Memoria de actividades 2020 Asociación de entidades rurais Terra e Xente
Presentamos aquí, moi polo xeral, as diferentes accións das nosas organizacións agrupadas en Terra e Xente. Lexitímanos o traballo que facemos, a nosa capacidade de contribuír á mellora da calidade de vida nos territorios que habitamos. Neste 2020 a pandemia pode parecer que esnaquizou o noso traballo feito durante tantos anos a favor da vida comunitaria. Pero sabemos que non é así. Ó contrario, afianza aquel predicamento no que viñamos insistindo: a “epidemia” da soedade de moitas persoas no medio rural. Porque sentirnos sós de forma crónica mátanos. E se temos que manter un distanciamento físico polas circunstancias que todas as persoas sabemos non nos equivoquemos: isto non conleva a morte do social; menos medo e máis coidado. A nova situación revaloriza, se alguén o dubidaba, aquela vella proclama do movemento veciñal que nós levamos traballando desde o noso modelo de desenvolvemento:” nin ti nin eu somos nada se ti e eu nos somos nós”.
Antonio Rodríguez Presidente de Terra e Xente
Entidades membro Centro de Desenvolvemento Rural Ancares Autoestrada San Román de Cervantes s/n 27664- Lugo Telf: 982364560 E-mail: ancarescdr@gmail.com
Asociación Euroeume R/ 8 de marzo C.A.P 15320 As Pontes (A Coruña) www.euroeume.org Facebook: @euroeume E-mail: info@euroeume.org
Centro de Desarrollo Rural Portas Abertas R/ Xacinto SAntiago, 23 32616- Vilardevós (Ourense) Telfs: 988417232 / 988989508 https://www.cdrportasabertas.org https://www.facebook.com/portasabertas E-mail: rural@cdrportasabertas.org
Centro de Desenvolvemento rural "O Viso" R/ da Igrexa s/n 32696- Lodoselo Sarreaus (Ourense) Telf: 988411571/988454408 http://www.cdroviso.org/ https://www.facebook.com/oviso.cdr E-mail: info@cdroviso.org
Fins da entidade a) Ser lugar de encontro e coordinación de institucións, grupos e persoas que traballan e se preocupan polo medio rural e as súas problemáticas específicas. b) Propiciar o uso dunha metodoloxía de intervención que dea protagonismo ás poboacións locais en todas as fases dos proxectos sen convertelas en meras usuarias dos programas que outras organizacións máis esóxenas deseñan. c) Posibilitar ás entidades socias un mellor acceso e xestión de recursos económicos públicos e privados. d) Compartir recursos, experiencias e metodoloxías que nos axuden a optimizar os recursos propios de cada entidade e ir creando un pensamento común o mundo rural e o xeito de intervir nel. e) Realizar estudos e análises obxectivos sobre a situación actual e as perspectivas de futuro das zonas rurais. f) Ser centro de iniciativas tendentes a impulsar e canalizar accións conxuntas coas diversas Administracións (locais, autonómicas, provinciais, estatais, europeas e internacionais), entidades e institucións, públicas e privadas, para promover a solución dos problemas do medio rural galego e mellorar a calidade de vida da poboación. g) Impulsar a educación, formación, información, ensinanza e cultura do medio rural en todos os seus aspectos e promover o desenvolvemento e o progreso, económico, social e medio ambiental do mesmo. h) Apoiar cantas iniciativas se dean a favor da revalorización humana, técnica e económica, da agricultura e da gandería: a vez que se promove a busca de novas actividades, sociais, económicas, surxidas dun posible mellor aproveitamento dos recursos humanos a naturais. i) Promover a participación e o desenvolvemento de todos os membros da comunidade rural: infancia, mozos/as, mulleres, maiores, persoas con discapacidade, enfermos/as mentais e outros colectivos en situación de marxinación e/ ou exclusión social, na afirmación da súa propia identidade rural. j) Organizar cantas actividades sexan precisas para conseguir mellorar a formación, información e promoción en diversos campos: - Economía social, emprego e autoemprego. - Asociacionismo, participación cidadá e desenvolvemento comunitario. - Responsabilidade social (económica, social e medio ambiental). - Igualdade de oportunidades. - Necesidades asistenciais e de equipamento. - Rehabilitación do entorno físico e do medio ambiente. - Economía, transformación e comercialización agraria e gandeira. - Patrimonio histórico- artístico, cultural, lingüístico, etnolóxico, gastronómico e medio ambiental. - Animación sociocultural, actividades deportivas e de ocio e tempo de lecer e de expresión e comunicación. - O artesanado, turismo rural, medio ambiente, voluntariado, etc. E todo elo desde a perspectiva de xénero e a igualdade de oportunidades.
Fins da entidade k)Cooperar ó desenvolvemento dos pobos, tanto en España como no estranxeiro; definíndose esta asociación, a todos os efectos, como Organización Non Gubernamental (ONG). l) Promover a sensibilización, captación, formación, apoio e coordinación do voluntariado social no medio rural, ante as crecentes necesidades de intervención a favor de todos os sectores de poboación; potenciando as actividades de voluntariado e a integración dos voluntarios/as nos programas e na estrutura organizativa desta asociación. m) Prestar especial atención e apoio, a través de programas específicos, ós colectivos de persoas maiores, dependentes, persoas con discapacidade, enfermos mentais, menores en situación de conflito e/ou risco de exclusión social, reclusos/as e exreclusos/as, inmigrantes, minorías étnicas, drogodependentes, mulleres que sofre violencia de xénero,… e outros colectivos en situación de exclusión social. n) Promover a realización de programas medioambientais, de protección da natureza, do entorno rural e o desenvolvemento sostible, relacionados coa conservación e defensa dos espazos naturais e da fauna e a flora silvestres, do patrimonio natural, da biodiversidade e prevención da contaminación e do cambio climático. o) Favorecer o desenvolvemento sostible do medio rural en tanto que supón unha condición básica que garante a igualdade de todos os cidadáns no exercicio de determinados dereitos constitucionais; conservación, uso sostible dos recursos naturais, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade. p) Realización de programas de formación dirixidos ós/ás profesionais do sector agroalimentario e do medio rural, con especial incidencia no desenvolvemento e a mellora da cualificación dos/as agricultores/as, gandeiros/as, emprendedores/as, directivos e outros/outras profesionais e traballadores/as do medio rural no sector agroalimentario. q) Promover a inserción laboral de persoas en situación de exclusión social, mediante o apoio á posta en marcha de empresas de inserción.
Xunta Directiva: Presidente: Antonio Rodríguez Corbal Secretario: Miguel Teixido Sotelo Tesoureira: María José Berdasco Pérez Vogal: Tamara Balboa García
Voluntariado:
Carmen Amelia
Andrea Anxo Lola Ramiro
Programa integral de intervención no medio rural - Actuacións: A. Área de de incorporación persoal e social. Información, orientación e asesoramento á poboación rural. Atención psicosocial. Espazo de inclusión dixital. B. Área de inclusión socio laboral. Servizo de apoio á inclusión sociolaboral. Apoio ó emprego e autoemprego no sector primario. Formación ocupacional e prelaboral. C. Área de dinamización social e comunitaria: Centro de Información Xuvenil e Comunitario (CIX). Actividades de tempo de lecer no pobo escola de Lodoselo. Encontros comunitarios, andainas, dinamización das Comarcas rurais. Animación comunitaria, e recuperación de sabes. D. Área de sostibilidade do medio rural: Coordinación con outros axentes sociais. Estudo de novas vías de comercialización. Participación en proxectos de desenvolvemento rural. Sensibilización e acollemento de novos/as poboadores/as.
- Nº de beneficiarios/as: 1.209
Programa de atención ás persoas maiores do medio rural - Actuacións: Servizos de proximidade no medio rural: Comidas e ceas no centro de día de Lodoselo. Servizo de lavandería. Servizo de coidados básicos. Préstamo de produtos de apoio. Servizo de axuda no fogar. Servizo de transporte adaptado. Aldeas activas: Ximnasia de mantemento. Obradoiros de memoria. Alfabetización dixital. Obradoiros de saude. Seminarios específicos. Actividades interxeracionais e encontros. Cos meus: percibo, comprendo, lembro e aprendo. Rehabilitación e psicoestimulación cognitiva individual no centro de prevención á dependencia e promoción da autonomía persoal e a domicilio. Terapia ocupacional grupal e individual no fogar. Fisioterapia. Información, orientación e asesoramento ás persoas coidadoras. Vou contigo: Acompañamento a citas médicas, urxencias, xestións administrativas. Acompañamento durante ingresos hospitalarios. Seguimento de tratamentos, control da medicación,... Acompañamento dentro do fogar. Actividades de sensibilización para a creación de redes de apoio. Todos os programas contaron apoio de persoas voluntarias.
Nº de beneficiarios/as: 853
Programa de atención á infancia
Actuacións: Actividades educativas e culturais no medio rural: xadrez, pintura, teatro, xogos tradicionais, inteliencia emocional,... Reforzo escolar e formación en novas tecnoloxías. Saídas culturais, visitas polas zonas intervención para dar a coñecer saberes tradicionais e fomentar o contacto coa natureza. Actividades específicas con nenos/as con necesidades educativas especiais. Actividades interxeracionais: festas populares, magosto, entroido,... Colaboración cos centros educativos rurais: obradoiros de igualdade, hábitos saudables,.. Punto de atención individual, información e asesoramento ás familias: becas,... Rede polo cambio da mirada educativa. Actuacións específicas COVID-19: préstamo de equipos informáticos, entrega de tarefas escolares,... Formación e coordinación do voluntariado. Servicio de conciliación durante o curso escolar en horario non lectivo e en períodos vacaciones: nadal, semana santa, verán,... Encontros semanais con familias con menores de 0 a 3 años. Servicio de conciliación no C.E.I.P de Cualedro. Visitas frecuentes a familias illadas e/ou con algún outro indicador de exclusión. Nº de beneficiarios/as: 657
Capacidade rural: atención ás persoas con discapacidade Actuacións: Terapia ocupacinal a persoas con discapacidade. Radio IncluLimia: RADIO LODOSELO. Xardín dos sentidos. Centro de día de inclusión social: transporte adaptado, comedor, lavandería e hixiene, fisioterapia,... Obradoiro continuado con persoas con discapacidade en Vilardevós. Obradoiro itinerante con persoas con discapacidade pola Comarca de Verín. Información e apoio ás familias. Actividades sociais e culturais. Acompañamento a centros médicos ou facer xestións. Participación en actividades comunitarias. Campaña de sensibilización: Sabes que é un chanzo? Visitas á familias e a persoas con discapacidade que viven illadas. Nº de beneficiarios/as:85
Programa de atención ás necesidades básicas Actuacións: Apoio psicosocial a persoas en situación ou risco de exclusión social Reparto de alimentos e outros bens de primeira necesidade: alimentos, mediciñas, suministros, alugueres,... Comedor social Becas comedor de verán Coordinación interdisciplinar e apoio ós Servizos Sociais. Xestión de aloxamentos alternativos Servizo de apoio ás actividades básicas da vida cotiá: visitas domiciliarias, duchas, lavandería,... Xestión de doazóns, colaboración en eventos benéficos, recollida, selección e entrega de roupa e outros útiles. Acompañamento para a inclusión social. Captación, formación e coordinación de persoas voluntarias para o apoio ás actividades do programa. Nº de beneficiarios/as: 571
Programa de atención á poboación inmigrante: Galicia acolledora Actuacións: Información, orientación e asesoramento legal. Formación no idioma da sociedade de acollida. Accións de grupo para o reforzo das capacidades persoais e sociais e apoderamento. Obradorios de corresponsabilidade familiar. Obradoiros de saúde. Formación para a obtención da nacionalidade. Mediación e conciliación. Reunión con persoas líderes da comunidade migrante e promoción do asociacionismo. Accións de sensibilización.
Nº de beneficiarios/as: 264
Promoción da igualdade no medio rural
Actuacións: Campañas de sensibilización: igualdade e violencia de xénero. Obradoiros de apoderamento: habilidades sociais e intelixencia emocional. Obradoiros de apoderamento a través do teatro- arteterapia. Obradoiros de parentalidade positiva en infancia e adolescencia. Obradoiros de mellora da saúde física e mental. Formación e sensibilización interna nas propias organizacións en materia de igualdade. Servizo de atención social e apoderamento da muller- centro de información e atención individualizada- asesoramento social e laboral. Materiais informativas e de prevención do acoso sexualviolencia de xénero, campañas e cartaces. Visitas a mulleres que vivan en aldeas illadas. Obradoiro para nenos/as de teatro. Obradoiros de igualdade e prevención da violencia de xénero cos IES e CEIPS das Comarcas rurais. Participacións en accións reivindicativas en materia de igualdade. Coordinación continua e apoio aos centros de información á muller e os Servizos Sociais das Comarcas da Limia, Verín, Ferrolterra e Concello de Cervantes. Beneficiarios/as: 1.241
Voluntariado ambiental Actuacións: Charlas sobre xestión de residuos: reducción de consumo de auga, reciclaxe, xestión de residuos téxtiles,... Composterio escolar no EIS Fraga do Eume. Actividades de limpeza de ríos e montes. Pastoreo con presenza de gando en extensivo e coidado de animais no pobo escola de Lodoselo. Campañas de sensibilización medio ambiental, cartelería sobre a xestión e reciclaxe de residuos en puntos de recollida de lixo. Aula de natureza. Captación e formación de persoas voluntarias para o apoio en actividades medio ambientais. Beneficiarios/as: 2.840
Asociación de entidades rurais Terra e Xente R/ Igrexa s/n, Lodoselo32696- Sarreaus- Ourense E- mail: terraexente@gmail.com Nº de rexistro RUEPSS:E6840