VISÍTANOS MARÍA CANOSA

Page 1


Quen non coñece a María Canosa Blanco? É difícil encontrar moitas mans levantadas, verdade? Enxeñeira, membro do xurado do programa Coma un allo, que de luns a venres á primeira hora da tarde, emite a televisión de Galicia, aínda que xa traballou noutros programas con anterioridade; articulista en La Voz de Galicia, e colaboradora en varios programas da Radio Galega e Radio Voz. Pero ante todo, María Canosa, é escritora de literatura infantil e xuvenil. Por este motivo, hoxe, 22 de maio, tivemos a sorte de poder coñecela persoalmente e conversar con ela. Foi fascinante saber que lle interesa por riba de todo, coñecer a nosa opinión, como cativos e cativas que somos, do seu libro O que nunca che contaron, que escribiu con Kike Gómez. Xuntos tiveron a difícil tarefa de buscarlle o título pero ó final conseguírono. Coincidimos con ela en que as ilustracións feitas por Dani Padrón eran fantásticas e que, sen dúbida, tiñan que ser en cor.

Despois de pasar parte da mañá na súa compañía, só lle podemos dar as grazas polo afable e próxima que foi con nós. Dende aquí felicitala polo seu último premio Premio Merlín de Literatura infantil 2017 pola obra Muriel. Alegrámonos moitísimo de que os contos que fixemos para ti, lle gustaran as túas nenas. Seguiremos lendo libros teus e lembrarémoste sempre cando ollemos para a dedicatoria, que con paciencia fuches asinando a cada un de nós. Ata pronto María!

ALUMNOS/AS DE 4º A E 4ºB







Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.