As Médulas (mostra)

Page 8

durmir aí, a casa non está habitable, o único que fai é mantela para que siga existindo como casa e non caia e termine aos poucos confundíndose coa paisaxe. Confundíndose coa paisaxe, acaba de saír de Madrid e xa é capaz de ter algúns pensamentos incontrolados, pode mirar dalgún xeito. No camiño atopou un castelo, cambiou o rumbo e subiu ata o pequeno outeiro, parou e tivo a sorte de que unha familia saíse nese momento gardando as cámaras e subindo ao coche para poñer os cintos, mirou e a verdade é que lle pareceu curioso todos cos seus cintos alí metidos, apuntando cara ao único camiño que podían seguir. Subiu e meteuse no castelo, estaba só, o único que quedaban eran ruínas, sempre estaba só, pero aí estaba só de verdade. Meteuse, sentou nunha esquina apoiado no muro e sentiu o ruído do vento ao outro lado das murallas que xa non eran murallas, pedras abandonadas. Deus creou o home e despois a muller. E unha árbore e despois outra e peixes, dividiu as augas e creou fronteiras, miles de minúsculas fronteiras. Sentado contra unha pedra que se unía a un resto de muralla, non podía ver ao outro lado da outra muralla de en fronte. Unha fronteira contra o aire, así puido estar quedo e oír o vento sen sentilo, a fronteira separábao del. O home intenta evitar guerras, facer pontes, unir parellas, crear unha vida fluída ata o final, pero vive na fronteira. Ante as ideas hai unha fronteira, ante os outros hai unha fronteira, sempre hai unha fronteira que é a existencia, coma se fose unha ruptura co único que flúe e que descoñece as fronteiras: a eternidade, a infinitude. Pechou os ollos, a eternidade, a infinitude, o vento podía de meterse dentro do oído e quedar nunha liña de son agudo. Agora hai silencio dentro do coche, é de noite, Se baixa e só ve o que iluminan as luces, un anaco de enreixado verde, está 10


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.