2 minute read

Galiza clama contra Altri

Redacción Cerna

O clamor social contra a macrocelulosa que Greenfiber (Altri e Greenalia) pretende instalar en Palas de Rei, no corazón de Galiza, é incuestionable. Unha manifestación histórica convocada pola Plataforma Ulloa Viva percorreu as rúas de Palas o pasado domingo, 26 de maio, en defensa do territorio fronte ás industrias depredadoras e insustentables. Un mes despois, o 30 de xuño, Galiza volveu mobilizarse dende toda a súa xeografía ante a chamada da Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa para arrodear a sede da Xunta de Galiza en Santiago de Compostela baixo un berro colectivo: "Altri non!". Estas dúas xornadas son xa fitos que perdurarán na memoria da loita ecoloxista galega. Velaquí unha selección de imaxes de ambas as mobilizacións convocadas ata a data en que se escribe isto. Desde a Ulloa ata a ría, auga e aire son vida!

Mobilización histórica en Palas de Rei contra Altri o 26 de maio · Greenpeace. Pedro Armestre
Mobilización histórica en Palas de Rei contra Altri o 26 de maio · ADEGA
Participación de ADEGA na mobilización contra Altri en Palas de Rei · ADEGA
ADEGA na chamada a arrodear a Xunta contra Altri o 30 de xuño · ADEGA
Milleiros de persoas arrodean a Xunta en Compostela o 30 de xuño · ADEGA
This article is from: