Revista Escolar "O Coto" Curso 2014-2015

Page 1




AULA DE 3 ANOS

OLA, SOMOS OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS…


NESTE CURSO...

TRABALLAMOS AS NORMAS.

XOGAMOS.

CELEBRAMOS O MAGOSTO.

COÑECIMOS A PAPELOTE.

FESTEXAMOS O NADAL.

FIXEMOS MANUALIDADES.

... E MOITAS COUSAS MÁIS

APRENDIMOS A COCIÑAR.

DISFRAZÁMONOS.

OBSERVAMOS EXPERIMENTOS.

PUXEMOS GUAPO A DON PELOS.

INVESTIGAMOS A AUGA.

ESCOITAMOS CONTOS.

FOMOS DE EXCURSIÓNS.














Os rapaces de 4º curso deixámosvos a obra de Teatro que adaptamos entre todos no clube de lectura do libro “La abuela gánster” de David Williams.

A AVOA GÁNSTER 1ª ESCEA (Ben, o pai e a nai no coche) Nai: Ben, por que non te olvidas da tontería da fontanería? Pai: Por que non eres bailarín? Ben: Non quero ser bailarín. Nin tampouco ir á casa da avoa. Hule a repolo, solo fai xogar ao “scrable” e ademáis é unha aburrida. (Escóitase unha freada de coche e a nai píntase a cara co pintalabios) Pai: Baixa Ben. Nai: Que o pases ben. Ben: Como o vou pasar ben? É unha aburrida! 2ª ESCEA (Ben na casa da avoa xogando, aburrido. Nun descuido da avoa chama aos pais por teléfono) Ben: Cando me vides buscar? Xa non aguanto máis. A avoa é moi aburrida! Que vides mañá? Vale... 3ª ESCEA (Ben sae ao kiosko de Raj) Ben: Ola Raj Raj: Hei Ben, como che vai? Ben: buff, meus pais déixanme moito coa miña avoa e é unha aburrida e todo hule a repolo. Qué asco! Dame a “Gaceta do fontaneiro” coma sempre, por favor.


Raj: Aquí tes. Mira, voute dar un consello; as avoas non son aburridas, sempre teñen algo que esconder, un gran segredo. Ben: Grazas polo consello, voume. Raj: Agarda, queres dez caixas de pañuelos ao prezo de nove? Ben: Non grazas Raj. Raj: Pero mira que aforras diñeiro. Ben: Non, non, grazas. Raj: E estes caramelos que teño de oferta? Ben: (índose) non, non, grazas. Raj: e vinte chicles polo prezo de quince. Ains...ninguén entende as miñas ofertas. 4ª ESCEA (Ben na habitación lendo a “Gaceta do fontaneiro”. Entran os seus pais repentinamente e Ben garda a revista disimulando) Nai: Que fas, Ben? Ben: nada, nada, estou...bailando. Nai: ahhh, me encanta!!! Ben: Podo ir á casa da avoa? Pai: Por que tanto interese? Ben: e.... que estou... ensaiando o baile coa miña avoa. Pai: Non podes, a avoa non está na súa casa. Nai: Pero ti ensaia igual... (Ben se escapa) 5ª ESCEA (Ben chega á casa da avoa pero non está) Ben: qué raro, onde estará esta muller? Ahí ven. (Escóndese) (Chega a avoa disfrazada de ladroa cun saco do que colgan xoias. Cando vai abrir a porta aparece Ben detrás dela)


Ben: avoa!! Qué tal estás? Avoa: que susto Ben. Pois nada, aquí paseando. Ben: que pintas máis raras levas. Avoa: é que me apuntei a ioga. Ben: que levas nese saco? Avoa: nada, nada, un feixe de repolos. (Ben abre o saco) Ben: aháaaa. Sabía que gardabas un grande segredo. Avoa: vale, vale, pero cala a boca que nos van escoitar, entra na casa. Ben: veña conta avoa, a qué te adicas realmente. Avoa: esta ben, son ladroa profesional. Chámanme “o gato negro” Ben: que guai! Pódote axudar? Avoa: non, é perigoso. Ademáis o meu é roubo deportivo. Mañán vou devolver as xoias ao seu lugar. Ben: como? Que roubas e non te quedas con nada.? Avoa: Claro que non, como te dixen é roubo deportivo. Ben: (tirándose ao chan) lévame contigo avoa... Avoa: está ben. Tiña en mente roubar as xoias da coroa. Ben: elaboremos o plan! Teño comigo a “gaceta do fontaneiro”. Entraremos polas cañerías. 6ª ESCEA (Os pais de Ben) Pai: Cariño, non te parece raro que Ben queira ensaiar baile coa avoa? Nai: pois non, xa era hora. Tanta fontanería, tanta fontanería. Quero que o meu fillo sexa bailarín como Flavio Flavioli. Pai: non sei, so digo que me parece mooooooi raro. 7ª ESCEA (Ben e a avoa preparados vestidos de negro)


Ben: avoa, estás lista? Avoa: non, un momento (fai estiramentos) vale, xa está, imos! (Con música de fondo fan que se meten por tuberías, rodan....) 8ª ESCEA (Roubando a xoia da coroa os policías os collen coas mans na masa) Policía: quietos ahí. As mans onde as vexa. Ben: avoa, qué facemos? Avoa: tranquilo. Tapa o nariz disimuladamente. (A avoa vota unha ventosidade e os policías maréanse) 9ª ESCEA (Ben e a avoa chegan ao cuarto da raíña de Inglaterra) Ben: estamos no cuarto da raíña de Inglaterra. (Sae a raíña do cuarto de baño) Raíña: ahhhhh, seguridade, seguridade! Ben: síntoo, penso que tardarán un rato en recuperarse. Raíña: como?? Avoa: síntoo, é culpa miña. Gústame moitísimo o repolo cocido, asado, en sopa, en compota... Ben: avoa! (dándolle un codazo) Avoa: querida raíña, verá, non son unha ladroa profesional. É que fixen esta falcatruada para estar máis tempo co meu neto. Ben: como? Avoa: Ben, tí pensabas que eu era aburrida. Raíña: as avoas non somos aburridas, aínda que nos gusten os caramelos de menta. (Entra o kioskeiro Raj)


Raj: quen dixo caramelos de menta? Teño unha oferta moi apetitosa. Todos: que non Raj! Raj: Ains, ninguén entende as miñas ofertas. (Entran os policías, algúns mareados todavía) Policía: mans arriba, cu á parede! Raíña: tranquilos son amigos meus. Liscade tranquilos. (Os policías vanse) Raíña: as avoas sempre merecen un respecto Ben. Ben: tes razón, aínda que cheire a repolo, sempre é un apoio. (Ben e a súa avoa abrázanse)


A RECONQUISTA DE VIGO

representación teatral de tan trascendental feito da nosa historia. E puxémonos mans a obra. Primeiro buscamos información sobre os personaxes máis relevantes, os feitos acontecidos, as armas da época…Así foi como Carolo, Cachamuiñas, Fernando VII, baionetas e trabucos pasaron a formar parte do noso vocabulario daqueles días. Houbo que preparar o “ atrezzo“ necesario para a representación : a porta de Gamboa, a machada con que Carolo tentou derrubala , o ariete co que derrubaron definitivamente a porta … Foron días de traballo e diversión.

Como todos os 28 de marzo celebrouse na nosa cidade o festa da Reconquista de Vigo coa que conmemoramos a expulsión das tropas francesas que ocupaban a cidade. Os alumnos e alumnas de 5º curso do CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral decidimos facer primeiro un mural para expoñelo no noso corredor e compartilo cos nosos compañeir@s. Como nos parecía pouco quixemos facer a

O patio do Colexio e a aula foron os lugares onde ensaiamos a obra : Alejandro converteuse no xeneral . A el correspondeulle poñernos firmes a todos , marcar o paso da tropa; Xián era o intérprete francés ; Pablo , o vixía da tropa ;Guille era Carolo;Izan foi o encargado de dar conta de Carolo; Uxía e Paula deron a voz de alarma da chegada dos “gabachos“. O resto formaron parte da tropa francesa e a resistencia viguesa.


botaban boas gargalladas cada vez que alguén de nós facía alguna cosa graciosa ou cando caían fulminados os soldados franceses.

Disfrutamos moito con esta actividade na que participamos todos.Ao mesmo aprendemos unha parte moi salientables da historia de Vigo que de seguro non imos olvidar. Como tampoco olvidaremos a orixe do lema da cidade : “Fiel, leal , valerosa e s empre benéfica, cidade de Vigo” que nos otorgou o rei Fernando VII.

A Rianxeira puxo punto final a nosa pequeña representación teatral.

Como gustounos moito quixemos compartila co resto dos compañeiros. Pedimos permiso a nosa directora Geni, quen amablemente accedeu a nosa petición. Acordamos un día para ir todos ao ximnasio e representala. Os mais pequenos

Os alumnos de 5º curso



BUSCANDO O NORTE 5º DE PRIMARIA Este curso os alumnos e alumnas de 5º de Primaria elaboraron un tríptico sobre o Petróglifo da Auga da Laxe, na Serra do Galiñeiro, e alí o expuseron.

BUSCANDO O NORTE 6º DE PRIMARIA


Este curso o alumnado de 6º de Primaria visitamos o CUVI. Pola mañá tivemos as conferencias sobre vacinas de África González e do cerebro de Carlos Spuch, visitamos os laboratorios con Pío González e o froito das súas investigacións en biomateriais con Julia Serra e realizamos o roteiro medioambiental coa OMA. Despois de comer pola tarde tivemos a actividade de orientación polo campus coas familias.


“PETIRROJO” viaxou ás casas dos nenos e nenas de 5 anos por primera vez.

e MANCHITAS continuou cos de 2º.

OUTROS TRABALLOS …..

Fixemos comics, colaboramos co proxecto da biblioteca, xogamos e entre todos puxemos en marcha o invernadoiro.



CONVERSATION ASSISTANT 2014-2015 This year we had in our school for eight months, months, a conversation assistant from the USA. We interviewed interviewed her just to get to know more about her. Hello Jamie, how are you today? I’m good, I’m tired but good. We want to interview you for our school magazine, magazine, is it OK? Yes, of course. What’ What’s your complete name? oh! Jamie Nicole Jackson Where are you from? The United States. But what city? Denver, Colorado. th When’ When’s your birthday? September 12 . What year were you born? 1990. Do you have brothers or sisters? Yes, I have a sister. What is her name? Kristi. When you were young, young, did you like studying? Jajajajaja, no! jajaja! But it’s good to study and you should. When you were young, young, were you shy? No talked a lot. A lot!!! When you were young what was your best friend friend name? Anna Ana? Yes, the same thing. Do you like travelling? Travelling? I looove traveling! It’s my favorite. I never want to stop.

What places in the world did you visit? Ok! Irland, Scotland, England, Madrid and Barcelona, Paris, Porto, Lisbon and Lago. What is the place you want to visit next? Ohhhh! I want to go to Moroco. Do you like living in Spain? Yes I’ve loved it. Which part of Vigo do you live? You know Calle Lorente? – Pi Margall? No? Ok it’s down in the city center. I live in a flat with a girl and a boy.

Did you like working in this school? I love this school. Yeahhh!..... So, Yes! What is your favourite sport? Oh! Softball, to play “softball” but to watch “futbol Americano” What is your favourite animal? Uhmmm! An elephant. I love elephants. Do you you like dressing up? In fancy clothes? Noooo! Jajajajaj! Only sometimes, jajajaja!


Do you like going out at night? Sometimes yes! But I get tired. Have you got a secret? A secret? Uhhhhh! Probably, yeah! What is your favourite music? Mmmm! I like country,do you know country? Yesss? I like country, it makes me happy. What is your favourite singer or group? Ufff! I like “Mumford and sons”. Can you play any instrument? I want to play guitar, I want to learn to play guitar.. Can you sing? Nooo! But I try. How many many tattoos have you got in your body? Two, two tattoos.. In the future, do you want to have babies? Yes, four. Two boys and two girls. But, adopted? Oh yes! I want to adopt one from Africa and three from me. What are you going to do when you go back to the USA? I’m going to move to Washington with my boyfriend and I want to teach English or History. I love to teach! Why don’ don’t you want to get married? Oh! I do! But later! I´m very young. What is your boyfriend’ boyfriend’s name? Matt Dowgin Can we give you a big hug? Yes of course. Ohhhhhh!!!

Thank you very much Jamie, for answering all these questions, and thank you specially for being so nice to all of us th along the year. year. We will always remember you and your nice smiling face. By 5 Grade children.

THE ECOLOGY OF WATER This year we did the library project about water. We learned a lot about it. Water is one of the most important things in the Earth, we must use it only for important things, because only the 1% of the water in the Earth it´s drinkable. We also shouldn´t dirt the rivers, seas and oceans with plastics, because the animals can die if they eat them. We want to show you some tips to save water: - Close the tap while you are brushing your teeth - Don´t put sprinklers in your garden because they use too much water. - Full the dish washer when you are going to clean the plates. - Mend the tap so it doesn´t leak. If you follow these advices you can save a lot of water and our future here in the Earth. By Yvette and Samuel (6th)


Working on a web quest about the II world war in the English class, we discover Anne Frank and her diary. The Second World War lasted from 1939 to 1945. It was fought in Europe, in Russia, North Africa and in Asia. 60 million people died in World War 2, among Anne Frank.

In 1945 Allied troops freed prisoners from Nazi concentration camps. In these camps, millions of Jews and other prisoners had been killed or had died from hunger, disease and cruelty. This terrible war crime became known as the Holocaust. It's thought 6 million Jews were killed. Among the victims were many children. Anne Frank left a diary of her life in hiding, before she was captured. She died, aged 15, in 1945 at the Bergen-Belsen prison camp. By Daniela, Erea, Jorge and Raul (6th)


VISITS FROM THE USA This year we welcomed the conversation assistant, Jamie, she is a girl from Colorado (the USA). She also invited two friends of her to come to our school, the students of 6th grade did an amazing interview, in which, they asked about their life, family, hobbits... The first Jamie's friend was China, she loves arts and her favorite videogame is Super Mario Bross. And her second friend was Ariel, she loves the videogames, specially the Assassins Creed. These interviews are in the 3rd grade school blog (terceirociclocarballal) if you want to watch them. By Anxo, Manuel and Paula (6th)

YOUNG STORYTELLERS The students of 2nd and 3rd cycle participate in a project of Storytellers in Gallego, but 6th graders also prepared stories in English to represent them to infantil, 1st and 2nd grade in the reading time. We made groups to represent the stories as:''A cousa que mais mola do By Alba A., Nico and mundo'' and ''Co dedo no nariz'', “Lola’s dots”, “Where’s my mum?”... Alba D. (6th)


Este ano en PROA... Este ano foi dos máis interesantes da historia de PROA no noso cole. PROA é un programa que ademais de axudarche a estudar che ensina valores necesarios para a vida cotiá de cada persoa e tamén para o noso futuro como persoas adultas. En PROA facemos actividades de todas as materias, ademais de traballos sobre temas que vimos na clase. Ademais dos traballos, tamén fixemos distintos tipos de xogos: para expresarnos mellor, para ter máis vocabulario, para pensar, para divertirnos, para levarnos mellor... Grazas a estas clases, aprendemos de todos os temas que xa traballaramos no colexio: aprendemos que hai que facer as cousas sen medo a equivocarnos e a non dicir “non podo” cando algo non nos sae, melloramos a escritura, e as "mates"... ata aprendemos a diferenciar "mirar" de "ver"!!! Cando falamos de PROA é imposible non pensar en agradecérllelo ás profes e á xente que fixo posible este traballo. Pasámolo moi ben, xa que o noso lema foi:

"O IMPOSIBLE É POSIBLE, SÓ TARDA UN POUCO MÁIS".

Olalla Paula Guille Diego Ainhoa

Samuel Manuel Daniela Erea Jorge Yvette


O TESOURO DA PONTE DE RANDE (Conto feito en PROA) Érase unha vez, nun lugar moi afastado un lobo moi aventureiro que atopou a un canguro nun bosque no que había moitos animais. O lobo preguntoulle ao canguro como se chamaba. O canguro respondeulle: – Chámome Héctor, e ti como te chamas? – Eu chámome Hugo, e necesitaba saber onde está o camiño que chega a un pobo no que hai un tesouro escondido. Dixéronme que se chamaba Rande ou algo así.... – Eu non o sei – respondeu Héctor - pero coñezo un tigre que é amigo meu que sabe onde é. Héctor levou a Hugo ata o seu amigo o tigre Budy, para contarlle o que necesitaban. Cando lle preguntaron por onde era o camiño Budy respondeu: – Para atopar ese tesouro tedes que ir a un lugar chamado Cabral, preto dun río, alí deberedes xirar á esquerda na “Árbore Morta”. Hugo emprendeu o camiño só e seguiu o que lle dixera o tigre Budy. Cando chegou ata a Árbore Morta non había ningún pobo, só había ruínas. Alí acampou durante días para buscar o tesouro pero non o atopou. Un día, case desesperado, buscou debaixo dunha pedra e atopou un mapa dun tesouro: – Que sorte! Este é o mapa do tesouro da Ponte de Rande! Vou seguir as pistas... A primeira pista levouno ao Zoo, onde volveu atopar outra pista que o levaba ao Río Lagares. Cando chegou só atopou unha árbore que... tiña vida! E díxolle: – Tes que seguir o río ata atopar o unicornio rosa. Así chegarás ata a praia de Samil. Como estaba nun mes de inverno, en Samil non había ninguén...soamente había no mar unha barca pequena que levaba a un home que tiña o pelo totalmente branco. Hugo acercouse a el para preguntarlle se sabía algo do tesouro da Ponte de Rande: – Ninguén foi quen de atopalo – díxolle o home da barca – pero se queres podo achegarte ata a praia e poderás buscalo ti mesmo. – Moitas grazas! Irei e buscareino na praia! – Dixo Hugo emocionado Cando chegou á praia, comezou a escavar por toda ela pero non aparecía ningún tesouro. De súpeto, un cangrexo acercouse a el: – Ola amigo lobo! Que fas nesta praia? – Ola cangrexo! Pois ando buscando o tesouro da Ponte de Rande...pero non o atopo... Cando lle contou a súa historia, o cangrexo díxolle que sabía dunha lenda que contaba que ese tesouro estaba debaixo do mar. Xuntos metéronse na auga e despois de intentalo moitas veces atoparon un cofre xigante. – Que sorte tivemos! Atopamos o tesouro! – dixeron os dous á vez. Abrírono e dentro atoparon moitas moedas de ouro e un mapa que os levaba a unha Cidade Perdida no que Hugo viviría moi feliz durante o resto da súa vida. FIN Conto inventado por: Gerardo, Iago, Paula, Ainhoa e Natalia (de 3º E.P.); Sandra, Loreto, Santi, Nayara, Sira e María (de 4º E.P.)











Estimados pais, nais, alumn@s e mestr@s: Estamos a piques de rematar o curso e querémosvos desexar unhas boas vacacións. O noso agradecemento aos soci@s da Anpa, mestr@s, alumn@s, así como ás entidades que colaboran connosco, para que poidamos realizar todas as actividades. Sen a vosa axuda non poderiamos conseguilo. Así mesmo queremos destacar o bo funcionamento do comedor e do servizo madrugadores e animarvos a que nos mandedes as vosas suxerencias para que continuemos mellorando. Pese á crise e aos recortes, seguimos mantendo todas as actividades cun gran número de nen@s

grazas o voso esforzo e interese. Este curso achegamos outras con moita

aceptación. Este curso por fin podemos dicir que todos somos soci@s. Isto permítenos intentar facer máis cousas para os nosos cativos . Sen máis, quedamos á vosa disposición para o que estimedes oportuno.


ACTIVIDADE DA ASOCIACIÓN CULTURAL “O COTO” ANO 2014 FESTAS POPULARES E FOLCLÓRICAS Celebramos o XIII Serán o día 24 de maio no Colexio, no que participaron un total de vintecatro grupos que nos ofreceron numerosas cantigas populares e música tradicional. A XXVI Xuntanza Folclórica foi o 20 de setembro participando dous grupos cos que fixemos intercambio este ano: “As Vindimadeiras” de Mamarrosa (Portugal) e “S. Cristovão de Nogueira” de Cinfães (Portugal), e os nosos grupos folclórico e de pandeireteiros. FESTA DO CABAZO Festa gastronómica e cultural que O Coto celebra dende o ano 1984 no Colexio Carballal o terceiro domingo de novembro. O CABAZO convérsese en estrela da cociña, rendíndolle unha homenaxe a este tradicional producto ó redor do que se xuntan uns douscentos voluntarios de idades moi variadas, facendo que esa relación interxeracional sexa unha parte importante da actividade. Este ano tivemos de pregoeiro ó escritor Xabier Paz. Nesta edición déronnos unha boa noticia para todos, dende o palco da Festa do Cabazo, o alcalde Abel Caballero anunciou que cubriría a pista deportiva do Colexio no ano 2015; despois de varias conversacións e peticións conxuntas da Dirección do Colexio, do equipo de futbito e da Asociación Cultural O Coto. ANIVERSARIOS Celebramos o IV Aniversario do Coro Polifónico O Coto cun concerto no C.C.R. de Cabral o día 18 de outubro, no que participaron con nós as corais Eumesa de Pontedeume e Ars Cantorum de Guillade. O XIII aniversario do grupo de sendeirismo Andaina celebrouse pola Costa da Morte realizando dúas rutas por Camariñas e polo río Anllóns, os días 15 e 16 de agosto. EXCURSIÓNS E VIAXES No ano 2014 fixemos as seguintes excursións: Vilas mariñeiras do Barbanza, visitando Rianxo, A Pobra do Caramiñal, A Curota e Corrubedo (31 de maio); Santoinho, arraial minhoto, visitando Viana do Castelo (21 de xuño); Arribes del Duero, visitando Zamora, Bragança e Sanabria (2 e 3 de agosto); Presepeio de Cavalinho, o belén máis grande do mundo, visitando Oporto. Tamén fixemos dúas viaxes a Portugal co grupo folclórico: Mamarrosa e Cinfães; e viaxes á Costa da Morte e O Caurel para realizar rutas de sendeirismo. SENDEIRISMO O pasado ano o noso grupo de sendeirismo Andaina organizou 17 rutas,8 peque-rutas (para nenos), unha peque-ruta nocturna e unha saída cos nenos ó Caurel os días 8 e 9 de novembro realizando dúas rutas como despedida da actividade por un tempo. Celebramos tamén a X Marcha Popular polos Montes Veciñais en Man Común de Cabral e Candeán, o día 28 de setembro. OUTRAS ACTIVIDADES Durante o ano 2014 fixemos outras actividades como: clases de baile galego, de gaita, de percusión, teatro musical, de costura (traxe tradicional galego); e a actividade normal dos grupos formados nesta asociación que son: Grupo Folclórico “Airiños do Coto” Grupo de Pandereteiros “Os Atrevidos do Carballal” Grupo de Gaitas “Xestarega” Grupo de Danzas do Mundo “Xalundes” Coro Polifónico “O Coto” Orfeón Popular “O Coto” Grupo de sendeirismo “Andaina” Equipo de Futbito “O Coto”






Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.