Gabriela: Parece mentira que despois de nove anos sexa o final do cole. Ímolo extrañar anque moitas veces diciamos: “Oxalá que non existise o colexio” pero cando estás en 6º, parece que o tempo pasou voando. E sabes que non vas volver a esta etapa da túa vida. Cando era pequena sempre pensaba: “Aínda falta moito tempo para marchar” e agora mesmo non me creo que marchemos. Sei que o vou botar moito de menos e tamén aos profesores. E quero agradecer a toda a miña clase e aos todos meus mestres por estar aí, porque sen eles nada disto podería ser posible, non sei que dicir ao respecto porque non teño palabras para describir todo o que sinto, só sei que teño un “batiburrillo” de emocións: alegría, mágoa, morriña... Pero... GRAZAS, GRAZAS POR ESTES MARABILLOSOS NOVE ANOS. Mestres, compañeiros, colexio... Nunca vos vou esquecer.
Sara: Os rapaces de 6°A, están a irse deste 2º fogar, cheos de moitos recordos, os bos, como as risas, as saídas e as bromas quedarán dentro de nós como algo especial. No que todo o mundo estará de acordo é en que non será fácil esquecelo. Tamén os hai malos, e todos lembrarán os enfados cando che mandan estudar ou facer un traballo que non che apetece. E logo tamén está ese recordo angustioso, coma o dos exames, ou o momento dunha presentación no que todo o mundo está nervioso …Todos eses recordos e moitos mais, son os que estes nenos pasaron, e seguirán pasando, pero xa noutro lugar, no que terán esta mesma sensación de tristeza e á súa vez, de querer seguir adiante, dunha morriña que ata que xa pase un tempo non esquecerán. Pensarán nese momento que en 3° (ou noutro curso calquera) dicían que querían que o colexio desaparecera para non ter que ir e sen embargo agora, neste mesmo momento en 6°, o que queren é estar un pouco mais cos profesores, os compañeiros, os nenos e nenas do cole, pensarán que non foi suficiente o tempo, que este ano foi mais curto, que lles faltaron recordos por gardar, saídas e recreos, comidas... tantas cousas! Esta despedida non é permanente, so é temporal, volverémonos a ver… ¡¡¡ATA A PRÓXIMA!!!
59