Plan de acción 2018

Page 203

Obxectivo 5: Apoiar o crecemento do ecosistema dixital

5.7. Observatorio de Sociedade da Información e Modernización de Galicia A finalidade deste organismo é analizar, comparar, seguir e divulgar os datos relacionados coa sociedade da información en Galicia e coa modernización concernente ás administracións públicas. Obxectivos  Desenvolver ou promover compilacións, estudos e análises de datos que permitan coñecer cunha visión global o nivel de desenvolvemento, a tendencia e os posibles problemas que afecten á extensión da sociedade da información en Galicia e á aplicación do modelo de eGoberno nas administracións públicas galegas.  Facilitar análises comparativas e aliñacións de datos con outros marcos xeográficos.  Promover o intercambio de experiencias e información entre administracións, con outros observatorios, organismos ou entidades.  Promover e xestionar a elaboración e difusión de publicacións técnicas, impresas ou electrónicas, específicas e monográficas ou de publicación periódica.  Xestionar e ofrecer periodicamente e, como mínimo, a través dunha web específica, información sobre o nivel de desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia, eventos formativos, noticias de actualidade, ou enlaces con outras fontes de información, observatorios ou entidades.  Avaliar e servir de elemento para a definición de políticas públicas en materia de sociedade da información e modernización da Administración

Actividades: Actividade:

5.7.1. Analizar a evolución da Sociedade da Información en Galicia

Descrición:

O obxectivo dos traballos neste eido oriéntanse a recompilar, seguir e valorar as fontes de información públicas e privadas dispoñible sobre a situación da Sociedade da Información en Galicia, así como en España y en la UE, para realizar análises comparados

Actividades 2018:

 Desenvolver ou promover estudos e análises de datos que permitan determinar as pancas para a dinamización da Sociedade da Información.

 Elaboración de proxectos e estudos de carácter temático que permitan abordar areas específicos de interese.

Plan de Acción 2018.Programa de actuacións.

Páx.202/244


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.