Andaina 2010

Page 40

O CASTELO DE SAN ANTÓN Durante a visita ao Castelo de San Antón ensináronnos moitas cousas. Na praza principal estaba o cárcere onde encerraban a quen lles intentara atacar. Logo entramos no interior do Castelo, a nosa monitora guíanos a sala onde gardaban os tesouros doutros lugares como os do Castro de Elviña, onde atoparon una diadema, un cinturón e un colar. Un pouquiño máis tarde explicannos que os dolmens eran unas rochas conxuntadas que cubrían o lugar onde os romanos enterraban, en grupo, as persoas mortas. Case ao final da visita ensináronnos a barca onde levaban as mercadorías. Cando alguén lles intentaba afundir a barca, entregábanlle algo das mercadorías e así lograban evitalo.

O CASTRO DE ELVIÑA Ao chegar ao Castro de Elviña presentáronnos a nosa monitora. Despois da presentación subimos unha gran costa, ao chegar a cima da costa explicánnos que un Castro era un asentamento protexido por murallas e que a parte máis antiga chámase Croa. A monitora dixo que estes asentamentos foron feitos ao redor de tres siglos antes de Cristo. A Croa tiña catro metros e medio de ancho e cinco metros de alto. Os castrexos ( habitantes dos castros ) eran agricultores, gandeiros, etc. Os científicos din que aínda non se sabe que fixeron cos seus mortos, din que o máis posible é que os incinerasen. As casas dos castrexos tiñan distintas formas. Os castrexos tiñan unha rúa principal como nós. A nosa monitora explicounos que os castrexos vivían na croa e cultivaban abaixo nos vales. Tamén vimos a pedra do ídolo Faidolo, chámase así porque alí encontraron unha pedra con forma de pene. Os científicos cren que os romanos as tiñan nas súas casas como símbolos de protección. Os castrexos eran ágrafos e dicir que non tiñan escritura. As xoias mais valiosas atopáronse na casa duns castrexos. Vímolas no Castelo de San Antón. Tania Amor Pardo 4ºA

39


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.