Revista escolar 2018

Page 1

Powered by TCPDF (www.tcpdf.org)


Sumario

Editorial Un novo número da revista escolar

1. O primeiro ano no colexio. (alumnado de 1º) Páx: 2 2. coñecendo o mundo das abellas

3.

Murmurio está nas vosas mans, grazas, sobre todo ao esforzo do alumnado,

(alumnado de 2º) . páx: 8

protagonista

unha visita a apípolis.

interesante aventura informativa.

(alumnado de 3º). Páx: 14 4. fundación sales. (alumnado de 4º). Páx: 20 5. Coñecemos a maría victoria moreno (alumnado de 5ºa e 5ºb). Páx: 26 6. Faro da escola, memorias de 5ºc. pax: 30

fundamental

Este curso está a

desta

rematar e,

quizais sexa o momento de lembrar e valorar todo o traballado. Este ano continuamos mellorando a calidade do ensino no noso centro mediante proxectos como as aulas bilingües, o Plan Proa, Proxecto

Abalar,

proxecto

e-dixgal,

Proxecto de Mellora da BiBlioteca…

7. Entrevista a ledicia costas Ademais como é sabido seguimos coa

(alumnado de 6º). Páx: 32 8. Os videoxogos. (alumnado de 6º) Páx: 34 9. Asociación andaina. (alumnado

celebración das festas tradicionais ao longo do curso como O Samaín, O Entroido, O Magosto, o Festival das letras galegas…

de 6º) Páx: 35 10. Compartimos unha morea de experiencias. (alumnado de 6º). Páx: 36 11. Carta de despedida do alumnado de 6º. Páx: 37

Como

vedes

este

curso

foi

moi

intenso, enriquecedor e engaiolante. Todos estes

acontecementos,

actividades

e

experiencias contribúen a aumentar a bagaxe formativa, cultural e social da nosa Comunidade Educativa.

12. Lembranzas do curso. Páx: 38 Por último, queremos recordar que

13. Lectura na rúa. Páx: 42 esta

revista

pretende

contribuír

á

normalización do uso do galego entre o noso

alumnado,

maioritariamente

castelán falante, pero que, como vedes, pode

expresarse

na

nosa

lingua

perfectamente. Animáde@s a facelo máis a miúdo


2018

Este foi o noso primeiro ano no CEP Santa Mariña. Resultou ser un curso de cambios, experiencias, aprendizaxes e de moito esforzo. Na revista imos deixar as imaxes máis representativas para recordalo.

CARREIRA SOLIDARIA A FAVOR DE SAVE THE CHILDREN

VISITA AO SUPERMERCADO FROIZ

2 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

EDUCACIÓN VIARIA NO COLEXIO

DE ROTEIRO POLA VILA: “REDONDELA EXPRESS”

3 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

4 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE REDONDELA

VISITA AO CLUB DE HÍPICA “A MURALLA”

5 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

RECREO DE APADRIÑAMENTOS LECTORES CO ALUMNADO DE SEXTO

6 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS E SABELA GAGO

EN FIN, TODO UN CURSO DE EXPERIENCIAS

7 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

8 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

9 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

10 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

E para ampliar os nosos coñecementos visitamos… Que interesante !

Mirade como traballan na colmea!

Que conto máis entretido!

11 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018 Preparรกndonos para visitar a colmea.

Xa estamos vestidos!

Que medo!

Cantos produtos obtemos das abellas!

MEL

12 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร A


2018 POLE CERA Non me gusta moito!

Que rico…!

Facemos galletas con mel!

E para rematar… XOGAMOS!

ALUMNADO 2º

13 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

UNHA VISITA A APÍPOLIS

Ola! Este ano queremos presentarnos con estas fotos porque vos imos falar da nosa visita a Apípolis e…

… como nos tivemos que

vestir de apicultores non nos ides poder ver as caras nas fotos.

Así que… somos os nenos e nenas de 3º e isto é o que aprendemos!

Luvas amarelas…

14 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

… traxes brancos

e…

… enormes máscaras

para protexernos das abellas.

Xa estamos preparados! Non hai marcha atrás! Os traxes son brancos para que non pensen que somos inimigos, xa que estes son sempre de pelo escuro.

O fume é un sinal de perigo e as abellas mantéñense alonxadas do enxame permitindo que nos poidamos achegar para observar.

15 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

Nas colmeas poden vivir entre 15.000 e 80.000 abellas.

Hai só unha raíña, pero moitas obreiras e abázcaros.

Se queredes máis información, podedes ler os traballos de investigación que fixemos sobre as abellas.

Esta historia non remata aquí, no mes de xuño pensamos facer outra saída didáctica para saber que se pode facer coa cera que producen as abellas.

16 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

Como somos? Segundo Cómo sonoasalumnado abellas? de 3ºB e tras unha investigación realizada, descubriron que somos insectos co corpo dividido en tres partes: cabeza, na cal temos manchas amarelas, ollos e antenas; corpo formado por tórax con franxas negras e amarelas e abdome; patas e ás con membranas escuras.

INVESTIGANDO AS ABELLAS (3ºB)

Cantos tipos de abellas hai dentro dunha colmea? Tres: a raíña, as obreiras e os abázcaros. Cal é a función de cada unha dentro da colmea? -A raíña é a máis grande de todas e encárgase de poñer ovos (ata 2.500 ao día). -Os abázcaros son os responsables de fecundar á raíña. -As obreiras son as encargadas de construír e manter limpos os panais de cera, producir a xelea real e vixiar a entrada da colmea para que non entren outros insectos.

Sabiades que?

Abellas famosas: -Abella Maya -Barry B. Benson (Bee movie). - Beernard y Beeuty (Little bee) -Hutch -Buzzbee - Spike y Buzz-Buzz

Comunicámonos danzando, de tal forma que unha compañeira baila facendo oitos, para transmitir a dirección e a distancia á que se atopa o néctar da flor, coma no debuxo

17 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

18 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

19 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

4º VISITA A FUNDACIÓN SALES

Comezamos a visita. Estamos moi atentos ás indicacións dos monitores. Dividíronnos en dous grupos.

20 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

Escoitamos as indicaciรณns para iniciar a plantaciรณn de leitugas.

.

21 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร A


2018

O primeiro grupo prepรกrase para plantar.

Xa temos as leitugas plantadas e agora decoramos as macetas.

22 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร A


2018

Que ben!! Chegamos a unha fraga chea de bambús!!

Neste estanque había unha ra pequeniña e estabamos a buscala.

23 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

Como? Que? Lentellas de auga???

Que serรก? Auga ou unha alfombra?

24 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร A


2018

Vale, xa sabemos que isto é un estanque. Coidado!!

Seguimos buscando a ra! Pero..., onde estará?

25 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

26 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

27 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

28 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

29 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

30 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

31 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

Os alumnos e as alumnas de 6º curso tivemos a gran sorte de ter a visita dunha coñecida e premiada escritora de literatura infantil e xuvenil. Aproveitamos a ocasión para facerlle unha entrevista relacionada coas mulleres, co motivo da celebración do Día contra a violencia de xénero. Tamén aproveitamos para falar con ela da importancia da lectura nas escolas e da súa literatura. Queremos recordar aquí algúns fragmentos da súa mensaxe reivindicativa a favor das mulleres importantes que permanecen aínda no silencio e da defensa dos libros. • Por que as protagonistas dos teus libros son mulleres? Porque considero que na literatura, no cine, nos museos... Faltan mulleres. Animeime a escribir libros onde as mulleres son protagonistas porque creo que é moi necesario e síntome identificada cos personaxes que deseño. • Inspirácheste nalgunha muller real para escribir algún libro? Siiii, por exemplo para a Señorita Bubble inspireime en todas esas mulleres científicas que foron invisibles, que foron importantes na historia pero que por algunha razón non están nos libros de texto e non escoitamos falar delas. Por que é a Señorita Bubble, unha inventora, sendo a maioría dos inventores homes? Iso non é certo. É certo que case todos os inventores coñecidos son homes, pero hai moitas inventoras que puxeron en marcha cousas marabillosas. •

Que opinas ti de que as mulleres estean menos recoñecidas cós homes na literatura ou na vida en xeral? É algo que debemos mudar, algo que ten que cambiar desde xa! Entre todos debemos implicarnos para que iso suceda. Eu implícome coa miña ferramenta, que é a literatura. Temos que incidir niso para que a sociedade se converta nunha sociedade igualitaria. •

Existe unha polémica sobre a obrigatoriedade da lectura nas aulas. Ledicia, ti que opinas de que nos dean un número de libros a ler no colexio e que ademais nos dean os títulos? Eu estou a favor das chamadas “listaxes abertas”, é dicir, que o profesorado poña unha lista de títulos e que sexades vós os que decidades cales conveñen máis. Así seredes partícipes e suporía unha decisión conxunta. O máis xusto non? •

• Que che parece que os coles teñan hora de ler? Deberían ter mooooitas horas de ler porque nas casas lemos un pouco menos. Os coles nese sentido fan moi ben a súa función compensadora e métennos no corpo o gusto pola lectura, algo moi necesario. 32 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

• En que te inspiraches para ser escritora? Coa vosa idade e no instituto comía os libros, papábaos directamente. Sempre pensaba canto me gustaría escribir libros e ser escritora. Fun detrás diso ata que o conseguín. Os libros que lía de nena son os que me converteron na escritora que son agora. • Con cantos anos comezaches a escribir? Con dez ou once anos escribín os meus primeiros contos e poemas e aos trece tiña escrito o meu primeiro libro. O meu cuarto libro, “Estrelas no vento”, foi o primeiro que me publicaron. Poderías darnos a túa opinión sobre a “lacra” da violencia de xénero? Ui! Ese é un tema controvertido. Paréceme estupendo que nos centros educativos se intente concienciar sobre este tema. Todos os días deberían ser días en contra da violencia de xénero, pero grazas a ese día sinalado, móvense cousas e lóitase máis. A meta da sociedade ten que ser conseguir cambiar e ter unha sociedade igualitaria. •

Alumnos e alumnas de 6º curso. 33 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

Os alumnos e alumnas de sexto estamos encantados co tema elixido este ano. A algúns de nós gústannos porque nos resulta un bo xeito de evadirnos dos nosos pensamentos, de escapar das nosas preocupacións do día a día. Ás veces ata podemos viaxar a lugares descoñecidos e ser alguén importante como Mario Bros. Tamén nos permiten vivir historias ficticias que nos transportan a mundos inimaxinables onde somos os protagonistas, viaxar a través do tempo e do espazo explorando novos universos e novas sensacións. Inda que moita xente só é capaz de ver o lado malo dos videoxogos, debemos ser conscientes de que teñen as súas vantaxes (sempre e cando elixamos un axeitado á nosa idade) como por exemplo fomentar a nosa imaxinación e creatividade, mellorar a nosa paciencia, pódennos axudar a desenvolver habilidades físicas e mentais, transmitir valores positivos e poden contribuír a fomentar o traballo en equipo. Hai tamén xogos didácticos, que melloran a concentración, a memoria ou o razoamento. Ademais de todo isto, podemos xogar en familia ou incluso xogar con xente que está na outra punta do planeta cos xogos online. E por suposto, son ideais para eses días de choiva que non podemos saír da casa e non temos moito que facer (iso si, unha vez rematamos as tarefas e con todo estudado, que senón imos ter leria). Somos conscientes de que os videoxogos teñen tamén a súa cara menos amable, é dicir, que ademais de destacar as súas vantaxes, cómpre mencionar as súas desvantaxes. En primeiro lugar, sabemos que poden crear adicción, e por iso debemos controlar o tempo que lle dedicamos. Por outro lado, non é o mais recomendable para a saúde visual, que con tanto aparato electrónico xa temos a vista sobrecargada (móbiles, tabletas, ordenadores, etc). Outro aspecto a ter en conta é que existe no mercado unha gran variedade de xogos, moitos cun índice de violencia elevadísimo, por iso debemos ter coidado á hora de elixir e buscar algo con máis sentido e proveito. Se tivésemos que seleccionar entre os nosos xogos favoritos diriamos os seguintes: Pokemon, The Legend of Zelda, Sonic, Mario, Fifa e o Fortnite. Pero a pesar de todo isto, non pensedes que é o único que facemos no noso tempo libre, gústannos moitísimas cousas máis como xogar cos amigos ó aire libre, troulear, ler, debuxar, o teatro, xogar ao balonmán, ao rugby, ao baloncesto, ao fútbol, judo, natación, andar en bicicleta, bailar, tamén nos apaixonan a patinaxe, o atletismo e moitísimas cousas máis das que desfrutamos e coas que aprendemos moitas cousas importantes da vida, como por exemplo, que o máis importante non é gañar, senón participar e gozar do que facemos cos nosos amigos, e o espírito de superación persoal máis que a competitividade que ás veces vai ligada a moitas destas actividades.

34 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

O 25 de abril acudimos ao auditorio da Xunqueira a participar nunha actividade proposta por Andaina, unha asociación de familias de nenas e nenos con necesidades especiais. Deunos unha charla un mozo de 33 anos chamado Álex Ferradás, que quedou tetrapléxico aos 22 anos a causa dun accidente laboral que lle provocou unha lesión medular. El fora buscar unha peza ao seu caixón de ferramentas, que quedaba lonxe, e tivo que ir en coche. Ao volver, o coche envorcou e levou un golpe fortísimo na cabeza. A consecuencia diso, actualmente non pode camiñar, nin mover totalmente os dedos e con dificultade move os brazos. Álex ensinounos moitísimas cousas que poden facer as persoas con mobilidade reducida, algunhas ata mellor que nós. Agora realiza maratóns, a “VigoBay” (son 21 quilómetros), e ata fixo o “desafío Illas Cíes” (10 quilómetros nadando). Quedamos abraiados! Esas cousas non as fai a maioría da xente sen diversidade funcional! Para a maratón empregou un aparello chamado “handbike” (unha bicicleta adaptada), na que te propulsas coas mans. O problema era que custaba moitos cartos. A través das redes sociais, deu a coñecer a iniciativa “Working Wheels”, cuxo obxectivo era romper coas barreiras arquitectónicas e mentais, favorecer a integración e facer visible a diversidade funcional. Xente famosa, como Chicote, Contador, Di María e moitos máis deron a coñecela. Enseguida moita xente comezou a fixarse nel e apoiouno facendo doazóns! Aprendín que as persoas como el teñen unha capacidade de superación incrible. Foi un pracer coñecelo. Antes diso, tamén vimos varias curtas sobre ese tema. A que máis me gustou foi a do mozo que xogaba en cadeira de rodas cos seus compañeiros… Finalmente, fixemos actividades na pista da Xunqueira, entre elas, a favorita, “a carreira de cadeiras de rodas”! Encantounos! Logo volvemos para o colexio. Foi un día estupendo! Alumnado de 6º

35 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

Carreira Solidaria Educación Viaria

Visita dun ilustrador

Xogamos no Magosto

Acuario da Coruña Deseñamos

L

Lectura na rúa

Cine 3 D Alumnado 6º

36 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

Carta de despedida do colexio Chegou, case sen decatarnos, o final de 6º, e con isto a marcha do noso querido colexio, o que nos acolleu durante seis anos, facendo destes os mellores das nosas vidas. Coñecemos xente extraordinaria, demos a benvida a novos compañeiros e tamén despedimos a outros, coñecemos a moitas profesoras e profesores que nos ensinaron a sumar, a restar, a facer o pino, a saber e entender inglés, a saber que base por altura é a área do rectángulo… pero, sobre todo, ensináronnos valores, ensináronnos a respectar, a entender, a comprender a igualdade, axudáronnos a cumprir as normas… E aínda que lles fixemos sufrir co trastes que eramos-somos, elas e eles quérennos, e ese é o seu don, saber comprender. Houbo experiencias boas e malas, pero neste caso máis boas que malas, porque este colexio é xenial. Fixemos moitas amigas e amigos, lemos moitos libros, demos moitas duchas de Cariño… non se pode pedir máis, e por iso, con bágoas nos ollos despedímonos de ti, Cole. Lembrámonos de cada diminuto paso que demos neste colexio. De como nos frustrábamos cando non conseguiamos o que queriamos, das excursións ao Alcampo, a Naturnova en 4º, ás Illas Cíes en 5º, en cando visitamos o Parlamento Galego, o Museo do Pobo Galego e a Catedral en Santiago de Compostela e neste curso a Domus, o Acuario e o Museo da Ciencia na Coruña, e tamén de todas as saídas por Redondela … Tamén recordamos moi borrosamente algunha rifa, pero… algunha era visto que levariamos! Dános mágoa deixar o CEP Santa Mariña, foi o noso segundo fogar durante seis anos. Aquí vivimos un montón de experiencias e coñecemos a moitas persoas coas que compartimos moi bos momentos, e aínda que imos coñecer máis xente non queremos perder o contacto cos mellores amigos que fixemos e temos agora. O curso que vén deixarémoste atrás e empezará unha nova etapa nas nosas vidas, pero está claro que non nos imos esquecer de ti xamais. Lembrarémonos moito do patio, onde fomos tan felices durante estes seis longos anos, aínda que de cando en vez houbese algunha pelexa. Do que máis nos imos lembrar será dos incribles compañeiros e compañeiras que agora son os nosos amigos e amigas. Aquí ímonos despedindo, deste escrito para ti, “Noso Cole”, verémoste con nostalxia pola reixa do instituto. Ata Sempre!!!

Alumnado de 6º 37 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

38 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

39 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

40 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

41 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

42 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

Lectura na Rúa foi unha iniciativa do CEP Santa Mariña que, como ben sabedes, xurdiu durante o curso 2016 – 2017. Este ano, decidimos darlle continuidade, en vista da fantástica acollida que tivo a actividade na súa I Edición, e realizouse o 20 de abril para celebrar o Día do Libro. Para poder levar a cabo o evento, ademais da colaboración incondicional da nosa ANPA, tamén contamos co apoio da Biblioteca Municipal e do Concello como co-organizadores. En canto á participación, este ano convidamos a tomar parte no evento ao IES Illa de San Simón ademais da EEI a Marisma. Pois ben, a experiencia implicou a 500 nenos e nenas dos tres centros e desenvolveuse no Paseo da Xunqueira de Redondela decorado, especialmente para a ocasión, cunha gran pancarta e un espazo central de lectura que incluía un expositor con libros de Xulio Verne e Mª Victoria Moreno, entre outros. E, unha vez máis, contamos coa presenza da Coca Simona, personaxe que colaborou na animación da actividade para deleite dos nenos e nenas.

43 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2018

Realizouse en dúas etapas. A primeira foi de lectura silenciosa e compartida ao aire libre e con música ambiental. Elaboráronse marcapáxinas para intercambiar e os nenos e nenas gozaron da nosa particular homenaxe ao Día do Libro que rematou cunha canción creada especialmente para o acontecemento e que xa servirá de himno de “Lectura na Rúa” en anos vindeiros. Durante a segunda etapa, os nenos e nenas foron conducidos ao interior do auditorio para gozar dun recital de Servando Barreiro, así como da actuación do mago Cali e doutras actuacións nas que tomaron parte nenos e nenas dos centros de Primaria, Infantil e ESO... A actividade desenvolveuse de 10 a 11:00, cun descanso para a merenda de 11:00 a 11:30, e de 11:30 a 12:30. Houbo unha serie de materiais creados especialmente, polo CEP Santa Mariña, para a súa difusión: pancarta, carteis, dípticos, marcapáxinas e programa de actividades. Todos os participantes recibiron unha chapa conmemorativa do evento.

A actividade pode verse a través dos vídeos subidos ao Blog da nosa biblioteca (O Mundo de Nana) ou á páxina web do centro. Tamén están accesibles en Youtube. O Mundo de Nana (http://bibliotecasantamarina.blogspot.com.es/ ). Youtube (Lectura na Rúa II) Páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/cepsantamarina/).

44 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.