AeA 14

Page 31

ESPERANZA FERNÁNDEZ Lingua Galega Como vestía eu? Paréceme que non cambiei moito de forma de vestir: sempre con pantalóns vaqueiros estreitos, camisetas normalmente brancas, xerseis frouxos… Saias poñía pocas e cando as poñía eran longas e de flores. No verán máis ben vestidos que vía nos figuríns (revistas de moda que traían os deseños debuxados e que servían de patróns para as modistas) ou que eu mesma deseñaba sobre eses modelos e que faciamos despois a modista da casa e mais eu. Os xerseis normalmente tamén eran feitos a man de calcela ou ganchillo, primeiro pola miña mai e máis tarde por min mesma ( aínda conservo unha chaqueta de la pola que todo o mundo me identificaba e outra de ganchillo que poño ás veces) O calzado sempre plano; nunca soportei os zapatos de tacón, malia a insistencia da miña mai e da miña a voa: “Seguro que che sentaba moito mellor esa roupa cun pouco de tacón. Proba xa verás…”. Pero non houbo tutía. No inverno botas camperas ou as miñas Hush Puppies, máis adiante os botíns de ante (pisamierdas ou kunfús), os John Smith ou os Adidas; e xa no verán, só sandalias abertas. (Ata os 14 anos levei plantillas e non as podía poner, polo que dende os 15 non as sacaba en todo o verán). Pero quizais o máis característico do meu aspecto era o meu pelo: unha longa melena lisa ata a cintura que levaba solta ou ben nunha ou dúas trenzas. Pensándoo ben si que cambiei; cando? Supoño que pouco a pouco sen decatarme…

Dime que realizado por Eva Melle Goyanes e Carmela Cela Rodríguez

DIME COMO VESTIAS

AQUI E AGORA

Agradecémoslle a todos os profesores que participaron nesta sección este ano dende a Dirección de Aquí e Agora.

29


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.