Revista escolar 2022-2023

Page 1

UN PROXECTO COMÚN: "FEITO NA CASA" "Proxecto familia-escola"

Se alguén nos pode axudar a cambiar as cousas cos nosos nenos e nenas esa é a súa familia. A familia é o seu referente, a súa fonte principal de aprendizaxe... eles condicionan a súa forma de ver a vida e a súa relación co medio e cos demais, por iso para nós son unha parte non só fundamental, senón imprescindible deste proxecto, SEN VÓS NON SERÍA POSIBLE.

No apartado de Feito na casa incluímos todas aquelas accións, actividades e xornadas nas que as familias tiveron o papel protagonista e facilitaron ao alumnado o acceso a unha serie de información, recursos, vivenzas, experiencias... que doutro xeito non sería posible. Este apartado do proxecto tivo lugar ao longo de todo o curso.

Recollemos aquí varias experiencias:

Os Zahorís, que sabemos deles? pódennos axudar coa xestión da auga? e co coidadado do planeta?

Que sabemos dos tritóns?

E das sabandixas?

O trasvase de auga de cores

Os deportes acuáticos

Experimentos en familia

Gracias Familias 47

zahorís"

Durante o mes de maio, a nai dun alumno de 1º veunos explicar que son os zahorís ao alumnado de primaria. Pero o máis importante é que non só nos explicou o que eran e que útiles precisan para o seu traballo, senón que nos ensinou a ser zahorís por unhas horas e con todos os útiles que nos trouxo puidemos descubrir que o noso pozo era unha fonte natural de recursos, neste caso de augas subterráneas.

Primeiro explicounos que eran, e sabedes? Chámanlle os magos da Terra porque son capaces de sentila e saber o que hai dentro das capas subeterráneas da terra sen necesidade de atravesala con máquinas que a deterioran sen necesidade.

Os zahorís teñen moitas cualidades, por exemplo, a de encontrar obxectos perdidos ou tesouros enterrados, pero á maioría sóannos como esa xente que presuntamente é capaz de encontrar auga subterránea coa axuda dun «don» especial e dúas varas de metal que suxeitan na súas mans e o guían mentres pasea polo campo.

FEITO NA CASA "Os
48

FEITO NA CASA "Os zahorís"

O zahorí utiliza unha técnica ancestral chamada radiestesia que estimula a consciencia dos sentidos, normalmente coa axuda de elementos que amplifican as radiacións, como o péndulo ou varas.

As varas van marcando a dirección que tés que seguir, e unha vez atopas o lugar crúzanse entre si

Logo empregan os péndulos para saber o lugar exacto.

O método zahorí é unha pseudociencia, non hai ningunha evidencia científica que demostre que sexa máis efectivo que unha adiviñación ao chou, pero a nós encantounos e estamos convencidos de que funciona. Agora só nos queda demostralo a través do método científico.

49

FEITO NA CASA "Os tritóns"

Que sabemos dos tritóns? O alumnado de infantil aprendeu moitas cousas deles e dos cágados, grazas ás familias que trouxeron ao cole varios exemplares. Os nenos e nenas ata puideron tocalos e acariñalos.

50

FEITO NA CASA "As sabandixas"

Unha das nosas nais elaborou un power point con diversas explicacións sobre a características das sabandixas: o que comen, onde podemos atopalas, mitoloxía sobre elas, etc.

51

FEITO NA CASA "O trasvase da auga "

No mes de abril a nai dunha alumna de 2º veunos facer un experimento de trasvase de auga de cores. É un experimento moi sinxelo que todos podemos facer nas nosas casas e que lles ensina aos nenos/as como se poden trasvasar líquidos, como se fan as cores secundarias, as capacidades dos distintos obxectos... un experimento moi completo que se ademais nolo explican en familia é un éxito asegurado.

O 1º que hai que facer é distribuír a auga en diferentes tarros e logo engadirlle unhas gotas de colorante das cores primarias a cada recipiente con auga. Logo colocamos papel absorvente entre os recipientes con e sen auga e a esperar o que sucede...

52

FEITO NA CASA

"Experimentos en familia"

A pementa fuxitiva

Para este esperimento necesitamos os seguintes materiais: auga, un prato fondo, pementa moída e deterxente líquido.

Procedemento

Enchemos o prato de auga ata a metade, con coidado para que non rebose, a continuación espolvorear a superficie da auga cunha pizca de pementa, introducimos o dedo no centro do prato e observamos que ocuore. Non pasa nada. Así e todo, agora ponlle una gotiña de deterxente na punta do dedo e toca con el no medio do prato. Que pasa agora? A pementa foxe cara os extremos do prato.

Que é o que pasa?

Os grans de pementa flotan na auga, o deterxente, en cambio, exténdese rápido pola superficie da auga (aínda que non se vexa) pola forte afinidade que existe entre as súas moléculas e as da auga. Por isto os grans de pementa van cara os bordes do prato!

53

Materiais:

FEITO NA CASA "Experimentos en familia"

Un sinxelo pulverizador

Unha palliña, unha copa e tesoiras.

Procedemento:

Cortamos a palliña en dous anacos, de modo que un deles sexa 1 cm máis longo que o vaso da copa. Enchemos a copa con auga case ata o borde. Metemos a palliña de maneira que non saia máis dun cm e suxeitamos a copa e a palliña, coa man para que non se movan. Sostemos o outro anaco de palliña cos beizos en posición horizontal e achegámolo ata o extremo da palliña vertical, sopramos con forza e observamos que a auga descende pola palliña vertical e, se seguimos soprando, a auga sairá polo extremo da palliña e quedará pulverizada nunha pequena nube de pequeñas gotiñas de auga.

Que é o que pasa?

Ao soprar, facemos que a presión do aire diminúa no interior da palliña vertical. Así e todo, a presión atmosférica na superficie da auga da copa segue sendo a mesma. Desta maneira o valor da presión atmosférica é maior que o da presión do aire no interior da palliña vertical e por iso a auga descende por ela.

vez, o aire que sopramos pulveriza a auga que emerxe, como fan os aerosois!

Á
54

FEITO NA CASA "Experimentos en familia"

O lapis roto

Materiais:

Precisamos un vaso grande e transparente, un lapis e auga.

Procedemento:

Introducimos o lapis nun vaso cheo de auga, e observámolo con atención. Vese algo raro? Parecerá que o lapis está dobrado ou roto, pero ao sácalo da auga verás que o lapis está intacto, enteiro…

Que é o que pasa?

Trátase dunha ilusión óptica producida porque a luz desvíase ao pasar dun medio transparente a outro.

55

campañaS solidariaS "NOVAVIDAAOSNOSOS XOGUETES"

Este ano o noso cole sumouse á iniciativa benéfica e solidaria da Asociación Boavida co obxectivo de que ningún neno/a quedase sen xoguetes este Nadal.

As familias achegaron ao cole xoguetes usados en bo estado que foron recollidos por membros da Asociación para ser postos a punto de novo.

Con esta iniciativa colaboramos tamén co noso contorno e co noso planeta ao contribuír a Reducir, Reciclar e Reutilizar.

56

CARREIRASOLIDARIA "SAVETHECHILDREN"

Esteano,porprimeiraveznonosocentro, tivo lugar a carreira solidaria "Save the Children".Foio26demaio,candotodaa comunidadeeducativacalzouasdeportivas co fin de recaudar para apoiar os programas en educación, supervivencia e proteccióndaorganización.

Unhamaneiradeeducarnasolidaridade divertidaesaudable!

57

CINESOLIDARIOPARA GHANA

O alumnado de 4º de primaria quería traballar o tema do sistema monetario dun xeito diferente e pensando, pensando ocurréuselles realizar unha situación de aprendizaxe real: un cine para as súas familias con finalidade solidaria. Co proxecto puideron traballar:

- Plástica para a realización das entradas para o cine, cartaces decorativos e unhas bolboretas con botellas de plástico para regalar ás familias, proxectando “O circo das bolboretas” .

-Traballaron Ciencias da Natureza, reciclaxe e coidado do medio facendo máquinas para recoller auga de chuvia e aproveitala. Seguindo o exemplo do que lle mandaron os nenos/as de Ghana.

58

CINESOLIDARIOPARA GHANA

- Traballaron series numéricas de catro cifras, colocando números nas cadeiras onde se ían sentar as familias.

- Mediron cantidades: litros, mililitros preparando auga con limón, ademais de aprender os beneficios que ten para a saúde.

- Tamén traballaron con gramos para facer un pan de plátano, riquísimo!! e a pesar a cantidade de millo que tiña que botar para facer flocos de millo.

59

CINESOLIDARIOPARA GHANA

Pero unha vez rematou a función o noso proxecto non rematou, ao contrario, acababa de comezar porque investigamos sobre Ghana, sobre a súa xente... e sabedes é un dos países máis contaminados que existe debido a que é o maior vertedoiro mundial de refugallos electrónicos, a que cada día chegan ao país 160 toneladas de roupa doadas por asociacións benéficas, etc.

Así que agora queremos saber máis aínda e grazas á colaboración intercentros coñecemos a Keziah Mensah de 17 aos, natural de SekondiTakoradi, Ghana.

Keziah chegou a España fai un ano en busca de formación profesional e unhas condicións de vida futuras máis alentadoras que as que ofrece a vida en Ghana. Actualmente estuda 1º curso del ciclo medio de Mecanizado no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra. Acaba de visitarnos, contándonos como é esa realidade no seu país.

60

TROCA DE LIBROS

"Nova Vida para os nosos libros"

Como vén sendo habitual nos últimos anos, o noso centro colabora na Troca de Libros que se organiza dentro da programación do Salón do Libro de Pontevedra.

Os libros teñen máis dunha vida, esa foi a ensinanza que quixeron trasladar os centros educativos de Pontevedra a través desta actividade na que colaboramos 14 colexios e institutos coordinados polo IES Torrente Ballester.

O obxectivo era " trocar libros", é dicir, levar un libro para casa a cambio de deixar outro e en total foron 7.000 os libros que se moveron nesta xornada lúdica, literaria e musical, é dicir, un éxito que permitiu reducir, reciclar, colaborar, compartir e valorar o que temos, á vez que nos damos conta de que precisamos de verdade.

61

OS NOSOS ESCENARIOS

Murais, murais, ambientación, debuxos... para motivar a alumnado, profesorado...

A principio de curso preparamos un mural de benvida "Mergullándonos nun novo curso " , no Día da Paz preparamos as nosas "Pingas por un mundo mellor", para traballar o Día da Agua realizamos " este ano mollámonos", no Día do libro o tema foi "Abril libros mil" e moitos outros que nos axudaron a manter a motivación e o interese de toda a comunidade educativa

62
os nenos piden... 63

Os nenos de 4º de E.P. fixeron un recopilatorio de receitas de cociña, ao que lle puxeron por título, 24 Delicias.

24 DELICIAS as nosas receitas
64

A ENTREVISTA E A BIOGRAFÍA

ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA

Para traballar a entrevista e a biografía dun xeito máis divertido, ao alumnado de 2º ocorréuselle realizarlle entrevistas aos seus profes para despois facerlle unha biografía, así que púxémonos mans á obra.

O primeiro que fixemos foi escoller a que mestre/a iamos entrevistar. Foi unha tarefa dura, na que por parellas nos tivemos que poñer de acordo.

Logo procedemos a elaborar a lista de preguntas para os nosos entrevistados/as.

E despois fixémoslle a entrevista presencialmente (pero sen micro e cámara).

65

E AGORA A REDACTAR

Unha vez feitas as entrevistas empezamos a redactalas na nosa libreta. En canto as acabamos de redactar na libreta transcribímolas nun arquivo de office nos nosos novos ordenadores portátiles do carriño (vaia traballo nos deu... tivemos que aprender a crear arquivos de writer, poñer maiúsculas, tiles, acentos... poñer letras máis grandes, de cores... e despois gardar o arquivo para as seguintes sesións).

Unha vez chegados aquí decidimos dar un pasiño máis aló e convertirnos en verdadeiros alumnos/as que están á última en tecnoloxía.

66

CREAMOS UNHA

BIOGRAFÍA CO PROGRAMA

CANVA PARA CADA UN DOS NOSOS

MESTRES/AS

ISTO SI QUE FOI

DIVERTIDO... ATA

FIXEMOS FOTOS DOS PROFES CO

MÓBIL DA PROFE E

PEGAMOS DEBUXOS, ESCRIBIMOS...

UN NOVO MUNDO NOS QUEDA POR DESCUBRIR EN 3º .

67

MAÑÁ DE REGUEIFAS EN MARCÓN!

O alumnado de primaria pasou unha xornada divertida e aprendemos a facer coplas cantadas, buscando a rima e ritmo, e medindo os versos para facerasestrofas.

A clave da regueifa é a rapidez,espontaneidadeeo enxeño. Mantén ao público entusiasmado coa capacidade de teñen de respostar en pouco tempo con esa improvisación tan inxeniosa.

68

Deinfantil... aprimaria... 1,2e3

O alumnado de 6° de infantil está en pena transición a primaria. Recentemente subiron a intercambiar experiencias cos nenos de 1° de primaria.

Alí os nenos/as de 1º resolveron as súas dúbidas sobre a nova etapa, ensináronlles a súa aula, fixeron un tres en raia coa súa axuda e un mural colaborativo no corredor. Unha grande experiencia!

69

XUBILACIÓNDA PROFEMENCHU

"Al partir un beso y una flor... " así despedía Marcón á profe Menchu., unha mestra con dedicación que durante vintetantos soubo escoitar aos nenos e nenas que pasaban polas súas mans.

DESPEDIDADANOSACONSERXETANIA

"Tania, gracias pola túa paciencia, esperamos que poidas facer realidade os teus soños!!

BENVIDAMAVI

Tócalle a Mavi agora aturarnos! "Mavi colles o teléfono!, Mavi fasme copias por favor, Mavi encadérnasme isto? Mavi, por isto e polo que virá... Mil gracias!!

70

ASPROFESEN PRÁCTICAS

Este ano tivemos a sorte de contar coa axuda e os coñecementos de dúas futuras profes. A profe Alba (na foto de arriba), e a profe Carmen (abaixo).

Xa vós botamos moito en falta e agardamos que algún día volvades ao noso colexio coa oposición aprobada.

Moitas grazas polo voso bo traballo.

71

N O V O S P R O X E C T O S

Xa temos gañadora do noso

Concurso de Debuxo para a axenda

escolar do próximo curso.

Candela de 5° de primaria.

Agora entregarémoslle os debuxos á ANPA para que vos faga unha axenda ben bonita.

72

P R O G R A M A

ENSUSZAPATOS

Este ano o Plan de Formación do noso colexio versa sobre a educación emocional.

A metodoloxía que escollemos para formarnos é a de "En sus Zapatos", que é un programa escolar de aprendizaxe socioemocional de adultos e nenos/as co obxectivo de promover o seu benestar, previr a violencia e o acoso, fomentando así a convivencia.

E xa o empezamos a poñer en práctica co noso alumnado!!! D E E D U C A C I Ó N E M O C I O N A L 73

Ciberexperto

O alumnado de 5º e 6° recibiu a formación de Ciberexpertos da Policia Nacional e acompañounos a subdelegada do goberno, Maika Larriba, e o comisario xefe da Policia Nacional, José Díaz, co fin de facer entrega dos carnés de ciberexperto.

A través de diferentes actividades de formación, pretende achegar unha visión máis segura do uso responsable da internet, ademais de permitir visualizar de maneira real os riscos e problemas que se poden atopar na rede.

74

Gamificación de Actividades

Un breakout educativo ou breakout EDU é unha actividade de gamificación na que o alumno/a ten unha misión que superar. O reto está en abrir ou desbloquear uns candados ou unha caixa cerrada para resolver unha serie de probas e neste caso salvar o noso contorno.

No interior da caixa atoparon o Diploma Saudable que indica que superaron este emocionante e complicado Breakout saudable.

Foi unha experiencia inesquecible que seguramente repetiremos porque achega múltiples coñecementos dos xeito motivador e traballa a cohesión de grupo, o traballo en equipo...

75

TRABALLANDO A PAUL KLEE

O alumnado de 2º estivo traballando nas clases de plástica a Paul Klee e descubriron moitas cousas da súa vida e da súa arte... entre outras que "unha liña é un punto que saiu dar un paseo"

76

Paul Klee foi un famoso artista suizo coñecido polas súas obras de arte abstracta e o seu estilo único. As súas pinturas son coloridas, imaxinativas e cheas de formas e patróns interesantes.

A obra de "Castelo e Sol" tamén nos gustou moito, así que intentamos representala do noso xeito con recortes de xornal con formas xeométrica.

E V Ó S Q U E P E N S A D E S ?

77
Somos noticia... noticias 78

noticias

79

CONCLUSIÓN

Aos nenos e nenas de 6º de infantil: a vosa andadura no piso de abaixo rematou, decirvos que o voso rodaxe continua en Marcón, agora dende máis alto...

Vémonos o próximo setembro!!

Nenos e nenas de 6º de primaria, esperamos que podades canalizar toda a vosa enerxía co fin de obter todo o que vos propoñades na vida, pero sobre todo que sigades desfrutando do voso aprendizaxe nos cursos que están por vir. Arquímedes, unha personalidade que coñeceredes no futuro, dixo unha vez “Dame un punto de apoio e moverei o mundo” , recordade que Marcón sempre será a vosa casa e o voso punto de apoio.

Botarémosvos de menos.

80

Un neno que le, é un adulto que pensa.

Os libros son espellos, só ves neles o que tes no teu interior

Os libros son xustamente a posibilidade de realizar un soño, o que fai que a vida sexa interesante

Non hay entretemento tan barato como a lectura, e ningún pracer tan duradeiro

A lectura dun libro é a fortuna dun neno

Unlibroéunregaloquepodesabrirunhaeoutravez

LER LER

Un lector vive mil vidas antes de morrer, aquel que nunca le vive só unha vez

Parapasaloben,nonnecesitasirmoilonxe,simplemente collerunlibro

Leréviaxaraoutromundosinmoverte

81

Olaverán!!

SEN MÁIS, DESEXARVOS A TODOS UN FELIZ VERÁN. NON OLVIDEDES

LEVAR A VOSA LECTURA PREFERIDA AO VOSO LUGAR DE ESCAPADA!!

VÉMONOS EN SETEMBRO!!

82
www.edu.xunta.gal/centros/ceip marcon/ CEIP DE MARCÓN
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.