Relatos arte

Page 1

ESTE 2014/ 2015 É O NOSO QUINTO CURSO NO PLAMBE (PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES) E O TEMA ESCOLLIDO PARA O NOSO PROXECTO FOI “PEGADAS ARTÍSTICAS DA HUMANIDADE”. EN COLABORACIÓN CO E.D.L.G., PROPUXÉMONOS FACER UN LIBRO DE RELATOS CURTOS (IMPRESO E DIXITAL) QUE CADA CLASE CONSTRUIU A PARTIR DUN CADRO DUN ARTISTA GALEGO QUE PRIMEIRO ELIXIU E LOGO REPRODUCIU. ESTA ACTIVIDADE PROCUROU ANIMAR AO NOSO ALUMNADO A LER E A TRABALLAR EN EQUIPO, PRACTICANDO A ESCRITA COLECTIVA. COAS RECREACIÓNS ARTÍSTICAS DO ALUMNADO, NAS QUE SE PINTABAN DISTINTAS ARTES, ORGANIZAMOS UNHA EXPOSICIÓN DE PINTURA CO TÍTULO “PINTANDO AS ARTES”.

EDITADO POR: BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP PORTO CABEIRO COA COLABORACIÓN DO E.D.L.G. VILAR, REDONDELA


XAVIER DOPAZO: “Galego danzando danzando””

“O RAPEIRO DE CABEIRO” Érase que se era un rapeiro de Cabeiro famoso no mundo enteiro por ser un gran bailador. Un día foi invitado a un colexio para facer unha un a demostración. Todos os nenos e nenas quedaron abraiados polas voltas que daba ao bailar e, con tantas e tantas voltas, voltas un forte vento fixo levantar. Como o colexio era de palla, palla o vendaval non puido aguantar, e así viuse abaixo sen máis nin máis. Todas as nenas e nenos para casa marcharon e

o rapeiro quedou

pensando como amañalo. ñalo. Chamou uns amigos que lle viñeran botar unha man para arranxar a desfeita que fixera esa mañá. Entre todos construíron un colexio de pedra, para asegurarse así de que nunca máis caera. Puideron volver ao colexio contentos, contentos, todos os nenos e nenas, e agora cando bailan, dan voltas sen medo.

ALUMNOS/AS INFANTIL 3 ANOS


MARUJA MALLO: “Máscaras con bolboretas” Érase unha vez un grupo de bolboretas que vivían nun bosque encantado. Certo día, atopáronse cunhas máscaras voadoras que eran moi boas aínda que algo presumidas; ademais, tiñan coloretes e botaban bombas de lambetadas. Tralas máscaras apareceu un lobo feroz que quería comer as bolboretas. De repente, empezou a tremer o chan e saíu un monstro serpe xigante que comeu ao lobo dun bocado. Quería papar tamén as bolboretas, pero estas, escaparon voando. As máscaras, acercáronse ao monstro e dixéronlle que tiña que ser bo. Este non lles fixo caso e seguiu facendo das súas.

Menos mal que nese intre

apareceu unha princesa elegante, guapa, presumida e cun vestido de cores, que lanzou contra o monstro as máscaras voadoras. Deulle na barriga e caeu ao chan de cu; botouse a chorar desesperadamente e tiveron que vir as bolboretas a consolalo. Para que estivese contento á princesa ocorréuselle unha idea: cantar unha canción arredor súa. O monstro sentiuse mellor, e a continuación, fixeron un banquete para celebrar a súa amizade. Ademais, a princesa pintou un cadro para regalarllo ao monstro , “Máscaras con bolboretas”, e deullo para que o colgase na parede da súa casa. E colorín colorado este conto está rematado. ALUMNOS/AS INFANTIL 4 ANOS


LEANDRO LAMAS

“O LOBO AMIGO DOS MÚSICOS”

Nun país, no que brillaba moito o sol, había unha banda de música que tocaba os seus instrumentos e cando chegou a lúa chea apareceu un lobo moi simpático. Este lobo caeu no río e os seus amigos os músicos fóronlle axudar para rescatalo, levárono ao veterinario para curalo e déronlle moitos bicos e o lobo deulles moitas apertas. O lobo foise á súa casa moi contento a buscarlles un agasallo aos músicos e estes foron con el, e xunto cos demais amigos e demais lobos celebraron unha gran festa.

ALUMNOS/AS INFANTIL 5 ANOS


lunar”” Mª LUISA ROJO NOVAIS : “Menina lunar Esta era unha Menina super guapa e ultra fina, cansada de estar nun cadro, coa cara de medio lado,

e o seu florido tocado tornou redondo e prateado. Mesmo borrou media cara para ser muller de fases,

que decidiu, unha noite,

e deulle un corte á melena,

fuxir facendo deporte

Por tela longa e minguante,

e usou de paracaídas

e ata xirou cal planeta

a súa saia tan cumprida.

daquel momento en adiante.

Mentres voaba, abraiada,

Así que, non te sorprendas

albiscou un gran foguete

cando entres ao museo,

e subiuse nel pasmada

se esta Menina moderna

ante tamaño xoguete.

foi á noite de paseo.

Percorreron a Galaxia,

Seica din que cada día

viron xigantes planetas,

muda a súa condición,

estrelas escintilantes,

segundo fose a aventura

e raudísimos cometas

que tivo nesa ocasión.

pero o máis belo e gracioso,

Mirade ben seu semblante.

foi o astronauta globoso

Durmiu ben, está distante?

que sentenciou amoroso:

Pode que fique enfadada,

“A lúa é o máis fermoso”. Daquela a nosa Menina cambiou o seu vestiario: debuxou mil medias lúas no seu traxe de diario

ou ría á boca pechada, cando se sinta observada por xente que aínda cre que é so pintura enmarcada… OBRADOIRO DE POESÍA 1º PRIMARIA


SABELA BAÑA:“Autorretrato de artista”

A VIAXE DE SABELA Érase que se era unha pintora chamada Sabela. Un día de sol, ocorréuselle saír ao xardín da súa casa a pintar un cadro. Decidiu que ía pintar o seu autorretrato. Antes de empezar, achegouse a un arbusto no que florecían unhas fermosas flores de cor laranxa e arrincou unha. De súpeto, abriuse unha porta secreta no medio do arbusto e Sabela achegouse, morta de curiosidade e entrou… Estaba na Idade Media, no medio de castelos, damas, cabalos e cabaleiros. Un home arrimouse a ela: era O Cabaleiro Azul, que lle dixo preocupado: - Coidado bela dama! Un perigoso dragón anda solto, póñase nun lugar seguro!!! - Non se preocupe señor cabaleiro, eu fago artes marciais e non lle teño medo a un dragón ... - Pois se é así agradécese a axuda, porque este dragón é moi bravo, debeu tomar un bo caldiño no almorzo e está cheo de enerxía... - Pois imos alá, encántanme as aventuras -contestou a pintora-. O Cabaleiro Azul e Sabela loitaron co dragón. Logo dunha longa batalla, o dragón non foi quen de vencelos, decidiu renderse e deixar de amolar. A partir dese día o dragón sería o compañeiro de andanzas do Cabaleiro Azul, axudaríao e o defendería en todas as batallas que estaban por vir. Ao remate desta arriscada aventura tocaba despedirse, Sabela tiña que volver á súa vida anterior. O Cabaleiro invitouna a quedar alí para sempre no seu castelo, pero Sabela non era muller de castelos nin de vestidos longos; ela prefería a súa bata de pintora e os seus pinceis. Sabela tamén lle collera cariño ao Cabaleiro e invitouno a viaxar á súa época. El aceptou encantado e acompañado do dragón chegou ao xardín da pintora. Quedou abraiado do que alí podía ver: lavadora, coches, televisións, billas, electricidade... pero botaba de menos aos seus amigos e á súa época e decidiu volver. Sabela decidiu cambiar o seu autorretrato, deixaría unha parte para lembrar ao seu amigo de aventuras, O CABALEIRO AZUL. Din que, de cando en vez, o Cabaleiro Azul e o dragón, fan unha visita a Sabela para compartir aventuras, risas, afectos e algunha que outra pincelada. ALUMNOS/AS 2º PRIMARIA


MARIO GRANELL

O ARLEQUÍN MARÍTIMO

Había unha vez un castelo no fondo do mar no que vivía un rei e unha raíña. Un día un arlequín foi traballar ao castelo e fíxolles unha broma moi pesada. Entón o rei mandouno ao calabozo do castelo no que había uns cantos paus e uns fíos de zapatos cos que fixo unha guitarra. Uns días despois unha serea moi nobre entrou no castelo e… foi xunto ao arlequín. A serea liberou ao arlequín e xuntos encerraron aos gardas. Despois de presentarse foron pedirlle á bruxa Aurita que a convertese en humana. Aurita accedeu a cambio da voz da serea, pero o arlequín, como non estaba de acordo, ofreceulle a súa guitarra. A bruxa encantada aceptou e dixo: “Trati feito!”. Despois foron ao oeste e compraron unha casa sen decatarse de que tiña zombis. Laila, a serea, e David, o arlequín, derrotáronos con kárate sen maior dificultade. Unha semana despois, David pediulle a Laila que casase con el, e Laila díxolle que si.

ALUMNOS/AS 3º PRIMARIA


QUIQUE BORDEL: “Dominical”

Había unha vez unha banda de música chamada Dominical, que ía ao palco da música da vila de Redondela para tocar unhas pezas como todos os domingos ao mediodía. Un can, atraído pola súa música, decidiu seguilos. Cando desfilaban pola rúa, o músico que tocaba a tuba decatouse de que faltaba o clarinetista e de que a tuba soaba dun xeito estraño. Todos se preguntaban que podía pasar. Ao chegar ao palco, o can achegouse á tuba e púxose a ladrar cara a ela. Aproximáronse e quedaron abraiados: o clarinetista, como era pequeno, caera dentro da tuba e non conseguira saír!!! Grazas ao can resolvérase o misterio.

ALUMNOS/AS 4º PRIMARIA


LUÍS SEOANE SEOANE : “Actor de cine clásico”

“O ACTOR”

Nun estudo de gravación, o actor máis famoso do país, Chanti

Mal,

importante

estase na

que

preparando fai

do

para

unha

personaxe

toma

moi

Maltman.

Despois de facer a toma, diríxese á gala dos Óscar, na que van seleccionar unhas películas e elixir os gañadores nomeados aos Óscar que farán unha película xuntos. A película chamarase “O noso micro conto”. Cando o presentador vai facer públicos os nomeados, di: Chanti Mal, Roli Mitison , Estarty Living e Uma Rivas!!! Todos aplauden fortemente e van para a casa de Chanti Mal a celebrar unha gran festa moi espectacular. Eeee… corten!!

ALUMNOS/AS 5º PRIMARIA PRIMARIA


JORGE PETEIRO: “La Sagrada Familia”

XOÁN XOÁN E AS PANTASMAS Nun estraño país habitaba un neno chamado Xoán que, paseando pola beira do río, buscaba un buraco que, segundo dicían os habitantes do pobo, comunicaba cun túnel que levaba á “Sagrada Familia”, un antigo Castelo cheo de maxia, habitado por pantasmas. De súpeto Xoán chocou contra unha pedra que abriu paso ao túnel que daba ao Castelo. Xa dentro, escoitou un pranto que o sorprendeu: era a princesa do Castelo que fora raptada polas pantasmas. Xoán, mirando arredor, observou infinidade de obxectos que penduraban das paredes e entre todos eles había un que brillaba. Xoán identificouno coma un fermoso cadro do Castelo, descolgouno rapidamente e deullo á princesa. De súpeto, o cadro empezou a lanzar raios de cores que tocaban a cada pantasma, converténdoas en fermosos cadros e fixeron que o Castelo se librara do feitizo. ALUMNOS/AS 6º PRIMARIA


BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP PORTO CABEIRO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.