Amsgo13

Page 1

, S! E M TI A V RA É LNG SO REVISTA GRATUÍTA MENSUAL / Xaneiro 2016 / Nº13

[REPORTAXE] Ames carece de base produtiva propia [ENTREVISTA] Beltrán Fernández tocaría na banda de Ames

Miñones ten un plan

O ATRACTIVO DOS FONDOS FEDER, CLAVE PARA CONSEGUIR O APOIO DO PLENO POR UNANIMIDADE


EDITORIAL

A vella sombra do

REVISTA DE ACTUALIDADE DE AMES Xaneiro 2016 - Número 13

SUMARIO

REPORTAXES

2

TENDENCIAS

6

ENTREVISTA

14

OPINIÓN

20

SERVIZOS

23

COLABORAWEB

24

Libre expresión de medios de Galicia non se fai responsable das opinións vertidas nos comentarios de noticias, artigos de opinión ou imaxes enviadas polos lectores e colaboradores desta publicación.

AMSGO! Revista de actualidade de Ames Edita: LIBRE EXPRESIÓN DE MEDIOS DE GALICIA Dirección: Javier Carnota López Redacción: Sara Torreiro Rodríguez Comercial: alvaro@grupomercalar.com Deseño e maquetación: Juan Feáns redaccion@revistaamsgo.com Teléfono: 620 96 75 49 revista@revistaamsgo.com Teléfono publicidade: 685 50 46 46 f : revistaAMSGO t : @revistaAMSGO Imprime: Galicia Editorial, S.L. Depósito legal: C 331-2015

A tradicional inundación de Pontemaceira é tan propia do N crítica a pasividade de Augas de Galicia. Volve a preocupació

As casas e negocios de Pontemaceira, Tapia e outros lugares do concello viviron coa resignación que proporciona a costume un fenómeno habitual, a crecida do Tambre e a conseguinte inundación dos inmobles dos veciños, que non ocultan o seu malestar por esta situación, xa que é evitable. Este ano, aínda que lamentablememente teremos ocasión de ver máis, xa asistimos a esta primeira riada, á que debemos recoñecer que se reaccionou con rapidez desde o Concello e puxeron en marcha todos os medios locais. A prevención é a única ferramenta eficaz contra os temporais. A limpeza de ribeiras e canles contribúe de xeito notable a que se produzan apozamentos indesexados. Pero o caso que nos ocupa é de maior calado. O alivio do encoro do Tambre cando chove torrencialmente deixa á Administración galega na tesitura de afectar seriamente ó marisco da ría de Noia, ou deixar que río arriba nos mollemos os pés. Os pés e a cabeza. E sempre así. A solución non é doada, pero como dí o alcalde na súa carta ós responsables da presa a solución pasa por falar cos concellos afectados e sobre todo ser máis previsores respecto ó alivio do caudal do encoro. A oferta de diálogo e colaboración do Concello de Ames non oculta un cabreo monumental coa administración autonómica e coa do Estado, que a través de Patrimonio tamén andivo a enredar e enredar, de tal xeito que

2

uns polos outros e a Ponte Vella Goberno local e ás demáis administracións por unha banda e á sen limpar. propia veciñanza, nomeadamenA rápida visita aos lugares afec- te aos que sentan a chamada do tados e a posta en marcha dun emprendemento que procuren dispositivo de emerxencia son un cambio no perfil económico medidas excepcionais ben toma- do concello, demasiado escoradas e amosaron a axilidade polí- do ao funcionariado. tica do responsable deste área. Porque logo de que o río enche AMES 2020 e desborda pouco se pode facer, pero non é menos certo que tran- Como se dunha coincidencia se quilizar á poboación, coñecer in tratara o Goberno presenta en situ os desperfectos e poñer todo Pleno, nese Pleno que quedara o que estea ao alcance de un para pendente polas uvas de fin de mitigar os danos son tarefas que ano, un proxecto cuatrienal que debera de dar xogo neste sentia veciñanza agradece . do. A búsqueda de fórmulas de PIB senvolvemento urbano sostible e integrado, con fondos FEDER, Algo non nos concordaba e por procedentes de Europa deben iso preguntamos ao experto. servir a este digno propósito. Mentres Miñones sacaba peito de incremento poboacional ao REIS converterse Ames no oasis da fecundidade no medio do deserto Non quixéramos deixar de saliengalego, o PIB non era para botar tar a tozudez do edil de Cultura. A idea de cambiar a fórmula da refoguetes. cepción real polideportiva do PP Quixemos saber cal é a razón de pola da tradicional cabalga. Tanque nos ganen outras poboa- ta auga tivo que tragar o agnósticións do chamado hinterland co concelleiro pola felicidade dos compostelano (bisbarra para os nenos e nenas. que gustamos máis da boina que do birrete). E levamos un mereci- Por certo, que ben lle iría a esta do “zas, en toda la boca” do pro- cabalgata unha banda municipal, fesor Rodríguez por estar máis como a que demanda o xoven preocupados de saír ben na lista músico que nos acompaña neste dun indicativo que mide o valor número co que encetamos o seda produción de bens e servizos gundo ano de vida como revista nun ano determinado en lugar gratuíta da veciñanza de Ames. de preocuparnos polo benestar ou pola distribución da riqueza, Entre os propósitos para o 2016 xa que o PIB aínda que se mida está o de abrir a revista á vosa en termos per cápita non fai re- participación a través das redes ferencia a isto, senón á produ- e na propia revista. Comprometémonos a saír máis á rúa a preción. guntar e agardamos que sexades Tomamos de todos xeitos moi boa receptivos e colaboradores para nota das súas recomendacións e contribuír entre todos ó progreso atendendo aos seus exemplos e e ó benestar da veciñanza. Porpropoñemos unha reflexión ao que iso é o que queremos, non?

Xaneiro 2016


goberno amigo

adal como a cea de Noiteboa ou as badaladas de fin de ano. O alcalde Miñones ón pola influencia da cor política na relación entre as administracións TEXTO: Javier C L

tienes un

SuperPoder

Xaneiro 2016

, USALO Dona tus óv

ulos

www.iraga.net UNIDAD DE REPRODUCCIÓN ASISTIDA LA ROSALEDA

La Rosaleda Rúa de Antonio Casares, 2, Sótano 1 15701 Santiago de Compostela. Telf: 981 55 29 47

3


REPORTAXE

“ O PIB do concello de Ame carencia dunha base produ

Os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística sinalan que o PIB per c debaixo de outros da contorna de Santiago como Ordes ou Arzúa, pese a ter Am mista amiense Gonzalo Rodríguez apórtanos varias claves para dar luz a estes d

O PIB per cápita é a relación que hai entre o produto interior bruto dun concello e o seu número de habitantes. Este indicador calcúlase dividindo o PIB do concello pola súa poboación.

ñen un amplo sector primario que, coas súas agroindustrias, aportan moito valor engadido. Ames e Teo, malia que teñen un importante peso demográfico, están na metade baixa da táboa, cuns ingresos per capita de 13.031 euros e 12.105 respectivamente.

ano determinado. “É importante resaltar o termo producción”, explica o profesor da Facultade de Económicas. “Non é un indicador de riqueza”, di o economista, “non mide, por exemplo, o valor do patrimonio privado ou do capital público”. Ao fío Se nos centramos nos concellos da .contordisto, engade que “tampouco é un indicador na de Santiago só Padrón e a capital galega de benestar, nin moito menos mide a distrisuperan a media de Galicia. Ames queda por Na cola do indicador está Brión, con 9.977 eu- bución da riqueza, aínda que se exprese en detrás de concellos con menos habitantes ros de PIB por habitante. . termos per cápita”. como Arzúa ou Ordes.

SECTOR PRIMARIO E AGRO

DEBE AMES PREOCUPARSE?

O economista amiense Gonzalo Rodríguez Este indicador, no caso de Padrón sitúase en cre que non moito. “O PIB ten un aquel con 28.463 euros per cápita. Supera a media da eses museos locais dos que todo o mundo provincia, 21.599 euros. A explicación a isto está moi orgulloso pero ninguén pisa”, expliradica na súa industria metalúrxica e made- ca. “Debería interesarnos a cultura que somos reira que, mesmo coa crise, logrou que o in- quen de disfrutar na práctica e non a que está dicador ascendese un 10% desde os 25.836 depositada nalgún lugar, como deberiamos euros que marcaba no 2010. Esta tendencia preocuparnos polo benestar que logramos e positiva constitúe toda unha particularidade non tanto polo volume dos medios monetano caso galego. rios que xera unha sociedade”. amplía Tras Padrón e Santiago está Arzúa, con 17.631 euros e Ordes, con 16.149. As dúas vilas te-

4

PIB ALTO E DESIGUALDADE

O economista toma como exemplo o concello de Arteixo para exemplificar que un concello cun PIB alto pode ter enormes desigualdades. “O PIB per capita de Arteixo é de 70.939 euros, cren que a media de poboación de Arteixo ten este ingreso?”. Rodríguez desvela que o motivo deste ratio é a presenza de Inditex no concello. Outro lugar que experimenta o mesmo fenómeno é As Pontes. “Este indicador é de 78.386 euros non porque sexa o que cobra de media un pontés, senón porque se O PIB é unha magnitude económica que mide ve influído polo valor da produción da central é o valor da produción de bens e servizos nun térmica de Endesa”, explica Rodríguez.

Xaneiro 2016


es sinala a utiva propia”

capita dun concello como Ames está por mes un maior peso demográfico. O econodatos TEXTO: S. Torreiro En conclusión, o que mide o PIB per capita é simplemente a produción, non o benestar. Rodríguez afonda que “se o que nos interesa é isto último, a distribución da renda, o grao de desigualdade ou os niveis de desenvolvemento humano son indicadores ben más relevantes”.

DAQUELA, POR QUE AMES TEN UN PIB BAIXO? A resposta ten que ver coa metodoloxía de cálculo deste indicador.. O economista explica que “no caso dos servizos públicos (sanidade, educación, administración, etc), o valor da súa produción mídese fundamentalmente polo custo dos seus empregos.” “O IGE na súa estimación distribúe territorialmente o valor deses salarios en función da localización de cada organismo público”, continúa.

oportunidades de seguir residindo aquí si non encamiñan a súa traxectoria cara as institucións públicas, dificultándose así o seu arraigo no concello. ”, explica o profesor da USC. Ao fío disto engade que “sen dúbida, futuros empregados públicos substituirán a actual masa poboacional, pero o concello seguirá sen ter a capacidade de decidir sobre o seu propio destino, que é no que consiste o desenvolvemento”.

Rodríguez sostén que non se trata de cambiar a cifra en si, senón as “bases económicas reais que sustentan a creación de riqueza á vez que se establecen os mecanismos para procurar que este beneficie a maior parte da poboación posible” . Para Rodríguez tamén é importante que “a nosa renda dispoñible non depende só do ingreso que teñamos, senón tamén das Rodríguez desvela o segredo: necesidades que temos que cu“unha parte do PIB dos concellos brir con el”. Ao fío disto engade de Ames, Brión e Teo engrosa os que “na medida en que o sector 35.090 euros por habitante (moi público se faga cargo dunha parpor riba da media provincial) te das nosas necesidades (sexan que se lle atribúen a Santiago de de transporte, sanitarias, educaCompostela”. “Seguramente, a tivas, de ocio, etc) a renda que renda real”, conclúe. queda á nosa disposición será maior”. Porén Rodríguez sinala que o dato do PIB “ten a propiedade “O benestar, por tanto, dependede poñer de manifesto a carencia rá da relación entre as necesidadunha base produtiva propia”. Os des que cubrimos directamente problemas que se derivan desa có noso salario e as prestacións situación son, por unha banda que nos proporcionamos entre “o individual, dado que os em- todos a través do estado”, conpregos públicos non se herdan, clúe o profesor de Economía Aplios nosos fillos van a ter limitadas cada da USC.

Xaneiro 2016

Debes saber... 1 2 3 4 5 6 7 8 9

O PIB medio da provincia da Coruña é, segundo o IGE, de 21.599 euros per capita. O PIB per cápita é a relación que hai entre o produto interior bruto dun concello e o seu número de habitantes. Arzúa e Ordes superan o PIB de Ames, por detrás atópanse Teo e Brión O PIB non é un indicador de riqueza porque non mide, por exemplo, o valor do patrimonio privado ou do capital público.

Unha parte do PIB de Ames, Teo e Brión atribúeselle, en realidade, a Santiago de Compostela

Concellos como Arteixo ou As Pontes teñen un PIB moi alto por Inditex ou Endesa

O PIB de Ames pon de manifesto que o concello non ten unha base produtiva propia As bases económicas para mudar o PIB deben ser reais e sustentar a creación de riqueza Para medir o benestar o que debemos usar é a distribución da renda ou o grao de desigualdade.

5


REPORTAXE

Un plan para Ames collido con pinzas

Ames 2020 é a aposta estratéxica de cidade que promove o actual grupo de goberno de Ames para favorecer o un desenvolvemento urbano sostible e integrado para o período 2014 – 2020. O tamén chamado Plan Impulsa Ames, terá unha contía de 9.750.000 euros, que estarán compostos por aportacións municipais, por achegas da Deputación e, na súa maior parte (5.000.000 €) pola Unión Europea a través dos Fondos FEDER.

a partires da cal se definiton as prioridades e obxectivos en canto as actuacións de carácter urbano, de conservación dos espazos verdes e patrimoniais, de definición de dotacións de equipamentos ou de desenvolvemento das infraestruturas entre outras.

e A de accesibilidade”. O alcalde afondou en que o Impulsa está deseñado para “o crecemento do concello e para a conectividade dos núcleos urbanos, fisica e socialmente”. Do mesmo xeito, Miñones informou que a empresa que levou a cabo o proxecto foi EOSA cun “prazo escaso, á présa e correndo, pero non podíamos deixar pasar esta oportunidade única”. “O proxecto é apolítico”, subliñou o socialista, “foi un proceso participativo cos técnicos, a cidadanía e tamén a oposición.

Para o rexedor José Miñones o plan deseñado é “sostible e integrado e parte dunha proposta estratéxica, completa e participativa”. Miñones explicou Para concorrer a estas axudas da que a denominación de Impulsa UE, o concello levou a cabo unha obedece a un concepto por diagnose a través dunha empresa cada letra “I de integración, M de que permitiu configurar unha mobilidade, P de participación, U análise integrada do territorio de urbana, L de local, S de social Porén, o pleno no que se presen6

tou a proposta tivo un ton levemente bronco e contou con críticas contundentes de Ames Novo. O edil Xaime Subiela sinalou que comprendía “a falta de tempo” pero que do que se trataba con Impulsa era de “repensar Ames en 6 ou 7 anos e a proposta é decepcionante”. Do mesmo xeito, o membro de Ames Novo sinalou que lle faltaba “ambición”. Tamén subliñou que “a proposta ten erros, non só erros, ten cantadas importantes, como que, por exemplo, nunha parte pon Pontevedra en vez de Ames”. Para Subiela isto son “erros delicados nunha lóxica de corta-pega”. As críticas non remataron aí.

Xaneiro 2016


O pleno municipal vén de aprobar o plan Ames 2020 ou plan Impulsa Ames. Malia que a proposta pasou por unanimidade polo ingreso extra que suporá, de ser concedido pola Unión Europea, non estivo exento de críticas que viñeron, especialmente do grupo de esquerda Ames Novo. Tamén o Partido Popular criticou a xestión do goberno nesta cuestión. Ciudadanos e Pacto TEXTO: S.Torreiro por Ames incidiron no positivo destes fondos Subiela remarcou que o plan carece de “sentido estratéxico” e de “coherencia entre diagnose e propostas”. “Por exemplo”, explicou, “fálase do problema da emisión de carbono en Ames pero non hai ningunha medida a este respecto”. “Hai unha ausencia total da dimensión social”, proseguiu. “O documento recolle que se promoverá a inclusión social e loitarase contra a pobreza e a discriminación”, dixo o concelleiro de Ames Novo, “pero as únicas medidas recollidas son de creación de emprego e de un espazo para a xuventude, que non está mal, pero hai carencias importantes”. “Entendemos que nunha lóxica de captación de recursos isto teña que ser así”, sentenciou Subiela, “pero o que hai que ter claro é que non é un proxecto para pensar Ames, concluíu o concelleiro de Ames Novo.

Xaneiro 2016

O PP E AS SANTAS

“Con todo isto, non sei se dixo a Amor “pensa o ladrón que O Partido Popular tamén se teremos que encomendarnos á todos son da súa condición. mostrou crítico coa xestión Magdalena ou á Peregrina para do goberno no Ames 2020. que nos dean os fondos desde PUNTO DE PARTIDA O concelleiro do BNG, David “Botamos de menos as Europa”, concluíu. Santomil asegurou que o certificacións que se requiren na convocatoria europea e que O alcalde non quedou atrás e Impulsa só é o “primeiro chanzo non están”, comezou Santiago acusou ao líder popular de ter para reabrir o debate territorial”. Amor. Sobre a falta de tempo o coñecemento en maio desta “Hai que facer unha análise clara concelleiro popular afirmou que convocatoria europea e “non da dobre cabeceira local que fai “as empresas que traballan nisto comentalo no traspaso de duplicar as actuacións e tamén xa sabían destas convocatorias, poderes”. Ademais Miñones da precisa integración con e de feito hai concellos que xa defendeu a súa xestión e Compostela”, afirmou. Con todo, levan un ano con isto”. explicou que “isto podía terse o concelleiro fixo autocrítica e tratado en Xunta de Goberno dixo “compartir” algunha das No apartado económico Amor ou por Decreto da Alcaldía, pero reflexións aportadas por Subiela. ironizou que “a ver de onde porén, trouxémolo a pleno non saca o interventor o millón para dotar o pleno de contido Os socialistas remarcaron que u douscentos mil euros que ten político, senón para darlle proxecto “que abrangue tantas que poñer o concello, sobre transparencia, ademais de que melloras si que é ambicioso”. todo coa merma de ingresos a habilitación posterior do plan de 600.000 euros” (en relación é unha competencia plenaria”. Pacto por Ames e Cidadáns coa baixada do IBI impulsada Amor replicou ao alcalde cun felicitaron reiteradamente aos polo novo goberno). Amor “quen di mentiras chámase técnicos e ao equipo de goberno tamén lle lembrou a Miñones mentireiro” e este chamouno pola tarefa levada a cabo. Os que “a empresa que redactou o á orde. Quen tamén tivo a ben primeiros tamén pediron que proxecto xa fixo outro para Ames tirar de refraneiro popular foi o a presentación pública do hai 4 anos e non foi concedido”. edil socialista Blas García que lle documento sexa en galego.

7


Avda da Peregrina, nยบ 5 Bajo Bertamirรกns Telf. 981 884 319 - Mรณvil 678 993 916

www.grupomercalar.com info@grupomercalar.com


ESTÁ DE ACTUALIDADE...

Change.org

As redes promoven unha senda entre Ames e Santiago A aldea global é máis global ca nunca. Que llo digan a Roberto Horta, veciño do Milladoiro. Para Horta que houbese unha senda peonil entre Ames e Santiago era de lóxica aplastante, pero dito percorrido non existía. Por iso rexistrou unha petición en change.org, unha plataforma de peticións online. A petición acadou, polo momento, 966, e o alcalde de Ames, o socialista José Miñones, xa respostou á plataforma a través do seu Twitter persoal . Agora queda por ver se se plasma en realidade esa desexada senda peonil que constituirá un chanzo máis nesa fundamental relación entre Ames e Compostela para a creación dunha área metropolitana.

Xaneiro 2016

9


ENTREVISTA

Beltrán Fernández [Premio extraordinario de Secundaria e músico]

“Aínda que precisa unha banda, creo que Ames destaca polo apoio á música” De neno probéi un trombón e non conseguín facelo tocar, logo diso vin claro que o saxo era o meu instrumento

TEXTO: S.Torreiro

si que lle dedico certo tempo e _Cal foi o primeiro instrumento agradezo telo na casa. que tiveches na man? _Como escolliches cal ía ser o teu _Pois penso que o piano que instrumento principal? teño na casa de cando meus pais o tocaban. Ao telo tan _Non ten moita ciencia a próximo era inevitable que non verdade... Tiña oito anos, e intentase dar unhas notas con recordo perfectamente chegar un el sendo pequeno... De todos bo día a Calo e dicirme Moncho (o xeitos, non se converteu no meu director da banda) que escollese instrumento principal, senón que instrumento. Nun primeiro intre ata hai un par de anos non me deume a probar un trombón, interesei realmente en aprender pero non conseguín facelo soar. a tocalo. Hoxe, tendo a materia Polo tanto, seguindo a miña de Piano Complementario no lóxica infantil, deixeino a un lado Conservatorio, a verdade é que desgustado. A continuación 10

intenteino co saxo, e gustoume desde que o collín. Ademais, en canto soprei e observei que si que soaba, vin claro que este era o meu instrumento. _Que che aporta a música? _Esta é unha pregunta difícil para alguén que vive sempre con música... Apórtame pracer cando a escoito, toco ou escribo. Apórtame frustración cando non obteño dela o que quero. Apórtame alegría nos malos momentos (así como nos bos me fai sentila

con máis forza). Apórtame risas, choros, recompensas, fracasos e emocións de todo tipo. Apórtame inestimables amizades. Apórtame unha nova linguaxe na que poder expresarme... Como podes ver sería unha listaxe interminable _Estás a piques de rematar o grao profesional no Conservatorio, cantas horas lle dedicas a practicar? _Iso é algo que depende moito da época do ano, pero durante o curso... Entre as horas do

Xaneiro 2016


Conservatorio, da banda e da casa, penso que dedico máis ou menos sete ou oito horas á semana ao saxo. Aparte, ao piano arredor de tres ou catro (é outro instrumento que me encanta) e a cantar, outro dos meus principais hobbies, é imposible de dicir porque aproveito cada momentiño que teño. _Por que escolliches a Banda de Calo? _Sinceramente, foi pura casualidade. Meu pai coñecía a Moncho de cando eran máis novos porque tocaran xuntos na Banda de Arzúa. Un día estando en Melide durante o San Roque (os meus avós maternos son de alí), atopámonos con el. Comezaron a falar de que meus pais querían que meu irmán e eu comezásemos a tocar algún instrumento, e Moncho deulles a idea de levarnos por Calo algún día. E así empezou todo. Xa van oito anos e pico desde aquelas, e podo afirmar que foi unha sorte ir parar a unha banda como a da S. R. de Calo. Estou orgulloso de formar parte dela, tanto a nivel musical como persoal..

Ames). A verdade é que estou moi conforme coa educación musical e doutras artes que recibín nel, porque tiven grandes profesores de música e plástica, e aprendín moito con eles. De feito, incluso indo ao Conservatorio escollín Música como optativa tanto en 4º da ESO como agora en 1º de Bacharelato, e tiven a sorte de poder participar durante catro anos nos musicais que nel se organizaron. Por todo isto, sempre e cando se manteña o nivel que eu desfrutei neste tipo de materias, non teño nada malo que dicir. Iso si, que a cousa non vaia a peor neste tema, porque a educación cultural e artística é básica para a formación íntegra de calquera persoa. Costou demasiado chegar ata onde estamos hoxe para que agora alguén desde o Goberno bote todo este traballo a perder.... _Mudarías algo no actual modelo educativo dos conservatorios?

_Igual que na pregunta anterior, non sei o suficiente para falar en xeral, pero desde o meu punto de vista como estudante no Conservatorio Felipe Paz Carbajal (Noia), vexo un modelo educativo _Ademais, fuches premio bastante equilibrado. Obtemos extraordinario de Educación un bo nivel de coñecementos Secundaria, de onde sacas o musicais tanto teóricos como tempo? prácticos. Quizais o único que podería pedir sería a implantación _Eu diría que é cuestión de de Coro como materia tamén organización… Sempre me para os alumnos de vento e corda gustou facer moitas cousas fretada, porque penso que saber distintas, e manteño a opinión utilizar a voz como instrumento é de que cantas máis fas, máis es fundamental. Pero iso son cousas quen de facer. Xogar ao tenis, miñas, en xeral está moi ben tocar, estudar, quedar cos pensado. amigos, ir ao Conservatorio, ir ao instituto, ter un chisco de tempo _Nun lugar que as familias para min... Se te pos, o día dá escollen para vivir como é Ames, para todo. debería potenciarse máis a música?? _Cres que as disciplinas artísticas como a música están sufi- _ Sempre se pode mellorar neste cientemente implementadas tipo de aspectos, claro está (por nos institutos? exemplo coa creación dunha banda), pero eu penso que o _Non podo falar en xeral, porque Concello de Ames destaca polo a única perspectiva que coñezo seu apoio á música. ben sobre o tema é a que teño Hai numerosas escolas de múeu desde o meu instituto (IESP de sica e baile, corais, actividades

Xaneiro 2016

Coñece máis NUNCA SAIO DA CASA SEN... O móbil e os cascos. Nunca sabes cando vas ter un ratiño libre. Ademais, 1sempre levo un colgante dun elefante que me regalou a miña mellor amiga, que está en Estados Unidos durante este ano. Non me verás nunca sen el.

2

O ÚLTIMO LIBRO QUE LIN FOI... “Casi sin querer”, de @Defreds (José Ángel Gómez Iglesias),unha recompilación de relatos curtos de temática amorosa dun autor e tuiteiro vigués.

A MELLOR COMIDA É... A ensalada de pasta ou a 3 tortilla de patacas... Imposible elixir.

STAR WARS OU XOGO DE TRONOS... Claramente 4 Star Wars, inimitable. SÓ DEIXARÍA A MÚSICA POR... Obriga das circuns5 tancias. Voluntariamente, a

resposta é:“Non deixaría a música”.

musicais propostas polo Concello, fanse desfiles con música nas ocasións especiais (sen ir máis lonxe, uns días atrás na cabalgata de Reis)...

Tamén destaco por exemplo o apoio que ofreceu o Concello ao musical do que antes falaba, outra mostra de que en Ames a música ten un papel destacado. 11


12

Xaneiro 2016


Xaneiro 2016

13


TENDENCIAS ESTÁ DE ACTUALIDADe...

REBAIXAS REBAIXAS REBAIXAS REBA X

a estamos en rebaixas, pásate a ver marcas nacionais e internacionais, en bolsos e complementos, fabricados en España. O último en moda e tendencias, aprovéitate dos descontos de ata o 50% nunha ampla selección de produtos, non agardes máis. El Potro, Fiorelli, Guess, Pluma y Collar, Joid’art, NunuWoman. Esperámoste na nosa tenda de Alcalde Lorenzo, 9 de Bertamiráns. Tamén podes vernos nas nosas redes sociais, facemos envíos a domicilio.

P

resentámosche prendas únicas, moda española fabricada en España, agora en rebaixas. Aprovéitate dos nosos descontos en vestidos, cazadoras, abrigos, prendas de punto. Toda a moda para muller de hoxe, para unha muller actual á que lle gusta vestir grandes marcas como Hongo, Glüen, Lancot, Viccio-Barcelona o VanDos. Agardámoste na nosa tenda de Ameneiral, 10 en Bertamiráns. Tamén nas nosas redes sociais, facebook. com/conchivallina.modamujer

REBAIXAS REBAIXAS REBAIXAS REBA 14

Xaneiro 2016


AIXAS REBAIXAS REBAIXAS REBAIXAS

A

Solaina Das Grandes Mulleres é unha tenda moderna e atractiva, dende a que procuramos estar sempre ó tanto das últimas tendencias en moda. Está especializada en moda para muller dende a talla 42/44 ata a 62. Ofrecemos diferentes estilos e prezos, vestindo ás mulleres para as diferentes ocasións que se lles presentan. Traballamos sobretodo con firmas de fabricación española, como aposta polo tecido productivo do noso entorno xerando así traballo para os nosos veciños e veciñas e por suposto unha posta clara pola calidade. Rúa Ameneiral, 12 BERTAMIRÁNS Telf: 881 976 899 www.asolainatallasgrandes.wordpress.com asolainadasgrandesmulleres@gmail.com

Centro Comercial Novomilladoiro Milladoiro - Ames

V

en ver os sorprendentes prezos das nosas rebaixas en moda, bolsos, carteiras, broches, bixutería, bufandas, fulares, gorros, luvas, paraugas. E coñece tamén o noso avance de tempada. Visitanos en: facebook.com/Cousalinda

AIXAS REBAIXAS REBAIXAS REBAIXAS Xaneiro 2016

15


mesames

Pasados por auga

Tardou, pero cando chegou fixoo con moito xenio. Os primeiros días do ano viñeron acompañados de fortes temporais que provocaron graves danos en varias parroquias. Goberno e afectados de Pontemaceira coinciden en denunciar a pasividade de Augas de Galicia á hora de abrir as comportas do encoro Barrié de la Maza.

16

Xaneiro 2016


Dentiño recibiunos no evento de presentación da nova clínica dental Lindo Dente. A choiva non puido cos nenos e maiores que viñeron a apoiar a iniciativa de Oscar Montes, en Avda. da Mahía, 26. Lindo Dente está pensada coma unha clínica que ensina aos nenos a importancia do coidado bucal e que conta con todos os adiantos para que lle perdan o medo a ir ó dentista en familia. Os reis cambiaron este ano o formato de recepción polo de cabalgata. A auga non foi quen de quitarlle a ilusión aos máis pequenos que participaron con fervor nestes paseos reais por O Milladoiro e Bertmairáns.

Xaneiro 2016

17


O CafĂŠ da Vila Ameneiral, 10 BERTAMIRĂ NS

Melloramos pensando en ti! 18

Novo horario ininterrumpido de 8:00 a 23:00 h

Xaneiro 2016


O MEU NEGOCIO

A Solaina das grandes mulleres_

A tenda na que o importante é sentirse ben cunha mesma

Escolleron Bertami- O público ao que se ráns porque... non ha- dirixen é... sobre todo a bía ningún negocio que ofertase mozas que leven tallas grandes, este tipo de servizos. Algunha aínda que tamén dispoñen de tenda chega ata a talla 52, pero roupa para señora. . na Solaina chegan ata a 70.

Para a próxima temA filosofía da tenda pada... xa fixeron pedido de é... Traballan con tallas gran- roupa de verán e vén moito colo-

des, pero de cortes e patróns para este tipo de roupa, non roupa de talla pequena con máis tela, que é o que adoita haber en grandes franquicias.

rido, moitas gasas, estilo hippie con moitos flecos e capas. Porén, agora mesmo teñen unhas boas rebaixas para quen queira aproveitalas.

Por outra banda, tamén o trato Desde o negocio reipersonalizado, facer que cada vindican... que calquera persoa atope xusto ese xersei, muller se pode ver fermosa investido, ou pantalón que precisa dependentemente do corpo que teña. Hai cortes que lle sentan para ese evento concreto.

Xaneiro 2016

mellor a mulleres con máis quilos. Unha vez que unha cliente entra pola porta recibe asesoramento sobre que tipo de prendas poden sentarlle mellor.

porque, a fin de contas, unha talla é só un número. As mulleres que pasaron pola tenda remataron atopando o que buscaban, desde roupa máis elegante a roupa máis sport. En definitiva, Ademais, traballan con diferen- que é posible, e que A Solaina é tes marcas e sempre conseguen a proba a talla que se precise: 50, 60, 70. Tamén buscan a comodidade, As súas instalacións que a roupa non sexa unha cár- están ubicadas en cere, que non marque, que non ... Ameneiral, 12 en Bertamiráns. Teñen perfil de Facebook faga dano con looks, ofertas e desde onde As mensaxe que tamén poden contestar a caltransmiten é que... quera dúbida. A súa nota nesta calquera muller que teña proble- rede social é de 5 sobre 5 en tomas para definir o seu estilo por das elas as mulleres que comenunha cuestión de talla atopará tan reiteran o bo gusto e o trato aquí toda a axuda que precise agradable. 19


CULTURA

Nos primeiros meses de 2016 non deberías perder nunca de vista a gran pantalla... Todo parece indicar que o 2016 vai ser un nutrido ano para a . industria cinematográfica que pasará por todos os xéneros. Pode h que aínda sexa un pouco cedo para aventurar o que nos deparan as grandes pantallas no 2016 pero é importante prepararse para todo o que vén. Moitos cinéfilos catalogan o 2016 como o máis importante da historia do cinema polo número de estreos de importancia. Aquí vai a escolma que vos facemos para os primeiros meses deste ano. A quinta ola: Cassie fuxe por unha autovía. Detrás deles eses terribles seres que, malia que parecen humanos, deambulan polo campo matando a calquera para rematar cos últimos fragmentos da humanidade. O filme é unha adaptación da serie de novelas escritas por Rick Yancey e promete fantasía e acción de calidade. Iso sumado a Chloë Grace no papel máis importante da súa vida pronostican todo un fenómeno recadatorio. Chegará xa en xaneiro Nada máis forte que o anhelo de vinganza para sobrevivir. Ambientada no 1800, The Revenant conta a historia dun home que vive na montaña e é abandonado polos seus compañeiros tras sufrir o ataque dun oso. Contra todo pronóstico vive e volve para axustar contas contra quen o abandoou á súa sorte. González Iñárrito xa triunfou nos Oscars con Birdman. Nesta ocasión basea a película na personaxe histórica de Hugh Glass, un explorador de finais do XIX no que se inspirou Michael Punke para a novela que dá nome ao filme. Cun reparto encabezado por DiCaprio, Tom Hardy, Domhnall Gleeson e Will Poulter podería ser unha das grandes aventuras do ano. Iso si, non chegará ata principios de febreiro. Os zombies seguen de moda. Orgullo, prexuízo e zombies é unha versión estendida da clásica novela de Jane Austen pero con escalofriantes esceas que sementan o terror. Será un dos estrenos máis orixinais do 2016. Tomando como referencia a novela mesturará comedia, espectáculo, sangue e pelexas entre dous namorados. Chegará a España o 19 de febreiro. Xusto ese día chega tamén Deadpool, baseada no anti-heroe menos convencional da factoría Marvel. Narra a orixe dun exoperativo das forzas especiais chamado Wade Wilson, reconvertido a mercenario que, tras ser sometido a un cruel experimeno adquire poderes de curación rápida, adoptando o alter ego de Deadpool, cun escuro e retorcido sentido do humor. Deadpool abre a veda das películas de superhéroes do 2016.

E ademais... F

óra dos estrenos que vos anunciamos á esquerda haberá máis películas que non debedes perder de vista outras películas que están por vir. Falarémosvos delas máis polo miúdo en próximos AmsGo:

C X T

apitán América: Guerra Civil. Chega o 29 de abril e continúa onde o deixa “Vengadores: a Era de Ultron”.

-men Apocalipse. Non poderemos vela ata finais de maio pero todo sexa por ver a Tormenta, Cíclope e Jean Grey de mozos. he Conjuring 2. A secuela dos creadores de “Saw” e “Insidious“ chegará en xuño e ameaza con ser a película de terror do ano

Batman VS Superman non chega ata marzo pero atoparédela en calquera lista de mega eventos cinematográficos. Ante o temor das accións que poida levar a cabo Superman, o vixiante de Gotham City aparece para poñer á raia ao superheroe de Metrópolis, mentras que a opinión pública debate cal é realmente o heroe que precisan. Quen non ten aínda na cabeza a canción de Baloo, a rectitude de Bagheera ou a fereza de Shere-Kan? Pois si, Mowgli e El Libro de la Selva volven ao cine en abril. Tras o bo sabor de adaptacións de películas clásicas de Disney como Maléfica ou Cinsenta, queda por ver se Jon Favreau, o director nos conta unha versión escura ou se decanta polo clásico de 1967. 20

Xaneiro 2016


DEPORTES

Ames acolleu a III Gala do fútbol galego feminino

Máis de 170 persoas encheron o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. O premio de mellor xogadora galega da tempada 2014-2015 foi para a compostelá Verónica Boquete

Texto:JCL. Fotos: Beatriz Pazos O pasado sábado, 2 de xaneiro, a Revista do Fútbol Feminino Galego, en colaboración co Concello de Ames e a participación do F.C. Meigas, organizou a III Gala do fútbol feminino galego.

2015 foi para Verónica Boquete Giadáns “Vero” polo papel desenvolvido no FFC Frankfurt, co que gañou a Liga de Campións en 2015, e por ser a primeira xogadora galega de fútbol en disputar un Mundial.

A Gala superou todas as expectativas de asistencia. Máis de 170 persoas encheron o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro para homenaxear o traballo das xogadoras na pasada temporada.

O club Meigas foi agasallado pola revista FF pola súa colaboración nesta terceira edición desta gala deportiva.

O premio de mellor xogadora galega da temporada 2014-

Xaneiro 2016

O alcalde, José MIñones e varios membros da corporación participaron na entrega dos distintos premios que se repartiron na Casa da Cultura.

21


OPINION

La caricia de Tánatos Chema Fernández

[Blogueiro] www.ellectorquellevasdentro.com Na literatura temos autores atrevidos, aqueles que tentan escribir sobre calquera tema, incluso aqueles que non son moi frecuentes nos estantes das librarías. María José Moreno sabe do que escribe, coñece o tema pola súa profesión e deu o paso adiante para sacar esta triloxía sobre a maldade do ser humano, en busca da raíz de aquelo que fai a xente verdadeiramente mala. A súa primeira entrega, La caricia de Tánatos (Editorial Versátil), investiga o maltrato psicolóxico, coñeceremos a verdade das persoas que vampirizan a outras para anulalas e telas baixo o seu control total e absoluto.

súas vítimas xa que o seu único propósito e machucar, fíxoo e farao porque non hai ninguén que se lle poña por diante para alcanzar a súa meta. Asistimos ao proceso de vampirización na que está sometida a súa parella, anúlaa e créalle unha total dependencia cara él. É moi duro ler este proceso porque con pequenas sutilezas, a autora métenos, sen sabelo nos mesmos, no maltrato psicolóxico.

A novela narra como Mercedes Lozano, terapeuta de profesión, comeza a encadear una serie de sucesos que dará a súa vida unha volta de 180 graos. Chamadas anónimas que empezan acosala e ameazala, unha nova relación cun home misterioso que agoche moitos aspectos do seu pasado, o tratamento de Marina Daroca, unha paciente que tivo problemas de maltrato físico no pasado e comeza a reconstruír a súa vida e Javier, un home que acude a súa consulta polos seus problemas nas relación sentimentais. Unha trama na que pouco a pouco mostraranos un tapiz do que coñeceremos a verdade porque non todo é o que parece na A maneira na que Mercedes Lozano, a nosa vida dos nosos personaxes. protagonista, enfróntase ao que cree que está vivindo paréceme formidable xa que, ata que O anteriormente citado maltrato psicolóxico punto sabe ela realmente que asiste a unha é un dos temas centrais que atopamos na paciente baixo o xugo do maltrato? Ademais, novela e paréceme dunha mestría sublime os problemas que acontecen na súa vida fan como María José Moreno acércanos a visión que a propia Mercedes véxase impotente xa do maltratador, metémonos de cheo na súa que tentará de crear un equilibrio entre a mente para coñecelo, a “xustificacións” que vida profesional como a privada. Creo que é él mesmo se polos seus actos. Un personaxe un dos aspectos más salientables da novela, desarraigado completamente que dana as conseguir que os teus problemas persoais

non afecten a túa profesión, levar os problemas ao marxe. A historia está moi ben tecida e cuns nós tan potentes que consegue atraparte dende os seus primeiros capítulos, María José Moreno fai algo moi difícil para un autor, que o lector sinta a necesidade de ler e non parar sabendo que o tema que está a narrar é bastante complicado pero ela conségueo con soltura. Admito que devorei o libro nun fin de semana pese as súas 500 páxinas porque tiven a necesidade de coñecer moito máis a Mercedes, Marina, Javier e cada un dos personaxes que atopamos na novela. Aquí radica unha das grandes fortalezas da historia: a forza dos personaxes. Cada un deles ten un carácter único, diferente e marcado coas súas virtudes e debilidades. Gústame como a autora amosa que pese ao muro que levantan cada un dos personaxes, non son invulnerables e teñen os seus puntos débiles e incluso xogan cos ataques entre eles. Son personaxes completamente redondos xa que asistimos a unha evolución de todos e encántame que manteñan a súa esencia do inicio pero sabendo que están a cambiar a seguirán facéndoo. En definitiva, La caricia de Tánatos paréceme un impresionante e duro inicio de triloxía que busca a verdade sobre a maldade das persoas. Da man de Mercedes percorreremos a súa complicada vida persoal como á profesional xa que seremos testemuñas en primeira persoa da realidade dunha persoa que sufre maltrato psicolóxico. Nada é o que parece e moitas veces o verdadeiro mal pode estar sentado diante nosa e ser incapaces de velo.

A ACTUALIDADE DO MOTOR VINTE ANOS INFORMANDO

w w w.sprintmotor.com

22

Xaneiro 2016


SERVICIOS SERVIZOS

AUTOBUSES MILLADOIRO Destino Santiago Luns a venres Dende as 7:00 ata 21:45 cada 15 minutos e con parada en rúa La Rosa. Ás 8.24, 9:28, 15:24 e 19:18 con parada en estación de a autobuses (Autobuses de Calo). Tamén con parada en estación de autobuses: 7:30, 8:00, 8:10 , 9:15 , 10:40, 10:45, 12:45, 15:15 , 16:15, 16:30, 18:45, 19:45, 22:00 (excepto venres) · 22:15 (só venres) (Autobuses Castromil) e 7:38 · 8:14 · 8:34 · 9:59 · 11:24 · 12:29 · 13:25 · 14:29 · 15:25 · 16:24 · 17:29 · 18:25 · 19:29 · 20:25 · 21:29 · 22:24 (empresa Arriva). Sábados, 7:35 · 8:35 · 9:35 · 10:35 · 11:35 · 12:35 · 13:35 · 16:05 · 17:05 · 18:35 · 19:35 · 20:35 · 22:05 · 23:00 con parada en rúa da Rosa (autobuses Calo) e con parada en estación de autobuses 8:24 · 9:28 (Calo), 9:15 · 10:40 · 11:15 · 12:45 · 15:15 · 19:45 · 22:00 (Castromil) 8:31 · 9:40 · 10:29 · 11:24 · 12:29 · 13:25 · 14:40 · 16:24 · 17:29 · 19:29 · 20:25 · 22:38 (Arriva) Domingos e festivos 9:35 · 10:35 · 11:35 · 13:05 · 16:05 · 17:05 · 18:35 · 19:35 · 20:35 · 22:05 · 23:00 con parada en rúa da Rosa (autobuses Calo) e con parada en estación de autobuses 10:40 · 12:45 · 15:15 · 19:45 · 22:00 (Castromil) e 9:40 · 10:29 · 11:24 · 13:25 · 14:40 · 16:24 · 17:29 · 19:29 · 20:25 · 22:38 (Arriva)

Destino Bertamiráns Luns a venress 10:00 · 11:45 · 17:30 (Autobuses Calo)

AUTOBUSES BERTAMIRÁNS Destino Santiago Luns a venres 7:18 · 8:18 · 9:18 · 10:18 · 11:18 · 12:18 · 13:18 · 14:18 · 15:18 16:18 · 17:18 · 18:18 · 19:18 · 20:18 · 21:18 con parada en Rua A Rosa Sábados, Laborables: 8:05 · 9:05 · 9:34 · 10:05 · 10:32 · 10:40 · 10:48 · 11:40 · 11:48 12:05 · 12:34 · 12:40 · 12:48 · 13:40 · 13:48 · 14:05 · 14:34 · 16:05 16:48 · 17:34 · 17:48 · 18:05 · 18:48 · 19:34 · 19:48 · 20:05 · 20:48 21:34 · 21:50 con parada en Rua A Rosa Domingos e Festivos: 9:05 · 10:05 · 12:05 · 12:34 · 14:05 · 14:34 · 15:52 · 16:05 · 16:52 17:34 · 17:52 · 18:05 · 18:52 · 19:34 · 19:48 · 20:05 · 20:52 · 21:34 ·21:50

Destino Milladoiro Luns a Venres, Laborables: 11:00 · 12:15 · 19:00

TELÉFONOS DE INTERESE Casa do Concello Praza do Concello, 2. Bertamiráns Tel. 981 883 002 Policía Local Rúa Alcalde Lorenzo, 2 Bertamiráns Tel.: 619 767 575 Garda Civil Tel.: 981 536 405 Biblioteca Municipal de O Milladoiro Rúa Raxoeira, 14 baixo Tel.: 981 530 807 Biblioteca Municipal de Bertamiráns Praza de Chavián s/n Tel.: 981 884 829 Casa da Cultura de O Milladoiro Travesía do Porto nº 5 Tel.: 981 535 940 Casa da Cultura de Bertamiráns Praza de Chavián s/n Tel.: 981 891 017 Oficina Municipal de Voluntariado Casa da Cultura de Bertamiráns, Tel.: 662 377 044 Centro Médico O Milladoiro Agro do Medio s/n Tel.: 981 522 838 Centro de Saúde Bertamiráns Rúa Pedregal 10 Tel.: 981 890 404

Taxi Milladoiro Teléfono 981 536 351 Taxi Bertamiráns Teléfono 981 883 012 Pavillón Polideportivo de Bertamiráns Teléfono 981 883 032 Avda. da Peregrina Piscina Cuberta Municipal “A Telleira” Teléfono 981 891 081 Rúa do Camiño Novo s/n Servizo Municipal de Augas Bertamiráns Teléfono 981 883842 Rúa Ameneiral, 18 baixo Servizo Municipal de Augas O Milladoiro Teléfono 981 536 415 Agro do Medio 10 Servizo Municipal de Recadación de Bertamiráns Teléfono 900 132 204 Rúa do Ameneiral. Servizo Municipal de Recadación O Milladoiro Teléfono 900 132 204 Rúa Agro do Medio

Rúa entrerríos, nº 8 portal, 2, 2ºA - 15720 Ames . Rúa Dtor. Teixeiro, 13 3º. 15702 Santiago. www.eco360galicia.com Tel.: 620 967 549 info@eco360.info

Xaneiro 2016

23


COLABORAWEB

MAZAPÁNS CASEIROS Sandra Novo www.galletasparamatilde.com INGREDIENTES: • • • •

GALLETAS DIGESTIVE DE AVENA: 90 gr. COPOS DE AVENA 120 gr. FARIÑA DE TRIGO INTEGRAL 80 gr. AZUCRE MORENO

• • • •

3 ou 4 cda. LEITE 1 cdita. FERMENTO 1/2 cdita. EXTRACTO DE VAINILLA 1/4 cdita. SAL

Recordo perfectamente, sendo aínda pequena, a primeira vez que tomei unhas galletas tipo digestive, parecéronme impresionantes. Sempre me gustaron este tipo de doces secos, por eses pastas e galletas, están entre os meus caprichos doces favoritos, e as galletas tipo digestive ocupan un lugar destacado. Se sodes como eu, vos pirran as galletas e encántavos a avena, non podedes deixar de facer esta receita, unhas galletas digestive de avena. Non vou dicir que son iguais ás comerciais, pero parécense bastante, tanto en textura como en sabor. Na miña opinión están de vicio, para empezar e non parar, unhas perfectas galletas para almorzar ou merendar

[Blogueira]

RACIÓNS: 18 DIFICULTADE: baixa TEMPO: 45 minutos

ideal é primeiro poñer o cortante elixido, aplicar o estampador lixeiramente espolvorexado de fariña para que a masa non quede pegada, e despois retirar ambos os moldes. Sempre podemos prescindir de cortante e facer pequenas boliñas a man, que iremos colocando sobre unha bandexa de forno. Unha vez na bandexa achatamos cada boliña e listo. 8.- Para pasar cada galleta da superficie de traballo á bandexa de forno, debemos utilizar unha espátula, xa que a masa tende a pegarse á base, coa espátula evitamos que se deformen ao manipulalas e tentar despegalas da mesa.

9.- Co forno previamente quente a 180ºC con calor arriba e abaixo, 1.- Trituramos a avena nun robot de cociña. Se non temos sen ventilador, enfornamos as galletas durante uns 12 minutos. forma de triturala, podemos substituíla por salvado de avena Retiramos as galletas da bandexa e deixámolas arrefriar sobre que poderemos atopar en herboristerías. Aconséllovos non unha grelliña. triturala demasiado, parar antes de que se converta en fariña, así conseguiremos un acabado máis rústico e similar ás galletas digestive comerciais. 2.- Nun bol mesturamos a fariña integral, o sal, a avena triturada e o fermento. Reservamos. 3.- Noutro bol batemos a manteiga a temperatura ambiente, co azucre e o extracto de vainilla. Traballamos a mestura uns minutos ata formar unha crema. 4.- Engadimos os ingredientes secos, ao bol da manteiga e comezamos a mesturar coa axuda dun garfo ata que a masa convértase nunha area. Engadimos 3 culleradas de leite e compactamos coas mans ata que consigamos formar unha bóla. Trátase dunha masa moi seca e quebradiza, coma se estivésemos a traballar unha bóla de area húmida na praia. Se vemos que é necesario engadimos unha cullerada de leite máis para conseguir que a masa se compacte. 5.- Colocamos a bóla de masa sobre un papel transparente, achatamos ata que nos quede praniña e envolvemos co plástico. Gardamos a masa no frigo para que adquira certa consistencia, durante uns 30 minutos. Ao gardar a masa aplanada, facilitaranos o proceso de estirado facendo que rompa menos ao traballala co rodete. 6.- Retiramos a masa do frío e, sobre unha superficie de traballo enfariñada, estendemos a masa ata que nos quede dun grosor duns 0,5 cm. Este proceso debemos facelo con coidado, compactando a masa se vemos que se racha ao estirar co rodete. 7.- Facemos as galletas co cortante elixido, no meu caso utilicei uns molde redondo e un estampador de letras que facía moito que quería usar. Para utilizalos sen que a masa esmáguese, o


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.