REVISTA 2019

Page 1

Ilustración de Javier Carro de Labra e Sofía Ramos Ponte


ESTES SON OS NENOS E AS NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL.

NO COLEXIO REALIZAN MOITAS ACTIVIDADES DIVERTIDAS PERO CADA QUEN TEN AS SÚAS PREFERENCIAS.


Germana será Iván e Ada pásano xenial xogando a

unha gran cociñeira.

pais e nais.

Para Lola non hai nada mellor que disfrazarse.

O mundo das rodas está capitaneado por Nuna.

Seguro que Lucía adicarase á mediciña.


Simón e Okyrroi son

Lola e Amapola cantan e

grandes artistas.

bailan como ninguén.

Sofía e Daniel deixan voar a súa imaxinación.

Por moi difícil que sexa un quebracabezas Gonzalo e Ainara son capaces de encaixar todas as pezas.

A Darío e Max gústanlles os balancíns.


Guillermo, Darío e Alejandro son Óliver colle un conto sempre que pode.

felices coas actividades ao aire libre.

Lucía, Juan e Jorge xogan moito coa plastilina.

Para Clara as excursións son moi emocionantes.

Por último, a Nico non hai construción que se lle resista.


Un día chegamos á aula e, sorpresa, non hai auga!!! Decatámonos así, do importante que é para as nosas vidas: non podemos lavar as mans, beber, tirar da cisterna... Por qué non haberá auga? Quen o pode arranxar?? De onde ven a auga?? Pódese rematar a auga?? Con todas esas interrogantes, decidimos comezar a investigar e coñecer cousas sobre A AUGA. Aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica dalgunhas das cousas que fixemos

Xogamos a ulir colonia, café, canela e AUGA! Non ule a nada... E INODORA


Probamola con sal, con azucre, con colorantes… e logo adiviñar cos ollos pechados… E INSIPIDA

Visitamos o comedor, enchemos unha cubitera, metémola no conxelador, e… Está sólida, é xeo!!!


Quentamos un cazo con auga, e sae fume, e fume ata que a auga desaparece!!!!

Un día, Eloy trouxo unha botella cunha palliña. Inflamos un globo, encaixamolo na boca da botella e… a auga comezou a sair pola palliña!!!

Encantounos!


Eliximos obxectos da aula e formulamos hipรณteses. Logo observamos e anotamos o resultado. Levamos moitas sorpresas!!

E como colofรณn, a xogar!!








Os nenos e nenas de primeiro de primaria saben que a alimentación é unha parte importantísima para a súa saúde. Comer de todo é a base para crecer e estar sans. Todos os días traían comida para merendar, pero acordouse decidir que alimentos traer cada día para que a súa alimentación fose o máis saudable e variada posible. Tendo en conta isto, en setembro decidiron elaborar un calendario de merendas.


Luns

Martes Mércores

Libre

Lácteos

Froita

Xoves

Venres

Bocadillo Cereais/Galletas

Para a súa elaboración os nenos e nenas de primeiro tiveron que traer uns folletos de publicidade de diferentes supermercados, dos cales recortaron os alimentos correspondentes para cada un dos días.

Finalmente, e tras pegar cada alimento no día correcto, os nenos e nenas de primeiro de primaria xa tiñan o seu calendario de merendas para todo o curso, aprendendo polo camiño a importancia de seguir unha boa alimentación así como a procedencia de diferentes tipos de alimentos.


CAMPIONATO DE 2º --- “TORRE DE MULTIPLICAR” Neste curso traballamos a multiplicación, e que mellor maneira de comprobar o que sabían estes nenos e nenas que mediante un CONCURSO! Presentámosvos a TORRE DE MULTIPLICAR, un concurso onde participaban dous equipos de tres participantes cada un, onde a rapidez era a clave. Consiste en ir preguntando a cada equipo unha multiplicación, da mesmatáboa para cada equipo. Tiñan uns 10 segundos para contestar, senón rebote.

*Na 1ª quenda, entre os equipos de Helena, Victoria e Roi, contra Nemo, Antón e Adri, os gañadoresforon estes últimos.

*Na 2ª quenda, entre Mario, Angel e Paula contra Violeta, Jon e Lucas, gañaron os primeiros.


*Na 3ª quenda, enfrentáronsePablo, Ricar e Amelie contra Manu, Dani Ares e Jontxu, sendo os vencedores estes últimos.

*Na 4º quenda entre Valentina, Simón, Nico e Ibra contra Alejandra, Carolina, Dani Aguiar e Julia, as gañadoras foron estas últimas.

De aí pasamos as *SEMIFINAIS, sendo os gañadores da 1ª semifinal: Nemo, Antón e Adrián, e na 2ª semifinal: Alejandra, Julia e Carol. A cousa poñíase interesante e os nervios estaban a flor de pel. Moitos nervios e moita rapidez para non cometer erros! Na final enfrontáronse este dous equipos, que o fixeron moi ben, con moita axilidade e demostrando o que sabían. E as *GAÑADORAS, por un chisquiño de nada foron ELAS!!! Puxéronse moi ledas! Pero aí non rematou o torneo, xa que tocaba ver quen era a RAIÑA DAS RAIÑAS, e a gañadora foi Julia, que non houbo quen lle fixera sombra. NORABOA Á CAMPIONA!! E AOS DEMAIS TAMÉN POLA SÚA PARTICIPACIÓN E XOGO LIMPO!


OS LECTORES DE 2º Avolta das vacacións do 2º trimestre, e co motivo do Día do Libro, decidimos facer unha actividade especial. O primeiro que fixemos foi un autorretrato noso, a ver como nos “viamos”. O resultado foron unhas caricaturas ben bonitiñas de nós mesmos.


Despois cada un deles, escolleu o seu libro favorito e plasmou a portada co título e na contraportada expuxeron un breve resumo ou unha recomendación dese libro. O resultado final non nos puido gustar máis.

Durante os días seguintes, cada un deles fixo unha pequena exposición e falou sobre o libro que escollera. Son uns grandes artistas!


Aínda que Galicia é unha terra de tradicións, coa industrialización, moitos oficios desapareceron. En terceiro estudamos os distintos sectores económicos da sociedade e aproveitamos para indagar acerca destas profesións artesanais, que nalgúns casos, mesmo perviven en certas zonas rurais.



A aprendizaxe debe ser interdisciplinar, por iso os alumnos de terceiro pedíronlle axuda á mestra de Educación Física para elaborar un manual de exercicios de quencemento para os diferentes intervalos de idade; deste xeito, practicamos as instrucións.



En Ciencias Naturais exerceron de autĂŠnticos biĂłlogos elaborando o seu propio caderno de campo e observando o comportamiento de distintos animais.













O día 29 de abril os alumnos e alumnas de 4º fixemos unha saída didáctica á explanada de Riazor. O obxectivo desta actividade educativa era que

todos e todas aprenderamos e entenderamos que significa unha mobilidade segura, a través dun proxecto teórico e dunha divertida parte práctica.


Para levar a cabo esta actividade, a Fundación MAPFRE montou en Riazor unas grandes instalacións. Primeiro, un equipo de monitores especializados ensinounos os conceptos básicos relacionados coa seguridade viaria e a prevención. A continuación, puxemos en práctica o aprendido un circuíto de karts onde ensaiamos situación reais. Sen dúbida, isto foi o que máis nos gustou!


Participando nesta actividade de Educación Viaria aprendemos a: 1. Recoñecer os sinais de tráfico, pero tamén a importancia de respectalos. 2. Responsabilizarnos da actitude propia cando exercemos de condutores de bicicletas e de peóns. 3. Interiorizar comportamentos e actitudes cívicas, ao poñelas en práctica. 4. Promover comportamentos e actitudes responsables, tamén na prevención de accidentes como incendios, afogamentos e accidentes domésticos.


Conmemoramos o dĂ­a de RosalĂ­a de Castro


Neste curso os alumn@s de 5º de Educación Primaria lemos dous libros moi interesantes. Ademáis, tivemos a sorte de que nos visitaron os autores dos mesmos, o cal nos fixomoita ilusión porque puidemos compartir con eles experiencias e curiosidades relacionadas coas súas obras. O venres 26 de abril visitounos Recibímolo moi contentos na biblioteca do colexio, onde nos falou do seu libro, Kusuma.

Cando lemos este libro na clase fixemos un mural representativo da obra, que despois aproveitamos para decorar a biblioteca o día da visita. Gustoulle moito!


Para que vos invadan as gañas de ler este libro dirémosvos que trata dun faisán femia que se asenta en Galicia tras fuxir da selva asiática debido á acción destructiva do home. Pero a súa adaptación non é sinxela e provoca a desconfianza dos animais que viven na fraga, o que a obriga a amosar o seu valor e o seu dereito a vivir nela. Contounos moitas curiosidades acerca do libro e de como foi o proceso para escribilo.

Puidémoslle facer moitas preguntas, que nos respondeu moi gratamente. Ata lle pedimos que escribirá unha segunda parte. Oxalá! Xa veremos….


O xoves2 de maio recibimos a outro gran escritor:

Veunos falar do seu libro A porta dourada.

Para recibilo, tamén preparamos un mural con personaxes que aparecen na obra.

A protagonista do libro é Tina, unha nena valente e filósofa. Unha noite decide ir ao río sen que se decaten os seus país co fin de convencer os peixes para que volvan formar parte da vida dos humáns. No camino ao río cae, golpeando a cabeza. A partir dese momento, realidade e imaxinación mestúranse e aparecen personaxes dos contos que lle contaba seu pai: desde a Serea Saudosa ata os fotógrafos franceses.


Contounos que actualmente vive en Londres e que lle gusta moito a mĂşsica. Ata cantamos unha canciĂłn con el.


Un día a mestra de Educación Física chegou a clase de 6º de Primaria cunhas follas na man e, despois de quentares como tódolos días, dixo: “hoxe imos facer Acrosport”. Tod@s os alumn@s empezamos a pensar que sería iso do que falaba, ata que alguén dixo: “Vale profe, pero iso que ven sendo?” Entón a mestra explicounos que eran figuras acrobáticas que se facían co corpo de 2, 3, 4… persoas. De

tódolos

xeitos

é

mellor

que

vexades

o

que

saiu

na

práctica:


Como podedes ver non se usa material, en tal caso colchonetas para non nos facer dano ao caer. Agora imos dicir os pasos que debes seguir: 1. Descálzaste e a profesora dache a ficha coas figuras que vas facer. 2. Fíxaste nas figuras que hai na ficha ( algunhas moi difíciles de facer) pero se te esforzas de seguro que che saen. 3. Empezamos a facer as figuras. 4. Se che saen mal volves a repetila, e se che sae ben cambias para outra máis difícil. E xa está.


O mellor de todo e que podes inventar as túas propias figuras e practicalas cos teus amig@s ou familia; así que: anímate a facer Acrosport!!!!. Pasaralo de medo.

6º de Ed Primaria








Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.