarás deste centro?. Aquí fíxenme“maior”, medrei como profesional, pero, sobre todo, como persoa e, aínda que nunca esquezo o negativo da convivencia, de natural son positivo e teño unha memoria excelente para recordar todos os alumnos e alumnas e os bos momentos vividos –xa sabedes que son un petardo cos nomes, pero nunca esquezo unha cara-. Permitídeme que garde para min a maioría deses recordos, xa sabedes o que penso da intimidade persoal !. Alba Brage Varela, Iago López Ramil e Alejo Lorenzo Fuentes, alumn@s de 1º ESO.


ALBARES

30



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.