Andaina 2010

Page 26

O día 9 de novembro os nenos de 5º e 6º cursos fomos visitar Santiago. Tardamos un pouco en chegar porque son 45 quilómetros. Primeiro fomos ao Parlamento e ensináronnos todas as salas dende a entrada ata a sala de plenos. Nunha delas fixemos un xogo de elaborar novas leis e algunhos dixeron unhas burradas moi grandes. Tiñan moita tecnoloxía, sobre todo na sala de plenos. Ao acabar a visita déronnos un regalo. Ao principio pensabamos que eran gominolas pero eran unhas mochilas cun elefante debuxado. Despois fomos á Catedral. Topámonos cunha actriz dunha serie de televisión que rodaban ao lado da Catedral. Cando entramos, todos quixeron ir ao baño polo que nos retrasamos quince ninutos. Despois empezamos a visita. Tivemos que subir nada menos que cento catro escaleiras. O noso guía ensinounos moitas cousas. Díxonos que había tres tipos de arquitectura: románica, gótica e barroca. Tamén nos ensinou aos xigantes e nos contou unha historia da catedral que foi a seguinte: Santiago de Compostela é a capital da Comunidade Autónoma de Galicia. Nesta cidade ten a súa sede o Governo Autónomo galego e o Parlamento de Galicia. É un importante centro de peregrinación cristiana debido á creencia que nesta cidade se lle deu sepultura ao Apóstol Santiago o Maior. No ano 1075 comeza a construcción da gran catedral románica que se mostra en todo o seu esplendor no século XIII atraendo cada vez mais fieis de toda a cristiandade e reforzando as peregrinacións á cidade. Estas peregrinacións dan lugar á instalación de centros relixiosos e centros civís. Conventos como San Francisco, Santo Domingo, Santa Clara ou Belvís, crean novos núcleos que determinan a estructura da cidade. A catedral ten planta de cruz latina. Nela están reflexados distintos estilos arquitectónicos. O museo da catedral garda obxectos de gran valor. De especial importancia é o Pórtico da Gloria no que se representa o xuicio final e que orixinalmente estaba policromado. Este ano 2010 é Ano Santo, feito que acontece cando o 25 de xullo, festividade de Santiago Apóstol, coincide en domingo, o que ocorre este ano. Alumnos e alumnas de 5ºB

Despois subimos aos tellados, aínda que esvaraba un pouco. Despois fomos comer a Área Central, un centro comercial en Santiago, logo marchamos para a escola. Gustoume moito esta saída porque aprendín, divertinme e rinme xogando a elaborar novas leis. Pablo Vázquez Candal 5ºB

25


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.