Presentación comparada audiolingüe comunicativo

Page 1

Ensino e aprendizaxe de linguas: Método Audiolingüístico e enfoque comunicativo Roberto Otero ledo

Mestrado profesorado


Antecedentes Método audiolingüïstico  

O army method. Universidade de Michigan, Fries, estrutura o punto de partida. A lingua aprendíase prestando unha atención sistemática á pronunciación e por medio de exercicios intensivos de repetición oral das estruturas básicas da oración. Enfoque audio-oral ou enfoque estrutural: 1º ensino auditivo e logo a pronunciación, seguido de falar , ler e escribir. A lingua identifícase coa fala, e a fala trabállase a través da estrutura. 1957 Método baseado na experiencia previa dos métodos do exército, no enfoque audio-oral, engadindo intuicións derivadas da psicoloxía condutista.

Enfoque comunicativo 

As orixes sitúanse na Gran Bretaña a fins dos sesenta , cando o enfoque utilizado era o situacional.

Chomsky as teorías estruturais non explicaban as características fundamentais da lingua como a creatividade e a singularidade de cada unha das oracións.

Os lingüistas británicos destacaron o potencial funcional e comunicativo. Centrarse máis na competencia comunicativa que no simple coñecemento das linguas.

Necesidade de aprender ós adultos as principais linguas do MCE e do Consello de Europa.

D.A. Wilkins definición comunicativa o funcional da lingua. Análise dos significados comunicativos que necesita quen aprende unha lingua para entender e expresarse. Distingue 2 tipos de significado as categorías nocionais e máis as de función comunicativa.

Aprender facendo ou enfoque experiencial(Hilgard )1996


Enfoque ENFOQUE Método audiolingüístico 

Postulados do estruturalismo

Para aprender unha lingua hai que aprender os elementos ou bloques e saber as regras para xunguilos, partindo do fonema, morfema, frase e oración.

O medio fundamental é oral, a fala ten prioridade no ensino da lingua.

Enfoque comunicativo 

Hymes (1972) competencia comunicativa. A teoría lingüística debe ser entendida como unha parte dunha parte máis xeral que incorpora comunicación e cultura


TEORÍA DA APRENDIZAXE DA ENSINANZA DO MÉTODO AUDIOLINGÜÍSTICO

Este método coincide co desenvolvemento do escola psicolóxica condutista.

Principios de aprendizaxe: • A aprendizaxe de linguas estranxeiras proceso de formación mecánica de hábitos • As destrezas apréndense mellor se os elementos da lingua obxecto se presentan de xeito oral antes de que se vexan de xeito escrito • A analoxía proporciona unha base máis sólida para a aprendizaxe que a análise • Os significados so se poden aprender nun contexto cultural e lingüístico , pero non ailladamente


TEORÍA DA APRENDIZAXE DA ENSINANZA COMUNICATIVA DA LINGUA

• Principio da comunicación: a actividade que promove comunicación real promove a aprendizaxe • Principio da tarefa: as actividades nas que se utiliza a lingua para realizar tarefas significativas melloran a aprendizaxe • Principio do significado : a lingua que é significativa para o alumno axuda no proceso de aprendizaxe, as actividades selecciónanse segundo o uso significativo e real Johnson (1984) e Littlewood (1984) modelo baseado na aprendizaxe de destrezas: a adquisición de competencia comunicativa nunha lingua é un exemplo do desenvolvemento das destrezas, e inclúe tanto o aspecto cognitivo como o de conduta.


Método audiolingüístico 

Brooks(1964) distingue 2 tipos:

A curto prazo: comprensión oral , corrección, fonética, recoñecemento dos símbolos da fala como símbolos gráficos e a habilidade para reproducilos

A longo prazo: Dominar a lingua coma os falantes nativos.

Enfoque comunicativo 

Os obxectivos de ensinanza para o curso concreto reflicten aspectos específicos da competencia comunicativa segundo o nivel do alumno e a súa competencia comunicativa.


Tipos de actividades no método audiolingüístico 

Diálogos e os exercicios de repetición. Repetición e memorización diálogos.

Brooks(1964:156-61) inclúe os seguintes exercicios:

Repetición.

Reformulación.

Completar

Transposición

Expansión

Contracción

Transformación

Integración

Respostas

Restauración


Tipos de actividades no enfoque comunicativo A variedade de exercicios e actividades compatibles con este enfoque é ilimitada, supoñendo que os exercicios:   

Permitan ós alumnos acadar os obxectivos comunicativos do currículo. Participar na comunicación. Desenvolver os procesos comunicativos de intercambio de información, negociación de significados e interacción.


Papel do alumno Método audiolingüístico 

Seguindo a teoría condutista, a ensinanza baséase máis nas manifestacións externas da aprendizaxe que nos procesos internos.

Os alumnos desempeñan un papel pasivo, respondendo a estímulos , non deciden sobre o contido ritmo e aprendizaxe.

Aínda que non entendan o significado, isto non se percibe como un inconveniente, xa que ó escoitar o profesor e imitalo aprenden unha nova conduta.

Enfoque comunicativo 

Os alumnos teñen papeis diferentes ós que tiñan nas clases tradicionais das segundas linguas, e os alumnos traen á aula as súas propias ideas de como debería ser o ensino e a aprendizaxe, se estas ideas non coinciden coa realidade pódese producir rexeitamento no alumno(Riley 1978).

Non hai libro de texto

Non hai unha organización da aula imposta

Relación entre os alumnos é maior ca co docente

Pouca ou ningunha corrección de erros

Cooperativo


Papel do profesor Método audiolingüístico 

Modela a lingua obxecto, controla a dirección e o ritmo da aprendizaxe e corrixe a actuación dos alumnos. Mantén a súa atención variando as tarefas e exercicios, e escolle situacións para a práctica das estruturas. O fracaso prodúcese pola inadecuada aplicación do método.

Enfoque comunicativo 

Facilitador do proceso de comunicación entre os participantes

Participante independente no curso de aprendizaxe-ensinanza

Analista de necesidades: necesidades lingüísticas dos alumnos, de xeito formal, mediante un instrumento de avaliación de necesidades, ou informal a través de sesións individuais cos alumnos.

Conselleiro. Busca mellorar as relacións entre as intencións do falante e as interpretacións do oínte.

Xestor do proceso do grupo: organiza a clase como un espazo que facilite as actividades comunicativas


Materiais Método audiolingüístico

Enfoque comunicativo

Están centrados no profesor.

Niveis elementais non hai libro. Alumnos escoitan, repiten e responden. Non hai escrita

Promoven o uso comunicativo da lingua 3 tipos:

Materiais centrados no texto

Materiais centrados na tarefa: normalmente son de tipo personalizado, xogos simulacións etc baseados no ensino comunicativo

Materiais auténticos: non adaptados para a aula e de carácter lingüístico coma xornais, anuncios etc ou gráficos e visuais como mapas cadros etc para desenvolver actividades comunicativas

As gravacións e equipos audiovisuais.

Laboratorios de idiomas.


Procedemento dunha sesión Método audiolingüístico 

Os alumnos escoitan un diálogo coas estruturas que van traballar, repítese individualmente e de xeito coral e memorízase.

O diálogo adáptase ó interese ou á situación dos alumnos mudando palabras chave ou frases. Escenifícase o resultado.

Selección e uso de estruturas chaves no diálogo para repetir. Práctica individual e coral. Algunhas explicacións gramaticais

Os alumnos pódense referir ós seu libros de texto e poden facer algúns exercicios

Actividades posteriores no laboratorio de idiomas

Enfoque comunicativo 

Teñen moito en común cos que se utilizan nas clases onde se ensina segundo os principios de corte audiolingüístico ou tradicional. Os procedementos tradicionais non se rexeitan, se non que se reinterpretan e amplían.

Segue a utilizarse o diálogo


Elementos distintivos segundo Finocchiaro e Brumfit (1983) 1 Método Audilingüístico

Enfoque comunicativo

Máis atención a forma que o significado.

O máis importante é o significado.

Memorización de diálogo baseado en estruturas.

Os diálogos céntranse nas funcións comunicativas. Non se memorizan.

Non é preciso presentar os elementos da lingua en contexto.

Presentar os elementos da lingua nun contexto é unha premisa fundamental

Aprender a lingua significa aprender as súas estruturas, sons e palabras.

Aprender a lingua significa aprender a comunicarse.

Búscase o dominio ou superaprendizaxe.

Búscase a comunicación efectiva.

A repetición é unha técnica fundamental.

A repetición pode ocurrir pero de xeito tanxencial.

Pronunciación parecida á do falante nativo.

Pronunciación comprehensiva.

Evítase a explicación gramatical.

Acéptase calquera recurso que axude ós alumnos.


Elementos distintivos segundo Finocchiaro e Brumfit (1983) 2 Método Audilingüístico

Enfoque comunicativo

So se realizan actividades comunicativas despois de exercicios de repetición.

Estimúlanse os intentos de comunicación desde o principio.

Prohíbese o uso da lingua materna.

Acéptase o uso da lingua materna se é preciso.

Prohíbese a tradución nos niveis elementais.

Pódese usar a tradución cando os alumnos a necesiten ou se beneficien dela.

Retrasase a lectura e a escritura ata que se coñeza ben a lingua oral.

Pódese comezar coa lectura e a escritura desde o primeiro día.

O sistema da lingua obxecto apréndese a través das estruturas do sistema.

O sistema da lingua obxecto aprenderase a través do proceso que busca a comunicación.

Búscase a competencia lingüística.

Búscase a competencia comunicativa.

Recoñécese as variedades da lingua pero non se fai fincapé nelas.

A variación lingüística é un concepto central.

A secuencia das unidades ven dacordo ós principios de complexidade lingüística.

A secuencia ven determinada por calquera consideración sobre o contido, a función ou o significado que manteña o interese.


Elementos distintivos segundo Finocchiaro e Brumfit (1983) 3 Método Audilingüístico

Enfoque comunicativo

O profesor controla os alumnos e procura que non fagan nada que entre en contradicióncoa teoría.

Os profesores axudan ós alumnos de calquera xeito que os motive.

A lingua é hábito, hai que previr os erros por calquera medio.

Cada alumno crea a lingua via ensaio, erro.

O obxectivo fundamental é a correción formal.

O obxectivo fundamental é a fluidez e un dominio aceptable da lingua dentro dun contexto.

Os alumnos relaciónanse co sistema lingüístico que presenta as máquinas ou os materiais controlados.

Os alumnos relaciónanse con outras persoas presentes ou ausentes (escrita).

O profesor especifica a lingua que deben usar os alumnos.

O profesor non pode saber exactamente a lingua que usarán os seus alumnos.

A motivación intrínseca parte do interese na estrutura da lingua.

A motivación intrínseca parte do interese polo que se está comunicando coa lingua.


Conclusións  O método audiolingüístico defende que a aprendizaxe das linguas se produce igual que calquera tipo de aprendizaxe.  O ensino comunicativo da lingua considérase máis un enfoque ca un método, e as interpretacións del son moi diverxentes.


Bibliografía: Richards, Jack C., & Rodgers, Theodore S. (1986). Métodos y enfoques en la enseñanza de idiomas. Londres, Inglaterra: Cambridge University Press.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.