INCRIBLE AVENTURA EN LONDRES

Page 1


Incrible aventura en Londres Un día coma calquera outro, os nenos e nenas buscando información en internet sobre os Xogos Olímpicos, atoparon unha páxina na que había un concurso sobre cidades e países olímpicos. O premio consistiría en participar nunhas Miniolimpíadas Escolares en Londres, e sería un colexio por cada país. Xa que os do segundo ciclo eran expertos investigadores nese tema, decidiron anotarse e, por suposto, responderon correctamente a todas as cuestións. Entre todos os centros que acertaron, houbo que facer un sorteo e gañou un colexio de Madrid. Descubriuse, uns días despois, que alguén conseguira cambiar os resultados na web facendo trampas. Polo tanto, tívose que repetir o sorteo e tocoulle ao CEIP Mestres Goldar.Por fin chegou o gran día. Os nenos e nenas gañadores saíron do aeroporto de Peinador, en Vigo, e chegaron a Londres despois dun par de horas.


Como faltaban aínda algúns días para competir nas Miniolimpíadas e non coñecían a cidade, foron visitar os monumentos máis famosos xunto cos seus mestres e monitores. Despois de estar no Museo Británico, colleron o autobús e chegaron ata o Big Ben. Logo cruzaron a ponte sobre o río Támesis para subir ao London Eye. Cando baixaron da nora había un vendedor de periódicos berrando: Extra, extra. Desapareceron as medallas dos Xogos Olímpicos. Extra, extra.


Intrigados, achegáronse e mercaron un exemplar. Había dúas fotografías na portada baixo o titular. Nunha delas estaba a vitrina coas medallas dentro, e na outra estaba completamente baleira cos cristais e as pechaduras intactas sen sufrir ningún dano. Era o roubo perfecto, as medallas desapareceran por arte de maxia. Todos os habitantes de Londres estaban preocupados. Despois de todos os preparativos, poderían quedar sen Olimpíadas! Como xa chegaba a noite aloxáronse no seu hotel, pero aínda seguían pensando na misteriosa desaparición das medallas. Ao día seguinte, despois do almorzo no buffet, decidiron axudar á policía de Scotland Yard a resolver o caso.


Chegaron ao estadio olímpico en busca de pistas. Alí había un personaxe moi sospeitoso movéndose continuamente dun lado para outro. Pero, imaxinádevos quen era! A bisneta de Sherlock Holmes coa característica gorra do seu bisavó! Achegáronse e preguntáronlle o nome. Ela respondeu:

Juliette Holmes, e estou aquí co meu can Watson Scooby, que tamén é o meu compañeiro e axudante. Estamos investigando o caso das medallas desaparecidas. Queredes colaborar e pescudar con nós? Os rapaces e rapazas responderon a coro: Por suposto que si! Estaremos encantados de botar unha man para aclarar este incrible roubo! De súpeto, soou o teléfono móbil de Juliette. Descolgou e falou unha voz masculina moi rara e deformada que dicía: Se queredes as medallas, collede a liña número catro do metro e ide ao soto da Torre de Londres. Alí atoparedes a seguinte pista dentro dunha caixa de madeira.


A comunicación cortouse. Moi nerviosos foron á estación máis próxima, e colleron a liña número catro. Cando entraron non había ningunha persoa dentro e eles quedaron abraiados, pero seguiron o percorrido, e cando xa estaban preto da súa parada, o metro parou e as luces apagáronse. Estaban asustadísimos. Menos mal que Juliette Holmes tiña unha lanterna.

Mentres os tranquilizaba acendeuna e soou unha voz sospeitosa que cada vez era máis forte, era a voz misteriosa que Juliette escoitara no seu teléfono e dicía: - Eu fun o que coas miñas artimañas parei o metro e fixen que se apagaran as luces, para atrapar a Juliette Holmes e así poder vingarme do seu bisavó. Eu son o bisneto do seu superinimigo “Moriarti”. Chámome James Moriarti. O roubo das medallas foi unha estrataxema para localizala e desfacerme dela. Chegou por fin o gran día! Acendéronse as luces e o metro empezou a funcionar de novo. Pero Juliette non estaba! Só a súa gorra.


Ao chegar á parada, Watson Scooby comezou a poñerse nervioso e a correr porque ulía o rastro da súa compañeira, grazas á prenda deixada. Os rapaces e rapazas seguiron ao can pola rúa e chegaron á Torre de Londres. Entraron apresuradamente e baixaron ao soto. Alí estaba James Moriarti preparando unha enorme bomba para destruír todo e a todos. E ademais tiña a Juliette Holmes fortemente atada a unha cadeira. El, ao decatarse da xente que chegaba, e antes de que o colleran, escapou por unha porta secreta que había á súa esquerda e que o levaría ao exterior para salvarse e continuar coas súas maldades. Ao saír levou unha desagradable sorpresa. Estaba todo rodeado por policías. Tentou evitalos e esconderse, pero foi descuberto e o esposaron ao momento.


Mentres os nenos e nenas puxéronse a desatar a Juliette.

Ela dixo: -Moitísimas grazas. Agora temos que darnos présa para atopar as medallas antes de que sexan as Miniolimpíadas e os Xogos Olímpicos. Pero…Onde estaban as medallas?


Había un cadro cunha foto moi antiga na que estaban pelexando Moriarti e Sherlock Holmes. Juliette, por curiosidade, descolgouno, e na parede apareceu unha caixa forte. Detrás do marco estaba unha combinación de números que resultou ser a súa contrasinal. Abriron a caixa e alí estaban as medallas. Como desapareceran e chegaran ata alí? Pois resultou que James Moriarti era un dos vixiantes do edificio onde estaban gardadas. Así conseguiu facilmente as chaves para roubalas e non deixar rastro. Chegou o gran día. Estaban todos preparados para participar nas Miniolimpíadas Escolares e gañar o conseguir o ouro. Non foi posible, pero lograron o terceiro posto e a medalla de bronce e ademais o pasaron xenial. Para todos foi como gañar unha medalla de ouro por resolver o caso e vivir unha aventura moi emocionante.


Ao día seguinte regresaron a Vigo, e a noticia foi portada dos periódicos e dos telexornais galegos e nacionais. Finalmente celebraron o gran éxito cos seus compañeiros e compañeiras e as súas familias.

FIN (THE END)

(CONTO ELABORADO POLO ALUMNADO DE TERCEIRO E CUARTO)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.