150 Cantares para Rosalía de Castro

Page 15

Deixo por escrito todo isto, nu n ex ercicio m emorialístico case impúdico que saberedes desculpar, porque os cento cincuenta poemas que aquí se incorpora n chegan invocados polo nom e de Rosalía e veñen de persoas que, xunto con aquelas que colaboran coas súas ilustracións, alén do esforzado coordinador do volume, Suso Díaz ou de Mercedes Queixas, que prologa o libro, ambos os dous amigos que admiro, tamén tiveron que vivir, ao seu xeito, ese momento. E foi aí, coas diferenzas que os contextos epocais e as desemellantes e naturais sensibilidades, ond e se produce unha sementeira en cada persoa que, sen ser algo programado nin int encional, nos agrupa a quen este libro une. A lectura da obra rosaliana goza destas consecuencias imprevisibles: persoas hai que lembrará n versos e poemas enteiros para todo o semp re; ás veces x ermolará nalgunhas a vontade de interp retalos e divulgalos; en ocasións persoas hai que gozan da sorte de editala, pintala, deseñala, cantala, estudala ou traducila e outras –nas que agora estou a pensar- deixan que o pouso da súa obra e das súas particulares lecturas, da admiración que polo traballo d ela sentimos adopte u nha formulación lit eraria ou artística que sexa operativa para homenaxeala lembrá ndonos, así, por se alguén o esquecera, que Rosalía vive; e se é na rede, onde repousa parte do futuro e onde debemos estar con orgullo identitario, pois moito mellor. Beizón polo p roxecto, beizón por esta realidade.

Ramón Nicolás Lavadores (Vigo)

15


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.