A aventura de Hodia de Piort (mostra)

Page 11

–Que é iso de ter os pés no chan? –preguntou Hodia. –He, he, ehem –grallou Hodia pai chiscando un dos seus ollos birollos–. Terás unha casiña, un xardinciño cunha fonte… e se cadra tamén unha mulleriña, eh? –Bah –dixo Hodia–. Non preciso ningunha mulleriña. –Xa, xa –dixo Hodia pai, rañando a barba–. Xa sentarás a cabeza, fillo. Pero Hodia non sentou a cabeza. En cambio, baixou ó río para falar cos pescadores. As barcas de pescadores balanceábanse no pequeno e lamacento río, mentres os pescadores, sentados na beira baixo unha gran vela, fumaban as súas pipas de auga. –Hai alguén que queira levarme río abaixo? –preguntoulles Hodia ós pescadores–. Gustaríame ir ver mundo. Os pescadores deixaron as súas pipas de auga e miraron ó neno. –Que dixeches? –preguntou un dos pescadores. –Que me gustaría ir ver mundo –dixo Hodia. Os pescadores miráronse e botáronse a rir. –Ir ver mundo! –berraron–. Este pequeno inocente quere ir ver mundo! Partíanse de risa e dábanse golpes nas costas. Algúns riron tan forte que atragoaron co fume das pipas de auga.

15


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.