
1 minute read
A ÁRBORE SABIA
Daniela Pozas Prieto
Daniela tiña dez anos, gustáballe xogar na pradeira preto a casa dos seus avós, sempre saía correndo cos seus amigos e a súa cadeliña e brincaban e rebozábanse pola herba fresca.
Un día, mentres xogaban, a pelota adentrouse no bosque, a cadela foi tras dela, Daniela atopouna cun plástico na boca, rapidamente Daniela sacoulle o anaco azul e tirouno o lado dunha árbore, de súpeto a árbore faloulle, “ a natureza debe ser respectada, vivimos rodeados de plástico e sucidade porque os humanos non vos dades conta de que perdemos todos se non lle poñedes freo”
Nun primeiro momento Daniela asustouse pero deuse conta de que a arbore dicía palabras sabias, dende aquel día, converteuse en outra persoa, contoulle os seus amigos o importante que era coidar a natureza e todos xuntos recollían lixo cando xogaban no bosque e atopábanse con algunha lata ou plástico tirado no chan.
As veces Daniela sentábase o lado da arbore sabia e falaban durante tempo , a arbore converteuse nunha gran amiga para Daniela da que aprendía infinidade de cousas moi interesantes.
E así aquel bosque converteuse nun entorno marabilloso convivindo en harmonía a natureza e as xentes do lugar.


