As Médulas (mostra)

Page 20

Outra gargallada. –Nunca se fixo. Íase facer pero, para o tío, vivía como un perdido. Auga hai. Ten un bo pozo na parte de atrás. Ao final outro abrazo rozando con forza os brazos e nunca volveu. Pasaron as noites, sobre todo as noites, incapaz de durmir. Estaba soa. El durmía desfacéndose sobre a cama, cos brazos estendidos e a cabeza ladeada, aínda posuído pola carta, coma un neno, xa está. Así que estaba soa e saía e vía as fiestras pechadas e os outeiros negros e non cría que ninguén dos que agora durmían fóra o que pintou a cruz branca, en realidade só había unha familia, media familia porque o pai desaparecía por tempadas, seguro que ninguén da zona a vira, era posible que só ela a vise. El aínda non pensa en que vai facer. Pensou, un xardineiro para as casas do outro lado, son distintas, teñen flores. Aquí ninguén quere un xardineiro, cada cal coida do seu, Flora, cun sorriso de por que preocuparse, temos unha casa. Sobrou pintura das portas, branco brillante. –Lévame ao outro lado, pola estrada. –Para que? Si te divirte. O que queres é estrear o teléfono. Ben, para iso o pagamos. Píntao ti mesma, é o teu chiste. Cres que alguén vai chamar? Non oe. Só sente frío, prefire non mirar ao redor, dálle frío tanta estrañeza, antes sentía unha calor interna insoportable, agora en España, un frío incapaz de quitar coma se só puidese entrar un aire xeador pola súa boca. Son calafríos, pensa, o que teño que facer agora é pensar, saber onde estou. –Que loucura! –ri José–. Se te vises aí empoleirada! Coidado non caias! Canto cres que vai durar coa choiva? –E esa cruz da montaña? Recórdala de sempre? 22


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
As Médulas (mostra) by Rinoceronte Editora - Issuu