150 Cantares para Rosalía de Castro

Page 223

A santa mandando unha gavela de salvaxes lobos e de alanos feros espantou ós normandos, ós ingleses. A Virxe da Barca vela polos homes: o navegante, o soldado, o caudel irto, mais só mulleres entran e saen do seu templo, mais só mulleres acudiron a Cristo no Calvario; unha delas dalle á cruz as costas e fita o mar revolto. Non ve ningunha barca, foi sen ela o barqueiro. Algún día abriralle a súa man na procura da onza e nada vai caer da palma dela, acaso unha flor armada polos soños, invisible a falsos e profetas. Nada leva nas mans, nada nos ollos pousa, só un bater de as nese peito de cinza en movemento, pioga dun maldito deus que leva os barcos. Un monllo de rosas, o sol, no remate da chaira; vixiante no trono, tronos manda. Rosalía desanda a brea ao santuario, alá fican as sombras, na pedra dos amantes, os verdes solpores coas amigas. Dígoche este adios chorando desde a beiriña do mar as portas da morte van embora e un cartafol de cantigas no regazo.

223


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.