IMPACTO DO ENFOQUE LEADER NO TERRITORIO DA ASOCIACIÓN DE DESARROLLO LOCAL DELOA
sar · barbanza · muros · noia
1. PRÓLOGO
5
Balance do Programa Leader 2007-2013 no territorio da Asociación DELOA.
2. EVOLUCIÓN HISTÓRICA DO DESENVOLVEMENTO RURAL NO TERRITORIO DELOA
7
3. O ENFOQUE LEADER
11
3.1 As sete características esenciais de LEADER.
12
3.2 Período de Programación 2007-2013. LEADER-EIXO 4.
14
4. ANÁLISE DO LEADER EN DELOA
19
4.1 Enfoque territorial.
19
4.2 Cifras claves.
22
4.3 Grupo de Desenvolvemento Rural dinamizador.
31
5. RESULTADOS DO LEADER 2007-2013 DELOA
35
5.1 Número total de proxectos.
35
5.2 Medidas.
44
411 Dinamización do sector agrario e forestal.
44
413 Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida.
44
• Diversificación da economía rural.
45
• Mellora da calidade de vida.
46
431B Promoción Territorial.
49
5.3 Descrición de proxectos.
50
5.4 Indicadores Socioeconómicos.
90
• Emprego (creado e consolidado).
90
• Financiamento (Axuda pública e Investimento).
95
6. COOPERACIÓN INTERTERRITORIAL
95
7. COMPLEMENTARIEDADE CON INICIATIVAS INNOVADORAS EN XUVENTUDE E MOBILIDADE PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL DO TERRITORIO
115
8. EXPERIENCIAS DENDE O RURAL. ENTREVISTAS A PROMOTORES
127 3
1. PRÓLOGO
A
memoria que presentamos elaborouse como unha ferramenta de transferencia e difusión do programa Leader 2007-2013, promovida pola Asociación de Desarrollo Local DELOA, e realizada nas Comarcas coruñesas do Barbanza, Sar, Muros e Noia. Como institución promotora, DELOA asume que a participación cidadá é unha cuestión decisiva do desenvolvemento territorial, e para que exista participación debe haber asociación de institucións, lugares, entidades, técnicos, cidadáns... O desenvolvemento rural implica cambios, novas formas de actuación, algo que a veces non é fácil e soamente se consegue cando todos os participantes están motivados e organizados como forza motriz do seu propio desenvolvemento. Desde este punto de vista, DELOA, integrada por institucións públicas e privadas, pretende ser un proxecto integral dinámico e con temporalidades, obtendo como resultado obxectivos colectivos tanxibles, repercutindo na recuperación e xeración de empregos, facilitando un maior equilibrio territorial e igualdade de oportunidades, e incidindo positivamente na dinamización do territorio. É por iso que entendemos, que esta memoria pode ser clave para transferir o papel que esta Asociación desenvolveu ao longo deste período, así como a forma de intervir no territorio. Todo o traballo realizado encamiñouse a colaborar na construción e na maneira de entender os procesos de desenvolvemento económico, social, cultural e medioambiental do territorio, e apoiouse no esforzo colectivo de moitas persoas, tanto xurídicas como físicas, que se mergullaron nunha visión compartida, a visión dun desenvolvemento rural sustentable. Esta públicación representa “unha oportunidade”, a oportunidade de compartir o traballo feito, de avalialo colectivamente, e de seguir reflexionando. Os avances, os logros, os resultados, anímannos a seguir, e a non deternos. Por último, os meus parabéns a todos e a todas as institucións e persoas implicadas neste traballo, que coa súa tenacidade e dedicación permitiron obter estes resultados.
Sandra Ortega Mera Presidenta Asociación DELOA 5
2 EVOLUCIÓN HISTÓRICA DO DESENVOLVEMENTO RURAL NO TERRITORIO DELOA
A
Historia da Asociación de Desarrollo Local discorre paralela á da Fundación Paideia. A presenza da Fundación Paideia no territorio remóntase a finais dos anos 1990 coa implantación dunha rede de voluntariado e continúa hoxe en día cunha serie de iniciativas estratéxicas, que tiveron e teñen como obxectivo impulsar a consecución do principio de igualdade de oportunidades tanto entre mulleres como en homes no territorio, permitindo por en marcha medidas pertinentes para favorecer a súa consecución. O voluntariado local. Redevol (1995-2000)
Tratábase dun proxecto piloto dirixido a solventar a dificultade de xerar iniciativas privadas de voluntariado no ámbito rural, establecendo unha metodoloxía de traballo en rede e de acercamento técnico cos concellos que máis tarde formarían parte de DELOA. Converteuse nunha rede de voluntariado, no xerme do que máis tarde sería a Asociación DELOA. 7
8
Obradoiro de Emprego (2000-2002) Desde un Obradorio de Emprego que levaba por nome Obradoiro de Turismo realizouse un diagnóstico previo que levou por título “Aproximación á realidade socio-económica e ás percepcións dos actores locais”, que permitiu ver o estado das barreiras, necesidades e sectores do territorio. O persoal técnico do mesmo estaba integrado por mulleres con estudos, residentes no territorio, e que máis tarde pasarían a formar parte dos sucesivos proxectos de DELOA.
Nova sede da Fundación no Territorio (2001)
provocou a necesidade de por en marcha unha empresa de transporte con persoal integramente feminino.
O programa Xuventude (2002-2009) Posibilitou o intercambio de mozos e mozas voluntarios/as entre distintos países, para o que se dispuxo dunha casa xunto a sede da Esclavitud, para dar residencia aos mozos e mozas de países europeos.
O Programa PRODER II (2002-2008)
Se rehabilita unha das capelanías do Santuario da Esclavitud “A casa Grande”, na localidade da Esclavitud (Padrón). A nova sede da Fundación Paideia no territorio simbolizou o compromiso co presente e o futuro, así como o fortalecemento da propia aposta institucional.
Un programa innovador que pretendía promover un desenvolvemento socioeconómico e equilibrado no territorio mediante a diversificación de actividades económicas, sobre todo a través do turismo rural e a fixación da poboación no espazo rural.
O proxecto Grundtvig I (2002-2003)
O proxecto Grundtvig II (2004-2006)
Co proxecto Grundtvig I iníciase a fase de consolidación e apóstase polo enfoque de abaixo-arriba e a transnacionalidade que propón Europa. Neste primeiro proxecto de carácter europeo, realízase un estudo diagnóstico sobre o perfil da muller rural, beneficiarias ou demandantes dos Servizos Sociais.
Con este proxecto ábrese un novo campo de traballo e oportunidades para as mulleres rurais, aproximándoas á formación, orientación e asesoramento en temas de igualdade de oportunidades e saúde sexual e reprodutiva.
O proxecto Equal I (2002-2004) Con este novo proxecto de carácter europeo iníciase a temática da igualdade e a conciliación, ao ir dirixido a integrar medidas e recursos sociais en estratexias de xeración de emprego e de alternativas económicas, especialmente dirixidas á promoción de mulleres. Isto
O proxecto Equal II (2005-2007) Permitiu a creación da primeira rede de traballo no sector do turismo rural, seguindo o enfoque de xénero e o emprego das novas tecnoloxías, para a comercialización conxunta de servizos e produtos turísticos. Dará lugar á Agrupación Empresarial Innovadora de Turismo rural de mulleres, RuralOver. 9
3 O ENFOQUE LEADER
A
caban de cumprirse 24 anos dende que, en 1991, se puxera en marcha a primeira iniciativa comunitaria de desenvolvemento rural que deriva do francés “Liaisons Entre Activités de Developpement de l’Economíe Rural” máis coñecida polo seu acrónimo Leader. Esta iniciativa supuxo a aplicación, por primeira vez, dunha metodoloxía de traballo para o desenvolvemento dos espazos rurais, baseada na importancia dos seus propios recursos e da poboación rural, xa que é esta última, organizada en Grupos de Desenvolvemento Rural, quen analiza a situación do seu territorio, identifica e valora os problemas que lle afectan, estuda as posibles solucións e deseña unha estratexia para aplicala e a executa a través do seu propio programa estratéxico.
11
3.1 AS SETE CARACTERÍSTICAS ESENCIAIS DE LEADER Por “enfoque” ou “método” LEADER enténdese un modo de gobernanza participativa, consistente na aplicación combinada e sinérxica de sete características que o definen: enfoque ascendente ou enfoque bottom-up, enfoque territorial, partenariado local, integración multisectorial, traballo en rede, innovación e cooperación interterritorial e internacional.
O enfoque ascendente ou enfoque bottom-up persegue fomentar a participación no desenvolvemento rural dos territorios mediante a implicación das comunidades locais, como os maiores expertos no seu propio territorio. A implicación das comunidades locais inclúe á poboación en xeral, a grupos de interese económico e social e a institucións de carácter público e privado. A comunidade local deberá participar na toma de decisións sobre a estratexia e a selección de obxectivos que deben priorizarse no seu territorio. Polo tanto, é a 12
poboación afectada por problemas e carencias quen posúe a lexitimidade para estudar posibles solucións, deseñar a estratexia de desenvolvemento e, co apoio das institucións e baixo o principio de subsidiariedade, poñelas en práctica e responsabilizarse dos seus resultados.
O enfoque territorial baséase nun espazo coherente, socialmente homoxéneo, caracterizado por tradicións, por una identidade local, un sentimento de pertenza ou de expectativas comúns, en definitiva un espazo no que se implemente a estratexia. Isto nos permitirá recoñecer os puntos fortes, as debilidades, as oportunidades e amezas do noso territorio. Pero tamén recoñecer o seu potencial endóxeno, e permitirnos unha estratexia desenvolvemento sustentable de carácter territorial.
O partenariado local son os Grupos de Desenvolvemento Rural en canto formas asociativas nas que se organiza a poboación rural. Trataríase de socios representativos do sector público e privado, e pro-
cedentes dos diferentes sectores socioeconómicos. O partenariado é un requisito fundamental para unha gobernanza participativa e de calidade, que permite a elaboración e aplicación dunha estratexia de desenvolvemento.
O enfoque multisectorial debe considerar ao medio rural en toda a súa integridade. Toda programación de desenvolvemento ten que considerar a todos os sectores económicos e sociais, e dende todos os puntos de vista laborais, de integración, de xénero, de servizos sociais, terceira idade, etc. Polo tanto, integra distintos sectores de actividade da economía rural, xa que LEADER non é un programa de desenvolvemento sectorial. As medidas e accións incluídas na estratexia deben ter un fundamento multisectorial, integrando varios sectores de actividade.
O traballo en rede permite aos grupos de desenvolvemento, que xa
escalas, tanto rexional, nacional como mesmamente internacional. O traballo en rede é un método de intercambio de inquietudes e experiencias entre todos os actores de desenvolvemento, poñendo en coñecemento de todos os territorios os éxitos acadados, para que se siga o seu exemplo ou para evitar os fracasos. A interconexión entre grupos, axuda a establecer proxectos de cooperación poñendo en contacto aos grupos LEADER. A aplicación de enfoque innovadores nas estratexias permite aportar novas solucións e elementos aos territorios. Refírese tanto ao produto, como ao método, procedemento, mercado, ou sector social de procedencia ou destino, etc.
A cooperación fomenta e axuda a un grupo a realizar proxectos conxuntos con grupos de outra rexión ou Estado membro, ou incluso cun terceiro país.
en si mesmos son unha rede, traballar con outros grupos a distintas
Elaboración e execución ascedente das estratexias Estratexias de desenvolvemento local con base nos territorios
Organización en rede
O enfoque Leader
Cooperación
Innovación
Asociacións público privadas locais: GAL
Accións integradas e multisectoriais
13
3.2 PERÍODO DE PROGRAMACIÓN 2007-2013. LEADER-EIXO 4 A principal ferramenta da política de Desenvolvemento Rural da Europa dos 25 para o período de programación 2007-2013 foi o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). A través deste regulamento consolídase una verdadeira política de desenvolvemento rural que integra, ao mesmo tempo, as prioridades políticas recollidas nas conclusións dos consellos europeos de Lisboa, relativo a converter a UE nunha zona altamente competitiva, e Goteburgo, para establecer unha Estratexia da Unión Europea para un desenvolvemento sustentable. O novo regulamento recoñece a existencia de catro grupos de medidas ou eixos nos que se enmarcarán todas as accións de desenvolvemento rural: Eixo 1, destinado ao fomento da competitividade da agricultura e mellora da calidade das producións alimentarias; Eixo 2, 14
destinado a promover a mellora ambiental do medio rural e a xestión sustentable dos territorios e Eixo 3, destinado á diversificación da economía rural e á mellora das condicións de vida no medio rural. Ademais dos tres eixos temáticos o Regulamento introduce un novo eixo metodolóxico transversal, o eixo LEADER ou eixe 4, que traslada a experiencia da Iniciativa LEADER á política de desenvolvemento rural, permitindo que as medidas dos eixos 1, 2 e 3 poidan ser xestionadas a través do enfoque ascendente polos Grupos de Desenvolvemento Rural, coa participación de todos aqueles colectivos presentes nos diferentes territorios, fomentando a interacción entre os diferentes axentes económicos e os sectores público e privado. Polo que, o cuarto eixo ou o denominado “Eixo Leader” deixa de ser un programa aparte para integrarse en todos os programas nacionais ou rexionais de desenvolvemento rural. Deste xeito, bríndanse novas posibilidades para que este enfoque se aplique a unha escala maior e a un conxunto máis amplo de actividades. Como se pode comprobar, a diferenza fundamental entre o eixo Leader e o resto de eixos dos programas de desenvolvemento rural non reside no contido das accións, senón no modo de levalas á prác-
tica. De feito, moitas das accións enmarcadas no eixo Leader son similares ás realizadas en virtude de outros eixos. O principal valor engadido do eixo Leader atópase no modo en que as propias comunidades rurais executan as accións e na forma en que estas se atopan relacionadas entre si. A normativa comunitaria fixou unha porcentaxe mínima de fondos que debían ser dedicados a cada eixo (25% para o eixo 2, 10% para cada un dos eixos 1 e 3, 5% para o eixo Leader). Con esa restrición, cada Estado ou rexión dispuxo de marxe para designar os fondos a cada un dos eixos. No caso do Eixo Leader, España destinou un 10% dos seus fondos a este eixo, priorizáronse as actuacións enmarcadas na medida 413 Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida.
a) Estratexias de desenvolvemento local por zonas, deseñadas para territorios rurais subrexionais claramente delimitados. b) Partenariados locais entre os sectores público e privado, é dicir, Grupos de Desenvolvemento Rural. c) Un enfoque ascendente que outorgue ós Grupos de Desenvolvemento Rural un poder decisorio sobre a elaboración e aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local. d) Concepción e aplicación multisectorial da estratexia, baseada na interacción entre os axentes e proxectos dos distintos sectores da economía local.
e) A aplicación de enfoques innovadores. Unha vez que o enfoque Leader pasa de ser unha iniciativa comunitaria a integrarse nos PDR como eixo Leader, son os Estados membros os responsables de definir a súa función estratéxica dentro da política de desenvolvemento rural. Neste caso o enfoque Leader constará como mínimo dos elementos seguintes:
f) A execución de proxectos de cooperación. g) A creación de redes de partenariados locais.
15
OS CATRO EIXOS DA POLÍTICA DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2007-2013 Eixo 1: Aumento da competitividade do sector agrícola e forestal. Eixo 2: Mellora do medio ambiente e do entorno rural. Eixo 3: Mellora da calidade de vida nas zonas rurais e diversificación da actividade económica. Eixo 4: Enfoque LEADER, no que se inclúen medidas como: 41. Estratexias de desenvolvemento local: 411. Dinamización do sector agrario e forestal. 412. Mellora medioambiental e do contorno rural. 413. Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida.
421. Cooperación.
431. Custos de funcionamento, adquisición de capacidades e promoción territorial.
En España, ao igual que noutros Estados membros (como Alemaña ou Italia), optouse por un modelo de programación rexionalizado. Estes foron precedidos da elaboración do Plan Estratéxico Nacional de Desenvolvemento Rural 2007-2013 (que establece os obxectivos e prioridades para o conxunto de España) e do Marco Nacional de Desenvolvemento Rural 2007-2013 (que fixa as medidas horizontais e outros elementos comúns que deben introducirse obrigatoriamente en todos os PDR rexionais). O Regulamento permitiu aos Estados Membros con programación rexional, elaborar un Marco Nacional de desenvolvemento rural que permita establecer elementos comúns para os programas rexionais. O Reino Unido, Italia, Alemaña, Bélxica e España optaron por unha programación de tipo rexional (un Programa de desenvolvemento rural en cada rexión). Destes, soamente dous decidiron poñer en marcha un Marco Nacional: Alemaña e España. O Marco Nacional de Desenvolvemento Rural 2007-2013 foi aprobado polo Comité de
16
Desenvolvemento Rural o 24 de outubro de 2007 e por Decisión da Comisión o 28 de novembro de 2007. Incorpora unha serie de medidas horizontais e elementos comúns de obrigada aplicación nos Programas de Desenvolvemento Rural das Comunidades Autónomas. O que se plasmou na aprobación de 18 Programas de Desenvolvemento Rural (PDR): 17 rexionais, un por Comunidade Autónoma, máis o Programa da Rede Rural Nacional. O programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013 foi aprobado polo Comité de Desenvolvemento Rural, coa presenza de expertos dos 27 Estados membros o 19 de decembro de 2007. E, por último, aprobado por Decisión Comunitaria o 15 de febreiro de 2008. Deste xeito, o programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia para a etapa 2007-2013 constitúe a resposta ás disposicións do regulamento anterior, tratando de promover un desenvolvemento rural sustentable en toda a Comunidade e articulándose ao redor de catro eixos, que se corresponden cos enunciados no Regulamento.
17
4 ANÁLISE DO LEADER EN DELOA
4.1 ENFOQUE TERRITORIAL A Comarca do Barbanza localízase na marxe norte da ría de Arousa, comprendendo a porción meridional da denominada península do Barbanza, que se adentra no Océano Atlántico entre a ría de NoiaMuros, situada ao norte, e a de Arousa ao Sur. Abarca unha extensión de 244 Km2 e acolle a unha poboación, de 67.776 habitantes (Padrón municipal de habitantes, do ano 2014), distribuídos entre os concellos de Boiro, Pobra do Caramiñal, Rianxo e Riveira, poboacións nas que a continuidade económica, demográfica e edificativa é incuestionable. A elevada poboación da comarca maniféstase na existencia de importantes núcleos, coincidentes cas capitais dos concellos (Riveira, Boiro, A Pobra ou Rianxo), destacando sobre eles, tanto polo seu tamaño como por servir de sede á maior parte dos servizos de alcance comarcal, Riveira. A diversificación da estrutura económica está na base da urbanización difusa de todo o espazo, xa que a unha agricultura moi intensiva, engádeselle a pesca e o maris19
20
queo na ría, unha dotación empresarial e industrial notable e un papel moi relevante da actividade turística. Avanzando cara ó norte, a Ría de Muros-Noia constitúe un espazo xeográfico amplo integrado pola comarca de Noia e o concello de Muros. Presenta á vez unha grande unidade pero tamén unha grande variedade interna. Esta zona conforma un conxunto dun grande movemento económico, cunha importante riqueza pesqueira e marisqueira e un clima benigno que a converte nun foco turístico importante. A diversificación marca o ritmo económico da Ría de Muros e Noia, onde ao igual que en boa parte do territorio galego, a poboación traballa maioritariamente no sector servizos, sendo este compensado coa industria, a pesca e a agricultura.
A Comarca de Noia esténdese por toda a vertente meridional, ocupando unha ampla franxa costeira. No norte e en torno á ría localízanse os concellos de Outes e Noia,. No medio deles ten a desembocadura o río Tambre, unha ampla enseada, que xunto ca do río Tines, singularizan a morfoloxía da ría, orixinando o Espazo Natural do Estuario do Tambre. Cara o sur, o concello Porto do Son recorre toda a vertente meridional da ría, nunha sucesión de entrantes e saíntes que albergan fermosos areais. Moi cerca da costa e cunha disposición case paralela á mesma, localizase a Serra do Barbanza, que da nome á península comprendida entre a ría de Muros-Noia e a de Arousa, así como á comarca coa que linda polo sur. Na parte interior atópase o concello de Lousame, sendo o único sen saída ao mar.
están repletas de numerosos monumentos arquitectónicos e arqueolóxicos. No seu interior agóchase un importante legado medieval, visible no gótico mariñeiro da Igrexa Parroquial de Muros. A paisaxe industrial tamén deixa as súas pegadas neste espazo cas antigas fábricas de salazón e conservas. A actividade pesqueira do seu porto combínase cunha importante actividade turística nos meses estivais, converténdose as súas praias nun dos seus grandes atractivos. Continuando cara o interior, emprazase a Comarca de O Sar, situada ao sur da provincia de A Coruña, está formada polos concellos de Dodro, Padrón e Rois. A capital comarcal, a vila de Padrón, é o núcleo urbano centralizador da actividade económica e sociocultural do espazo rural circundante, así como tamén o principal núcleo de poboación. Polo fondo plano e extenso da Depresión Meridiana transcorren as principais vías de comunicación, a N-550 e a AP-9; desenvólvese a agricultura intensiva de horta, na que destaca a produción dos afamados pementos de Padrón; localízanse as principais empresas; e emprázanse a meirande parte dos asentamentos humanos. A nivel empresarial fórmase nas últimas décadas unha área de especialización produtiva ligada ao sector do aluminio que xera uns 1000 postos de traballo nun espazo que non chega aos 20.000 habitantes. Mostra disto é que na comarca e arredores atópanse grandes empresas transformadoras do aluminio, como é o caso do Grupo Cortizo, entre outras.
O concello coruñés de Muros sitúase na marxe norte da ría. O emprazamento, entre o mar e a montaña, proporciónalle a este espazo unhas bonitas paisaxes naturais e culturais. Praias, dunas e lagoas compoñen o perfil litoral deste concello atlántico. O Monte Louro adentrándose no mar é un magnífico balcón sobre as súas augas, aos seus pes a lagoa das Xarfas, e todo o seu entorno protexido, serve ás aves para o seu repouso de temporada. A paisaxe natural complétase co Conxunto Histórico Artístico, da vila mariñeira de Muros no litoral atlántico, dispón dun interesante e orixinal casco urbano. As súas rúas especialmente estreitas e con soportais que miran o mar, 21
4.2 CIFRAS CLAVE Evolución da poboación Na evolución da poboación do territorio DELOA, así como dos seus concellos, dende o ano 2007, son de destacar os seguintes aspectos:
localizan os grandes centros urbanos, incrementaron a súa poboación de forma sostida ao longo dos anos.
• O territorio DELOA descendeu ao longo destes anos os seus
• O 48% da poboación do territorio concéntrase nos concellos de
efectivos poboacionais dun xeito case constante, pasando de 130.397 habitantes en 2007 a 127.725 en 2014, cifra que supón un descenso significativo.
• Os concellos máis rurais como Rois, Dodro, Lousame, Porto do Son ou mesmamente Padrón, Pobra do Caramiñal ou Noia perden poboación. Mentres que os concellos de Riveira e Boiro, onde se
Riveira (22%), Boiro (15%) e Noia (11%).
• A poboación feminina do territorio ascende a 65.473 persoas, o que significa que un pouco máis da metade da poboación das nosas comarcas fala en feminino (51%) fronte a un 49% que o fai en clave masculina.
Evolución da Poboación do Territorio DELOA 140.000 120.000 100.000 80.000 60.000 40.000 20.000 0 2007
2008
2009
2010 Homes
22
2011 Mulleres
2012 Total
2013
2014 Fonte: IGE
Poboaci贸n por parroquias. IGE 2014
23
Evoluci贸n da poboaci贸n por concellos
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
Boiro
18.547
18.730
18.883
19.076
19.106
19.165
19.144
19.060
Dodro
3.053
3.024
3.029
3.017
2.980
2.977
2.934
2.913
Lousame
3.756
3.702
3.687
3.699
3.657
3.621
3.493
3.513
Muros
9.931
9.823
9.787
9.704
9.565
9.437
9.281
9.117
Noia
14.808
14.875
14.970
14.947
14.876
14.757
14.659
14.571
Outes
7.681
7.547
7.425
7.313
7.243
7.192
7.010
6.804
Padr贸n
9.030
9.016
8.968
8.985
8.924
8.882
8.707
8.693
Pobra
9.923
9.934
9.878
9.858
9.726
9.664
9.646
9.672
Son
9.899
9.845
9.867
9.873
9.847
9.699
9.613
9.571
Rianxo
11.554
11.578
11.769
11.826
11.780
11.729
11.598
11.479
Riveira
27.181
27.430
27.518
27.504
27.699
27.778
27.811
27.565
Rois
5.034
5.012
4.995
4.936
4.910
4.871
4.818
4.767
DELOA
130.397
130.516
130.776
130.738
130.313
129.772
128.714
127.725 Fonte: IGE
24
Densidades de poboación Se os 130.397 habitantes que en 2007 se asentaban nos 728,4 Km2 de DELOA, supoñían 181,4 hab. /Km2 , os 127.725 de 2014 tradúcense nunha densidade media de 179 hab. /Km2 . Apúntase, polo tanto, que o descenso case constante da poboación entre estas
dúas datas reflectiuse nun descenso da presión humana sobre o espazo. Os concellos de Dodro, Lousame, Muros e Outes teñen unhas medias inferiores a da provincia e a de Galicia. O resto de concellos teñen unha densidade poboacional sobre o espazo superior, tanto a da provincia como a de Galicia.
Evolución das densidades de poboación
Boiro
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
212,1
214,2
216,2
218,7
219,2
220,4
220,1
218,6
Dodro
86,7
86,1
86,3
85,9
85,2
84,9
84,3
84
Lousame
41,7
41,3
41,3
41,4
41
41
40,6
40,3
Muros
134,4
133,3
133
132,1
130,4
129,2
128
126
Noia
391,5
393,2
395,2
395,2
394,4
392,3
391,7
389,8
Outes
76,1
74,8
73,8
72,6
71,5
70,7
69,8
68,3
Padrón
185,6
185,4
185,1
186,3
185,6
184,5
183,4
183,1
Pobra
305,4
304,4
302,4
301,4
297,7
295,2
294
294,4
Son
102,5
101,7
102,2
102,4
102
100,7
100,4
100,3
Rianxo
194,4
195,2
195,5
196,5
195,8
195,1
193,6
191,5
Riveira
391,8
395,2
397,3
399,5
402,7
403,8
403,2
398,9
Rois
54,5
54,3
54,2
53,6
53,4
53,1
52,6
52,2
DELOA
181,4
181,6
181,9
182,1
181,6
180,9
180,1
179,0 Fonte: IGE
25
Pirámide de poboación No territorio, no último século, produciuse a transformación da estrutura por idades da poboación. A mellora das condicións de vida conleva cambios demográficos derivados da redución das taxas de mortalidade e natalidade e o aumento da esperanza de vida. Isto traduciuse nun incremento do envellecemento da poboación. A base da pirámide reduciuse
en relación ao resto dos tramos de idade, mentres que a poboación concentrada nos tramos centrais e superiores ampliouse notablemente. Un trazo que caracteriza o envellecemento da poboación local é a súa feminización pola maior esperanza de vida das mulleres. As mulleres maiores de 64 anos representan o 58% fronte o 42% de homes.
Pirámide de Poboación do Territorio. 2014 85 o máis 80-84 75-79 70-74 65-69 60-64 55-59 50-54
Idade
45-49 40-44 35-39 30-34 25-29 20-24 15-19 10-14 5-9 0-4 6000
4000
2000
0 Poboación Homes
26
Mulleres
2000
4000
6000
Estudo do tecido produtivo A importancia do sector empresarial como elemento central do desenvolvemento económico é un feito evidente, de aí a necesidade por afondar na análise demográfica das empresas do territorio. A princi-
pal fonte estatística que empregamos para o estudo destas variables é o Directorio de Empresas e Unidades Locais, elaborado e públicado anualmente polo IGE, que ofrece datos sobre as empresas a nivel concello dende o ano 1999. O número de empresas activas no Territorio segundo este directorio descendeu a 7.661 en 2013.
8.100 7.995
Número de Empresas
8.000
7.934
7.900
7.938 7.876
7.800
7.787 7.700
7.7661
7.600 7.500 7.400 2008
2009
2010
2011
2012
2013 Fonte: IGE
27
Tamaño das empresas Polo que respecta ao tamaño das empresas do territorio, destaca a importancia que ten a microempresa (97%), aquelas que teñen menos de 10 traballadores, a pesares de que o seu número esta a diminuír.
As pequenas empresas, que teñen entre 10 e 49 traballadores, tamén reduciron o seu número ata 200. Ao igual que as medianas empresas, de entre 50 e 249 traballadores. No territorio existen 4 empresas con máis de 250 traballadores ou grandes empresas.
Evolución do número de microempresas do Territorio 7.750
7.713
Número de microempresas
7.700 7.679
7.600 7.650
7.620 7.611
7.545
7.550 7.500 7.450
7.439
7.400 7.350 7.300 2008
2009
2010
2011
2012
2013
Fonte: IGE
Evolución das empresas segundo o seu tamaño no Territorio
350 300
289
250
247
227
200
200
225
213
150 100 50 0
30
32
29
4
3
3
2008
2009
26 5
2010
Pequenas empresas
2011 Mediana Empresa
24 5 2012
18 4 2013
Gran empresa
Fonte: IGE 28
29
Os sectores económicos predominantes: sector servizos e industria No territorio, segundo o Censo do 2011, a estrutura económica presenta un predominio das actividades relacionadas co sector servizos, cun 54% dos ocupados de 16 ou máis anos.
Ocupados de 16 anos ou máis por sector de actividade. Censo de 2011 Boiro
Dodro Lousame
Agricultura, gandería e pesca Industria Construción Servizos 1.000
2.180
20
145
Muros
Noia
Outes Padrón
Total
440
3.460
7.080
300
80
650
1.050
305
170
510
1.130
465
360
210
1.710
2.745
660
680
540
3.570
5.450
605
300
295
1.255
2.455
175
810
270
2.025
3.280
Pobra
240
1.015
135
1.845
3.235
Son
525
635
430
1.620
3.210
Rianxo
785
1.040
445
2.055
4.325
Riveira
2.070
1.990
600
4.765
9.425
Rois
265
230
240
995
1.730
DELOA
6.955
9.845
3.855
24.460
45.115
Fonte: www.ine.es/censos2011
30
4.3 GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL DINAMIZADOR A Asociación de Desarrollo Local foi creada no ano 2001 para a xestión do Programa Operativo de Desenvolvemento e Diversificación Económica de Zonas Rurais, PRODER (2000-2006). O Programa LEADER (2007-2013), que por primeira vez se aplica no territorio, aproveita a existencia da Asociación de Desarrollo Local DELOA para elaborar unha estratexia de desenvolvemento para todo o seu territorio. Na estratexia buscouse un desenvolvemento rural equilibrado e sustentable, o que implica compaxinar as esixencias sociais e económicas do desenvolvemento coas funcións mediombientais e culturais do territorio. Tamén se recollían as principais posibilidades, oportunidades e necesidades do territorio desde o punto de vista produtivo, económico, cultural, social e equipamentos, o que garantía que as oportunidades de desenvolvemento se axeitaran ás características específicas dos distintos termos municipais, apostando por un territorio economicamente diversificado, que contribuía ao incremento da calidade de vida e benestar social e ao uso racional dos recursos naturais e culturais.
O enfoque de xénero na Estratexia de Desenvolvemento da Asociación DELOA O mainstreaming ou principio de transversalidade, que se acuñou na IV Conferencia sobre a Muller celebrada en 1995 en Pekín, foi levado ás Políticas Comunitarias de desenvolvemento rural, e supón a incorporación da igualdade de xénero en todas as políticas, programas e proxectos. O principio de igualdade de oportunidades convértese nun principio transversal que impregna todas as intervencións que se cofinancian con Fondos Estruturais e que afecta a todas as institucións, organismos e axentes sociais, que pretendan transformar o sistema social actual nunha sociedade máis igualitaria. A recente lexislación a nivel nacional, a Lei 45/2007, de 13 decembro para o Desenvolvemento Sustentable do medio rural, no artigo 8 establece a igualdade de trato entre mulleres e homes. As medidas contidas no Programa de Desenvolvemento Rural Sustentable deberán respectar o principio de igualdade de trato e oportunidades
entre mulleres e homes no medio rural. Así mesmo, poderán contemplarse medidas de acción positiva en favor das mulleres no medio rural, encamiñadas a superar e evitar situacións de discriminación de feito por razón de sexo. No Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, tamén se tivo presente este principio de carácter transversal. En particular, o enfoque de xénero e a posibilidade de aplicar unha discriminación positiva a favor da muller foi unha variable determinante no deseño das distintas medidas, introducindo naquelas en que, pola súa configuración e obxectivos, estimouse que a diferenciación de xénero contribuiría en maior medida á incorporación e implicación activa do colectivo feminino cun dobre obxectivo: por un lado, facer máis visible o importante papel que as mulleres desempeñan desde unha perspectiva social e económica na consecución dun medio rural sólido e viable; e, de outro, coa finalidade de facer efectiva a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no ámbito rural. Desde esta perspectiva, introducíronse elementos de discriminación positiva a favor das mulleres naquelas medidas en que resultaba acorde cos obxectivos perseguidos, a fin de fomentar a incorporación feminina ao mercado laboral ou a través de incentivos que permitían facer máis visible a labor que tradicionalmente fixeran as mulleres. Neste contexto, o Programa de Desenvolvemento de aplicación para o Programa Leader establece que a Asociación DELOA seguirá dándolle prioridade e consolidando o traballo e as accións dirixidas fundamentalmente ás mulleres residentes no rural, como principais promotoras e/ou beneficiarias dos proxectos que tanto a iniciativa Leader, como os demais programas da Asociación puidesen xerar. Para DELOA, as mulleres seguirán supoñendo, cuantitativa e cualitativamente, un segmento de poboación clave para o futuro da zona. Tamén son un dos principais colectivos con máis dificultades de inserción e promoción laboral, e máis aínda nesta situación de partida de proxecto cun escenario económico e de financiamento de difícil situación. Con 31
esta atención ás mulleres, e especialmente ás mulleres rurais, pretendeuse que estas avanzaran pola vía da configuración da súa propia vida e colleran un papel destacado no desenvolvemento da zona. A promoción, xeración ou consolidación de empregos que directa ou indirectamente poidan xerar os obxectivos suxeridos polo PDR da Asociación DELOA, tiveron en conta o principio de igualdade de oportunidades desde o enfoque de xénero, así como provocar necesariamente cambios culturais e sociais que pasen pola participación e implicación de todos os axentes sociais na conciliación da vida laboral e familiar. Ao mesmo tempo, os obxectivos e meta propostos contemplaban a tripla vertente do concepto de sustentabilidade, que para DELOA implicou que todas as súas accións comporten unha responsabilidade social, económica e medioambiental. Isto é, en definitiva, que as accións e proxectos que se xeraron tiveron presente a redución necesaria de calquera impacto medioambiental, a promoción de colectivos máis vulnerables, e a xestión óptima dos recursos de financiamento. O Programa de Desenvolvemento da Asociación DELOA concedeu a través da súa META una atención preferente ás mulleres o“Promover á muller como motor de cambio no desenvolvemento rural sustentable, a través da xeración de actividades empresariais produtivas ligadas aos sectores agrario, forestal e servizos, baixo
enfoques e principios de equidade, ambientais, e de innovación tecnolóxica.” A Asociación constitúese coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto público como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, para vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobre os problemas da zona, prestando especial atención aos mozos, ás mulleres, á protección do ambiente e á creación de emprego. DELOA é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxectivo aumentar a eficacia e a eficiencia da estratexia de desenvolvemento territorial, delegando o proceso de toma de decisións e de execución a unha “asociación de axentes públicos, privados e da poboación do seu territorio, en xeral”. Participan, ademais as administracións locais, as organizacións empresariais, así como distintos tipos de asociacións culturais ou de mulleres, entre outros. En definitiva, o logro da execución da estratexia foi unha responsabilidade compartida do conxunto de actores públicos e privados. A día de hoxe, a Asociación DELOA está integrada por un total de sesenta e seis socios, dos que trece son públicos e os restantes son entidades e asociacións de carácter privado.
Número de socios DELOA (2007-2013)
Públicos
Privados
Total
En Asemblea
13
53
66
En Xunta Directiva
7
10
17
Fonte: Asociación de Desarrollo Local DELOA
32
Mesas sectoriais. Seguindo un formato de mesas de traballo, constituíronse no ano 2009, como ferramentas de participación cidadá, nas que traballaron moi activamente as organizacións empresariais, de veciños, asociacións de mulleres, etc.
Respecto ao funcionamento interno, conforme ao disposto nos seus estatutos, a asociación funciona sobre a base dos seguintes órganos:
Asemblea Xeral. É o órgano supremo da asociación e está constituída por todos os socios, e é quen realiza os nomeamentos da Xunta Directiva. Dende a súa constitución convocouse, como mínimo, unha vez por ano.
Mesa: Sector Público. Mesa: Sustentabilidade cultural e Turismo. Mesa: Asociacións de Mulleres. Mesa: Sustentabilidade social e discapacidade. Mesa: Fomento Empresarial. Mesa: Sustentabilidade medioambiental e agroforestal. Mesa: Xuventude e deporte.
Xunta Directiva. É o órgano de dirección e administrativo con facultades xestoras, executivas e de representación da Asociación. Foi nomeada pola Asemblea Xeral en decembro de 2013 e constitúese con 17 membros.
Número de organismos por mesas sectoriais Asociacións de Mulleres
2 6
Fomento Empresarial Xuventude e deporte
7
Sustentabilidade medioambiental e agroforestal
8
Sustentabilidade social e discapacidade
9 13
Sector Público
21
Sustetabilidade cultural e Turismo 0
5
10
15
20
25
Fonte: Asociación de Desarrollo Local DELOA
Sede da Asociación de Desarrollo Local DELOA, no lugar da Esclavitude. Padrón
33
5 RESULTADOS DO LEADER 2007-2013 DELOA
5.1 NÚMERO TOTAL DE PROXECTOS
P
ara o período de programación 2007-2013 e en concreto dende o ano 2010, a Asociación de Desarrollo Local na súa xestión diaria deu entrada a un total de 66 solicitudes de axuda. A maior parte delas, foron con cargo ao orzamento da estratexia local (55). En concreto na medida 411 ”Dinamización do sector agrario e forestal” e 413 “Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida”. As 11 restantes foron con cargo a medida 431B “Adquisición de capacidades e promoción territorial”. Deste total de solicitudes que se recibiron dende o ano 2010, 26 déronse de baixa, na maior parte dos casos por desestimación dos
35
propios promotores. Encadradas na súa case totalidade (24), na medida 413. E tan só unha na medida 411 e outra na medida 431B. En definitiva, o número total de proxectos executados con cargo á estratexia foi de 30. E estes reflicten o efecto multiplicador conseguido xa que en todas as medidas é maior o número de proxectos produtivos e xeradores de emprego que se rexistraron neste período de programación (20). En xeral, este dato constitúe unha proba indicativa do esforzo inversor dos empresarios de proxectos produtivos. E en menor medida, hai que facer resaltar os 10 proxectos executados con carác-
ter non produtivo, o que determinou o desenvolvemento de proxectos que teñen un impacto directo en termos de mellora de calidade de vida dos colectivos implicados. E temos que ter en consideración que 6 dos proxectos non produtivos foron executados polos concellos de Riveira (2) , Lousame (2) e Porto do Son (2). Finalmente, hai que incluír os 10 proxectos xestionados polo propio GDR en promoción territorial. O seguinte cadro mostra algúns indicadores de actividade do Grupo de Desenvolvemento Rural durante o período de programación 2007-2013:
Nº de solicitudes presentadas
66
Medida 411 ”Dinamización do sector agrario e forestal”.
3
Medida 413 “Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida”.
52
Medida 431B “Adquisición de capacidades e promoción territorial”.
11
Baixas das solicitudes presentadas
26
Nº total de proxectos subvencionados
40
30
Proxectos subvencionados con cargo á estratexia
Proxectos executados Produtivos
20
Proxectos executados non produtivos
10
Proxectos executados non produtivos por concellos
6
Proxectos executados non produtivos por outras entidades
4
Proxectos xestionados polo propio GDR en promoción territorial
10 Fonte: Asociación de Desarrollo Local DELOA
36
Tipoloxías dos promotores Varias empresas e entidades do territorio DELOA presentaron proxectos e solicitudes de axuda económica. En total, financiáronse 30 proxectos. A maior parte dos proxectos aprobados (67%) son de carácter empresarial, solicitados por pequenas empresas e emprendedores do territorio, que constitúen a estrutura base do tecido produtivo de DELOA. Tamén foron obxecto de subvención aqueles proxectos desenvolvidos por asociacións legalmente constituídas no ámbito territorial.
Trátase de asociacións que apoian a persoas con discapacidade, como é o caso da Asociación AMICOS e a Asociación Misela. E tamén de asociacións de veciños que levaron a cabo proxectos de utilidade pública, no referente a posta en valor do patrimonio cultural do territorio. A Asociación de veciños San Miguel, do concello de Lousame restaurou un retablo barroco da igrexa de Camboño. E por último, LEADER apoiou seis proxectos de titularidade municipal, concretamente nos concellos de Lousame, Porto do Son e Riveira.
Tipos de promotores dos proxectos financiados con LEADER
Sociedades
15
Asociación
4
Concellos
6
Persona Física
5 0
2
4
6
8
10
12
14
16
Fonte: DELOA
A igualdade de oportunidades e as idades nos criterios de selección dos proxectos Como é sabido, un dos obxectivos das políticas de desenvolvemento rural na UE é aumentar a participación das mulleres no mercado de traballo e fomentar a súa participación na promoción de proxectos no rural. O Réxime de Axudas para a aplicación do Programa LEADER establecido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural AGADER, establece que a contía da subvención se definirá de acordo cos crite-
rios de selección, baremación e valoración elaborados e publicitados polo Grupo. En cumprimento desta disposición, O Grupo de Desarrollo Rural DELOA responsable da xestión do LEADER no seu ámbito territorial de actuación, aprobou con data 21 de outubro de 2009 o documento que recolle os criterios de baremación de proxectos LEADER 2007-2013, e que foron validados por AGADER.
37
Unha vez determinado que o proxecto é elixíbel e enmarcado nalgunha das medidas do programa, procedese ao cálculo da axuda, tendo en conta os criterios de baremación do grupo. Estes están
agrupados en dous grandes bloques, proxectos produtivos e non produtivos, nos que á súa vez encontramos, entre outros, criterios de xénero e idade, tal e como se describe na táboa.
A igualdade de oportunidades e de idade nos criterios de selección dos proxectos produtivos
Característica do promotor/a do proxecto
PROXECTOS PRODUTIVOS
a) Persoas físicas:
5
Proxectos promovidos por mulleres, mozos menores de 40 anos, persoas maiores de 55 anos e persoas con discapacidade.
Que o/a promotor/a pertenza a máis dun dos colectivos mencionados anteriormente.
Que o/a promotor/a non pertenza a ningún dos colectivos mencionados anteriormente.
Que o/a promotor/a pertenza a un dos colectivos mencionados anteriormente. 2,5
b) Persoas xurídicas: Que o 50% dos asociados/as pertenza a máis dun dos colectivos mencionados anteriormente.
Que os asociados/as non pertenzan a ningún dos colectivos mencionados anteriormente.
Incidencia no emprego
0
5
Proxectos promovidos por entidades cun 50% de asociados/as que sexan mulleres, mozos menores de 40 anos, persoas maiores de 55 anos e persoas con discapacidade.
5
Que o 50% dos asociados/as pertenza a un dos colectivos mencionados anteriormente.
Incidencia sobre o emprego de colectivos desfavorecidos
5 2,5 0
5
Valorarase a incidencia sobre o emprego a determinados colectivos (mulleres, mozos menores de 40 anos, persoas maiores de 55 anos e persoas con discapacidade).
A porcentaxe de traballadores/as que pertenzan a algún dos colectivos mencionados anteriormente é igual ou maior ao 50% dos postos de traballo creados.
A porcentaxe de traballadores/as que pertencen a algún dos colectivos mencionados anteriormente é menor ao 0,5% dos postos de traballo creados.
A porcentaxe de traballadores/as que pertencen a algún dos colectivos mencionados anteriormente é maior ou igual ao 0,5% e menor ao 50% dos postos de traballo creados.
5
2,5
0
Fonte: Asociación de Desarrollo Local DELOA 38
A igualdade de oportunidades e de idade nos criterios de selección dos proxectos non produtivos
Características do promotor/a do
proxecto
PROXECTOS NON PRODUTIVOS
Promoción privada:
15 Proxectos nos que participen varias entidades, nos que exista un número elevado de colectivos desfavorecidos (superior ao 20%).
15
Proxectos nos que participen varias entidades, e nas que non existan colectivos desfavorecidos.
8
20%).
Impacto sobre o
territorio
Valorarase máis a implicación no proxecto de varias entidades, ou o peso nestas entidades de colectivos desfavorecidos (mulleres, mozos menores de 40 anos, persoas maiores de 55 anos e persoas con discapacidade).
Proxectos promovidos por unha entidade, na que exista un número elevado de colectivos desfavorecidos (superior ao 7
Incidencia sobre colectivos determinados
5
O proxecto ten como obxectivo principal promover a igualdade e cohesión social mediante a mellora da situación dos colectivos desfavorecidos do territorio (mozos, mulleres, desempregados).
5
Fonte: Asociación de Desarrollo Local DELOA
39
40
A pesares de ter en conta os criterios de igualdade de oportunidade nos criterios de selección de proxectos produtivos, a implicación das mulleres promotoras de proxectos non foi a desexada. Como se observa os cinco proxectos, promovidos individualmente, foron liderados maioritariamente por homes.
PROMOTOR
Ademais os 15 proxectos promovidos colectivamente (SAT, SA, SC ou SL) foron impulsados por entidades cunha presenza maioritariamente masculina (57%), fronte a un 43% feminina.
Número de proxectos
Homes
Mulleres
TOTAL
Persoa Física
5
4
0
4
SAT
1
1
21
22
S.Anónima
2
18
1
19
S.Civíl
2
3
1
4
S. Limitada
10
13
7
20
TOTAL
20
39
30
69
Fonte: Asociación de Desarrollo Local DELOA
Por idades, o 68% dos promotores localízanse no tramo de idade entre os 40 e 55 anos. Hai que resaltar que os cinco proxectos, pro-
PROMOTOR
movidos individualmente, son de xente nova de menos de 40 anos, que apostan polo rural.
Número de proxectos
< 40 anos
> de 55 anos
Persoa Física
5
4
0
0
SAT
1
1
1
20
S. Anónima
2
0
0
19
S. Civil
Entre 40 e 55 anos
2
2
1
1
S. Limitada
10
7
6
7
TOTAL
20
14
8
47
Fonte: Asociación de Desarrollo Local DELOA
41
Localización xeográfica dos proxectos
O 37% dos proxectos subvencionados desenvólvense en núcleos de entre 100 e 500 habitantes.
Os 30 proxectos financiados pola Asociación DELOA con cargo aos fondos da estratexia, afectaron a 18 núcleos de poboación menor, a unha pequena cidade e a catro polígonos industriais. En total, afectan a unha poboación directa de 12.193 habitantes. O 36% dos proxectos subvencionados desenvolvéronse en núcleos de menos de 100 habitantes. Núcleos con menos de 100 habitantes Castro
26
Sóñora
37
Portobravo
45
Ousesende
48
Contimunde
48
Ourille
78
Liñares
84
TOTAL
366 Fonte: Nomenclator de 2007
César
102
Camboño
131
Comoxo
189
O Freixo
193
Miñortos,
496
Penas
110
TOTAL
1.221 Fonte: Nomenclator de 2007
En núcleos con maior dinamismo socioeconómico e experimentaron un proceso urbanizador importante e que non acadan os 1.000 habiatentes, localizamos o 15% dos proxectos. Núcleos entre 500 e 1000 habitantes San Xóan de Roo
795
Urdilde
892
Nebra
852
TOTAL
2.539 Fonte: Nomenclator de 2007
42
Hai catro proxectos que se desenvolven nos polígonos industriais. Polígono industrial de Augalevada, Noia; o polígono industrial de Serres, Muros; Polígono industrial da Picusa, Padrón; e o Polígono da Espiñeira, Boiro. E o singular proxecto que se desenvolve na explota-
ción mineira de San Finx, en Lousame. Na pequena cidade costeira de Noia, con 8183 (2007) habitantes que aglutina boa parte dos servizos da comarca, tamén se desenvolve un proxecto.
Localización dos proxectos LEADER-DELOA.
Fonte: Asociación de Desarrollo Local DELOA
5.2 MEDIDAS O regulamento 1698 establece grupos coherentes de medidas chamados eixos, que contribúen a acadar un ou varios dos tres obxectivos prioritarios establecidos, que permitirán a promoción dun desenvolvemento rural sustentable en toda a Comunidade Europea. Polo tanto, unha medida é unha serie de operacións que contribúen á aplicación dun eixo.
MEDIDA 411. Dinamización do sector agrario e forestal A consecución deste obxectivo implica que as explotacións agrarias inicien un proceso de innovación, que permita mellorar a súa viabilidade. Apostouse por unha acción destinada ao apoio ás inversións nunha explotación gandeira, e por outro lado apostouse por desenvolver novos produtos o que xera un maior valor engadido.
44
MEDIDA 413. Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida Dous dos ámbitos principais que requiriron consideración nas estratexias de desenvolvemento rural figuraron xa nas conclusións da Segunda Conferencia Europea sobre Desenvolvemento rural, celebrada en Salzburgo en novembro de 2003, co lema “Plantar as sementes do mundo rural do mañá: por unha política á altura das nosas ambicións”. Se recoñece que o desenvolvemento das zonas rurais xa non se pode fundar unicamente na agricultura e que a diversificación dentro e fora do sector agrícola, é imprescindible para fomentar comunidades rurais viables e sustentables. Igual que a necesidade de mellora dos servizos básicos á poboación para aumentar a súa calidade de vida.
En consonancia co anterior, o obxectivo fundamental da medida 413 é ofrecer un espazo rural vivo e contribuír a manter e mellorar o tecido socioeconómico e poboacional do rural. Os investimentos realizados polo GDR para a diversificación da actividade económica e a mellora
na calidade de vida foron necesarios para o crecemento, o emprego e o desenvolvemento sustentable do noso territorio, o que contribúe á consecución dun equilibrio territorial, económico e social.
MEDIDA 413. DIVERSIFICACIÓN DA ECONOMÍA RURAL E MELLORA DA CALIDADE DE VIDA
1. DIVERSIFICACIÓN DA ECONOMÍA RURAL
• Axuda á creación e o desenvolvemento de PEMES con vistas ó fomento do espírito empresarial e o desenvolvemento da estrutura económica.
2. MELLORA DA CALIDADE DE VIDA
• A prestación de servizos básicos para a economía e a poboación rural. • A conservación e mellora do patrimonio rural.
1. DIVERSIFICACIÓN DA ECONOMÍA RURAL Esta medida oriéntase a diversificar as actividades económicas do espazo rural, promovendo actividades non agrarias, apoiando sobre todo a pequenas empresas.
• PEMES As PEMES son clave para soster a economía e o desenvolvemento rural do territorio DELOA. Constatouse no programa que este tipo de empresas teñen un enorme dinamismo, capacidade de innovación e internacionalización e un grandísimo capital humano. A través do programa da Asociación apoiáronse proxectos que permitían a modernización das pequenas e medianas empresas. Sobre todo, favorecéronse proxectos de modernización tecnolóxica con investimentos produtivos en bens de equipo e maquinaria nova, o que lles supuxo aumentar a capacidade produtiva e maiores vantaxes competitivas. É o caso das seguintes empresas: Ramacar Muros, SL (Muros), Alecar Ven-
tanas SL (Outes), Talleres Picón SL (Noia), Maderas Ornanda, SA (Porto do Son), Rotogal SL (Boiro) e Agro Esparis Comercial, SL (Rois). Noutros casos, a modernización tecnolóxica permitiulles desenvolver novos produtos, é o caso da empresa Alecar Ventanas SL que lanzou ao mercado fiestras de madeira e portas mixtas de madeira e aluminio. Por outra banda, a empresa Rotogal SL, permitiulles desenvolver novos produtos de plástico para o sector agrogandeiro. En certas iniciativas, as novas tecnoloxías foron incorporadas ao control do proceso produtivo, mentres que noutras, internet serviu de escaparate para os seus produtos. Tamén hai que sinalar no ámbito das novas tecnoloxías a creación de plataformas de e-comerce, converténdose nunha oportunidade de negocio para as pequenas empresas. Tamén se apoiou a empresas coa creación de novas instalacións, é o caso da empresa Ramacar Muros SL e do empresario Manuel Sieira Serra de Outes. Ou mesmamente a remodelación de interiores, coa creación dun estudio de interiorismo en Outes. 45
Mención especial, para as catro empresas de servizos Forestais que se apoiaron dende o programa local. As empresas de servizos forestais son aquelas que realizan actividades centradas na execución de proxectos, obras e servizos para a conservación, protección e avance do medio natural, tales como as repoboacións, desbroces, podas, clareos, tratamentos fitosanitarios, fertilizacións... Todas elas son actividades que se deben mecanizar, todo o posible, co obxectivo de reducir custes e optimizar a produtividade, ademais de limitar os traballos manuais.
prestacións que se desenvolveron a través do programa territorial de DELOA, como a creación de espazos saudábeis no concello de Riveira e a remodelación dos parques infantís, no concello de Porto do Son.
O impulso de financiamento do LEADER para dinamizar o sector forestal do territorio DELOA, foi aproveitado por estas empresas. As accións concrétanse na compra de nova maquinaria que posibilita a modernización do parque de maquinaria forestal. E nunha das empresas a mecanización permitiulles o abastecemento de leña ao mercado enerxético doméstico.
As persoas con discapacidade que viven no medio rural, ademais de encarar as dificultades das súas propias limitacións, teñen que enfrontarse ás que caracterizan o medio rural no que viven. Dificultades que deixan en situación de vulnerabilidade a este colectivo ao poñer en risco a súa calidade de vida.
2. MELLORA DA CALIDADE DE VIDA Por outra banda, a mellora na calidade de vida é outro dos obxectivos, en varias áreas de actuación como poden ser a dotación de servizos básicos para a economía e a poboación local.
• Servizos básicos á poboación rural As medidas de mellora de calidade de vida na zona rural, inclúen a prestación de servizos básicos para a economía e a poboación rural. Se a dispoñibilidade de emprego é un condicionante para a permanencia da poboación no rural, o acceso a servizos básicos de calidade e demandados pola poboación é outro compoñente importante para fixar poboación e mellorar a súa calidade de vida. Moitos destes servizos poden ser abordados pola iniciativa privada, como o Tanatorio do concello de Lousame ou a creación do complexo deportivo de pádel, no concello de Noia. Os equipamentos básicos de competencia municipal foron outras das 46
A sustentabilidade social tamén queda recollida no programa de desenvolvemento rural do grupo, ao conceder unha atención preferente aos proxectos dos colectivos de mulleres, mozos, discapacidade e persoas maiores.
Para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade do territorio da Asociación DELOA foron prioritarios tres proxectos, a través da creación dunha residencia para persoas con discapacidade gravemente afectadas, no concello de Boiro; un centro de día e ocupacional na vila de Noia; e un centro integral de formación para o emprego en Boiro. Outro dos colectivos prioritarios no programa de desenvolvemento rural é o de maiores. Deuse prioridade a proxectos de intervención social que respondían dun xeito innovador e próspero ao obxectivo de mellorar os servizos de atención das persoas maiores que viven nos territorios rurais. Desta maneira, a Asociación de Desarrollo Local DELOA apostou pola construción dun centro de día nun dos concellos con maior poboación maior, o concello de Lousame. • Patrimonio rural No Regulamento 1698 identifícase o patrimonio como un recurso endóxeno presente en todos os territorios rurais e apóstase pola conservación e mellora da herdanza cultural, natural e paisaxística en clave de sustentabilidade.
47
48
O patrimonio, polas funcións ambientais, culturais, económicas e territoriais que desempeña no noso territorio, foi considerado como un recurso fundamental no programa de desenvolvemento territorial. Por outra banda, a concentración patrimonial tamén confire condicións especiais que redundan na calidade de vida dos habitantes. DELOA, debido á súa posición xeográfica, entre o mar e montaña, e ao seu desenvolvemento histórico, posúe unha grande densidade e riqueza patrimonial. Os elementos patrimoniais tiveron unha destacada importancia e articularon unha parte importante do desenvolvemento rural das comarcas do Barbanza, Sar, Noia e concello de Muros.
DELOA é a marca territorial que traballa en conxunto para conseguir un verdadeiro desenvolvemento rural sustentable, equilibrador e integrador do espazo rural. Deste xeito, DELOA estase a converter na imaxe común destes doce concellos que traballan por un proceso de desenvolvemento sustentable e financiado polo eixo LEADER. En definitiva DELOA é a marca que identifica o seu espazo como un territorio economicamente viable, social e culturalmente responsable e medioambientalmente sustentable. Un territorio rural de calidade e competitivo. Neste contexto, non hai que esquecer que a poboación local e os axentes económicos son elementos activos e de sensibilización por parte da marca.
Os proxectos patrimoniais desenvolvidos pola iniciativa pública foron tres. O proxecto de conservación e mellora da paisaxe industrial das Minas de San Finx (Lousame); o de recuperación da paisaxe da idade de ferro de Castro Cidá (Riveira); e a restauración do retablo da igrexa de Camboño (Lousame). Por último, as rutas de sendeirismo do concello de Porto do Son apareceron como unha nova fórmula de darlle valor ao patrimonio de todo o concello. Paisaxes do megalítico (dolmen, antas, …), paisaxes da idade de bronce (petróglifos), da idade de ferro (Castro de Baroña), centro de interpretación, etc, permiten achegarnos dunha forma activa ao noso pasado.
431B PROMOCIÓN TERRITORIAL. A identidade do territorio xogou un papel vertebrador e aglutinador na estratexia de desenvolvemento do territorio DELOA. Esta identidade resultou ser un elemento de singularidade, recoñecemento e diferenciación no proceso de comunicación do desenvolvemento rural. A identidade territorial foi entendida, como un espazo xeográfico común, no que se apostaba por unha pluralidade de aspectos, tanto económicos, socioculturais como medioambientais.
49
5.3 DESCRICIÓN DE PROXECTOS* MEDIDA 411. Dinamización do Sector agrario e forestal * Os datos dos proxectos recollidos na memoria son anteriores ao peche do programa, polo que nalgúns casos poden sufrir variacións.
ROBOTIZACIÓN ORDEÑO EXPLOTACIÓN GANDEIRA A SUPERVIVENCIA POR VÍA DA EFICIENCIA
A BOUCIÑA, SC
Investimento 240.000,00 € Axuda Pública 90.000,00 € Investimento privado 150.000,00 € Consolidación de emprego (UTAS): 0 Creación de emprego (UTAS): 1
LU GA R
“A produción de leite é o sector de maior importancia na economía agraria galega e está afrontando importantes reformas nos últimos tempos, coa desaparición da cota láctea. O territorio da Asociación de Desarrollo Local DELOA, conta con 105 explotacións de leite. O concello de Rois concentra o maior número delas, co 62% ”.
Promotor
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN
O proxecto localízase no lugar de Contimunde, no concello de Rois
A Bouciña é unha explotación familiar de gando vacún para a produción de leite e a primeira do territorio en instalar dous robots de muxido.
En definitiva, todo un exemplo de como un gandeiro mozo con dedicación e visión empresarial fixo da explotación familiar non soamente o seu medio de vida, senón unha maneira de xerar riqueza e ficar no rural.
Cando a promotora se fixo cargo da explotación leiteira que os seus antepasados tiñan no concello de Rois a granxa contaba con 20 vacas en produción e unha cota láctea que non superaba os 70.000 kg, pero aplicando una visión empresarial ao negocio Rafael foi ampliando cabezas, cota, instalación e maquinaria, ata converter aquela pequena explotación familiar no que é hoxe en día, unha empresa de 170 frisonas de leite e que ata o 2015, ano de supresión da cota leiteira, tiña 407 mil quilos.
Os robots supuxeron para a granxa:
A introdución dos dous sistemas robotizados de muxido supuxo un cambio na forma de xestionar e traballar na explotación. De muxir, pásase á xestión do muxido, do oficio á profesionalización e á dignificación desta tarefa.
• Mellora do benestar animal, evitando o sobremuxido. • Incremento da seguridade alimentaria, evitando leite contaminada. • Incremento da produción animal. • Aforro enerxético, en consumo eléctrico e auga. • Coñecemento exhaustivo da vaca e do rabaño. • Evitar a sobrecarga de traballo nos empregados, mellorando a súa calidade de vida.
• Mellora de calidade de vida do gandeiro, con flexibilización de horarios.
• Maior rendibilidade da granxa. 51
Promotor
SAT A Pementeira
“As principais tendencias do sector agroalimentario son desenvolver novos produtos con maior valor engadido mediante o control da calidade, a orixe dos produtos, e implementar innovacións tecnolóxicas nos procesos produtivos para competir con mellores prezos no ámbito da comercialización”.
LU GA R
Investimento 58.861,87 € Axuda Pública 25.781,50 € Investimento privado 33.080,37 € Consolidación de emprego (UTAS): 0,81 Creación de emprego (UTAS): 1
DIVERSIFICACIÓN PRODUTOS A PEMENTEIRA A PAISAXE DA HORTA DE HERBÓN. EMPRENDE EN FEMENINO
O proxecto emprazase no Polígono de A Picusa, no Lugar de O Couto, no Concello de Padrón.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN A paisaxe da horta de Herbón está conformada por un minifundismo parcelario, cun claro predominio visual dos invernadoiros de plástico, onde se cultiva a Denominación de Orixe Pementos de Herbón. Os pementos chegaron a estas terras, procedentes de América do sur, a finais do século XVI ou comezos do XVII, da man de misioneiros franciscanos que se instalaron no Convento de Herbón. O Pemento variedade Padrón obtivo o recoñecemento como Denominación de Orixe Protexida PEMENTO DE HERBÓN pola Orden da Consellería do Medio Rural o 1 de xullo de 2009 pola que se aproba o seu Regulamento.
52
A Pementeira é unha Sociedade Agrícola de Transformación dedicada á produción, envasado e comercialización do Pemento de Herbón. Esta empresa conta con 22 socios, maioritariamente mulleres, que se dedican ao cultivo do pemento nunha superficie de arredor de 14 ha. A nova liña de actuación desta colectividade aposta pola innovación, co desenvolvemento de dous novos produtos, marmelada de pemento e pemento prefitido, a partir da produción local deste produto de horta.
MEDIDA 413. Diversificaci贸n da econom铆a rural e mellora da calidade de vida
Promotor
Asociación Amicos de familias de persoas con discapacidade intelectual
“Cando un equipo de persoas decide entregarse á tarefa de mellorar a calidade de vida das persoas discapacitadas intelectualmente, sabemos que detrás hai, traballo e esperanza; e un fin moi claro que é o seu recoñecemento por parte da sociedade e un pensar no mañá con calidade de vida tanto para eles como para a súa familia”
LU GA R
Investimento 724.383,58 € Axuda Pública 250.000,00 € Investimento privado 474.383,58 € Consolidación de emprego (UTAS): 17 Creación de emprego (UTAS): 0
CREACIÓN DE CENTRO RESIDENCIAL DE DISCAPACITADOS CAMIÑANDO CARA A INCLUSIÓN
O proxecto localízase no lugar de Comoxo, no concello de Boiro.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN A asociación AMICOS leva 15 anos dedicada ao apoio das persoas con discapacidade intelectual da comarca do Barbanza. Empezou no ano 2000 coa iniciativa dun grupo de pais e nais movidos pola necesidade de crear un centro que dese resposta de forma profesional ás necesidades dos seus fillos e fillas con graves discapacidades intelectuais. Será no 2004, cando se poña en funcionamento o Centro de Día, no 2007 o Centro Ocupacional para loitar pola inserción socio-laboral das persoas con discapacidade e no 2008 un Centro de Educación Especial para discapacitados menores de idade. O proxecto prioritario na actualidade é coherente coa labor da asociación de traballar desde unha perspectiva integral, buscando ademais a complicidade do territorio.
54
A residencia para persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas, orfas ou en situación de desprotección é un centro de nova creación cunhas instalacións modernas e funcionais de 1.100 m2, repartidas en dúas plantas. En total alberga 16 habitacións dobres e unha individual, que lle confiren unha capacidade asistencial para 33 persoas. Entre outros espazos hai que destacar dúas salas de atención específica, dúas salas de atención polivalente e unha sala de curas e enfermería.
COMPLEXO DE PÁDEL O DEPORTE AO SERVIZO DO DESENVOLVEMENTO RURAL
Bretema Ocio e Tempo Libre,SL.
Investimento 229.040,51 € Axuda Pública 68.712,15 € Investimento privado 160.328,36 € Consolidación de emprego (UTAS): 10,13 Creación de emprego (UTAS): 0
LU GA R
“O Pádel, unha nova modalidade deportiva que se puxo á altura da tradición deportiva da vila de Noia”
Promotor
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN
O proxecto localízase no Polígono industrial de Agualevada, no concello de Noia.
O Complexo de Pádel creouse coa vocación de dar a posibilidade á poboación da vila de Noia e de toda a súa comarca, de practicar a especialidade deportiva de pádel. O Pádel é un deporte moderno e de recente creación que nos últimos tempos experimentou un crecemento realmente espectacular. E agora está a xogar un papel clave na súa asimilación por parte das poboacións rurais do noso territorio. O proxecto inclúe a adecuación dunha ampla nave de 1280,82 m2, repartidos en tres plantas. A planta baixa da cabida ás pistas de pádel, atopándose as zonas de vestiarios e ximnasio, nas superiores. Polas súas prestacións e servizos, estas instalacións deportivas convértense en únicas para este amplo territorio.
55
Promotor
Concello de Lousame
“É preciso o desenvolvemento de servizos de proximidade como estratexia de intervención social ante o grave problema de envellecemento das aldeas”
LU GA R
Investimento 792.939,07 € Axuda Pública 249.975,00 € Investimento Privado 542.964,07 € Consolidación de emprego (UTAS): 0 Creación de emprego (UTAS): 0
CONSTRUCIÓN DUN CENTRO DE DÍA CALIDADE ASISTENCIAL PARA AS ALDEAS DO RURAL
O proxecto localízase no lugar de Portobravo, no concello de Lousame. .
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Un dos cambios máis radicais que experimentou a sociedade rural, nos últimos anos, é o seu proceso de avellentamento, converténdose nun dos retos de maior transcendencia nestes comezos do século XXI. O concello de Lousame ante o forte avellentamento da súa poboación co 30% da súa poboación maior de 65 anos, estableceu entre os seus obxectivos a construción dun centro de día dirixido a atender as necesidades específicas das persoas maiores con diferentes grados de dependencia. Estase a falar dun “centro de carácter social” no que se facilita a estancia durante o día e a convivencia entre as persoas maiores, co obxecto de propiciar a participación activa, a relación persoal e a integración social, mediante a realización de actividades socioculturais, lúdicas e recreativas, establecendo no seu
56
caso, servizos básicos de información, orientación e atención social. Ofrecendo servizos asistenciais e de atención social que sirvan para favorecer a permanencia no seu entorno familiar e social e mellorar a súa calidade de vida. O concello acometeu a construción do centro de día para as persoas maiores do seu concello e mesmamente da comarca, nunha parcela de 6.962 m2, lindeiro coa casa do concello. A edificación de 660,60 m2, organízase nunha única planta para favorecer a mobilidade. A súa superficie distribúese en tres áreas: administrativa (despachos e sala de xuntas), asistencial (rehabilitación, consulta médica, salas polivalentes, etc.), e servizos (lavandería, cociña, cafetería, etc.) e da cabida a uns trinta usuarios.
RESTAURACIÓN DO RETABLO IGREXA DE CAMBOÑO CONSERVACIÓN E MELLORA DO PATRIMONIO CULTURAL DO RURAL
Asociación San Miguel
Investimento 25.477,08 € Axuda Pública 16.560,10 € Investimento Privado 8.916,98 € Consolidación de emprego (UTAS): 0 Creación de emprego (UTAS): 0
LU GA R
“O feito de non conservar axeitadamente o retablo supón a perda irreparable do noso patrimonio cultural, herdado dos nosos antepasados”
Promotor
O retablo localizase no núcleo de Camboño, concello de Lousame.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Tratábase de restaurar e conservar un dos dous retablos laterais da igrexa parroquial de San Xoán de Camboño. O retablo dedicado a San Xoaquín, sitúase cronoloxicamente no século XVIII. Antes da súa intervención presentaba moi mal estado de conservación, debido entre outros, a problemas medioambientais. As obras de restauración do ben cultural por parte da Asociación San Miguel recuperaron e consolidaron o retablo orixinal. Para a súa conservación o primordial foi a súa estabilidade e equilibrio, para o que se fixeron reaxustes estruturais, desmontes parciais, reconstrucións volumétricas e estucados, que permitiu a súa limpeza, desinfección e fixación da policromía orixinal.
57
Promotor
Funeraria San Campio Ayón, SL.
“A procura de servizos funerarios é un servizo de proximidade para os veciños do rural”
LU GA R
Investimento 498.897,18 € Axuda Pública 219.514,76 € Investimento Privado 279.382,42 € Consolidación de emprego (UTAS): 0 Creación de emprego (UTAS): 3
CREACIÓN DUN TANATORIO EN LOUSAME MELLORA DOS SERVIZOS BÁSICOS Á POBOACIÓN RURAL
O proxecto localízase no lugar de Portobravo, no concello de Lousame.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Se a dispoñibilidade de emprego é un condicionante para a permanencia da poboación no rural, o acceso a servizos básicos de calidade e demandados pola poboación é outro compoñente importante para fixar poboación. Moitos destes servizos poden ser abordados pola iniciativa privada. A funeraria San Campio desenvolveu a primeira instalación destas características que opera no concello de Lousame, unhas instalacións que veñen a responder á cada vez maior demanda social deste tipo de servizos. Segundo o proxecto presentado polo promotor, trataríase dunha construción de 706,33 m2 de superficie construída en dúas plantas. O edificio conta cos últimos avances e todas as comodidades posi-
58
bles. Concretamente dispón na súa planta baixa de tres salas independentes de velatorio e unha zona de flores. No soto emprázase a zona de traballo, con acceso para vehículos funerarios, trasteiro, almacén, plataforma elevadora, sala de tanatopraxia, neveira e aseos.
ESTUDO DE INTERIORISMO EMPRENDER NO RURAL CON IDEAS CREATIVAS E IMAXINATIVAS
Roberto del Río Outón
Investimento 22.781,78 € Axuda Pública 9.268,85 € Investimento Privado 13.448,93 € Consolidación de emprego (UTAS): 0 Creación de emprego (UTAS): 1
LU GA R
“Mozos e Pemes o futuro do desenvolvemento rural. É necesario promover e difundir a cultura emprendedora entre mozos e mozas que viven no rural”
Promotor
O proxecto localízase no núcleo de O Freixo, concello de Outes
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN O proxecto obxecto desta execución consistiu na intervención nun baixo comercial, situado na localidade do Freixo no concello de Outes, coa finalidade de convertelo nun estudio de interiorismo. O estudio de interiores intentará ofrecer asesoramento profesional na vertente artística, e ademais, todos os servizos necesarios para a execución dun proxecto elaborado. A calidade, a creatividade e o compromiso serán os signos distintivos do estudio, dando aos clientes un asesoramento personalizado e guiando o desenvolvemento de proxectos creativos, cunha metodoloxía persoal, aberta e dinámica.
59
Promotor
Ramacar Muros, SL.
LU GA R
Investimento 312.584,19 € Axuda Pública 130.972,77 € Investimento Privado 181.611,42 € Consolidación de emprego (UTAS): 0 Creación de emprego (UTAS): 6,5
CREACIÓN DUN TALLER DE REPARACIÓN DE VEHÍCULOS APOSTA DA INICIATIVA EMPRESARIAL INNOVADORA POLO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DO RURAL
O proxecto localízase no polígono industrial de Serres, concello de Muros.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN O proxecto consistiu na construción dunha nave industrial e na compra de equipamento e maquinaria destinados a centro de diagnóstico e taller de reparación de vehículos automóbiles, nas ramas de mecánica, electricidade, carrocerías e pintura. Aposta por unha ampla oferta de servizos mecánicos de calidade, para o que conta cun equipo de profesionais experimentados e cualificados no sector. A empresa denominase Ramacar Muros, S.L. e pretende ser unha empresa diferente e dinámica no sector, que recolle a experiencia do seu promotor Daniel Rama Freire dentro do sector da automoción.
60
“O rural ofrece moitas vantaxes e posibilidades para a creación de empresas e postos de traballo”
Promotor
Concello de Porto do Son
Investimento 123.071,07 € Axuda Pública 89.841,88 € Investimento Privado 33.229,19 € Consolidación de emprego (UTAS): 0 Creación de emprego (UTAS): 0
LU GA R
“DELOA ten o privilexio de gardar un patrimonio natural e cultural extremadamente rico e variado. A gama que ofrece este patrimonio é moi ampla. O futuro do territorio pode depender da súa capacidade para empregar a herdanza do seu pasado no momento oportuno. A valorización do patrimonio é unha compoñente ineludible nos procesos de desenvolvemento territorial sustentable”
RUTAS TEMÁTICAS E DE SENDEIRISMO DO CONCELLO DE PORTO DO SON REFORZO DOS VÍNCULOS ENTRE A CONSERVACIÓN DA NATUREZA, A BIODIVERSIDADE E O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SOCIAL
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN
A través deste proxecto deseñáronse e executáronse unha rede de dezaseis rutas que percorren e que podemos seguir por todo o termo municipal. Dezaseis citas coa arte, a historia, a xeografía e a natureza. Unha rede de sendeiros que nos descobren unhas paisaxes que agochan unha grande riqueza e variedade do patrimonio cultural e natural. Percorrer estes sendeiros permítenos retroceder no tempo dende algúns dos escenarios máis destacados da súa milenaria cultura. Poderemos descubrir como foi a cultura da xente que viviu no castro de Baroña, petróglifos, antas e dolmens... A historia do concello escrita en pedra.
RUTA 1: RUTA DA ORNANDA RUTA 2: RUTA DE A GAFA E PORTOSÍN RUTA 3: RUTA DE CAVEIRO E AGUIEIRA RUTA 4: RUTA DOS MONTES ENXA E DODRO RUTA 5: RUTA DA ARNELA
RUTA 6: RUTA DO CASTRO DE BAROÑA RUTA 7: RUTA DE SEIRAS E QUEIRUGA RUTA 8: RUTA DA ILLA DO MAR RUTA 9: RUTA DE CAAMAÑO RUTA 10: RUTA DAS FURNAS RUTA 11: RUTA DAS LAGOAS DE XUÑO E SAN PEDRO RUTA 12: RUTA DO MONTE TAHUME RUTA 13: RUTA DO MONTE GRAIADE RUTA 14: RUTA DA FERVENZA DE RIBASIEIRA RUTA 15: RUTA DAS PENAS DE CALO RUTA 16: RUTA DO MONTE IROITE 61
Promotor
Alecar Ventanas, SL
LU GA R
Investimento 224.000,00 € Axuda Pública 89.152,00 € Investimento Privado 134.848,00 € Consolidación de emprego (UTAS): 3,82 Creación de emprego (UTAS): 1,5
INNOVACIÓNS TECNOLÓXICAS EMPRESA DE ALUMINIOS OUTES MELLORAR A EFICACIA DA FABRICACIÓN MEDIANTE A POSTA EN FUNCIONAMENTO DE NOVOS EQUIPAMENTOS
O proxecto localízase no Lugar de San Xoán de Roo, no concello de Outes.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN A empresa Alecar Ventanas, SL é unha carpintería de aluminio, con máis de vinte anos de experiencia, dedicada exclusivamente á fabricación de produtos en aluminio para todo tipo de cerramentos, de grande calidade. Dispón dunhas modernas instalacións de 700 m2 de nave industrial, onde leva a cabo todas as operacións básicas do proceso de fabricación, medición, corte e ensamblado. Conta con man de obra especializada e coñecedora dos métodos de traballo propios deste tipo de carpintería. No ano 2009 decidiu comezar a modernización tecnolóxica do proceso produtivo, con investimentos en equipos e maquinaria nova, que lles supuxo aumentar a capacidade produtiva e obter novos produtos. 62
“A modernización de pequenas empresas do rural fomenta a creación dun tecido empresarial innovador e competitivo”
Promotor
Talleres Picón, SL
Investimento 241.476,00 € Axuda Pública 80.411,51 € Investimento Privado 161.064,49 € Consolidación de emprego (UTAS): 4,16 Creación de emprego (UTAS): 2
LU GA R
“A modernización do sector da pedra está dando lugar a produtos elaborados que conteñen maior valor engadido”
MELLORA/MODERNIZACIÓN PLANTA INDUSTRIAL DE MATERIAIS PÉTREOS O AUTOMATIZACIÓN INDUSTRIAL PARA A MODERNIZACIÓN DA XESTIÓN EMPRESARIAL
O proxecto localízase no Lugar Agualevada, no concello de Noia.
Dende o ano 2003 dispón dunhas modernas instalacións no polígono de Augalevada, concello de Noia, onde leva a cabo o procesado da pedra, en varias secuencias: corte, fresado, taladros e pulidos.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Talleres Picón SL, empezou a súa andadura no oficio de traballar a pedra no ano 1994, e co paso do tempo e un traballo continuado abriuse un espazo no sector da pedra, tanto natural, como artificial, para o seu emprego na construción.
Coa firme idea de axeitar esta maneira de traballar ás necesidades actuais, a empresa foi incorporando os sistemas e equipos máis avanzados tecnoloxicamente, mellorando notablemente os rendementos e obtendo produtos máis axustados ás demandas dos mercados máis esixentes. Na actualidade están introducindo equipos baseados na robótica en determinadas etapas do proceso, para dar resposta ás novas demandas do mercado en produtos pétreos e en compactados de cuarzo e sintéticos. 63
Promotor
Alecar Ventanas, SL
LU GA R
Investimento 79.800,00 € Axuda Pública 28.408,80 € Investimento Privado 51.391,20 € Consolidación de emprego (UTAS): 3,82 Creación de emprego (UTAS): 0,25
AMPLIACIÓN PEME NO ÁMBITO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS O IMPACTO DAS NOVAS TECNOLOXIAS NOS PROCESOS PRODUTIVOS
O proxecto localízase no Lugar de San Xoán de Roo, no concello de Outes.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Con este novo proxecto a empresa de Alecar Ventanas quixo aproveitar o potencial que Internet e as novas tecnoloxías lles aportaban, para acadar unha maior produtividade, rendibilidade e ser máis competitivos. Incorporando as novas tecnoloxías no control de xestión e do proceso produtivo da transformación do aluminio, mediante a instalación de software especializado e específico para o traballo da carpintería. Por outro lado, o portal web corporativo estase a converter no escaparate dixital ó mundo dos seus produtos e servizos.
http://www.suarezlourido.com
64
“As microempresas conforman a base do tecido produtivo do territorio, supoñen o 97% do total de empresas e o 89% delas teñen menos de dous asalariados. Para estas pequenas empresas, as redes sociais supoñen unha oportunidade de xerar imaxe de marca e converter seguidores en clientes”.
RIVEIRA: ENTORNOS SAUDABLES A ESCAPADA DA CIDADE
Concello de Riveira
Investimento 309.326,65 € Axuda Pública 179.409,46 € Investimento Privado 129.917,19 € Consolidación de emprego (UTAS): 0 Creación de emprego (UTAS): 0
LU GA R
“O parque periurbano é un verdadeiro ecosistema, polo que a súa xestión ten que ser dende un punto de vista integrador para conseguir acadar un espazo o máis sustentable posible, para o que é preciso o uso eficiente dos recursos naturais, a potenciación do uso público do espazo e da participación cidadá, considerando o parque como lugar de ocio, deporte e para a divulgación e educación ambiental”
Promotor
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN O parque periurbano de San Roque é espazo arbóreo de 175.000 m2. A súa proximidade ao núcleo urbano de Riveira, así como a súa interese paisaxística e ser o auténtico pulmón verde da cidade, outórganlle un grande valor como espazo de recreo ocio e deporte para a poboación de Riveira e os seus visitantes.
Características, que fixeron que o concello de Riveira desenvolvera nestes espazos o proxecto Entorno Saudables:
• Acondicionamento do miradoiro Pedra da Rá. • Ruta de sendeirismo conectando o parque co miradoiro da Pedra da Rá.
Entre os seus elementos arquitectónicos e históricos máis importantes atópanse o Centro de Interpretación Arqueolóxica e a recreación dun castro da idade de ferro e do dolmen de Axeitos. Ao seu carón localízase o miradoiro Pedra da Rá, un espléndido balcón sobre as augas da Ría de Arousa, con vistas ao parque Dunar de Corrubedo, á praia do Vilar e ás lagoas de Carregal e Vixán.
• Creación dun parque de aventura ecosaudabel, no que se instalaron elementos de ocio e aventura perfectamente integrados.
65
Promotor
Alecar Ventanas, SL
LU GA R
Investimento 26.740,00 € Axuda Pública 10.642,52 € Investimento Privado 16.097,48 € Consolidación de emprego (UTAS): 4 Creación de emprego (UTAS): 0,25
AMPLIACIÓN PEME PARA NOVOS PRODUTOS DE MADEIRA-ALUMINIO POSTA EN MARCHA DUNHA NOVA LIÑA DE NEGOCIO
O proxecto localízase no Lugar de San Xoán de Roo, no concello de Outes.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Os membros da empresa Alecar Ventanas saben que, para seguir tendo colleita no sector do aluminio, é vital seguir crecendo e innovando. E por iso a empresa de Outes lanzou ao mercado un novo produto, fiestras de madeira e portas mixtas de madeira e aluminio. Unha alianza perfecta entre a madeira e o aluminio, para acadar un máximo rendemento térmico. No interior a calidez da madeira e no exterior a resistencia do aluminio. Se hai algo que caracteriza á empresa é a súa constante aposta pola innovación en todos e cada un dos seus produtos, o que os leva a apostar por novas canles de comercialización a través dunha plataforma de comercio electrónico.
66
“O rural das nosas comarcas non se queda atrás e cada vez son máis os pequenos empresarios que expoñen os seus produtos a través de tendas virtuais de e-comerce ou comercio electrónico, pois son sectores en expansión a tan só un clik”
Promotor
Jorge Miguel Casal Piñeiro
Investimento 139.196,00 € Axuda Pública 38.000,51 € Investimento Privado 101.195,49 € Consolidación de emprego (UTAS): 2,83 Creación de emprego (UTAS): 1,31
LU GA R
“É preciso unha xestión forestal sostible e de calidade que aproveite a grande riqueza e variedade do monte de Galicia. O futuro do monte é o futuro das xentes que viven e traballan no rural”
AMPLIACIÓN E MODERNIZACIÓN DE EMPRESA DE SERVIZOS FORESTAIS A PROFESIONALIZACIÓN DOS MONTES E DO AGRO PARA ASEGURAR A SÚA RENOVACIÓN
O proxecto localízase na aldea de Liñares, no concello de Rois.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Unha empresa de servizos integramente forestais e agrarios con dez anos de experiencia como empresa do sector. Está especializada na totalidade de traballos forestais que integran o manexo silvícola dos montes atlánticos.
Actualmente, como resultado da maior concienciación medioambiental da sociedade e do mellor aproveitamento forestal, están introducindo maquinaria máis avanzada, mellorando os rendementos e dando unha maior rapidez de resposta aos seus clientes.
Realizan traballos de calidade para a conservación, protección e mellora do medio: traballos de limpeza, control de biomasa, repoboacións, plantacións, rozas, etc. Neste tipo de actuacións é preciso o manexo de maquinaria forestal especializada ou traballos de mecanización forestal, con altas doses de destreza e practica.
67
Promotor
Manuel Sieira Sieira
LU GA R
Investimento 102.066,02 € Axuda Pública 35.723,11 € Investimento Privado 66.342,91 € Consolidación de emprego (UTAS): 4,21 Creación de emprego (UTAS): 0
AMPLIACIÓN DE EMPRESA DE DISTRIBUCIÓN DE SNACKS UNHA NOVA LOXÍSTICA PARA APERTURA DE NOVOS MERCADOS
O proxecto localízase na aldea de Ousesende, no concello de Outes.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN No proxecto de expansión empresarial foi preciso a construción dunha nova nave de almacenamento e distribución de produtos aperitivos e snacks. A nova infraestrutura permite achegarse a un maior número de mercadorías, un aumento de capacidade para o almacenamento e atender novos mercados, nun radio moito máis amplo.
68
“Innovación e ampliación dos servizos, claves de futuro”
POSTA EN VALOR DOS RESIDUOS DE MADEIRA DA LIÑA DE FABRICADO DE CAIXAS O POTENCIAL ENERXÉTICO DOS SUBPRODUTOS DA INDUSTRIA DA MADEIRA “O futuro dunha boa parte do tecido empresarial pasa pola internacionalización”
Promotor
Maderas Ornanda, SA
Investimento 778.006,62 € Axuda Pública 250.000,00 € Investimento Privado 528.006,62 €
LU GA R
Consolidación de emprego (UTAS): 71,63 Creación de emprego (UTAS): 1
O proxecto localízase na aldea Miñortos, no concello de Porto do Son.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Maderas Ornanda, é unha empresa con máis de 35 anos de experiencia na elaboración de embalaxes en madeira para botellas. Destina o 85% da súa produción ás principais adegas das zonas vitivinícolas de Burdeos e Borgoña. No proceso de elaboración empréganse 25.000 metros cúbicos de pino e xéranse grandes volumes de residuos, sobre todo astillas. Coa inversión en nova maquinaria deséñase unha nova liña de produción para converter as astillas en pellets. A biomasa residual convértese nun novo produto comercial, cun grande poder calorífico, que abastece o ámbito doméstico, fundamentalmente para calefacción. 69
Promotor
Rotogal, SL
“É preciso fomentar a participación das empresas en actuacións encamiñadas a coñecer as súas potencialidades e mellorar a súa posición en canto á xestión da investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación (I+D+i)”
LU GA R
Investimento 352.000,00 € Axuda Pública 123.200,00 € Investimento Privado 228.800,00 € Consolidación de emprego (UTAS): 23,78 Creación de emprego (UTAS): 2,99
AMPLIACIÓN PEME MATERIAL PLÁSTICO AGROGANDEIRO A MELLORA NA PRODUCTIVIDADE REDUNDA NA COMPETITIVIDADE
O proxecto localízase no polígono industrial de Espiñeira, no concello de Boiro.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Rotogal fabrica produtos de material plástico de calidade para os distintos sectores de actividade, pesca, acuicultura, agricultura e industria.
de xeito individual. Ademais a capacidade isotérmica dos bins engade unha maior capacidade de conservación dos alimentos.
2. Fabricación de depósitos isotermos (Bin) de 570 l. orientados a fáConta cun departamento de I+D+i (Investigación, Desenvolvemento e Innovación) consistente en crear novos produtos plásticos de primeira calidade, departamento que leva á empresa a desenvolver tres novas liñas de produción de plásticos para o sector agrogandeiro:
1. Fabricación de cubetas (bin) de 300 l. de capacidade e reutilizables, encastrables e isotermos para a manipulación de produtos cárnicos. Este bin permite o encaixe de varias unidades, unhas encima de outras, ocupando practicamente a metade de volume que ocuparían 70
bricas de produtos cárnicos. Construído en dobre parede rechea de espuma, principalmente pensado para uso interno en plantas de industria cárnica.
3. Fabricación de vallas plásticas para explotacións gandeiras. Vallas modulares para crear espazos para cría de vaca.
POSTA EN VALOR DO RECINTO SUPERIOR LESTE DO CASTRO DA CIDADE, RIVEIRA DESCUBRINDO A PAISAXE FORTIFICADA DA IDADE DE FERRO. O CASTRO
Promotor
Concello de Riveira
Investimento 183.627,30 € Axuda Pública 91.813,65 € Investimento Privado 91.813,65 € Consolidación de emprego (UTAS): 0 Creación de emprego (UTAS): 0
LU GA R
“O patrimonio, polas funcións ambientais, culturais e turísticas que desempeña, está pasando de entenderse como unha carga, debido aos custes unidos á súa conservación, a considerarse como un recurso fundamental nas estratexias máis innovadoras de desenvolvemento. Por outra banda, a concentración patrimonial nun determinado territorio deberíalle conferir condicións especiais á hora de construír proxectos diferenciados de desenvolvemento. Unha aproximación integrada na que o patrimonio implica descubrir no territorio un conxunto de recursos, tanto materiais como inmateriais, que son a expresión da súa identidade, do seu pasado, pero tamén a base dun desenvolvemento futuro (Delta, 2004)”.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN O conxunto arqueolóxico do Castro ocupa todo o cumio do Monte Cidá, un magnífico balcón dende o que se divisan as paisaxes naturais do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán e está emprazado na parroquia de Carreira, no concello de Riveira.
As investigacións arqueolóxicas desenvolvidas con este proxecto consistiron na escavación arqueolóxica, consolidación e restauración de estruturas, estudo, divulgación de información e posta en valor do recinto superior leste do Castro, duns 300 m2.
O Castro é un asentamento fortificado das xentes que habitaban estas terras a finais da Idade de Bronce e de toda a Idade do Ferro, e que incluso seguiran en vigor despois da conquista romana do noroeste. O castro era, en esencia, un poboado instalado nunha posición topográfica elevada, normalmente en lugares de fácil defensa ou que estratexicamente dominaban un territorio, de planta redondeada ou ovalada, rodeado de murallas e terraplens. En definitiva, unha fortificación defendible.
Esta intervención, por un lado permitirá comprender moito mellor a cultura castrexa, ao tempo que permitirá acercar á poboación este novo recurso de desenvolvemento territorial, xa que o legado patrimonial dos nosos antepasados conforma a memoria colectiva das nosas xentes.
71
Promotor
Asociación Misela
“Considérase imprescindible ter presente ás persoas con discapacidade nas políticas de desenvolvemento rural. Dende onde se reclame atención ás persoas vulnerables, entre as que sobresaen as que viven con discapacidade no medio rural”
LU GA R
Investimento 469.318,31 € Axuda Pública 208.846,65 € Investimento Privado 260.471,66 € Consolidación de emprego (UTAS): 5,16 Creación de emprego (UTAS): 2
CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE DO RURAL
O proxecto localízase na vila de Noia.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN MISELA é unha Asociación de persoas con discapacidade das comarcas de Noia e Muros, constituída no ano 1993 por familias de nenos con discapacidade. O proxecto consiste no acondicionamento e equipamento dun baixo dun edificio de 512,35 m2 para albergar un centro de atención a persoas con discapacidade.
e de integración na vida familiar e social. Contará cunha sala de atención específica e rehabilitación e sala polivalente.
Os servizos que se ofrecen son dous:
Centro ocupacional: co obxectivo de proporcionarlles unha actividade útil e posibilitar a súa inserción no mundo laboral. Contan con talleres e sala polivalente.
Centro de día: co obxectivo de prestar atención psicolóxica, educativa e rehabilitadora ás persoas con discapacidade para conseguir que adquiran o máximo nivel de desenvolvemento persoal de autonomía
Trátase dun proxecto singular, creado para proporcionar unha resposta integral ás demandas e necesidades das persoas afectadas de discapacidade e ás súas familias.
72
Promotor
Asociación AMICOS de familias de persoas con discapacidade intelectual
Investimento 222.903,33 € Axuda Pública 148.230,71 € Investimento Privado 74.672,62 € Consolidación de emprego (UTAS): 21,28 Creación de emprego (UTAS): 1
LU GA R
“É mester ofrecer unha alternativa formativa a un colectivo tradicionalmente excluído das opcións de formación profesional, cunha formación completamente adaptada ás necesidades deste grupo de poboación e que teña como obxectivo prioritario aumentar as necesidades reais de emprego”
CENTRO INTEGRAL DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO INTEGRACIÓN SOCIAL E LABORAL DAS PERSOAS CON CAPACIDADES DIFERENTES
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN
O proxecto localízase no lugar de Comoxo, no concello de Boiro.
A Asociación AMICOS está a apostar por un mercado de traballo inclusivo que, dende o paradigma da non discriminación, aborde o emprego das persoas con discapacidade como unha oportunidade para todos.
O proxecto inclúe a construción dunha nave de 300 m2, repartidos nunha aula polivalente, un taller ocupacional, unha zona de almacén e unha zona de baños e vestiario. Os invernadoiros dedicaranse a cultivos de hortofroiteiras, planta forestal e ornamental.
O obxectivo da CREACIÓN DUN CENTRO INTEGRAL DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO é proporcionar un nivel profesional
Os produtos hortofroiteiras cultivados destinaranse aos comedores da Asociación, que diariamente prepara máis de 150 menús. As plantas ornamentais irán aos xardíns e espazos comúns dos distintos centros da entidade. Mentres que a planta forestal empregarase en usos ambientais e sociais (actos medioambientais, rexeneración de espazos naturais degradados...). De xeito xeral, toda a produción xerada será doada e non se procederá á súa comercialización.
suficiente mediante a formación teórica e práctica que lles permita desenvolverse con autonomía en tarefas relacionadas coa xardineira, viveiros, horticultura e mantemento de xardíns. O centro conta cunhas instalacións equipadas de maquinaria de xardinería e de viveiros con espazos deseñados expresamente para cubrir as necesidades de formación nas tarefas mencionadas.
73
Promotor
Redes Ría de Arosa, Sl.
LU GA R
Investimento 155.671,91 € Axuda Pública 46.390,23 € Investimento Privado 109.281,68 € Consolidación de emprego (UTAS): 1,30 Creación de emprego (UTAS): 0
AMPLIACIÓN EMPRESA FABRICACIÓN MALLAS DE ALGODÓN A MELLORA DAS INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS
O proxecto localízase no núcleo de Cesar, no concello de Boiro.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN A empresa Redes Ría de Arosa é unha empresa dedicada dende 2005 á fabricación e comercialización de redes de algodón para o cultivo do mexillón. Trasladou o proceso de produción dende a localidade de Cabo de Cruz, ás novas instalacións situadas na localidade de Cesar, cumprindo co seu plan de ampliación trazado xa hai uns anos. O traslado da fabrica non soamente supón un cambio físico da sede, senón tamén unha maior capacidade de produción e almacenamento, ao quedar a antiga fábrica como almacen.
74
“O sector do mexillón na Ría de Arousa é un sector consolidado que produce un enorme efecto de arrastre na economía, no fomento en inversións en activos de empresas auxiliares, como as de fabricación de cordeis”
MELLORAS MINAS SAN FINX PAISAXES INDUSTRIAIS
Concello de Lousame
Investimento 59.600,00 € Axuda Pública 41.720,00 € Investimento Privado 17.880,00 € Consolidación de emprego (UTAS): 0 Creación de emprego (UTAS): 0
LU GA R
“As paisaxes industriais son de carácter evolutivo e nelas consérvase no territorio as compoñentes esenciais dos procesos de produción dunha ou varias actividades industriais, constituíndo un escenario privilexiado para a observación das transformacións e os usos que as sociedades fixeron do seus recursos. Plan Nacional de Patrimonio Industrial (2012)”.
Promotor
O proxecto localízase no núcleo de Vilacoba, no concello de Lousame.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN As minas de wolframio de San Finx son un claro exemplo de paisaxe cultural da industrialización pois nos remiten á actividade mineira e ao proceso de industrialización operado entre finais do século XIX e comezos do XX. A iniciativa que se levou a cabo por parte do concello de Lousame pretende explicar de xeito ameno e de cerca o mundo da minería en San Finx.
Sinalización O sistema de sinalización turística é xunto coa sinalización de seguridade un elemento prioritario para a posta en valor dos recursos industriais e para mellorar a mobilidade no seu interior.
ten a área mineira para dar a coñecer ao visitante unha imaxe en conxunto do mundo da minería do pasado.
Recuperación e restauración de antigas instalacións mineiras con fins didácticos e turísticos.
• Reconstrución do castillete ou da estrutura que se situaba sobre a entrada do Pozo Vello.
• Construción de pequenos tramos de vía e vagonetas que se empregaban para trasladar os minerais.
• Adaptación da entrada dun filón para recrear a pequena escala a entrada ao interior dunha mina.
Exposición Interpretativa Paneis explicativos, fotografías a grande escala, exposición de materiais, vídeo-holograma explicativo, etc, son algúns dos novos elementos que 75
Promotor
Madeiras Trigo, SC.
LU GA R
Investimento 37.198,80 € Axuda Pública 13.019,58 € Investimento Privado 24.179,22 € Consolidación de emprego (UTAS): 3 Creación de emprego (UTAS): 1
AMPLIACIÓN EMPRESA TRANSFORMACIÓN MADEIRA APOSTA POLAS VELLAS ENERXIAS RENOVABLES
O proxecto localízase na aldea de Sóñora, no concello de Rois.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN A empresa Madeiras Trigo, SC, dedícase á explotación forestal. As actividades realizadas abarcan todos os procesos para o aproveitamento das masas forestais, dende a compra de madeiras (sobre todo de eucalipto e pino), nos montes de titularidade tanto pública como privada, ata a súa posterior tala e desembosque ás pistas forestais para a recollida por outras empresas que se encargarán de levar a cabo os seguintes procesos de transformación. A produción está enfocada a clientes como fábricas de celulosa, fábricas de taboleiros, serradoiros, etc. Cos novos investimentos en maquinaria a empresa estase a especializar na transformación de madeiras destinadas a leña de calefacción, para particulares e empresas. 76
“Vellas solucións para novos problemas. O monte nos últimos anos volveu con forza á escena como recurso enerxético, como fonte calorífica. A queima de madeira, a materia prima enerxética máis antiga da historia para a produción de calor, eríxese agora como unha opción de futuro avalada pola UE para reducir a dependencia dos combustibles fósiles e contribuír á loita contra o cambio climático. Galicia consume actualmente 500.000 toneladas anuais de leña como combustible, principalmente en panaderías e vivendas unifamiliares”
Promotor
Jorge Miguel Casal Piñeiro.
Investimento 43.500,00 € Axuda Pública 11.875,50 € Investimento Privado 31.624,50 € Consolidación de emprego (UTAS): 4,14 Creación de emprego (UTAS): 0
LU GA R
“A Xestión Forestal Sustentable e garante da conservación do medio ambiente e do emprego dos recursos forestais racionalmente a través de medidas e actuacións encamiñadas a súa preservación, asegurando deste xeito, un equilibrio entre os aspectos sociais, ambientais e económicos”
AMPLIACIÓN E MODERNIZACIÓN DE EMPRESA DE SERVIZOS FORESTAIS II ACTORES PRINCIPAIS PARA O DESENVOLVEMENTO FORESTAL SOSTIBLE
O proxecto localízase na aldea de Liñares, no concello de Rois.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Neste outro proxecto, a empresa de servizos forestais e agrarios apostou pola ampliación e modernización da maquinaria existente na empresa co obxectivo principal de incrementar a capacidade produtiva e mellorar en termos de eficiencia medioambiental, a través da adquisición dunha desbrozadora de cunetas.
77
Promotor
Maderas Ornanda, SA
LU GA R
Investimento 52.500,00 € Axuda Pública 14.437,50 € Investimento Privado 38.062,50 € Consolidación de emprego (UTAS): 70,30 Creación de emprego (UTAS): 0
INSTALACIÓN DUN CENTRO DE MECANIZADO POLIVALENTE ALTO GRADO DE MODERNIZACIÓN DOS EQUIPAMENTOS PRODUTIVOS
O proxecto localízase na aldea Miñortos, no concello de Porto do Son.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Maderas Ornanda, é unha empresa con máis de 35 anos de experiencia na elaboración de embalaxes en madeira para botellas. Destina o 85% da súa produción as principais adegas das zonas vitivinícolas de Burdeos e Borgoña. Unha nova inversión en maquinaria para a instalación dun centro de mecanizado altamente automatizado, que destaca pola súa velocidade de produción e un acabado final de calidade nas caixas de madeira.
78
“É fundamental incentivar a adquisición de nova maquinaria por parte das pemes do rural a fin de contribuír á súa modernización, seguridade e produtividade e, tamén, a mellorar a competitividade do conxunto do tecido empresarial do territorio”.
Promotor
Esteban Míguez Otero
Investimento 151.000,00 € Axuda Pública 45.300,00 € Investimento Privado 105.700,00 € Consolidación de emprego (UTAS): 1,43 Creación de emprego (UTAS): 0
LU GA R
“A pesar dos esforzos por orientar a xestión forestal cara a multifuncionalidade e a sustentabilidade, a realidade é que existe aínda unha grande distancia entre ambos conceptos teóricos e o seu traslado á práctica diaria no monte”
MODERNIZACIÓN EMPRESA SERVIZOS FORESTAIS RIANXO FOMENTANDO A INNOVACIÓN E O ESPÍRITO EMPRESARIAL EN MATERIA FORESTAL PARA PRESTAR SERVIZOS
O proxecto localízase no núcleo de Ourille, no concello de Rianxo
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN O proxecto consiste na modernización dunha empresa dedicada á prestación de servizos forestais a través da adquisición dunha procesadora de madeira co obxectivo de acadar un maior rendemento e de incrementar a produción.
79
Promotor
Concello de Porto do Son
LU GA R
Investimento 30.039,22 € Axuda Pública 15.019,61 € Investimento Privado 15.019,61 € Consolidación de emprego (UTAS): 0 Creación de emprego (UTAS): 0
REMODELACIÓN PARQUES INFANTÍS ENTORNO RURAL DE PORTO DO SON EQUIPAMIENTOS BÁSICOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL COMO PRESTACIÓN DE SERVICIOS BÁSICOS Á POBOACIÓN
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Con esta actuación o Concello de Porto Son levou a cabo os traballos para a remodelación de dous parques infantís en dous núcleos ruraris do concello. Nebra e Penas. Con este plan de mellora e posta en marcha o concello pretende dotar dunha maior funcionalidade estes espazos públicos do rural, como enclaves perfectos para o goce de toda a familia, atendendo as demandas veciñais e primando ante todo a seguridade dos usuarios.
80
“Manter e mellorar o nivel da poboación do medio rural e elevar o grado de benestar dos seus cidadáns, asegurando uns servizos públicos básicos axeitados e suficientes que garanten a igualdade de oportunidades e a non discriminación, especialmente das persoas máis vulnerables ou en risco de exclusión” Obxectivo da Lei 45/2007, de 13 decembro, para o Desenvolvemento Sostible do Medio Rural.
Promotor
Agro Esparís Comercial, SL
Investimento 794.300,00 € Axuda Pública 250.000,00 € Investimento Privado 544.300,00 € Consolidación de emprego (UTAS): 1,03 Creación de emprego (UTAS): 3
LU GA R
“A externalización das tarefas agrarias por parte das explotacións esta dando lugar á reorganización do traballo agrario e o xurdimento dun colectivo de empresas chamadas a xogar un papel importante no futuro do agro”
AMPLIACIÓN EMPRESA SERVIZOS ÁS GANDEIRÍAS PARA A PRODUCIÓN DE FORRAXES EXTERNALIZACION DO TRABALLO AGRARIO E GANDEIRO
O proxecto localízase no núcleo de Urdilde, no concello de Rois.
levou a estas á externalización de certas tarefas agrarias, sobre todo a produción de forraxes. Esta demanda esta propiciando a existencia dunha rede de empresas de servizos á agricultura capaz de favorecer a incorporación de innovacións e de aportar cualificación profesional que se converteu nunha oportunidade de emprego para o rural. A externalización das labores agrarias comezou coa mecanización, pero estase ampliando e vai abarcando todo tipo de traballos.
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN A fragmentada dimensión laboral e económica das explotacións agrarias no territorio, xa que non teñen capacidade para a incorporación de innovacións nin a incorporación de capital humano necesario,
A empresa de servizos agrarios Agro Esparís Comercial, SL dedícase á prestación de servizos agrarios na comarca do Sar desde o ano 1997. O promotor adquiriu unha serie de maquinaria que lle permita atender as necesidades das explotacións, posto que as labores de forraxe teñen un momento óptimo clave o que conleva que todas as explotacións demanden os seus servizos ao mesmo tempo. 81
431B. PROMOCIÓN TERRITORIAL 83
Promotor
Asociación de Desarrollo Local DELOA
LU GA R
Investimento 132.286,95 € Axuda Pública 132.286,95 €
PLAN DE DIFUSIÓN 2007-2013 DELOA. INDENTIDADE DO TERRITORIO COMO ASPECTO DIFERENCIAL. UN TERRITORIO “DELOA como marca territorial diferenciada e con características propias é CON NOME DELOA unha estratexia común dos doce concellos, que traballan dun xeito conxun-
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Durante o período 2007-2013 realizáronse diversas actividades de información e difusión, encamiñadas en varias direccións. De xeito resumido, as principais actuacións desenvolvidas pola Asociación de Desarrollo Local DELOA foron as seguintes:
84
to nunha estratexia de desenvolvemento rural sustentable, contando coa participación das institucións públicas, empresas privadas e todos os colectivos sociais. DELOA apostou por unha pluralidade de aspectos, tanto económicos, socioculturais como medioambientais”
Imaxe, Comunicación Externa e Difusión A estratexia da comunicación externa e difusión inclúe tanto a difusión e comunicación aos potenciais beneficiarios directos como á poboación en xeral. Encamiñada a reforzar as actividades de divulgación, información e sensibilización sobre o programa LEADER, entre os posibles promotores do territorio e a poboación en xeral, recolle as seguintes liñas de actuación e ferramentas de difusión:
Material promocional. Este tipo de material ofrece solucións creativas, eficaces e innovadoras que seguen a potenciar o valor da imaxe de DELOA, para distribuír en eventos públicos de impacto. O material promocional do territorio coa marca DELOA editado foron postais, calendarios, blocks de notas, axendas, camisetas, bolígrafos, USB, bolsas, gorras, paraugas e libretas de notas, entre outros.
Deseño e creación da imaxe corporativa ou a creación dun logotipo do GDR, así como rexistro da marca asociada ao logo (Rótulo signo distintivo).
DELOA, destino turístico de calidade
Creación da páxina web, http://www.deloa.es, para dar publicidade ao proxecto e facilitar a comunicación entre os beneficiarios e o GDR. Elaboración dun manual de xestión “Guía de procedementos para a xestión de solicitudes de axuda”, coa finalidade de difundir o proxecto e facilitar aos promotores a presentación das solicitudes de axuda. Edición dun libo memoria dos proxectos subvencionados a cargo de programas anteriores e os xa presentados con cargo ao programa LEADER.
As accións deste apartado van encamiñadas a reforzar o sector turístico, coa edición de material promocional, destinado aos potenciais visitantes e a profesionais do sector. O novo material, foi editado de cara a participar en diferentes accións promocionais, como asistencia a feiras de turismo.
• Deseño, creación e impresión dun mapa conxunto de todo o territorio.
• Creación e impresión de Roll up e remodelación do Stand de Deloa.
• Redacción e impresión dun libro con información turística, cultural e fotografías do territorio.
Folletos con Información sobre o programa, coa finalidade de que o coñeza a maior parte da poboación.
85
Promotor
Asociación de Desarrollo Local DELOA
LU GA R
Investimento 10.763,67 € Axuda Pública 10.763,67 €
REACTIVACIÓN DO PATRIMONIO INMATERIAL A TRAVÉS DA MÚSICA TRADICIONAL DOS ESPAZOS RURAIS A MÚSICA TRADICIONAL, MOTOR PARA UN DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE DO RURAL
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN No territorio da Asociación de Desarrollo Local DELOA consérvase un gran legado de instrumentos e cancións tradicionais e existe un gran número de asociacións culturais que apostan, día a día, polo patrimonio inmaterial musical. Isto deu lugar, a que este proxecto se converta nunha iniciativa de salvagarda deste rico e variado patrimonio.
“A base das músicas tradicionais en calquera país é o “coñecemento tradicional” que forma parte dun patrimonio único dos territorios e dos seus habitantes. Este coñecemento tradicional mantense vixente grazas á oralidade e ás representacións das tradicións culturais dunha xeración a outra. Así mesmo, como calquera tipo de coñecemento, non se detén, pero de maneira constante é reinterpretado e adaptado a formatos actuais, de forma que sirve como un rico recurso cultural do que poden ser sacadas unha grande variedade de expresións creativas. Ao mesmo tempo, son valores culturais dun territorio e das súas xentes, estes valores tamén posúen un grande potencial económico xa que son demandados polos consumidores locais ou poden entrar en mercados, a distintas escalas”
Iniciativa 2: GRABACIÓN DE MAQUETAS MUSICAIS TRADICIONAIS Os premiados dos certames, tiveron a oportunidade de gravar unha maqueta co tema gañador, nun estudio de profesional.
Iniciativa 3: XORNADA FORMATIVA. Procesos para a profesioO proxecto concretouse en varias iniciativas.
Iniciativa 1: UN CERTÁME DE MÚSICA TRADICIONAL INTERRITMOS-DELOA CON DÚAS AUDICIÓNS (Boiro e Outes). Un xurado profesional foi o encargado de valorar as actuacións dos participantes e seleccionar aos gañadores.
86
nalización da música tradicional. Unha innovadora xornada que dotou aos profesionais e non profesionais da música tradicional, de formación específica nos diferentes ámbitos dun sector en auxe. Abordáronse temas como os dereitos de autor, a situación e o valor da música tradicional como motor de desenvolvemento económico.
“Os froitos da terra. Paisaxes que se comen e escoitan. Os sabores, os olores, os colores e os sonidos que nos proporciona o territorio da Asociación de Desarrollo local DELOA son un paraíso para os sentidos”
Promotor
Asociación de Desarrollo Local DELOA
Investimento 5.261,55 € Axuda Pública 5.261,55 €
LU GA R
PROMOCIÓN DE PRODUTOS MUSICAIS TRADICIONAIS E AGROALIMENTARIOS FUSIÓN RURAL. MÚSICA CON SABORES
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN DELOA é o territorio dunha historia e dunha cultura milenaria, cunha riqueza musical, cultural e paisaxística incomparable. Un territorio privilexiado polo feito de ter á man todas as paisaxes das que proveñen as materias primas: mar, montaña, vales e hortas. Estes trazos marcan os produtos locais e os sons musicais do territorio, froito da tradición e innovación, formando parte da identidade cultural do territorio no que se producen e que recollen o saber facer das xeracións pasadas. O festival da Luz, un dos eventos musicais con maior relevancia do rural de Galicia, que destaca pola calidade dos seus carteis que, cada ano, incorpora a músicos de fama nacional e internacional nos correspondentes estilos musicais, converteuse nun magnifico escaparate para os produtos agroalimentarios e musicais que definen o territorio DELOA. No Mercado da Luz, emprendedores do rural de
Galicia mostraron os seus produtos agroalimentarios e os seus servizos. E Para a ocasión, Deloa estivo presente cun stand cunha ampla exposición de produtos musicais tradicionais e agroalimentarios do ámbito territorial. En total expuxéronse 17 produtos de seis produtores do territorio DELOA:
• VAL DO TRABA (Noia): sidras, mosto e doces de froitas. • AMICOS (Boiro): marmeladas e conservas da horta. • BEER SON (Porto do Son): cervexa artesanal. • A FÁBRICA DOS DOCES (Rianxo): Doce de San Ramons. • SAT A PEMENTEIRA (Padrón): Pementos de Herbón. • APIGAL (Porto do Son): cremas de propóleo, xalea real e polen; e meles.
87
Promotor
Asociación de Desarrollo Local DELOA
LU GA R
Investimento 12.996,23 € Axuda Pública 12.996,23 €
ESPAZOS CON IMAXES E SONS INTERRITMOS-DELOA UN PROXECTO DINÁMICO DE TRANSFERENCIA DE RESULTADOS
“O patrimonio inmaterial como ben común que forma parte integrante da nosa memoria colectiva é Patrimonio Cultural porque é transmitido e recreado e existe consenso. Polo que a súa xestión é fraxil pois hai que ter en conta o coñecemento heredado, o seu engarce co presente e a proxeción do seu futuro”
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN Entre as festas más emblemáticas e tradicionais están o Festival de Música Tradicional do Concello de Porto do Son, a Romaría de San Ramón de Bealo en Boiro e Feira Cultural do Concello de A Pobra do Caramiñal. Nestes espazos escénicos con forte dimensión cultural e social das comarcas, celebráronse concertos de música tradicionalfolk, o que deu lugar, a que neles participaran 22 grupos de música tradicional dos doce concellos e pasaran polo escenario 182 músicos (59 homes e 174 mulleres). Complementando o escenario musical achegouse ao público unha mostra fotográfica itinerante cos proxectos financiados con LEADER no período 2007-2013.
88
No discorrer desta serie de concertos relizouse un vídeo das tres mostras e espazos musicais que se editou para transferir o valor do noso patrimonio inmaterial a través da música tradicional. A unión e sinerxias entre festas populares, espazos públicos, imaxes e música foron os elementos precisos para a transferencia e visibilización da labor feita pola Asociación durante este período de programación 2007-2013, empregando como medio o noso patrimonio cultural inmaterial.
89
5.4. INDICADORES SOCIOECONÓMICOS
Emprego creado e consolidado
No seguinte apartado mostranse os principais indicadores de resultado da actividade do GDR durante o periodo de programación 20072013.
No periodo de programación analizado o emprego converteuse nun output importante. Coa posta en marcha dos 30 proxectos, xeráronse, de xeito directo, 29,80 Unidades de Traballo Anuais UTAS. O emprego consolidado ascendeu a 156,06 UTAS. Emprego creado e consolidado*
Consolidación de emprego
156,06
29,8 Creación de emprego Fonte: Asociación de Desarrollo Local DELOA *Para o cálculo das UTAS consolidadas, naqueles casos nos que un promotor presenta máis dun proxecto, só se tivo en conta o emprego consolidado nun deles.
90
Emprego creado e consolidado por sexo Os proxetos subvencionados consolidaron 156,06 UTAS de traballo mairoritariamente masculino 62,16%, mentres que as mulleres tan só
consolidaron o 37,84%. Por outra banda, a creación de emprego é tamén mairoritariamente masculina (51,52%) e tan só o 48,48% do traballo creado corresponde a mulleres.
CREACIÓN EMPREGO
CONSOLIDACIÓN EMPREGO
Emprego creado e consolidado por sexo+
Mulleres
37,84 %
Homes 62,16% 48,48 %
Mulleres
Homes
51,52% Fonte: Asociación de Desarrollo Local DELOA
Financiamento (Axuda pública e Investimento) Os trinta proxectos subvencionados con cargo á estratexia de desenvolvemento local supuxeron un investimento total de 7.480.242,49
euros, correspondendo 2.872.228,35 euros a axuda pública e 4.608.014,14 euros a investimento privado, representando, o investimento privado, o 163 % da axuda pública.
Financiamento dos proxectos con cargo á estratexia de desenvolvemento local
INVESTIMENTO PRIVADO 4.608.014,14 € AXUDA PÚBLICA 2.872.228,35 € INVESTIMENTO TOTAL 7.480.242,49 € Fonte: Asociación de Desarrollo Local DELOA
No relativo á tipoloxía dos proxectos, a axuda pública total para proxectos produtivos ascendeu a 1.580.811,29 euros, o que supón un 55,04 % da axuda pública total, mentres que para os proxectos non produtivos ascendeu a 1.291.417,06 euros (44,96%). O investimento privado foi de 2.958.745,59 euros para proxectos produtivos e de 1.649.268,55 euros para proxectos non produtivos.
Os proxectos postos en marcha polo GDR con cargo á Medida 431B “Adquisición de capacidades e promoción territorial” acadaron un investimento de 161.308,40 euros. A axuda pública nesta tipoloxía de proxectos ascende ao 100%.
Financiamento dos proxectos segundo a súa tipoloxía Investimento e axuda Proxectos xestionados con cargo á estratexia de desenvolvemento
Axuda pública
Investimento privado
Investimento total
2.872.228,35 €
4.608.014,14 €
7.480.242,49 €
Proxectos produtivos
1.580.811,29 €
2.958.745,59 €
4.539.556,88 €
Proxectos non produtivos
1.291.417,06 €
1.649.268,55 €
2.940.685,61 €
Proxectos non produtivos concellos
667.779,60 €
830.823,71 €
1.498.603,31 €
Proxectos non produtivos outras entidades
623.637,46 €
818.444,84 €
1.442.082,30 €
161.308,40 €
0,00 €
161.308,40 €
3.033.536,75 €
4.608.014,14 €
7.641.550,89 €
Proxectos xestionados polo propio GDR en promoción territorial. TOTAIS
Fonte: Asociación de Desarrollo Local DELOA
92
93
6 COOPERACIÓN INTERTERRITORIAL
A
Orden ARM/1287/2009, de 8 de maio, establece as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á realización de proxectos de cooperación interterritorial e transnacional no marco da Red Rural Nacional, con carácter plurianual e a desenvolver en territorios rurais baixo as pautas LEADER. Un dos obxectivos prioritarios da Red Rural Nacional é apoiar a cooperación entre grupos de acción local en proxectos que teñen un ámbito de actuación sempre superior ao dunha comunidade autónoma (proxectos interterritoriais). Os beneficiarios serían os grupos de desenvolvemento seleccionados no marco do eixo 4 LEADER dos programas rexionais de desenvol-
95
vemento rural, que participen nun proxecto de cooperación, a través dun grupo coordinador, que ten unha dobre condición; beneficiario directo da axuda e entidade colaboradora da Administración. A cooperación interterritorial responde a intereses de lanzar ideas innovadoras, creativas, imaxinativas, capaces de crear novas expec-
tativas de futuro no medio rural. Do que se trata, é de que mediante os proxectos de cooperación, os territorios rurais actúen entren eles, pasando de compartir información a desenvolverse en común, na procura de resultados concretos e perdurables no tempo e nos territorios, a través de proxectos innovadores e singulares.
INTERRITMOS: Ritmos y pueblos. Un proxecto de cooperación interterritorial
para a dinamización do patrimonio inmaterial a través da música tradicional dos espazos rurais.
Interritmos é un dos poucos exemplos que apostou polo patrimonio musical como motor de desenvolvemento territorial e de cooperación entre varios grupos de desenvolvemento rural de España.
Andalucía: Asociación de Municipios para el Desarrollo Rural Integral de la Serranía Suroeste Sevillana e Asociación para el Desarrollo Rural del Corredor de la Plata.
A Asociación de Desarrollo Local DELOA que pretende o desenvolvemento sustentable do ámbito das Comarcas de Barbanza, Sar, Noia e Concello de Muros, foi quen coordinou o proxecto. Nel tamén participaron outros once Grupos de Desenvolvemento Rural de cinco Comunidades Autónomas:
Interritmos pretendeu a recuperación do patrimonio musical dos espazos rurais, que recibiron dos seus antepasados e traspasaron aos seus descendentes de forma oral, formando parte da cultura e identidade dos pobos. Esta tradición musical dos doce territorios rurais nas súas múltiples formas e manifestacións, deu lugar a unha importante actividade musical, tanto pola súa cantidade como pola súa calidade. Polo que, o obxecto de Interritmos foi a recuperación, a valorización, e a promoción da música tradicional, para que a cultura musical dos espazos rurais perdure no tempo, de maneira que podamos seguir disfrutando dos nosos ritmos e mantelos vivos.
Galicia: Terras do Deza, A.D.R. da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo-Baixo Miño e A.D.R. da Comarca de Ourense. Cantabria: Asociación Promoción y Desarrollo Comarca Pisueña, Pas y Miera e Asociación de Desarrollo Territorial Campoo - Los Valles. Castilla e León: Asociación para el Desarrollo de las Comarcas de Campo Charro, Alba de Tormes y Guijuelo (ADRECAG); Asociación para el Desarrollo Rural Integral de las Sierras de Salamanca (ADRISS). Extremadura: Asociación para la Promoción y el Desarrollo Rural de la Comarca de las Villuercas, Ibores, Jara (APRODERVI); Asociación para el Desarrollo de la Comarca de Lácara (Adecom-Lácara) 96
A maiores, Interritmos contribuíu á promoción turística en rede dos territorios, como marca de identidade, incorporando a música tradicional como elemento de innovación na comercialización turística cultural e na xeración de novos xacementos de emprego. Desde Interritmos veuse a necesidade de incorporar a música tradicional como un compoñente imprescindible da oferta turística, co obxectivo de incrementar a súa calidade, conseguir un maior valor engadido e acadar un produto turístico atractivo.
Grupos de desenvolvemento rural do proxecto Interritmos
97
Concellos adheridos ao proxecto Un total de 276 concellos a través dos seus respectivos grupos de desenvolvemento uníronse ao proxecto. Ao igual que as entidades menores de Barbaño e Guadajira, en Badajoz. A maior parte dos
concellos, o 53%, localízanse nos dous grupos (Adriss e Adrecag) de Castela-León.
Número de concellos do proxecto Interritmos
Fonte: INE
98
Municipios beneficiarios do proxecto Interritmos
99
Número de habitantes beneficiarios indirectos do proxecto Un total de 1.085.203 habitantes foron a poboación beneficiaria do O 77% da poboación localízase en grupos que teñen un núcleo urbaproxecto Interritmos. A poboación feminina ascende a 555.427 perno no seu territorio ou nas súas proximidades, é o caso dos grupos soas, o que significa que a maior parte da poboación beneficiaria, MAIV-Baixo Miño, Adercou, Deloa e Serranía Suroeste Sevillana. o 51%, fala en feminino. Fronte a un 49% (529.512), que o fai en masculino. Poboación beneficiaria do proxecto Interritmos
Fonte: cifras de la revisión del Padrón Municipal a 1 de enero de 2013. INE
100
ACCIÓNS/ACTUACIÓNS DESENVOLVIDAS Seguindo a metodoloxía de traballo definida no proxecto, as actuacións que se desenvolveron foron varias:
DIAGNOSE Como punto de partida do proxecto elaboráronse dous documentos de traballo:
1) Sistema de Indicadores para as músicas tradicionais dos territorios do Proxecto Interritmos O proxecto Interritmos interesado pola supervivencia do patrimonio inmaterial a través do fomento, a promoción e o estÍmulo da música tradicional dos seus respectivos territorios, desenvolveu un sistema de indicadores, como unha ferramenta de traballo práctica e de entendemento a nivel interno dos doce grupos participantes no proxecto. Consideramos un sistema de indicadores aquelas “medidas que proporcionan a información necesaria para comprender mellor a actividade musical dos territorios”. Deste xeito, este conxunto de medidas que conforman un sistema de indicadores, constitúe unha importante ferramenta para as tarefas de planificación e xestión dos territorios sobre o tema estudado, a música tradicional. A metodoloxía en base a un sistema de indicadores de referencia é un protocolo de traballo onde o seu fin último é proporcionar unha información o máis concreta e sistemática posible sobre a música tradicional dos 276 concellos do proxecto. Con este protocolo conséguese un instrumento axeitado para a xestión a diferentes niveis:
• Transmitir á sociedade da información toda a información relativa sobre música tradicional. En total, establecéronse cinco premisas básicas sobre a música tradicional e doce indicadores que nos permitiron un coñecemento obxectivo da situación da música tradicional nos territorios.
2) Diagnose Territorial A música tradicional dos doce territorios rurais nas súas múltiples formas e manifestacións, desenvolveu unha importante actividade musical, tanto pola súa cantidade como pola súa calidade. En case, todas as celebracións que se realizan ao longo do anos nos nosos pobos está presente a música folk. Na base de datos do proxecto Interritmos localizáronse os seguintes datos, entre outros:
• 28 fabricantes de música tradicional. • 12 tendas de música tradicional. • Diagnosticouse a recuperación de 286 cancións tradicionais. • A maior parte, o 80%, son grupos musicais (337). O 93% dedícanse dunha forma aficionada á música tradicional, actuando en festas e romarías. Soamente o 7% dos grupos se dedican á música tradicional dunha forma profesional.
• O 20% son solistas, e a maioría destes, o 56%, realiza a súa acti• Obter unha visión rápida e sintética da música tradicional. • Facilitar a toma de decisións e a estratexia a seguir. • Facilitar comparacións entre territorios distintos.
vidade de forma profesional.
• O 74% dos grupos pertencen a unha asociación de carácter cultural, mentres que os solistas con un carácter máis profesional, non soen estar vinculados a asociacións culturais.
• Facilitar o seguimento e o control das actuacións. 101
• A muller xogou un papel trascendental na creación, custodia e trasmisión dos repertorios musicais tradicionais e monopolizou algúns xéneros concretos. As mulleres solistas gozaron desde sempre dunha grande consideración, xa que cantar é unha das actividades consideradas femininas. pero constátase que as mulleres teñen unha presenza moi secundaria na música tradicional actual.
As mulleres solistas soamente alcanzan o 16% do total, fronte ao 84% dos solistas homes.
• Un gran número de asociacións culturais, que se encargan de defender, fomentar e renovar a música tradicional dos nosos pobos (213).
Número de grupos/solistas adheridos ao proxecto
102
Fonte: Base de datos de Interritmos (www.interritmos.com/mediateca)
CERTAMES MUSICAIS Outra das iniciativas levadas a cabo foron os “Certames de música tradicional”. Celebrados no ano 2013, estaban encamiñados a dar a coñecer e promocionar a cultura musical tradicional dos territorios do proxecto. Os seus destinatarios foron músicos e grupos noveis, sen obra comercial editada, que interpretaron obras musicais tradicionais. Realizáronse doce certames de música tradicional, un en cada un
dos territorios dos socios do proxecto. Os gañadores participaron na gravación dun CD repertorio, que contiña as cancións gañadoras dos certames organizados por cada un dos Grupos de Desenvolvemento Rural socios do Proxecto “Interritmos: Ritmos y Pueblos”. Mencionar que nalgúns dos territorios do proxecto, os certames tiveron continuidade no ano 2014, celebrándose unha segunda edición dos mesmos e prevese que continúen nos próximos anos.
103
Certame musical Padrón. A Coruña. Deloa
104
Certame musical MAIV-Baixo Miño
Certame musical Serranía Suroeste Sevillana
Certame musical Plaza Maior de Ourense
Certame musical MAIVBaixo Miño
Certame musical Molledo. Campoo Los Valles.
105
GRAVACIÓN DO CD REPERTORIO Os gañadores dos certames son os músicos que participaron na gravación do CD repertorio. Este dobre Cd, que veu a luz en agosto de 2014, engloba os 23 temas de música tradicional interpretados por cada un dos gañadores dos certames, dezaoito grupos musicais, dos que oito son de Galicia: Pao de Buxo, Pandereteiras Árdelle o Eixe, O Pedrón, Pandereteiras A Buxaina, Os Treboeiros da Muimenta, Os Tremendos de Baño, Ardoa e Varacuncas; catro de Estremadura: Coros y Danzas Arguijuela, grupo de coros u danzas Araval, los Panderos del Ramo e agrupación zarzuela de Guadalupe; tres de Cantabria: Coral
Portada do CD repertorio de Interritmos
106
Voces del Pisueña, Coro Ronda Valle de Iguña e Ronda Pico Cordel; dous de Castela-León: Etnómadas y tamborileros de las sierras de Salamanca y Béjar; un de Andalucía: Coro de Nuestra Señora de la Estrella del Garrobo; e cinco solistas: Rosario Muñoz, Marina Romero e Diego del Valle Delgado de Andalucía, Pablo Barragán Miguel de Castela-León e Vanesa Fernández Agudo de Cantabria. Foi distribuído gratuitamente e permitiunos gozar dos talentos locais, que transmiten, recrean e manteñen de xeración en xeración o noso patrimonio inmaterial.
CD repertorio de Interritmos
107
Este Cd foi repartido, entre outros lugares, no Festival da Luz e no Festival de Liérganes. No Festival da Luz (Boirmorto) repartiuse o CD maioritariamente entre a poboación das principais cidades de Galicia (Vigo, Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Lugo), e as poboacións dos concellos limítrofes a
Boimorto, concello rural onde se empraza, ano tras ano, o Festival da Luz. A procedencia dos que recibiron o CD no festival de Liérganes eran maioritariamente dos concellos de Santander e de Torrelavega.
Procedencia das poboacións que recibiron o Cd no Festival da Luz. Galicia
Fonte: Base de datos de Interritmos 108
Procedencia das poboaci贸ns que recibiron o Cd no Festival de Li茅rganes
Fonte: Base de datos de Interritmos 109
Procedencia das poboacións que recibiron o Cd. España
Fonte: Base de datos de Interritmos
SEMINARIO DE PECHE DO PROXECTO INTERRITMOS O seminario de peche do proxecto, tivo lugar nas instalacións da Fundación Paideia (socia que ostenta a presidencia de Deloa), en A Coruña, o día 12 de setembro. O obxectivo do mesmo foi dar a coñecer as accións que se desenvolveron e diversos puntos de vista 110
de expertos coñecedores da música tradicional que mostraron as posibilidades de repercusión e de creación de sinerxias da música no desenvolvemento socioeconómico das zonas rurais, principalmente a través do turismo. Bieito Romero, gaiteiro galego e membro fundador del grupo Luar Na Lubre, foi o encargado de conducir a temática que se desenvolveu no seminario de peche do proxecto.
A MÚSICA COMO MOTOR DE DESENVOLVEMENTO TERRITORIAL A maiores da dinamización do patrimonio musical (recuperación, valoración, visibilización e difusión), o proxecto tamén contribueu á promoción turística en rede dos territorios, incorporando a música tradicional como elemento de innovación na comercialización turística e na xeración de novos xacementos de emprego.
1) Participación de Interritmos no Mercado da Luz. O FESTIVAL DA LUZ é un dos acontecementos culturais más interesantes que se desenvolve no rural de Galicia, concretamente no concello de Boimorto, concello interior, localizado a escasos quilómetros da capital de Galicia, Santiago de Compostela. A súa promotora é a cantante Luz Casal e ZircoZine Music é quen o organiza.
Actuación do grupo A Buxaina no escenario principal do Festival da Luz.
No recinto do festival o proxecto Interritmos participou no MERCADO DA LUZ, onde emprendedores do rural de Galicia mostran os seus produtos agroalimentarios e os seus servizos.
CULTIVANDO MÚSICA. FESTIVAL DE LA LUZ Dende o festival da Luz tamén se convoca o Concurso de maquetas “CULTIVANDO MÚSICA” destinado a músicos e/ou grupos noveis, sen obra comercial editada. Con premio ao estilo Pop-rock e premio ao estilo Folclore. E foi neste último apartado, no que participaron a maior parte dos grupos de música tradicional que gravaron o CD repertorio do proxecto Interritmos.
O proxecto Interritmos no Festival da Luz.
111
FESTIVAL DE LIÉRGANES. CANTABRIA Unha iniciativa piloto que conxugou música tradicional e comercialización de produtos agroalimentarios e artesáns do rural dos Valles Pasiegos, seguindo o modelo do Festival da Luz pero a unha escala menor. Participaron 40 produtores agroalimentarios, os
grupos musicais participantes nos certames de Interritmos e dous grandes grupos como cabeza de cartel. Todo isto levou a que unhas 5.000 persoas pasaran polo festival.
Festival de Liérganes en Cantabria
Festival de Liérganes en Cantabria
112
Festival de LiĂŠrganes en Cantabria
113
7 7. COMPLEMENTARIEDADE CON INICIATIVAS INNOVADORAS EN XUVENTUDE E MOBILIDADE PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL DO TERRITORIO
“A xente moza ten que ser o presente e o futuro dos territorios rurais”· O colectivo de mozos de menos de 25 anos é un dos grupos de poboación máis afectado polo proceso de destrución de emprego que comezou en 2007. No ano 2013, dun total de 4.111.900 mozos de 16 a 24 anos que se contabilizaban en España, o 53% encontrábase en situación de desemprego e o 47% eran mozos e mozas non ocupados que tampouco estaban recibindo educación ou formación. Estes datos poñen de manifesto a grave situación laboral na que se atopa o colectivo dos mozos en España o que da lugar a unha desconexión do mercado de traballo e a posible exclusión social deste colectivo a longo prazo. Segundo datos de Eurostat, en 2013 España presentaba unha das taxas de mozos de entre 15 e 25 anos que nin estudan nin traballan máis altas da Unión Europea, seis puntos por encima da media e soamente por detrás de Bulgaria, Italia, Grecia e Chipre. 115
Ademais destas altas taxas de desemprego entre o colectivo, existen un conxunto de debilidades estruturais que reforzan as cifras do desemprego da xente moza, tales como:
persoal. Ademais a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros, o que tamén aumenta a empleabilidade dos/as mozos/as.
• Alta taxa de abandono escolar, que dobra os valores da UE-27.
Vivir e traballar nun país estranxeiro é a mellor forma de adquirir un coñecemento profundo de outra cultura, coas súas costumes, as súas xentes e o seu idioma. Ademais, vivir e traballar en outro país pode desenvolver importantes competencias transnacionais que poden resultar interesantes para os futuros empresarios. Os mozos e mozas que pasan unha estadía no exterior soen considerar que a experiencia os fixo madurar persoal e intelectualmente. Eloxian o feito de poder coñecer novos modos de pensar e vivir, o que fomenta o crecemento persoal e a independencia. A maiores, as estadías no estranxeiro tamén poden reforzar as perspectivas de emprego. Cada vez máis, os empresarios buscan persoas que teñan experiencia a nivel internacional, xa que é probable que posúan, ademais de competencias lingüísticas, capacidades de comunicación intercultural, comprensión das costumes locais e os contextos culturais, e familiaridade cos mesmos, flexibilidade, resistencia, e a capacidade de adaptarse a novas circunstancias e abordar as diferenzas de forma construtiva.
• Marcada polarización do mercado de traballo, onde atopamos, por unha banda, mozos que abandonan os seus estudos con escasa cualificación e outros, altamente cualificados, están subempregados.
• Escasa empleabilidade dos mozos, especialmente no relativo ao coñecemento de idiomas estranxeiros.
• Alta temporalidade, cun 82,3% dos mozos que traballan de forma temporal involuntariamente. E un 51% faino con contratos a tempo parcial.
• Difícil acceso ao mercado laboral dos grupos en risco de exclusión social.
• Necesidade de mellorar os niveis de autoemprego e iniciativa empresarial entre os mozos. Neste contexto de crise económica a xente moza e en particular a xente moza do rural, é un dos colectivos máis vulnerables, debuxándose unha mocidade empobrecida, apoiada nos seus pais e avós, sen traballo, ou con emprego precario, incapaz de formar a súa familia. Para facer fronte a esta situación, a Fundación Paideia, converteu a xente moza e a súa problemática nun eixo central de traballo. A Fundación aposta por programas de mobilidade transnacional, como un dos mellores instrumentos para mellorar as competencias profesionais e formativas, que redunden nunha mellora directa da empleabilidade das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación. Os desprazamentos a outros países significa adquirir novos coñecementos, capacidades, competencias, fomento da intereculturalidade e como non o fomento do desenvolvemento 116
Neste contexto a Asociación de Desarrollo Local DELOA apoiouse na Fundación Paideia Galiza, un dos seus socios para levar a cabo iniciativas específicas para a mocidade e dirixidas a fomentar o aprendizaxe non formal, a participación e as actividades de voluntariado, e á realización de prácticas formativas en empresas de outros países europeos. Estas oportunidades que DELOA, a través de Paideia, está proporcionando aos mozos e mozas das súas comarcas realízanse mediante mobilidades transnacionais permitíndolles aprender sobre a diversidade cultural, coñecer distintos métodos de traballo, e sobre todo mellorar o seu curriculum vitae, incrementando o desenvolvemento profesional e a adquisición de novas cualificacións e experiencias profesionais. Desta maneira, DELOA está sendo cómplice dos fluxos de idas e voltas de mozos europeos nas comarcas do Sar, Barbanza e Muros-Noia. Movementos que deixan pegadas culturais, económicas e sociais nos
territorios de acollida destes mozos, o que se trata é dun enriquecemento que respecta a diversidade. Os esforzos da Fundación PAIDEIA en pro da mobilidade transnacional para o fomento da empregabilidade entre a xente moza, xunto con outros organismos, concretouse, dende hai anos, en dous programas de mobilidade transnacional: A IDA envíos e a IDA Acollida, programas ámbolos dous, que fixeron posible a escala da Unión de difusión de
boas prácticas e de ferramentas útiles para facilitar as mobilidades dos mozos nos contextos de aprendizaxe e formación. Os dous programas de mobilidade teñen como finalidade principal que o colectivo de mozos non ocupados nin integrados nos sistemas de educación ou formación e que sexan maiores de 16 anos e menores de 25, poidan realizar un período de prácticas durante un tempo non superior aos tres meses, tras acabar a educación formal ou quedar desempregadas ou abandono escolar, nos países de España e de Alemaña.
Proxecto La IDA: Integración a través do intercambio e a mobilidade transnacional
“Coñecer outras costumes e outras culturas empresariais, potenciará as túas habilidades profesionais e coñecementos lingüísticos, favorecendo a túa inserción laboral”
A Ida é un proxecto de mobilidade transnacional posto en marcha no ano 2009, promovido pola Fundación Paideia Galiza e contou coa colaboración do Ministerio alemán de Traballo e Asuntos Sociais de Berlín, o Institut für Bildung in der Informationsgesellschaft e V. IBI, a Asociación de Desarrollo Local Deloa, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) e a Deputación Provincial de A Coruña.
Proxecto La IDA-acogidas: Integración a través do intercambio e a mobilidade transnacional A finalidade é proporcionar a mozos de entre 18 e 30 anos desempregados ou en situación desfavorecida do estado alemán de
Brandenburgo prácticas formativas non remuneradas en entidades/ empresas públicas ou privadas do territorio DELOA, acompañadas con diferentes talleres de actividades que se desenvolven durante a súa estancia no noso territorio (lingua, deporte, cultura …). Isto lles permite aos mozos e mozas alemáns adquirir unha serie de aptitudes específicas, comprender o entorno económico e social do territorio, a cultura de Galicia e o español como lingua estranxeira, ao tempo que adquiren unha experiencia laboral e lles facilita a súa futura incorporación ao mercado laboral. Un total de 182 mozos-as alemáns entre 18 e 31 anos desprazáronse ao territorio da Asociación de Desarrollo Local DELOA, entre o ano que comezou o proxecto e 2014, para realizar prácticas formativas nas empresas e outras actividades.
117
Destes, 102 son homes e 80 mulleres. A porcentaxe de homes que se despraza a Galicia é do 56%, mentres que a de mulleres é do 44%.
Número de mozos e mozas alemáns en mobilidade con DELOA 50 45
44
45 40
38
35 30
28
25
22
19
20 15
16
14
12
11
10 5
24
24
23
5
13
12
7
7
0 2009
2010
2011 Total
118
2012 Homes
Mulleres
2013
2014
Fonte: Base de datos do proxecto A IDA
Perfil dos mozos alemáns Dependendo do perfil formativo dos participantes na mobilidade, establecéronse 3 grupos diferentes:
• Grupo A. Constituído por mozos desfavorecidos en período de formación profesional (mozos en período de transición entre o colexio e a formación con necesidades de apoio especial, xa que trala escola non son capaces de iniciar unha formación profesional). As estadías son dun mes de duración.
• Grupo B. Formado por mozos que tras realizar unha formación profesional, atópanse en situación de desemprego. As estadías son de un a tres meses de duración.
• Grupo C. Os integrantes son expertos das oficinas de emprego, política, desenvolvemento rexional, xuventude, traballo e turismo do Estado de Brandeburgo e dos seus distritos e cidades. A súa finalidade é comprobar in situ o desenvolvemento do proxecto e establecer estruturas de intercambio que sirvan para o desenvolvemento de ámbalas dúas rexións, Galicia e Brandenburgo. A duración das estadías é de3 días. Entre 2009 e 2014 establecéronse 21 grupos, 15 de mozos e 6 de expertos. A maior parte, o 56% dos mozos, formaban parte dos grupos A. En canto á duración da estadía no noso territorio, no 71% dos casos foi dun mes, e tan só no 29% dos casos foi de tres meses.
Número de mozos por grupos 30
28
27
25
25
20
19 17
15 12
11
12
12
11
10
8
5
0
0 2009
2010
2011
2012 Grupo A
Grupo B
2013
2014
Fonte: Base de datos do proxecto A IDA 119
Procedencia Os mozos e mozas alamanas proceden de Brademburgo, un dos 16 estados federados de Alemaña. Localizado no leste do país, rodea a capital do país, Berlín, pero non a inclúe e esta dividido en 14 distritos e 4 cidades independentes.
Máis da metade dos mozos e mozas proceden da cidade independente de Cottbus (54%); do distrito de Spree-Neisse proceden o 21%; e dos distritos de Dahme-Spreewald, Elbe-Elster, Oberspreewald-Lausitz proceden o restante 25%.
Distritos do estado de Brandeburgo
120
Idade Media A idade media dos mozos e mozas alemáns que pasan unha estadía no territorio da Asociación de DELOA é de 20 anos.
Idades dos mozos e mozas alemáns en mobilidade con DELOA 35 31
30 25
23
21
20 17 15
15
14 12
11
10
8
7
6
5
3
3
27
28
2
3
3
30
31
3
0 16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
29
32
Fonte: Base de datos do proxecto A IDA
121
Prácticas en Empresas e organismos públicos As prácticas tanto en empresas como en organismos públicos das comarcas de DELOA son as experiencias profesionais máis interesantes para os mozos alemáns, e que máis tarde poderán reflectir no seu CV cando chegue o momento de incorporarse ao mercado laboral. As prácticas permítenlles desenvolver actividades acordes co seu perfil profesional. As actividades máis demandadas son as do sector de hostalería e restauración, xardinería, turismo e mecánica, entre outras. E no que participan máis de 50 entidades do territorio, entre organismo municipais e empresas.
Talleres deportivos A organización de talleres deportivos para os mozos e mozas alemáns tiñan como obxectivo o desenvolvemento e perfeccionamento de habilidades persoais, sociais, culturais e lingüísticas. Son impartidos por monitores deportivos profesionais, para o que empregaban as instalacións municipais.
Clases de Cultura e de español Ao aprendizaxe do español como lingua estranxeira sumóuselle o coñecemento das manifestacións culturais de Galicia. O reto dos profesores foi dotar aos mozos alemáns dos coñecementos nece122
sarios para integrarse nun universo cultural con parámetros diferentes aos da súa orixe. Polo que, durante a súa estadía tamén asistiron a festas, seráns e lugares para coñecer as crenzas, costumes e tradicións máis populares de Galicia e do territorio da Asociación DELOA.
Proxecto La IDA-envios: Integración a través do intercambio e a mobilidade transnacional Dende o ano 2012, e debido ao éxito da iniciativa e aos resultados obtidos, a Fundación Paideia pon en marcha o proxecto de forma bidireccional, actuando como organización de envío de grupos de mozos galegos, para a realización de prácticas formativas en Alemaña. Neste fluxo, o que se pretende é promover e axudar a financiar a mobilidade dos mozos e mozas galegas para que realicen estadías de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas do estado alemán de Brandeburgo. Polo que, este proxecto constitúe un instrumento de aprendizaxe non formal. Unha aprendizaxe que ten lugar nas actividades diarias, no traballo, no tempo libre, etc., permitindo aos mozos adquirir competencias esenciais e contribuíndo ao seu desenvolvemento persoal, á súa inclusión social e a xerar unha cidadanía activa, que aumenta as posibilidades de emprego.
Un total de 131 mozos-as galegos entre 16 e 30 anos desprazáronse de Galicia ao estado alemán de Brandeburgo, a partir de 2012 e continúa nos nosos días, para realizar practicas formativas nas empresas e outras actividades.
Destes, 85 son homes e 40 mulleres. A porcentaxe de homes que se despraza dende Galicia é do 65%, mentres que o de mulleres é do 35%.
Número de mozos e mozas galegos en mobilidade con Alemaña 45 40
40
39 34
35
29
30 25
24
22
20
18
18
15 10
10
10
10
8
5 0 2012
2013
2014 Total
Homes
2015
Mulleres Fonte: Base de datos do proxecto A IDA-envíos
Perfiles dos mozos galegos • Mozos desfavorecidos, sen formación, en situación de desemprego e de difícil inserción por cuestións territoriais.
• Mozos que están cursando programas de cualificación profesional inicial (PCPI).
• Mozos en formación, profesional ou universitaria que leven menos de seis meses desempregados. Entre 2012 e 2015 constituíronse 14 grupos. A duración da estadía en Alemaña, no 67% dos casos foi de un mes, e no 33% dos casos foi de tres meses. 123
Procedencia Unha boa parte dos mozos galegos participantes no programa de mobilidade son dos concellos de DELOA (44%). Un 19% procede dos concellos da área de A Coruña mentres que o 37% procede do resto de Galicia. Procedencia dos mozos e mozas galegas en mobilidade con Alemaña
124
Fonte: Base de datos do proxecto A IDA-envíos
Idade Media A idade media dos mozos e mozas galegos que pasan unha estadĂa en AlemaĂąa ĂŠ de 18 anos. Idades dos mozos e mozas galegas en mobilidade 20 18
15 13 10
10
12
13 11
9
8 6
5
5 2
2
15
16
4
6
5 2
0 17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Fonte: Base de datos do proxecto A IDA
125
126
8. EXPERIENCIAS DENDE O RURAL ENTREVISTAS A PROMOTORES 127
JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ MARÍA JOSE GONZÁLEZ GIL Fundador e administradora da empresa Redes Ría de Arousa.
A NECESIDADE DE REIVENTAR A INDUSTRIA TÉXTIL Sen traballo non hai nada Jose María
A ardua competencia das prendas fabricadas en China, é unha das principais causas do declive do sector téxtil. O que se traduciu no peche de fábricas e na conseguinte destrución de postos de traballo. José María empresario dende os anos 1970, ano que herdou de seu pai a empresa, un próspero condutor dunha empresa téxtil, da localidade de Boiro, ata que en 2005 a competencia China fai que se declare en bancarrota de lugar o seu peche e o despido duns 80 traballadores, levándose ademais os sonos da compañía. Esta situación deu lugar, en 2010 e coa axuda da súa filla a reinventarse, apostando pola innovación do produto no téxtil e comeza a fabricar mallas de calidade, de algodón exipcio para o sector agrogandeiro e pesqueiro. Un proxecto innovador, xa que contan no seu haber de papeis do ano 1965, de seu avó que xa apostaba pola fabricación de malla de algodón. 128
Pregunta: Como xurdiu a idea? María José: Por imperiosa necesidade. Estabamos a quedar sen espazo de almacenaxe e de loxística. Cando chegaban os contedores de algodón tiñámolos que descargar a man e botabamos unha maña enteira.
Pregunta: Como coñeciches as axudas LEADER e Asociación de Desenvolvemento Local DELOA. Que elementos mellorarías? María José: Meu pai xa coñecía DELOA, por un xestor que lle había tramitado axudas do IGAPE. No 2005 tivemos unha axuda co PRODER, que tamén xestionou DELOA. No 2014 chamou de novo a DELOA para que nos explicaran LEADER. Non hai nada que mellorar, xa que se algo está ben para que facelo. Si se modifica estragariase. Pregunta: De cara o novo período de programación 2014-2020, que accións considerades deberían subvencionarse, para seguir traballando empresa e
seguir mellorando a vosa calidade de vida? As claves do futuro? José María: Sobre todo apostariamos por ampliación de maquinaria para reducir o ruído das existentes. A los cinco años sigo aberto e prosperando e aos dez, volverei a pedir novas axudas a LEADER. A xente habería que facerlles entender que se poden aproveitar das subvencións para un mellor desenvolvemento industrial, e que estas non son para lucrarse. Terían que levarse a cabo reunións nos concellos, con xente que ten inquietude e unha idea de negocio que plasmar. E sobre todo, que dende os concellos te axuden nos trámites
Pregunta: Como se leva o de ser empresaria e muller? María José: O meu era a docencia. E o sector téxtil combinado co sector da pesca é moi complicado. Eu non fago negocio nas tabernas cos bateiros (un mundo de homes), como soia facer me pai. Eu vou entrando no negocio pouco a pouco, e sempre da man de meu pai. Aínda que agora empezamos a ter tripulacións de mulleres que levan ao seu servizo a homes. Ademais a combinación casa, máis empresa levase facendo encaixe de bolillos. 129
MILAGROS PIÑEIRO FREIRE MILAGROS GONZÁLEZ REFOJO Produtoras de pementos de Herbón da S.A.T. A Pementeira.
ASOCIACIONISMO EN CLAVE FEMININA PARA PROMOCIONAR A CALIDADE E DEFENDER O PATRIMONIO AGROALIMENTARIO DO NOSO TERRITORIO Dende que nacemos imos un pouquiño a máis... Milagros González
Dende un punto de vista económico, os produtos de horta con calidade diferenciada seguen sendo un piar fundamental para o desenvolvemento do sector agroalimentario de Galicia e elementos de gran importancia para o desenvolvemento sustentable dos territorios nos que se cultivan. Resultado dunhas condicións medioambientais excepcionais e dunha herdanza cultural de séculos a horta de Herbón, atesourou dende o século XVIII un rico e único patrimonio agroalimentario, como é a Denominación de Orixe Pemento de Herbón. Unha produción que combina tradición e vangarda a partes iguales. Nesta paisaxe de horta, creouse en 2006 e da man dun colectivo de mulleres A Sociedade Agrícola de Transformación A PEMENTEIRA que apostaba pola produción, envasado e comercialización da Denominación de Orixe Pemento de Herbón. 130
Pregunta: Como xurdiu a idea? Milagros González: A produción de pemento colleitada da horta de Herbón destinase principalmente a venta do consumo en fresco. Polo que ao longo da campaña hai picos de excedentes de produción. A maiores, tamén se desperdician os pementos picantes. Polo que, para un maior aproveitamento decidiuse apostar pola transformación destes excedentes e convértelos en conservas.
Milagros González: De cara o futuro pretendemos seguir co proceso de envasado. Para o que sería preciso asesoramento técnico no proceso de innovación para a elaboración de envasados. Milagros Piñeiro Freire: O futuro pasa pola xente moza, pero o relevo xeracional anda mal, xa que os mozos e mozas non queren traballar de sol a sol e sen moito beneficio.
Milagros González: Vendo como están os traballos non estamos Pregunta: Como coñeciches as axudas LEADER e Asociación de Desenvolvemento Local DELOA. Que elementos mellorarías?
facendo futuro. No verán apenas vin a miña filla. E a xente que non esta na pementeira seguen envasando na cas e a man. E iso é o que se trasmite, unha visión dura.
Milagros Piñeiro Freire: Sabiamos que existía DELOA pero non sabiamos das axudas LEADER para o desenvolvemento, foi a nosa asistencia técnica, un enxeñeiro agrónomo quen nos falou delas. O papeleo foi duro é agobiante, pero tamén puido ser porque solicitamos axuda nos últimos días de prazo do programa. Consideramos que debería existir máis información, estamos o lado de vos e non sabiamos nada. O problema foi non sabelo antes. Coido que unha ou dúas veces o ano deberiades informar das axudas que hai. E os trámites teñen que ser adaptados a cada empresa, somos un produto de temporada, e polo tanto estamos en desvantaxe.
Pregunta: Como se combina o de ser ama de casa e empresaria?
Pregunta: De cara o novo período de programación 2014-2020, que accións considerades deberían subvencionarse, para seguir traballando na horta e seguir mellorando a vosa calidade de vida? As claves do futuro?
Milagros Piñeiro Freire: Moito traballo. Traballo na horta, na casa, a empresa persoal de cada un, e ademais a SAT. Nunca tivemos trabas por ser mulleres. A muller na horta era a que traballaba nas leiras e a que ía o mercado. Na nosa zona foi sempre a muller a que trouxo o carto a casa, e polo tanto, nin 90% a que xestionou o carto. Milagros González: Ata o día e hoxe traballar no campo era moi duro e non lle vías futuro. A maneira de traballar era colleitar e despois ir a vender, todo un. Isto era abafante. Os nosos fillos viviron iso e no verán non durmías. Agora, coa nova fórmula, coa SAT A PEMENTEIRA, que envasa e comercializa a formula é mellor. De cara o futuro, teriamos que mellorar esta formula e poderiamos ter un futuro para nos e nosos fillos máis prometedor. O ideal sería vender de maneira máis directa, dende a PEMENTEIRA, por suposto, pero sen intermediarios. 131
TERESA BRONCHALES CASTRO RAFAEL DIOS BOUZAS Gandeiros da explotación leiteira a BOUCIÑA SC de Rois.
INNOVACIÓNS TECNOLÓXICAS PARA RESISTIR Os animais saben, saben... Teresa
Nos últimos anos, coa reestruturación do sector gandeiro no concello de Rois desapareceron a maior parte das gandarías, fundamentalmente as de orientación leiteira. As que optaron por seguir/sobrevivir como é o caso da Bouciña SC, tiveron que adaptarse e poñerse o día en dimensións e xestións, para poder ser rendibles e competitivas. A gandaría A BOUCIÑA SC., é unha explotación de gando vacún de leite, de tipo familiar, constituída en Sociedade Civil, e que dirixen o mozo matrimonio formado por Teresa e Rafael Dios, de 35 e 46 anos, respectivamente. Na actualidade conta con 175 cabezas de gando bovino leiteiro da raza Holstein Frisona. A produción anual supera os 780 mil litros.
Pregunta: Cómo xurdiu a idea do robot de muxido?
están coas vacas, xa que é unha inversión en todo, en medicinas, en mantemento, en penso, en luz, en veterinario...
Teresa: Xurdiu pola necesidade. Non demos atopado xente que quixera traballar na explotación. A falta de xente moza que queira seguir neste traballo é un grande problema. Xa que é moito o traballo que se xera a diario coas vacas, establo, muxido, etc.
Rafael: A inseguridade económica fai que os mozos non se queden coas vacas. Si tes un contrato cunha leiteira pero pagan como queren e cando queren. Coñezo o caso dun mozo de 27 anos que se vai meter nas vacas porque non hai onde traballar e os pais querían ven der a explotación. Aínda así, non hai moitos que volvan, os fillos non 132
Pregunta: Por qué decidiches investir na compra de un robot de muxido? Teresa: Son moitas as razóns. Cambiounos a vida o cen por cen. Aínda que o máis importante para min é que as vacas están moito mellor e ata se comunican con ela de xeito afable, e que os animais andan soltos dentro da nave e entran elas solas a máquina de muxido. Agora xa sen o reclamo do penso. O primeiro, acostumalas foi un pouco duro, e semellaba todo un caos, agora son as propias vacas
son as que reclaman “a demanda” a súa hora de muxido, as catro da mañá ou as doce do mediodía. De momento, non tivemos grandes problemas, hai alertas, pero son pequenas incidencias.
Rafael: Desde que temos o robot de muxido aumentamos a produción, subimos de 29 a 37. Ademais, o estar todo mecanizado a máquina danos datos concretos de cada vaca o día: si poden ter algún problema de saúde, cantas veces foi muxida a vaca na xornada, cantos litros, se está mal muxida, cantas están con medicación, si aumentou a súa produción nos últimos días, envío de alertas o móbil, e un largo etcétera. En definitiva, o robot leva a cabo un moi bo muxido, que é a tarefa primordial da explotación e sobre todo, faise solo, non precisa de ninguén o que mellora en moito a saúde das vacas. Chegamos a pintar as vacas para saber cales eran as que estaban enfermas. Rafael: A axuda do robot permitiunos ter unha mellor calidade de vida, tanto persoal como familiar. Permitiume por primeira vez na miña vida ir a Cabalga de carnaval cos nenos as seis da tarde, hora de muxir, ou simplemente poder ir a buscar os nenos a escola. Teño muxido con cólicos de ril e pernas escaioladas.
Pregunta: Como coñeciches as axudas LEADER e Asociación de Desenvolvemento Local DELOA. Que elementos mellorarías? Teresa: Nos nunca oiramos falar de LEADER, ata que nos informaron os que máis tarde nos venderon o robot de muxido. Metín en internet o
Plan LEADER, e foron aparecendo teléfonos, chamei a Coruña, Santiago e Negreira. Na cuarta chamada, preguntei a onde estaba chamando e dixéronme que na Esclavitude. Non podía ser certo e pensei que me estaban enganando, pois a tan só 4 Km da casa non podía estar a solución os noso problema. O proceso administrativo con DELOA foi de axilidade e axuda continua no pa péleo. Por iso, tanto Rafael como eu consideramos que debería existir máis información, deberiades mandar cartas a xente para que saiban da vosa existencia.
Pregunta: De cara o novo período de programación 20142020, que accións consideras deberían subvencionarse, para seguir traballando na explotación e seguir mellorando a vosa calidade de vida? Rafael: De cara o futuro a nosa idea é apostar pola eficiencia enerxética na explotación (mini eólicos, placas solares...) e como non unha ampliación da nave, para darlles os animais un maior benestar. Ideas non faltan, aínda que o noso traballo é esgotador, sobre todo mentalmente, e o desanimo esta instalado no noso sector.
Pregunta: como se leva o de ser ama de casa e empresaria nunha explotación gandeira? Teresa: A familia é fundamental para manter o traballo na explotación, sen ela non dariamos atendidos a un tempo a casa, os nenos e a explotación. Na casa conto coa axuda dunha tía aboa de 83 anos que me axuda cos dous nenos, coa comida, coa roupa, en definitiva con todo. 133
ROBERTO DEL RÍO OUTÓN Deseñador de interiores
MOZOS EMPRENDEDORES E CREATIVOS DO RURAL Na aldea é todo máis doado Roberto
Roberto del Río Outón, é un mozo que recen titulado en deseño de interiores decidiu hai cinco anos crear a súa propia empresa, no concello de Outes. A empresa de interiorismo dedicase o deseño e execución de espazos, dun xeito personalizado, o que fai que os proxectos sexan de éxito para os clientes. 134
Pregunta: Como xurdiu a idea? Roberto: A miña familia tiña unha empresa de materiais para a construción. E da unión de sinerxías das dúas empresas xurdiu esta idea.
Pregunta: Como coñeciches as axudas LEADER e Asociación de Desenvolvemento Local DELOA. Que elementos mellorarías? Roberto: Escoitara falar de DELOA pero non sabía moi ben a que vos dedicabades. Mentres que as axudas do LEADER coñecinas por Noelia, unha moza tamén de Outes que ten un restaurante “Casa do Peto”. E despois dende a Fundación Comarcal de Noia, foron os que me axudaron a empezar a tramitar todo. De non ter a axuda do LEADER tiraría para adiante co meu proxecto, pero non mimaría os acabados finais, pero dende logo o proxecto seguiría para diante. O trato con DELOA foi inmellorable, información e axuda sempre; e constante. Eu creo que os concellos deberían ter un contacto máis directo coa xente a hora de informar sobre subvencións, xa que estes non nós remiten a DELOA. O perfecto sería unha unión máis ampla cos concellos, estes non están interesados nestes temas, teñen un total descoñecemento das axudas existentes.
Pregunta: De cara ao novo período de programación 20142020, que accións considerades deberían subvencionarse, para seguir mellorando a vosa calidade de vida? As claves do futuro? Roberto: Eu creo que os tiros deberían ir pola aposta polas novas tecnoloxías e sobre todo polo comercio electrónico. As empresas fixeron de internet o seu principal canle de comunicación pero aínda queda moito por traballar para que se xeren ventas. Pregunta: Como se leva o de ser emprendedor mozo no rural? Roberto: Cando falo cos da cidade, cos compañeiros da facultade, os que nos dediquemos o que estudamos (20%), falamos que na cidade as competencias son máis desleais. E é cando te das conta o bo que ten seguir na aldea. Depende o que te dediques, pero se es bo independentemente se estas na aldea ou na cidade. O noso é un traballo moi especializado e a xente ven ate o Freixo a buscar asesoramento se o traballo queda ben. A través da empresa que teño no lugar do Freixo (Outes), a xente interesada no meu traballo, desprazase ata o rural para falar comigo e contarme o que busca, o que precisa. Deste xeito, eu podo axudarlles a conseguir a futura distribución e decoración do espazo, ou espazos nos que vai a vivir ou a traballar. 135
136
Esperamos que esta memoria poda impulsar e difundir o traballo desenvolvido pola Asociación de Desarrollo Local DELOA e sexa o nexo de unión entre as conclusións do programa xestionado pola Asociación durante o período 2007-2013 e o comezo da xestión do LEADER 2014-2020.
137
Coordinación:
Fundación Paideia Galiza
Contidos LEADER:
Francisca Gago Guillán
Redacción e cartografía: Montserrat Iglesias Pérez
Fotografías:
María Meseguer Víctor Schäfer Fondos da Asociación de Desarrollo Local DELOA
Maquetación e deseño:
Trébore, SL. Empresa de economía social 138