Gargalladas 2009

Page 1

Foi un escritor nacido na provincia de Lugo en 1915. Coñeceu entón a Ramón Otero Pedrayo. Realizou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Foi detido en 1946 e permaneceu tres anos en prisión. En 1950 foi o adaíl do grupo que fundou a Editorial Galaxia, que en pleno franquismo comezou a publicar libros en galego e sobre asuntos relacionados con Galicia. Alí publicou en 1953, xunto con outros autores, “ La saudade, ensaios”. En 1966 trasládase a Estados Unidos, como profesor invitado da Universidade de Middlebury, en Vermont. O 25 de novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega. A obra escrita por Ramón Piñeiro non é abundante, e case toda se centra na nebulosa filosofía da saudade: “Significado metafísico da saudade” e ·Filosofía da saudade”. En 1985 recibiu a Medalla Castelao. Cando o restablecemento da democracia formou parte do primeiro parlamento autonómico, como deputado pola provincia de A Coruña, como independente dentro das listas do Partido Socialista Obreiro Español. En 1983 foi elixido primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, cargo que desempeñaba ao falecer o 27 de agosto de 1990.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.