UN ENTROIDO DE PELÍCULA

Page 1


OS NENOS E NENAS DE TRES ANOS A…

PASÁRONO DE PELÍCULA ESTE ANTROIDO!

COCIÑAMOS, PINTAMOS E TAMÉN NOS MAQUILLAMOS


HAI UN AMIGO NON...HAI MOITOS!!


OS NENOS DE 3 ANOS B UN ENTROIDO DE PELÍCULA…


T O Y S T O RY


OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS B ADICAMOS O ENTROIDO A

TOY STORY

ASÍ DE GUAPOS E GUAPAS VIÑEMOS A FESTEXAR O ENTROIDO



CON ESTE VAN 3 (5 ANOS A) CON BROCHA NA MAN E PALETA DE PINTORES COMEZAMOS CON 3 ANOS A POÑER A TODO CORES

CON 4 FIXEMOS UN PAN QUE NON SABÍA NADA MAL


CON 5 E CONVERTIDOS EN ACTORES SOMOS QUEN DE INTERPRETARVOS OS GUIÓNS MELLORES


5 ANOS B

Os xoguetes de Toy Story moi á presa escaparon da peli. A Vilaboa viñeron para desfilar e cos pingüíns de Happy Feet bailar. Con Mary Poppins e o Mago de Oz xogaron e cos piratas do Caribe alucinaron. Dos Kung fu Panda non se van esquecer polo moito que os fixeron entreter. Aos Picapedra e Indiana Jones coñeceron e de orellas, rosquillas e filloas xuntos encheron. Se dun Entroido de cine queres gozar o cole do Sofía Casanova debes visitar.


ATA O INFINITO… E MÁIS ALÓ!

5 ANOS B




1ยบ B

un g


B 1ยบ

an-


ENTROIDO DENDE PEDRADURA O pasado 1 de marzo polas aulas de 2º de Primaria deixáronse ver Wilma e Pedro Picapedra, Betty e Pablo Mármore e cadansúas crianzas, Pebbles e Bam - Bam. O séquito primitivo levaba, como non podía ser doutro xeito, a compañía da súa simpática mascota Dino. Levar Pedradura por Vilaboa require unha preparación que, no noso caso, tivo lugar nas aulas.


E ao baixarmos ao patio estaban agardando por nós as xornalistas gráficas para retratar un momento tan especial. Pedradura ía visitar Vilaboa!

E, por fin, Pedradura saíu en desfile por Vilaboa!


Ao voltar ao centro estaban agardando por nos as orellas, as filloas, as rosquillas e ata un Troncomรณbil!

E dende Pedradura despedimos esta reportaxe. IABADABADUUUUUUUUUUUU!!!!




CHEGOU O ENTROIDO, A FESTEXAR!!!

3ºB

Este ano no cole, fomos disfrazados coa temática do cine e, como non, dado que a nosa película é Mary Poppins, fomos todos disfrazados dos personaxes da mesma.

Da protagonista da película, Mary Poppins, co seu máxico bolso, o seu gorro de flores e o seu paraugas.

Do seu gran amigo, Bert, que como é “deshollinador”, ían coa cara sucia de limpar as chemineas.

E, como non, dos nenos protagonistas da peli, Michael e Jane Banks, que tanta sorte tiveron de ter unha niñera tan máxica.


Que ben o pasamos este dĂ­a!!!!

Aproveitamos estas datas para facer unhas mĂĄscaras de Mary Poppins. Esperamos que vos gusten!!!!


COPLAS DE ENTROIDO 4º A O Entroido vai chegar e moitas filloas imos papar. Os nenos de 4º A de pingüíns imonos disfrazar e polas rúas de Vilaboa os do Sofía imos desfilar.

Os pingüíns de Happy Feet pasamos un Entroido moi feliz. Con Indiana e os Piratas xantamos e por Vilaboa todos xuntos bailamos. Carolina

Ainoa

Unha festa faremos e ao Meco queimaremos, iremos todos disfrazados e de cine todos estaremos. Diego

O Entroido vai chegar e ben o imos pasar. Disfrazados de pingüíns comeremos orellas sen fin. Sara

Despois do desfile imos papar filloas e roscas ata rebentar. Os de sexto fan unha tómbola, todos temos que participar para que a Madrid poidan viaxar. Carlos G.

Cando unha copla vou dicir todos botan a rir, porque as miñas copliñas son pequeniñas e para que lle gusten a Pilar moito teño que suar. Alicia

Este ano O Entroido imos celebrar, orellas e filloas imos zampar. Pero con moito coidado!!! que non che coman as túas orellas que non saben tan ben. Amanda

O Entroido está a chegar. E por Vilaboa imos camiñar. E cando o paseo remate filloas comeremos ata rebentar e na tómbola Sempre Toca xoguetes non van quedar. Álvaro

Choqueiros e choqueiriñas son os nenos e as neniñas. Todos disfrazados de pingüíns xa sexan Cazás ou Gustín. Jorge


Entroido ou Antroido, chámalle como ti queiras. Ven comigo á festa, imos papar orellas, desfilar cos amigos disfrazarnos de pingüíns. e saudar con sorrisos á xente que pasa por alí .

Que rico! Non me resisto comendo filloas no Entroido. Como filloas cos meus amigos despois a tómbola iremos e todos nós gañaremos. Carla

Anghelina

O Entroido vai chegar e ao Meco imos queimar. Todos cos nosos disfraces que ben o imos pasar! Gabriel

Gústame O Antroido. Fuxir dos choqueiros. Comer filloas e orellas e rirme dos peliqueiros.

O Entroido vai chegar, os nenos do Sofía vanse disfrazar, risas, bromas diversión, facemos o Meco con moita ilusión. Nós iremos de pingüíns de traxe negro moi finos e outros van das personaxes cos seus traxes de cine. Clara

Héctor

No Sofía Casanova de cine imolo pasar adiviña de que película imonos disfrazar. Desfilaremos sen parar e a xente nos verá e ao chegar ao pavillón filloas e orellas comeremos un montón. Iker

O Entroido vai chegar. Moitas filloas imos papar e tamén nos imos disfrazar Despois O Entroido vai acabar. Iago

Como o Entroido é en febreiro, voume disfrazar de bombeiro e se fose en abril, disfrazaríame de protección civil. Nando

O Entroido xa chegou. O Entroido xa pasou. O Meco imos queimar, e todos o imos celebrar. Valentina


Coplas Antroideiras de 4ºB Os nenos de cuarto moi ledos están porque chega o Entroido e o Meco queimarán. Xoán

Imos correr o Entroido todos xuntos disfrazarnos este ano no colexio actrices e actores seremos. Natalia

Neste Entroido eu vou de pingüín, o xeo e a neve me acompañan a min. Gústame o queixo, no Entroido non hai, pero filloas e orellas moitas che hei de papar. Unai

Rapaces, rapazas!! Sabedes que? O Entroido está por acontecer. Filloas e orellas encherémonos a comer. Jairo

O Entroido está chegando o disfrace imos preparar Bruxa, pantasma, bailarín? Non lle dés máis voltas, de pingüíns imos ir ! Daniel

Orellas, roscas e filloas as mellores as da avoa. Lacón, grelos e cachola os mellores os de Vilaboa. Adrián F.

Imos comer orellas e filloas Disfrutaremos xóvenes e avoas. Xuntos todos os pingüíns Comeremos e bailaremos sen fin. Carlos

Despidamos o inverno mascariñas e disfraces, hai que saír ben na foto pouca troula meus rapaces. Hugo

Eu quero saber o que son os peliqueiros. Petan nas portas e escapan moi lixeiros. Nós queremos saber quen son os peliqueiros, son moi graciosos pero moi ganduleiros. Paula

O Entroido vai chegar, todos o imos esperar comendo filloas e orellas desde os pequenos ás vellas. Diego

Vén o Entroido, vén correndo os nenos no pavillón están comendo. Pasamos o día correndo e xogando, e, de cando en vez, berrando e cantando. Nerea

O Entroido vai chegando e ímolo pasar xogando. O Meco imos queimar e nós, pasmados, imos mirar. Mateo


Coplas Antroideiras de 4ºB Chegou o momento do gran divertimento. Zapatos de distintas cores e roupa posta como podes. Na tómbola, os maiores, vixiados polos profesores, traballan sen parar para viaxar por terra e por mar. Laura

Prepara rápido o disfrace uue o Entroido xa está aquí. Do cole á igrexa pensamos saír, e, coa familia, imos comer e rir. Emilio

Xa estamos no Entroido e ímolo celebrar. Orellas e filloas comeremos, fanta e coca-cola imos tomar. Lola

Vén o Entroido, vén moi á presa traendo a cara ben cuberta. Filloas ricas imos comer e poñerémonos todos do revés. Adrián M.

No Entroido comeremos rosquillas, filloas e orellas. Xogaremos, bailaremos, todo o día será unha festa! Brais Este ano no Entroido vestireime de pingüín. Comerei orellas e filloas por Vilaboa vou saír. Marta

O Entroido está a chegar e moitas filloas vou papar. Jennifer

Neste Entroido no colexio disfrazámonos de pingüíns na miña casa mírame sorprendido o meu canciño Peluquín. Óscar






Por que a discriminación fai tanto dano Por que hai persoas que non o entenden por que só hai un día en todo o ano no que has mulleres teñan o que merecen É algo que non entendo dende hai moito tempo é algo tan malo nesta socidade que estas persoas actuén con maldade. Non por ser branco es superior non por ser home tes máis valor non por ser homosexual outro tente que discriminar Todos temos moitos dereitos Tanto homes coma mulleres Aínda que haxa tristes feitos No mundo do que parte es Que fai que a xente se sinta feble? O bullying é un mal da sociedade Só o fan as personas endebles Que buscan a maldade Os taxis hoxe en folga están A causa dunhas novas empresas Con apps que en contra deles van e lles quitan o pan da mesa Os accidentes son tan malos que hasta danos poden provocar se estes queres evitalos moito coidado terás Moitas vidas perdidas non só dos animais tamén das personas que falecen por fogos mortais


Bos días. Hoxe a Meca Flora queremos queimar e por iso, este xuízo imos comezar. Están connosco os Fiscais (saúdan ao público). o avogado defensor (saúda ao público) , un acusador imparcial (saúda ao público) e a imparcial xuíza (saúda ao público). Xuíz:

Que comece o xuízo!

Fiscal : Este ano moito imos falar dos delitos que a xente cometeu meca, o discurso terás que escoitar para recibir o castigo teu Meca: Eu non fixen nada e vós querédesme castigar, aínda que me queimaredes como os anos atrás. Acusación popular: Culpable a meca Flora, por ser tan faladora ímosche queimar sen nada remendar. Xurado popular: CULPABLE!!! Meca: E logo, que delitos declarades Dos cales eu son culpable? Fiscal:

Por ser cómplice das desgrazas de Venezuela oirán esta noticia ata en Santiago de Compostela. É penoso que uns nenos te esteamos a xulgar e por iso ímoste queimar Xuíz: A continuación valoraremos se o fixeches, e veremos se es culpable ou inocente


Meca: Eu non fixen nada, mais quedarme nesta escoliña sentada Acusador: Non te decatas das túas maldades, mais nós ben sabemos o que de discriminación sabes e por iso preguntamos: Por que a discriminación fai tanto dano Por que hai persoas que non o entenden por que só hai un día en todo o ano no que has mulleres teñan o que merecen É algo que non entendo dende hai moito tempo é algo tan malo nesta sociedade que estas persoas actúen con maldade. Meca: Todo isto é mentira, eu son unha santiña Xurado: CULPABLE!!!!!!!! Fiscal: Aínda non o creas, máis culpable es do que desexas Acusación: Deixa xa de mentir, e comeza a percibir que discriminar non che fará máis feliz Non por ser branco es superior


non por ser home tes máis valor non por ser homosexual outro tente que tratar mal Todos temos moitos dereitos Tanto homes coma mulleres Aínda que haxa tristes feitos No mundo do que parte es Xurado: CULPABLE! MECA: como é posible, que todos os anos, a xente este inamovible, ante os meus danos? Avogado: A nosa meca podería ter feito isto, Mais o bullying non é culpa súa, teredes que pensar niso, antes de queimala na rúa. Fiscal: Que fai que a xente se sinta feble? O bullying é un mal da sociedade Só o fan as persoas endebles Que buscan a maldade MECA: Isto son todo mentiras, Cousas que non fixen na miña vida! Fiscal: Tamén fixeches moito dano aos traballadores, actuando con seria maldade. Meca non tes valores, isto é imperdoable.


Os taxis hoxe en folga están A causa dunhas novas empresas Con apps que en contra deles van e lles quitan o pan da mesa Xurado: CULPABLEEEEEE!!!!! Avogado: Ela non ten nada que ver cos coches, pois o que dicides é moi forte. Fiscal:

Ela ten que pagar polo que fai , daquela éche o que hai Os accidentes son tan malos que hasta danos poden provocar se estes queres evitalos moito coidado terás

Fiscal: O último que queremos dicir, son os crimes que fixeches, aínda que queres vivir, moitos incendios prendeches. Moitas vidas perdidas non só dos animais tamén das persoas que falecen por fogos mortais MECA: Axuda por favor! Non me fagades isto Seguro que entre vós, Haberá algún listo


Xurado popular: CULPABLEE Xuíza: A pesar das túas palabras, Meca, temos que facer as brasas A túa oportunidade tiveches, Mais este xuízo perdeches Ata sempre!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.