Revista AMSGO! nº 2

Page 1

! E S I AMAT V LÉ GR N O S

REVISTA GRATUÍTA MENSUAL / Marzo 2015 / Nº 2

[REPORTAXE] ¿Que facemos coa N-550? [DEPORTES] Coñecemos a Borja Golán

RAMÓN CONDE REPRESENTARÍA A AMES COMO A FORZA E O FUTURO


REPORTAXE

REVISTA DE ACTUALIDADE DE AMES Marzo 2015 / Número 2

SUMARIO

REPORTAXE

2

Sen tempo O futuro da

ESTÁ DE ACTUALIDADE 6 ENTREVISTA

8

O MEU NEGOCIO

10

TENDENCIAS

14

CULTURA E LECER

15

DEPORTE

18

MOTOR

20

SINATURAS

21

COLABORAWEB

22

SERVIZOS

23

AMSGO! Revista de actualidade de Ames Edita: LIBRE EXPRESIÓN DE MEDIOS DE GALICIA Dirección: Carolina Carballedo Comercial: Ana Seijas Diseño y maquetación: Juan Feáns redaccion@revistaamsgo.com Teléfono: 620 96 75 49 revista@revistaamsgo.com Teléfono: 629 34 67 08 f : revistaAMSGO t : @revistaAMSGO Imprime: Galicia Editorial, S.L. Depósito legal: C 331-2015

2

¿Unha variante para desviar o tráfico pesado, construír un túnel por debaixo da Avenida Rosalía de Castro ou facilitar o uso libre de peaxe da autoestrada AP-9 ata sobrepasar O Milladoiro? O debate sobre que facer coa N-550 está de novo aberto e en AMSGO! repasamos e analizamos as propostas que hai sobre a mesa Texto: C. Carballedo Calcúlase que arredor de 25.000 coches circulan a diario por Rosalía de Castro, a vía central do Milladoiro que leva sendo durante anos o foco de varios quebradeiros de cabeza polos problemas de tráfico e seguridade que xenera e aos que aínda non se lles deu solución.

Esta opción, en foma de triángulo, ten unha lonxitude de aproximadamente seis quilómetros. Para Amor, esta posibilidade é unha alternativa SEN TRÁFICO PESADO “moi razoable” porque, na súa ¿Cal é a súa proposta? A idea opinión “aproveita ao máximo” do equipo de goberno de Amor as infraestructuras existentes consiste en desviar a cicrulación e proporciona unha solución dos vehículos pesados pola “áxil e aceptable” que permite O debate volveu abrirse estes autovía AG-56 de Brión para retirar da travesía do Milladoiro días, despois de que o alcalde, enlazar na saída cara Laraño unha “densidade moi alta de Santiago Amor, mantivese e Pardiñas co corredor que vai circulación pesada, facendo unha reunión en Madrid con ás Galanas, onde se entraría de máis segura e humana esta vía representantes do Ministerio de novo na estrada N-550. saturada”, explicou. Fomento para buscar fórmulas que alivien a densidade de tráfico que soporta actualmente a travesía do Milladoiro.

Marzo 2015


N-550, a debate

¿E é mellor este desvío de tráfico pesado que outro tipo de medidas? Para a oposición non o é. Dende o PSOE falan dun desvío do tráfico por Galanas cara a autopista e con saída cara a autovía Noia-Santiago, pero tamén propuxeron en pleno en varias ocasións a recuperación do proxecto de facer unha estrada de Sigüeiro a Padrón, idea que xa

Marzo 2015

estivo enriba da mesa en tempos de José Blanco como ministro de Fomento. Os socialistas apuntan, ademais, como outra das alternativas a de abrir o polígono de Novomilladoiro á autovía de Brión- Noia.

construir un paso subterráneo pola N-550 xa que consideran que a rotonda de saída de As Galanas é pequena e non ten diámetro suficiente para algúns camións de gran tonelaxe e, mentres esta opción non chega, propoñen como alternativa a liberación transitoria da peaxe na AP-9.

rexeitada polo BNG, que califican de “pouco realista actualmente, un disparate non viable nin técnica nin economicamente a día de hoxe, e que responde a propósitos electoralistas”.

A alternativa que máis “racional, UN TÚNEL ecolóxica e viable” semella Pola súa parte, para Pacto x Ames, na actualidade, segundo os a solución debería pasar por Unha proposta, a do túnel, nacionalistas, a de facilitar

3


REPORTAXE o uso libre de peaxe da autoestrada AP-9 ata sobrepasar O Milladoiro, abrindo un ramal de entrada e saída antes deste núcleo amiense, co cal se alongaría a actual circunvalación compostelá. Como indican, van dar comezo as obras de ampliación da AP-9 no tramo de Santiago, que xa está adxudicada e cuxa execución levará 30 meses.

das Galanas, é axeitada pero que debería ser “transitoria, temporal”, e obrigada para o tráfico pesado e recomendada para o tráfico en xeral que non necesite acceder ao Milladoiro ou ao Polígono do Novo Milladoiro. E se a rotonda das Galanas causa problemas de xiro para o tráfico pesado, a solución máis factible é a “reforma desa rotonda, non DESVÍO SÓ TEMPORAL o túnel”, argumentan. Con todo Para cando as obras terminen, Para eles, a medida acordada o BNG xa anunciou que iniciará ao seu paso por Santiago polo alcalde con Fomento, de contactos coas asociacións de a AP-9 “contará con tres e desviar o tráfico polo corredor empresarios e transportistas da incluso catro carrís, nalgún tramo, polo que gozará dunha maior capacidade”, explican recordando que a apertura dunha vía de incorporación á autoestrada antes do Milladoiro, para aproveitar un tramo a AP-9 como gran circunvalación, eliminaría boa parte dos actuais problemas de tráfico.

localidade para coñecer a súa opinión sobre esta proposta.

CON MATICES

Pola súa banda, Ames Novo tamén introduce matices. Na súa opinión é preciso formular a desaparición da peaxe no tramo Santiago-Padrón da AP-9 cunha nova saída no polígono da Picaraña, habilitar unha vía de circunvalación que derive o tráfico con destino ou orixe en Teo e unha saída do polígono á autovía Santiago-Brión.

Carlos Nárdiz [Enxeñeiro de Camiños]

“A carga de tráfico que no seu día xustificaba catro carrís ten menos sentido agora”

Na década dos 80 e ata os 90 a travesía do Milladoiro tiña un aspecto moi diferente do que o é agora. As beirarrúas eran máis anchas, había máis zonas axardinadas e con tres carrís de circulación. O responsable daquela humanización foi Carlos Nárdiz, enxeñeiro de Camiños, exdecano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canales e Portos de Galicia e actualmente profesor na Universidade de A Coruña. Bo coñecedor do urbanismo amiense. Nárdiz opina para AMSGO! sobre as necesidades da N-550 ao seu paso por Milladoiro. _Dende o punto de vista técnico, ¿Cre que sería viable desviar o tráfico pesado da N-550? _Na miña opinión podería ser factible só no caso de que o Ministerio de Fomento levase a 4

cabo medidas de reducción de peaxes na autopista do Atlántico para este tráfico. Neste caso quedaría un tráfico local, non un tráfico a longa distancia, que si sería factible desvíalo e darlle unha alternativa a través da estrada que vai a As Galanas e a autovía de Brión.

Foto:PacoManzano

urbanización da travesía que dominou no Milladoiro ata a década dos 90, ¿en queconsistía o seu modelo?

dos anos 80 e, por iso, nestes momentos xa coa autopista que exerce de circunvalación de toda a área urbana de Santiago e coa autovía Santiago-Brión a carga -O que redactei en 1980 se de tráfico do Milladoiro que no executou no 81 e suponía seu momento puido xustificar un cambio da calzada. No os catro carrís ten hoxe menos proxecto pasamos a tres carrís sentido. de circulación, no que un deles _¿E que opina da posibilidade era para tráfico lento de subida. _E, ¿sería viable unha de construír un túnel, como Esto permitiume construir unhas transformación? apuntan algúns colectivos? beirarrúas con zonas axardinadas, máis anchas que as actuais que se _Si, se podería apostar por _A solución do paso subterráneo mantiveron ata os anos 90, cando unha transformación da travesía só sería viable economicamente se ampliou a calzada a catro ensanchando as beirarrúas e e case funcionalmente na parte carrís, disminuíndo as beirarrúas reducindo a calzada a dous superior do Milladoiro onde está a costa das zonas axardinadas. carrís, con estacionamentos o desnivel, fundamentalmente ordenados ás marxes ao servizo para resolver o cruce coa estrada _¿Podería recuperarse agora dos comercios. Pero en todo caso, provincial, pero entrañaría esta idea de humanización para unha decisión como esta debería probablemente dificultades de a N-550? ser soportada por un estudo de acceso ás edificacións e aos viabilidade, apoiada en datos de marxes, incluso problemas _Naquel momento todo o tráfico e por unha imaxe futura co tráfico local. Habería que tráfico pasaba pola travesía da travesía que tivese consenso estudalo en profundidade. do Milladoiro, non estaba feita entre a administración municipal a circunvalación da autopista e a estatal e autonómica. Habería _Vostede é o artífice da que se fixo na segunda metade que estudalo.

Marzo 2015


Marzo 2015

5


ESTÁ DE ACTUALIDADE... ACTUALIDADe...

Primarias en Ames Novo

Ames Novo presentou a súa candidatura en Bertamiráns e Milladoiro e abriu un novedoso proceso de primarias que estará en marcha no momento en que verá a luz a revista. Pódese votar a once candidatos ou candidatas da lista e da porcentaxe de aceptación dependerá ata o posto número un. Pilar Candocia anunciou que se presentaría nunha agrupación de candidatos, dando a entender a lista que lle gustaría encabezar, pero iso non impide a participación libre e a escolla por parte dos votantes de un a un nove dos once postos electos A votación pode ser por internet ou presencial.

A ampliación da depuradora de Bertamiráns en 2023 A estación foi deseñada para 10.400 habitantes e actualmente recibe augas dunha poboación de 23.700 habitantes, tanto de residentes coma de poboación estacional. Medio Ambiente estima necesario abordar en dúas fases a ampliación. A primeira en 2023, cando se acaden os 33.000 habitantes. A segunda en 2037, cando a poboación da zona chegue aos 45.000 habitantes, segundo as previsións.

Faleceu o edil Alfonso Rey presidente de Pacto x Ames Natural de Biduido, Alfonso Rey foi responsable das áreas de Cultura, Educación e Patrimonio no goberno de Santiago Amor, ata que as diferenzas provocaron a ruptura e a creación de Pacto x Ames, formación que Rey axudou a crear e da que era presidente.

Miñones recorre a caras descoñecidas no PSOE pero implicadas na sociedade

O pasamento deste profesor xubilado, causou unha fonda consternación non entre os seus compañeiros de partido, senón en toda a corporación e a veciñanza de Ames, coñecedora do seu compromiso co municipio. A nosa condolencia aos familiares e amigos de Alfonso Rey.

O candidato socialista dixo que a lista que encabeza reflicte á sociedade amesá, “homes e mulleres preparados, implicados e traballadores”. Engadíu que na lista socialista non había “nin estrelas nen figuras, só hai persoas que forman parte dun equipo que sae ao campo a xogar con humildade, e que necesita o alento e o apoio doutros moitos que non figuran na papeleta pero que teñen a mesma importancia para poder gañar o partido”. Miñones lembrou que os socialistas sempre gobernaron para a maioría “buscando o desenvolvemento e o progreso da sociedade, e para iso necesitamos o apoio e a participación da xente e un alcalde que dea a cara”.

6

Marzo 2015


O Concello concede a licenza para a nova Igrexa do Milladoiro, que terá que estar rematada en tres anos O edificio estará situado no sector urbanizable S-14, “Travesía do Porto Norte”, e terá unha superficie duns 2.928,10 metros cadrados. Unha vez aprobada esta petición, o comezo das obras non poderá superar os seis meses e deberán estar rematadas antes dos vindeiros tres anos. O Concello de Ames poderá conceder unha soa prórroga por un novo prazo

non superior a seis meses. O orzamento do proxecto acada 1.600.000 euros. O alcalde de Ames, Santiago Amor, destaca que a nova infraestrutura relixiosa que fará o Arcebispado resolverá unha “necesidade antiga” para que os actos litúrxicos se poidan desenvolver en “mellores condicións” para os fieis e os usuarios.

A nova Galiña Azul de Bertamiráns estará lista para o vindeiro curso e contará con 82 prazas de 0 a 3 anos A Consellería de Benestar, Beatriz Mato, que visitou as obras en compañía do alcalde, Santiago Amor, prevé que os traballos estean rematados este verán e anunciou que “a escola poderá estar en funcionamento ao longo do próximo curso escolar”. O centro contará con 82 prazas e será o segundo da Rede A Galiña Azul. Deste xeito, elevaranse ata 184 o número de prazas que a Xunta oferta no municipio amesán. O rexedor local destacou que “para un concello como o de Ames, contar cunha nova escola infantil é máis que unha

necesidade. Somos o municipio máis novo de Galicia, cun notable pulo de nacementos que nos obriga a estar na vangarda das políticas relacionadas coa familia e a xuventude”. Amor sinalou que será “un importante instrumento para facilitar a conciliación laboral das nosas familias”. A infraestrutura está nunha parcela que se atopa na rúa do Muíño e a superficie total construída é de 656,35 metros cadrados. O importe de execución ascende a 736.000€, asumido nun 60% por Igualdade e Benestar e o 40% polo Concello de Ames.

O BNG-Asembleas Abertas presenta unha candidatura renovada con David Santomil á fronte Facéndose eco das principais ideas e opinións que se manifestan nas asembleas abertas e encontros con asociacións e colectivos sociais que se están a manter durante estas semanas, David Santomil anunciou que as prioridades da candidatura serán “asegurar de novo que o concello atenda as necesidades sociais básicas, impulsar a rede de servizos sociais como garantía contra

Marzo 2015

os recortes e a crise, tomar a iniciativa na dinamización económica e a creación de emprego e abrir as portas do concello aos veciños e veciñas, garantindo que a elaboración de propostas e ordenanzas, a adxudicación de axudas e a xestión municipal se fai con garantías de participación e transparencia”. A presentación será o 13 de marzo ás 20:30 na Casa da Cultura do Milladoiro. 7


ENTREVISTA

Ramón Conde [Escultor]

“Ames merecería un monumento que evocase o futuro e a forza dos veciños” É un dos escultores contemporáneos máis representativos. Seu é o monumento a Alfonso III de Fonseca no claustro de Fonseca; Os redeiros da Gran Vía de Vigo, ou El guardián, no acceso á torre de Hércules, da Coruña. Autor de varias obras que se converteron en iconas en rúas e prazas galegas, dende hai uns anos, é tamén un veciño máis no Milladoiro TEXTO: Carolina Carballedo

8

Marzo 2015


Viviu en Madrid, A Coruña, Vigo e mesmo Houston, pero dende hai uns anos é un dos veciños amieneses máis internacionais. E é que, aínda que non ten fixada aquí a súa residencia, si escolleu o parque empresarial de NovoMilladoiro para o seu estudo. Dende aquí crea as súas características pezas de grandes dimensións e volu-

mes e tamén ideou varias das obras públicas que se poder ver por Galicia adiante en prazas e rúas. Nacido en Ourense, dende pequeno amosou interese pola arte. Pasou ao lenzo e, posiblemente a influencia do seu pai -que esculpía en pedra- lévao directamente á escultura, que lle está a dar o recoñecemento. _¿Como recalas no Milladoiro? _Aínda que nacín en Ourense e me sinto moi ourensano sempre tiven moita querencia por vir a Santiago e dende a época de estudante sempre me quedaron moitas ganas de volver. Despois de varios anos fóra xurdiu a posibilidade de asentar o estudo no parque empresarial do Milladoiro e aquí me quedei porque tamén me permite participar da vida cultural e expositiva de Santiago. _¿Como chegaches a o teu estilo? _Foi por evolución. Pe n -

so que calquera artista plástico ten unhas fases de formación e despois se vai decantando dentro dos estilos que lle gustan. A partir de aí comézaselle a identificar a un artista porque hai unha serie de temas que lle son máis queridos e investiga máis sobre eles. _No teu caso xogando cos grandes volumes... _ Efectivamente, das formas moi voluminosas. Inicialmente ese traballo empezou como unha especie de obsesión, porque na infancia houbo xente que me influiu moito con esas características e co tempo foi derivando nunha fusión coa nosa paisaxe. A idea xurdiu cando estaba en Houston, onde había un crisol de artistas de moitos sitios e dinme conta da influencia da cultura occidental e arte clásico na miña obra. _¿Que non soe faltar na túa obra? _O interese por analizar psicoloxicamente, que as obras se convirtan nun vehículo de expresión emocional a través de dúas personaxes aparentemente opostas: a do home supermusculado con sensación de forza e outro con formas máis redondas. Ás veces os imaxinei como un revestimento que podes abrir, do que xurde a outra personaxe de dentro. _Moitas das túas obras son monumentos en rúas e prazas galegas, ¿cómo chegou a primeira? _Foi moi pelexada. Fora en Ourense e era un encargo para colocar unha escultura de Otero Pedraio e non gañei o concurso... ¡Era demasiado pedir para

a primeira vez! (Sorrí). Pero máis adiante si fixen a miña primeira obra pública para un colexio en A Coruña. _¿De cal estás máis satisfeito? _É inevitanble falar dos Redeiros de Vigo. Penso que é das que tivo mellor fortuna. O curioso destas obras é que moitas delas, co tempo, convértense en punto de encontro e moitas outras que nacen sen o beneplácito dalgunhas persoas, con múltiples interpretacións e co tempo a obra fala por si mesma. Os redeiros cumpriu perfectamente este esquema. Inicialmente a recepción dos cidadáns foi bastante controvertida, pero a propia obra gañouse á cidade. Moitas veces, diferentes colectivos que queren representar forza ou reivindicación a elixen de fondo, como icona. _Esa resposta controvertida ás túas obras tamén se sentiu nunha das túas últimas exposicións individuais en Santiago... _ Gústame que haxa reacción ao meu traballo. Naquel caso concreto si que me sorprendeu que houbese xente que se sentise escandalizada por algo que eu non podía prever nin se me pasara pola cabeza. Pero as opinións forman parte da vida... (sorrí). _A túa pegada non chegou aínda a Ames, ¿que tipo de obra publica deseñarías aquí? _ Aquí non potenciaría a parte histórica, pero si que é unha zona de moita proxección. Penso que se merecería unha obra pública na que se reflectise esas ansias de futuro e esa forza dos seus veciños. _¿En que estás a traballar agora? _ Desde fai varios anos, cando penso en facer unha exposición fágoa como un todo. É como unha especie de instalación, como unha exposición temática na que todas as obras teñen un fío conductor. A última fora do Poder e agora estou traballando noutra sobre a Confrontación.

Marzo 2015

9


O MEU NEGOCIO

Javier Rivas_

“Deseñar as tatuaxes coa tableta gráfica aporta moita máis versatilidade e exclusividade a cada traballo”

A

s súas tatuaxes chegaron ata a NBA, xa que algún dos xogadores do Obradoiro que deron o salto á elite mundial do baloncesto escolleron o seu estudo para tatuarse. Agora, en TNT Tattoo, Javier está inmerso na introducción de novas tecnoloxías para crear os mellores deseños

Emprendín o negocio porque...

despois de levar varios anos traballando nun estudo de arquitectura dinme conta de que me apetecía un cambio. A arquitectura encantábame e me segue gustando pero quería ter o meu propio negocio. É certo que por unha banda dáche máis quebradeiros de cabeza pero tamén moita satisfacción persoal de ver que o teu propio traballo funciona e de momento vai ben.

A miña filosofía de traballo céntrase en... ase-

sorar e mirar moito as opcións para cada un dos clientes, de xeito personalizado. Eu non emprego catálogos, sempre recomendo que traian unha idea e o máximo de información que poidan do que queren plasmar na tatuaxe. A partir de aí facemos o debuxo, sempre coa idea de que sexa o máis exclusivo posible.

O que me diferencia... é que levo traballando máis de 20

anos neste sector e adaptándome aos tempos. Ata o de agora empregaba o ordenador para os debuxos máis xeométricos, con programas como o Autocad e debuxaba en papel os deseños máis artísticos. Dende hai uns meses emprego para esto último unha tableta gráfica. É algo que me permite traballar con moita máis precisión e tamén lle permite ao cliente poder ver como quedaría o deseño no seu corpo, dun xeito moi sinxelo. Aporta moita versatilidade nas texturas, posibilidade de empregar diferentes tipos de pinceis, aerógrafos...

Elixín O Milladoiro...

porque aquí estou asentado dende hai anos, residindo aquí, polo que optei por montar tamén aquí a tenda para evitarme desprazamentos e pola comodidade que supón estar asentado en Ames.

Poden atoparnos en ...

estamos na Praza Manuel Murguía, no Milladoiro. Tamén se pode ver parte do meu traballo en Facebook e, sobre todo, os deseños que fago coñécense moito polo boca a boca, a partir dos propios clientes. Deste xeito, teño xente que ven de moitas partes, no só da comarca de Santiago, senón do resto de Galicia e incluso de lugares como Alemaña e varias cidades europeas.

10

Marzo 2015


¡Proba a Therapy cool!

O método empregado por deportistas de élite con fins terapéuticos consolídase entre os servizos de Julia G. Peluquería, no Milladoiro Din que o propio Cristiano Ronaldo conta cunha Therapy cool na súa casa. E, como el, son xa moitos os amienses que se están a apuntar a unha tendencia que, ademais de terapéuticaten tamén moitos beneficios estéticos. Porque o método, baseado nos contrastes térmicos de frío e calor propios da balneoterapia, está consolidándose, no Milladoiro ao permitir eliminar celulite e toxinas, perder volume, reafirmar a silueta, realizar tratamentos faciais ou aumentar a hidratación dun xeito moi sinxelo, sen sufrimentos, dende a comodidade dunha padiola e sen ter contacto directo coa auga. Ademais destes beneficios, un dos efectos máis significativos que se produce no organismo despois dun tratamento con Therapy Cool é que a persoa que realiza a sesión sae cunha profunda sensación de benestar, debido á reactivación xeral que se realiza en todo o organismo.

E onde se pode probar este método? A terapia está dispoñible en Julia G. Peluquería, no Milladoiro, dende hai máis dun ano e cada vez son máis os que a solicitan. Pero este método de contrastes térmicos de frío e calor é só unha das propostas de Julia G Peluquería no ámbito da estética e beleza, porque o centro conta ademais cunha ampla experiencia en servizos de peiteado. Situado no Milladoiro, ofrece servizos de imaxe integral e aposta pola excelencia tanto no peiteado como na estética. Con máis de dez anos de experiencia, converteuse nun referente do sector en Ames gracias ao seu traballo en equipo, formado por profesionais procedentes de diferentes escolas de España que están en constante formación. Cunha coidada selección dos productos que empregan, traballan con marcas de prestixio e ofrecen tratamentos e productos exclusivos deseñados para mellorar a estructura e química do cabelo.

Marzo 2015

11


12

Marzo 2015


Marzo 2015

13


TENDENCIAS

19 M Pepas,Pepes e Papis Últimastendenciasenmodaespañola Rúa Ameneiral, nº 10 - Bertamiráns

C

oa chegada do mes de marzo abren os días, as tardes fanse máis luminosas e albíscase a chegada da primavera cara o mes de abril. É entón cando a imaxinación voa e pensamos en propostas máis frescas e elegantes como as da colección de Conchi Vallina

E

legante pero informal, resulta este conxunto de xemelgos e chaveiro que propón Cousalinda para papás que non queiran perder contacto co neno que levan dentro. Centro comercial Novomilladoiro, Milladoiro - Ames

M

oos Complementos, paixón pola moda, tráeche o último para esta primavera-verán en reloxos, diseñados con estampados moi coloridos. Podes velos na súa páxina www.facebook.com/moos.moda, tamén na tenda da Rúa Alcalde Lorenzo n.º 9 de Bertamiráns

14

Marzo 2015


CULTURA / LECER

Entre costuras

As veciñas Braulia Hernández e Herminia Abete, levan anos como voluntarias impartindo os obradoiros de patronaxe, corte e confección, que cada vez teñen máis adeptos. Este ano arrasan en inscricións CCP Coser está de moda tamén en Ames. Porque os obradoiros de iniciación á costura e de patronaxe, corte e confección -que xa van pola terceira e pola novena edición respectivamente- este ano arrasaron en inscricións. Así o corroboran dende o servizo de Voluntariado do Concello, dende onde recordan que pese a ter comezado en outubro aínda son moitas as persoas interesadas en participar, aínda que non poderán facelo ata a vindeira edición. Son preto de 20 os participantes, que se unen cada xoves na Casa da Cultura de Bertamiráns e detrás da iniciativa, dúas veciñas, Braulia Hernández e Herminia Abete, as profesoras que dan clases de xeito voluntario. “Facemos patróns de distintos tipos de roupa para que cosan pouco a pouco, porque aprender a coser leva o seu tempo e hai que ir paso a paso”, explica Braulia recordando que “non hai requisitos para participar, hai moita xente que non ten coñecementos de antes, pero si que é importante que sexan persoas constantes e traballen”, engade.

Marzo 2015

15


CULTURA / LECER

ASÍ FOI O ANTROIDO

Máis de tres mil persoas nas rúas e seiscentos participantes encheron Bertamiráns de cor

A ACTUALIDADE DO MOTOR VINTE ANOS INFORMANDO

w w w.sprintmotor.com

16

Marzo 2015


Marzo 2015

17


DEPORTES

Borja Golán, sen límites

Aquel rapaz de Vilar de Calo que xogaba no Milladoiro converteuse cos anos no español que máis alto escalou no ranking mundial de squash da historia. Embarcado agora en varias probas internacionais, este ano está decidido a seguir entre os 10 mellores do mundo C. Carballedo Aos nove anos colleu por vez primeira unha raqueta e só un ano despois gañou o seu primeiro trofeo. Borja Golán é o mellor xogador español da historia no seu deporte, ocupa a séptima posición na clasificación mundial e está a piques de embarcarse cara Chicago e levar a cabo varias probas internacionais, sempre co obxectivo de continuar no top 10 do ranking mundial. _¿Como levas ser un deportista de éxito pero dun deporte non tan mediático como outros? _¡A verdade é que o levo fenomenal! Está claro que o beneficio económico é moito menor pero pasar case desapercibido tamén é unha gran vantaxe. Supoño que a moitos deportistas de disciplinas máis coñecidas lles encantaría estar no meu lugar no aspecto de poder estar máis tranquilos, pero supoño que iso vai incluído no soldo... (sorrí). _¿Como chegaste a este deporte? _A casa dos meus pais está a 300 metros do Squash Santiago no Milladoiro e cando tiña 9 anos apunteime porque me gustaban moito os deportes e era un neno moi inquedo e traveso. (Sorrí). Despois de practicar natación, karate, fútbol e squash o que máis me gustou foi este último e dende 18

que o probei xa nunca máis soltei a raqueta. É un deporte idóneo para nenos de curtas idades xa que é relativamente doado e moi entretido.

_¿Como os consegues?

_Agora por exemplo estou no programa de axudas a deportistas do xornal deportivo Marca chamado Patrocínalos no que tanto em_Para ti, ¿que vantaxes ten o presas coma particulares poden squash que non teñan outros de- apoiarme poñendo o seu graniño portes? de area para que poida xogar en agosto e setembro a xira asiática. _Engancha moito. É ideal para nenos e persoas novas e adultas lle _¿Cómo se está presentando este gusta que facer deporte e estar en 2015 profesionalmente? forma. É un deporte rápido, de reflexos e que tamén require ter cer- En xaneiro xoguei os torneos de ta resistencia. A revista Forbes ca- Nova York e Detroit nos que non talogouno o ano pasado como o o fixen mal. A finais de febreiro esdeporte máis completo de todos. tarei en Chicago, pero a maioría Ademais disto é super divertido dos torneos tereinos dende finais e e fortaleces todos os músculos de marzo ata principios de xuño. do corpo. Algúns din que é un de- Agora mesmo estou a adestrar porte moi agresivo e intenso pero duro para eses torneos. cada un pode marcar a intensidade que desexe. Como en todos os _ ¿E cales son os plans para este deportes é importante quentar ano co teu equipo do Squash Sanben antes de practicalo e estirar tiago? despois para evitar lesións. _Ademais destas probas interna_Como deporte minoritario, non cionais para as que me estou pretodo será doado... ¿Cales son os parando tamén xogo o Campionaprincipais inconvenientes que to de España do 10 ao 12 de abril atopas? no meu club, o Squash Santiago, sendo un dos meus obxectivos e _ Ás veces amola que algúns me- intentarei revalidar o título e condios lle dediquen só espazo a seguir así o meu 13 nacional abdeterminados deportes e pasen soluto. A verdade é que este ano completamente doutros. Á hora afróntoo con moita motivación de buscar patrocinadores tamén é e con ganas de continuar no top moito máis difícil pero intentamos 10 do ranking mundial, aínda que sobrevivir como podemos. non será doado.

Coñecidopor...

...

SER DOS MELLORES DO MUNDO. Borja Golán é o español que máis alto escalou no ranking mundial de squash da historia, chegando a ser o quinto do mundo en abril de 2014. O anterior record era de Austin Adarraga, quen chegou a ser décimoprimeiro. Borja superou esta posición en decembro de 2012.

...

SER UN APAIXONADO DOS DEPORTES. Admira a deportistas como Miguel Indurain ou Rafa Nadal.

...

TERSE CRIADO EN VILAR DE CALO. Dende sempre viviu en Vilar de Calo na casa dos seus pais, pero pasaba a maioría do tempo no Milladoiro, xogando no Squash.

...

SER ANTIGO ALUMNO DE BENTÍN. Como veciño amiense, Borja estudou no colexio de Bentín e despois no instituto de Bertamiráns.

...

ESTAR ASENTADO COMO VECIÑO DO MILLADOIRO. Como nos conta, desde fai seis anos vive coa súa muller no Milladoiro e “aquí é onde queremos estar no futuro”, di.

Marzo 2015


FOTO: SQUASH SITE

Marzo 2015

19


MOTOR

Fiat 500X o Renacemento

Así como o Cinquecento supuxo a madureza do movemento artístico nacido no século XV, a marca italiana volveu recuperar a súa esencia coas modificacións que está a realizar sobre o reinventado 500. Á familia chega TEXTO JCL agora o crossover. O 500 X é, sen dúbida, unha bela macchina A fábrica italiana está a conseguir bio automático, por convertedor resituarse no sector dos coches de par e de orixe ZF, de nove relapequenos co 500 e as súas modi- cións. ficacións, achegando ademais, o gran público aos modelos vintage a prezos máis competitivos que Mini ou Volkswagen. Exemplo de que nesta ocasión os de Turín están a dar no cravo é que as súas versións XL xa están a superar en venda ao 500 orixinal. O éxito do recén chegado é aínda máis probable ao introducirse nun segmento que está a alcanzar un gran nivel de aceptación. Hoxe. crossover urbano ou pequeno, a denominación vai en gustos, é sinónimo de supervendas, dentro do difìcil que é poñer este adxectivo a calquera modelo nos tempos que corren. O Fiat 500 X aterrará nos concesionarios cun motor de referencia, o 1.6 Multijet II de 120 CV, diesel, manual e con tracción dianteira, transmisión que compartirá co 1.4 Turbo MultiAir II de 140 CV, de gasolina. Tamén estará dispoñible cun 2.0 Multijet II de 140 CV con tracción ás catro rodas e un cam-

Máis sobre este asunto e o mundo do motor en www.sprintmotor.com ou Sprintmotor, la revista. 20

Marzo 2015


SINATURAS CONVIDADAS

Antroido electoral

O

calendario márcanos os tempos e di que deixamos atrás a D. Carnal. Recoñecendo que iso cronoloxicamente é certo, non o teño tan claro á vista da campaña electoral que pende sobre moitos municipios en xeral e sobre o noso en particular. Toda esa serie de supostos proxectos e promesas que á maioría nos soan xa a chirigota..... eses disfraces de demócratas salvadores da patria, heroes da resistencia ou adalides da defensa con decisión dos intereses amesáns, esquecida ao instante por unha cadeira de brazos máis alta, todo iso sóanos a gran carnavalada. En Ames, probablemente, teremos moitos salvadores, a saber: PP, PXAmes, PSOE, Ames Novo, Podemos ,Ciudadanos, BNG, La Marea e algún máis que aínda estará a tempo de aparecer. Teñamos en conta que todos, todos sen excepción, van polo ben do pobo porque non

Por: Pomba Alba me dirán que escoitaron a algún dicir o con- das dun municipio, coa cabeza ben amoblatrario, eu non, dende logo e de verdade que da. Insisto, pena que non queiran complicarmos creo a todos, faltaría máis. se a vida ou que as todopoderosas máquinas de fabricar votos que son os aparatos dos Malia iso non podo por menos que reflexio- partidos non lles dean esa oportunidade. nar que debe ser difícil, moi difícil encontrar 24 persoas, honestas e preparadas para ir É o mal endémico do noso sistema político nunha candidatura, máxime se o multiplica- as listas pechadas. Porque a política pode ser mos por sete ou oito pero non porque non unha profesión, por que non, pero con exame existan, senón porque aqueles que puidesen cada catro anos e o que suspenda á súa casa resultar válidos foxen da política como da e outro para o sitio como en calquera curre de queima. Isto non é nada novo, vén de atrás, calquera profesión. tampouco nos imos rasgar as vestiduras agora, porque levamos demasiados anos aguan- Mentres iso non chegue, algún día, asistiretando a mediocres, fillos parvos do cacique mos unha vez máis ao teatro dos pésimos correspondente ou a ilustrados sabidos que actores, e malia todo seguiremos dicindo no fondo só queren o poder para impoñerse. que esta democracia é o mellor dos réximes posibles, aínda con todos os seus defectos, Como en Sodoma e Gomorra non parece ha- o cal non é de todo certo porque hai outra ber en Ames, polo menos 12 persoas boas, xa pero ningén dos que están dentro a quere: as sei son 21 máis os suplentes, para dar un paso listas abertas e nominais para escoller, neste á fronte e entender a política como un servizo caso o teu alcalde e aos teus concelleiros, os á colectividade. En Ames vive xente moi ben que queiras e non que poñen detras do único formada e sobre todo capaz de levar as ren- nome que trascende.

QUERES SAÍR EN AMSGO! ?

ANÚNCIATE! OPINA! PARTICIPA! f www.facebook.com/revistaAMSGO t www.twitter.com/revistaAMSGO revista@revistaamsgo.com Marzo 2015

Teléfono:Foto: 620Concello 96 75 49 de Santiago 21


COLABORAWEB

Polo Tikka Masala www.galletasparamatilde.com INGREDIENTES: 2 PEITUGAS DE POLO 1 DENTE DE ALLO 1/2 CHILE VERMELLO FRESCO 8 gr. XENXIBRE RALLADO 1/2 CULLEIRIÑA DE CÚRCUMA 1/2 CULLER DE GARAM MASALA 1/2 CULLEIRIÑA DE CANELA EN POLVO 1/2 CULLEIRIÑA DE CILANTRO MOLIDO 1/2 CULLEIRIÑA DE PIMENTÓN ACEITE DE OLIVA 1 CEBOLA 1/2 PEMENTO VERMELLO 1/2 PEMENTO VERDE 750 gr. TOMATES 75 ml. NATA 1 IOGURT NATURAL 3 RAMAS DE CILANTRO CON TALLOS (eu empreguei usé perexil)

Sandra Novo [Blogueira]

A de hoxe é unha receita moi especial, a pesar de que o feito de que condimentar un prato con especias non é para todos os gustos, trátase dunha opción aromática e moi saborosa. Persoalmente recoñezo que esta é unha receita que me encanta, Podería dicirvos que se trata dun prato de orixe india, cousa que é certa, e non vos parecería raro, pero se vos dixese que o polo tikka masala é un dos pratos típicos en Gran Bretaña, quizais vos estrañe. Parece ser que foron os cociñeiros de Bangla Desh os que crearon esta receita en terras inglesas, converténdoo nunha das comidas máis populares das illas británicas. Xunto co polo tandoori, son o emblema da cociña india e do Sur de Asia no mundo, de feito chegou a ser máis popular fóra que dentro das súas fronteiras. Quédalle perfecto como acompañamento un arroz pilaf con arroz basmati. Espero que a cantidade de ingredientes, case todo especias, non vos disuada de preparar esta receita que é en realidade, lixeira e moi doada de facer. 1.- Limpamos o polo de restos de graxa e cortamos as peitugas en dados de 2-3 cm. Reservamos. 2.- Preparamos o mariñar mesturando nunha cunca o allo torado, o chile, o xenxibre, o pemento, a metade do garam masala, 1 cullerada de aceite, o iogurt e os talos de coandro frescos torados. Pasamos a mestura polo batedor e mesturamos cos anacos de polo nunha cunca. Deixamos macerar dun día para outro. 3.- Nunha tixola ampla quentamos aceite e douramos os anacos de polo. Reservamos. 4.- Na mesma tixola engadimos aceite de novo, quentámolo e cociñamos a lume lento a cebola cortada en xuliana, os pementos en tiras finas e as especies, a cúrcuma, o resto do garammasala, a canela e o coandro moído. Sofritimos durante 10 minutos. 5.- Mentres escaldamos os tomates introducíndoos durante uns segundos en auga fervendo e lles retiramos a pel. 6.- Engadimos os tomates torados co seu xugo á tixola e cociñamos a lume lento durante 20 minutos removendo con frecuencia. 7.- Agregamos a nata e o polo e cociñamos 10 minutos máis removendo de cando en vez. 8.- Engadimos as follas de coandro toradas e retiramos do lume.

22

Marzo 2015


SERVICIOS SERVIZOS

AUTOBUSES MILLADOIRO Destino Santiago Luns a venres Dende as 7:00 ata 21:45 cada 15 minutos e con parada en rúa La Rosa. Ás 8.24, 9:28, 15:24 e 19:18 con parada en estación de a autobuses (Autobuses de Calo). Tamén con parada en estación de autobuses: 7:30, 8:00, 8:10 , 9:15 , 10:40, 10:45, 12:45, 15:15 , 16:15, 16:30, 18:45, 19:45, 22:00 (excepto venres) · 22:15 (só venres) (Autobuses Castromil) e 7:38 · 8:14 · 8:34 · 9:59 · 11:24 · 12:29 · 13:25 · 14:29 · 15:25 · 16:24 · 17:29 · 18:25 · 19:29 · 20:25 · 21:29 · 22:24 (empresa Arriva). Sábados, 7:35 · 8:35 · 9:35 · 10:35 · 11:35 · 12:35 · 13:35 · 16:05 · 17:05 · 18:35 · 19:35 · 20:35 · 22:05 · 23:00 con parada en rúa da Rosa (autobuses Calo) e con parada en estación de autobuses 8:24 · 9:28 (Calo), 9:15 · 10:40 · 11:15 · 12:45 · 15:15 · 19:45 · 22:00 (Castromil) 8:31 · 9:40 · 10:29 · 11:24 · 12:29 · 13:25 · 14:40 · 16:24 · 17:29 · 19:29 · 20:25 · 22:38 (Arriva) Domingos e festivos 9:35 · 10:35 · 11:35 · 13:05 · 16:05 · 17:05 · 18:35 · 19:35 · 20:35 · 22:05 · 23:00 con parada en rúa da Rosa (autobuses Calo) e con parada en estación de autobuses 10:40 · 12:45 · 15:15 · 19:45 · 22:00 (Castromil) e 9:40 · 10:29 · 11:24 · 13:25 · 14:40 · 16:24 · 17:29 · 19:29 · 20:25 · 22:38 (Arriva)

Destino Bertamiráns Luns a venress 10:00 · 11:45 · 17:30 (Autobuses Calo)

AUTOBUSES BERTAMIRÁNS Destino Santiago Luns a venres 7:18 · 8:18 · 9:18 · 10:18 · 11:18 · 12:18 · 13:18 · 14:18 · 15:18 16:18 · 17:18 · 18:18 · 19:18 · 20:18 · 21:18 con parada en Rua A Rosa Sábados, Laborables: 8:05 · 9:05 · 9:34 · 10:05 · 10:32 · 10:40 · 10:48 · 11:40 · 11:48 12:05 · 12:34 · 12:40 · 12:48 · 13:40 · 13:48 · 14:05 · 14:34 · 16:05 16:48 · 17:34 · 17:48 · 18:05 · 18:48 · 19:34 · 19:48 · 20:05 · 20:48 21:34 · 21:50 con parada en Rua A Rosa Domingos e Festivos: 9:05 · 10:05 · 12:05 · 12:34 · 14:05 · 14:34 · 15:52 · 16:05 · 16:52 17:34 · 17:52 · 18:05 · 18:52 · 19:34 · 19:48 · 20:05 · 20:52 · 21:34 ·21:50

Destino Milladoiro Luns a Venres, Laborables: 11:00 · 12:15 · 19:00

Marzo 2015

TELÉFONOS DE INTERESE Casa do Concello Praza do Concello, 2. Bertamiráns Tel. 981 883 002 Policía Local Rúa Alcalde Lorenzo, 2 Bertamiráns Tel.: 619 767 575 Garda Civil Tel.: 981 536 405 Biblioteca Municipal de O Milladoiro Rúa Raxoeira, 14 baixo Tel.: 981 530 807 Biblioteca Municipal de Bertamiráns Praza de Chavián s/n Tel.: 981 884 829 Casa da Cultura de O Milladoiro Travesía do Porto nº 5 Tel.: 981 535 940 Casa da Cultura de Bertamiráns Praza de Chavián s/n Tel.: 981 891 017 Oficina Municipal de Voluntariado Casa da Cultura de Bertamiráns, Tel.: 662 377 044

Centro de Saúde Bertamiráns Rúa Pedregal 10 Tel.: 981 890 404 Pavillón Polideportivo de Bertamiráns Teléfono 981 883 032 Avda. da Peregrina Piscina Cuberta Municipal “A Telleira” Teléfono 981 891 081 Rúa do Camiño Novo s/n Servizo Municipal de Augas Bertamiráns Teléfono 981 890 776 Rúa do Agrelo, 7 Servizo Municipal de Augas O Milladoiro Teléfono 981 536 315 Agro do Medio 10 Servizo Municipal de Recadación de Bertamiráns Teléfono 900 132 204 Rúa do Ameneiral, 18, baixo. Servizo Municipal de Recadación O Milladoiro Teléfono 900 132 204 Rúa Agro do Medio

Centro Médico O Milladoiro Agro do Medio s/n Tel.: 981 522 838

23


O Café da Vila Ameneiral, 10 BERTAMIRÁNS


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.