Andaina 2012

Page 42

Este ano fixemos unhas actividades moi divertidas. Unha delas foi describir animais estraños que se parecían a obxectos coñecidos. Consistía en escribir o noso propio texto en forma de carta, noticia, ficha ou diálogo, sen mirar para o que fixo o autor, e logo expoñelo na biblioteca. A cada un deses “animais” inventámoslles un nome: Maricé para unha bolboreta semellante a un pecho de porta, Budy unha serpe con forma de cremalleira, Golfiplátano golfiño con forma de plátano como o seu nome indica, Mouchocortiza é un moucho a xeito de tirarrollas, o Pulfres é un animal descoñecido con forma de fregona e polbo. Todo isto representámolo na biblioteca o día 12 de marzo.

Tamén fixemos unha obra de teatro chamada Manu. Manu era un neno moi peculiar que lle gustaba moito mergullar a cabeza na bañeira, pero a nai non lle deixaba. Un día cando se bañou mergullou a cabeza, e entroulle auga nos oídos. A súa nai mandoulle ir facer uns recados pero escoitou todo mal por culpa da auga. Cando a nai viu unha bolsa chea de cousas que non precisaba caeu de cu.

5ºB OS VOLCÁNS Neste traballo cada colaborador falou de algo distinto: 1-Zahida dos volcáns máis importantes como o Teide. 2-Lydia dos tipos de lavas que teñen os volcáns. 3-Daniela das rochas e minerais volcánicos como a calcedonia. 4-Fran das curiosidades dos volcáns como os volcáns submarinos. 5-Marcial dos movementos sísmicos que fan os terremotos. 6-Ángela dos tipos de volcáns que hai no mundo. No traballo, cada participante fixo unha presentación do seu tema, ao final mezclamos todas as presentación nunhas diapositivas. Neste enlace está o vídeo da presentación: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanmarcos/blog/39/os-volcans Tamén fixemos un experimento da erupción dun volcán que o atopamos nun libro chamado “A terra”.

5ºA

41


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.