
1 minute read
O LIBRO MÁXICO
Laura Da Silva Bembibre
Nun pequeno bosque non moi lonxe de aquí, vive unha criatura máxica. Ela chamábase Emma e era moi simpática, lista e sobre todo graciosa. As veces Emma ia a camiñar polo bosque ata que un día atopou un libro e decidiu abrilo, e sabedes o que había? só unha pequena frase que dicía así: se o contido do libro queres atopar un conxuro máxico deberas de facer. Emma quedou moi sorprendida e decidiu preguntarlle a súa nai (que sabía facer conxuros) e ela lle dixo: seguro que é o conxuro chamado CDLDÁ que significa: conxuros de libros das árbores. Emma non sabía como era ese conxuro por que como ela aínda era moi noviña só sabía o principal. Ao final foi a preguntarlle a súa nai se lle facía o conxuro máxico, e a nai lle dixo: si Emma, fágocho agora e de súpeto dixo: un, dous, tres o libro como novo outra vez, e de súpeto comezaron a aparecer imaxes de árbores e moitas letras. E sabedes de que se trataba o libro? De especies de árbores, estaba o piñeiro o carballo a nogueira etc...Dende aquel día Emma empezou a buscar esas árbores no bosque.
