Programa Cineuropa 2010

Page 99

O excepcional arrecendo de jazz caribeño, os seus solos delicados e a súa sinxeleza como artistas e traballadores, colocan a Skatalites nun posto de honra no Olimpo dos músicos e instrumentistas do século XX. A fronte dos Skatalites 2010, están os seus fundadores Lloyd Knibbs (batería), Lester Sterling (saxo) e Doreen Shaeffer (vocalista), reforzados con músicos insustituibles da música xamaicana como Val Douglas (baixo) e Kevin Batchelor (trompeta). THE SKATALITES son: Lloyd Knibb drums, Doreen Shaffer vocal, Lester “Ska” Sterling sax, Azemebo Audu sax, Andrae Murchison trombone, Natty Frenchie guitar, Cameron Greenlee keyboards, Kevin Batchelor trumpet, Val Douglas bass

TRANSILVANIANS A banda fórmase en Vigo a finais do ano 2004, con membros procedentes doutros grupos de diversos estilos musicais; Siniestro Total, Skacha, Dakidarria, Os Resentidos... etc Devotos confesos da música tradicional Jamaicana móvense entre estilos como o Ska, Rocksteady, Reggae ou a Soul music, sen deixar de lado influencias R&B ou Surf. Isto unido á súa paixón polo xénero de terror, a serieB e a ciencia-ficción conforman unha proposta cando menos orixinal. Xunto ás composicións propias, temas de The Skatalites, Jimmy Cliff, Phyllis Dillon, Joya Landis ou Barbara Lynn... conforman o repertorio habitual dos seus concertos. Participaron coa súa canción KINGSTON TOWN / SANTIAGO DC, xunto a outras bandas galegas no A Polo Ghit, un concurso organizado pola Radio Galega e Vieiros, para elixir a canción galega do verán.

No ano 2006, entran nos estudios Muu! de Vigo a gravar de forma totalmente analóxica (como antano) cinco cancións que sairon editadas no nadal de ese mesmo ano, baixo titulo homónimo, en formato CD e EP polo selo El Ejecutor Records. Despois da sua participación no disco tributo a Potato, e a sua exitosa xira do ano 2009, este 2010 voltan con mais forza e con novas cancións que rexistran en Studio Juan e que saen editadas en dous traballos ao longo de este mismo ano; Un single en formato 7” editado por Liquidator Music chamado ‘The Vault Of..’ e o seu agardado primeiro LP/CD chamado ‘Vampire Lover’ editado polo seu propio selo, ZombieJ. Transilvanians son: Irene Pérez - Voz Xabi Vieitez - Piano & Hammond Javier Soto - Guitarra & Voces Pedro Díaz - Guitarra & Reverb Pabolo Muñiz - Baixo Antonio Rodríguez- Trombón & Voces GDjazz - Trompeta & Voces Javi “Crossroad” - Saxo Tenor Kino “Little Cobra”- Batería & Voces Más información: http://www.myspace.com/transilvanians#ixzz13bkPT5Lk 99


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.