1.5.- Modernización dos sistemas de información de xestión ambiental
1.5.1.- Mantemento e evolución dos sistemas de información de residuos de Galicia
1.5.4.- Desenvolvemento da plataforma galega de información ambiental (GAIA) No ano 2015 púxose en marcha a plataforma galega de información ambiental (GAIA), concretamente os módulos de eEmpresas e eResiduos.
No mes de outubro o sistema de información de residuos de Galicia (SIRGA) deixou de empregarse como ferramenta para a xestión de traslados de residuos, sendo substituído polo módulo eResiduos da plataforma GAIA.
O módulo eEmpresas implantouse no mes de marzo e permite a xestión de empresas con obrigas en materia medioambiental e dos seus centros de traballo, instalacións, representantes legais, etc. Este módulo dispón de información relativa a 64.000 empresas e 80.000 centros de traballo.
1.5.2.- Mantemento e evolución do sistema de información ambiental
No mes de outubro púxose en marcha o módulo eResiduos, que substitúe a aplicación SIRGA. Este módulo permite a tramitación telemática das notificacións e traslados de residuos. No ano 2015 realizáronse con eResiduos 32.000 traslados de residuos perigosos e 27.000 traslados de non perigosos.
Nos sistemas de información ambiental que permiten a xestión de procedementos nos ámbitos da coordinación e avaliación ambiental, é necesario que estes sistemas se atopen operativos e adaptados aos requisitos legais e procedementais, polo que se realizaron as adaptacións necesarias no Sistema de autodiagnóstico ambiental de residuos (AAR) para a convocatoria 2015, no Rexistro GAlego De Emisións (REGADE) e no Sistema de inspección ambiental.
O módulo eTramitación que permite a iniciación telemática dos procedementos de comunicación e autorización atópase pendente de publicar no contorno de produción.
1.5.3.- Mantemento e evolución do sistema de información de calidade do aire e Meteogalicia Realizouse o mantemento da aplicación móbil de Meteogalicia, que acadou 120.000 descargas e que está dispoñible para dispositivos iOS, Android, Windows Phone e Blackberry.
Informe xeral de actividade 2015 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
46