MOCHILA VIAXEIRA

Page 1

MOCHILAS VIAXEIRAS


MOCHILA VIAXEIRA QUE É ISTO? É unha “Mochila viaxeira” con diversos fondos documentais que pasará casa por casa e volverá á Escola.

PARA QUE? Para que as familias participedes no Proceso Lector dos vosos fillos e fillas, o que incidirá positivamente na súa formación. Invitámosvos a usar os materiais da mochila e a compartir un tempo de lectura cos vosos nenos/as.

COMO SE FAI? A titora dálle a cada alumno/a a mochila. Dentro hai unha carpeta con esta folla de instrucións e un “Diario viaxeiro” no que anotará o nome do neno/a e as datas de entrega e devolución da mochila. Levará tamén unha folla con consellos de como contar un conto.

QUE TEN QUE FACER CADA FAMILIA? - Se o desexades, podedes escribir no Diario as opinións que vos suxiran os materiais que leva a mochila. - Podedes tamén facer suxestións e os nenos/as poden facer debuxos sobre as lecturas. - Podedes incorporar fotos da familia compartindo a actividade. - Comprobade que o contido da mochila está ben coidado e que non falta nada. É moi importante xa que a mochila é de todos/as. - Devolvede puntualmente a mochila na data apuntada no Diario.

Un saúdo do Equipo da Biblioteca


CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

1.- “Carpeta viaxeira”, coas follas de instrucións e dos consellos de como contar un conto máis o “Diario viaxeiro”. 2.- Libros para saber máis:

“ Un, dous, tres, que ves? ”. “ Pequechos das montañas ”.

3.- Libros para ler:

“ Os tres osiños ”. “ El traje nuevo del Emperador ”. “Mi primer busca y encuentra: Buscando a Nemo”. 4.- Inglés:

“ A mascota Teddy” . 5.- Para adultos/as:

“ Vigo y su ría”.


CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS 1.- “Carpeta viaxeira”, coas follas de instrucións e dos consellos de como contar un conto máis o “Diario viaxeiro”· 2.- Libros para saber máis:

“ ¿ Cómo viven los niños en el mundo?”. “Os Bolechas queren saber… que se fai co lixo que chega ao complexo Medioambiental de Sogama”. 3.- Libros para ler:

“ Garavanciño ”. “ O coelliño branco ”. “ Os Bolechas van á praia”. 4.- Inglés:

“ A mascota Cookie”. 5.- Para adultos/as:

“ Vigo y su ría”.


CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS 1.- “Carpeta viaxeira”, coas follas de instrucións e dos consellos de como contar un conto máis o “Diario viaxeiro”· 2.- Libros para saber máis:

“Os Bolechas queren saber… Como se marisca a pé”. 3.- Libros para ler:

“A cebra Camila”. “Mira que paso!”. “ La sirenita”. 4.- Inglés:

“ A mascota Cookie”. 5.- Revista:

“National Geographic Kids. Nº 5”. 6.- Para adultos/as:

“ Vigo y su ría”.


CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA PRIMEIRO DE PRIMARIA 1.- “Carpeta viaxeira”, coas follas de instrucións e dos consellos de como contar un conto máis o “ Diario viaxeiro ”· 2.- Libros para saber máis:

“ ¿ Cómo crecen los animales ?”. 3.- Libros para ler:

“ Micifú e os seus amigos ”. “ Antón e o apalpador ”. “ Capitán Calabrote”. 4.- Inglés:

“ Feelings ”. 5.- Revista:

“National Geographic Kids. Nº 10”. 6.- Para adultos/as:

“ Vigo y su ría”.


CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA SEGUNDO DE PRIMARIA 1.- “Carpeta viaxeira”, coas follas de instrucións e dos consellos de como contar un conto máis o “ Diario viaxeiro ”· 2.- Libros para saber máis:

“ O meu pequeno animalario: Mares, ríos e lagos”. 3.- Libros para ler:

“ Peter Pan”. “ Os Bolechas queren saber… Como é unha praza ”. “Glub o incrible peixe bala”.

4.- Inglés:

“ The parts of the body”. 5.- Revista:

“National Geographic Kids. Nº 9”. 6.- Para adultos/as:

“ Vigo y su ría”.


CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA TERCEIRO DE PRIMARIA 1.- “Carpeta viaxeira”, coas follas de instrucións e dos consellos de como contar un conto máis o “ Diario viaxeiro ”· 2.- Libros para saber máis :

“ Coida o teu planeta ”. 3.- Libros para ler:

“ El secreto de la esfinge ”. “ Quen me quere adoptar ?”. “ Marea negra”. 4.- Inglés:

“ Dream Box. My first picture Dictionary ” . 5.- Revista:

“ National Geographic Kids. Nº 11”. 6.- Para adultos/as:

“ Vigo y su ría”.


CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA CUARTO DE PRIMARIA 1.- “Carpeta viaxeira”, coas follas de instrucións e dos consellos de como contar un conto máis o “ Diario viaxeiro ”· 2.- Libros para saber máis :

“ Baleas e golfiños”. 3.- Libros para ler:

“ Xan e Pericán”. “ Vinte mil leguas de viaxe submarina”. “ A serea da Illa Negra”. 4.- Inglés:

“ April Fool´s day”. 5.- Revista:

“ National Geographic Kids. Nº 6”. 6.- Para adultos/as:

“ Vigo y su ría”.


CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA QUINTO DE PRIMARIA 1.- “Carpeta viaxeira”, coas follas de instrucións e dos consellos de como contar un conto máis o “Diario viaxeiro ”· 2.- Libros para saber máis :

“ O teu corpo ”. 3.- Libros para ler :

“ La estafa del Coliseo ”. “ Escolma poética de Rosalía de Castro ”. “ Cando Verne amarrou en Vigo”. 4.- Inglés:

“ Wonderful Wild animal ”. ( Non escribir no seu interior). 5.- Revista:

“ Reportero DOC. Nº 185”. 6.- Para adultos/as:

“ Vigo y su ría”.


CONTIDO DA MOCHILA VIAXEIRA SEXTO DE PRIMARIA 1.- “Carpeta viaxeira”, coas follas de instrucións e dos consellos de como contar un conto máis o “Diario viaxeiro ”· 2.- Libros para saber máis :

“ Piratas e navegantes”. “ Drogas, ¿ Y eso qué es?”. 3.- Libros para ler :

“ La extraña máquina de libros”. “ Cando Verne amarrou en Vigo”: 4.- Inglés:

“ In the ocean”. 5.- Revista:

“ Reportero Doc. Nº 188”. 6.- Para adultos/as:

“ Vigo y su ría”.


CÓNTALLE UN CONTO… Contar contos é unha actividade moi gratificante, nos só para quen escoita senón tamén para quen narra. Habitualmente esta práctica asociase ás primeiras idades, é e certo que aos máis pequenos lles encanta que lles conten historias, pero os maiores son tamén un bo público...

E... QUE CONTOS PODO CONTAR ? Ante todo, a historia que elixas ha de gustarche a ti; ten que emocionarte. Aos máis pequenos gústanlle os contos populares, os clásicos, as historias con linguaxe sonora, os contos encadeados, as narracións que dan risa... Aos maiores interésanlles as historias de medo, de misterio, tamén as aventuras, os mitos e lendas, o humor, o absurdo...

XA , PERO , COMO O FAGO ? • Le a historia unha ou dúas veces, non tés que memorizala. • Ordena mentalmente as secuencias. • Identifica os momentos de tensión.

QUE RECURSOS PODO UTILIZAR ? Se elixiches un libro ilustrado, utiliza as imaxes para dialogar co teu fillo/a, elas tamén contan e aportan contido á historia. As marionetas conseguen captar a atención. Podes utilizar unha que represente ao narrador ou ao protagonista da historia. A estratexia de gardar un obxecto ou unha mensaxe nunha caixa ou bolsa pode sorprender e motivar ao teu fillo/a, sobre todo se é pequeno/a.


Introducir cancións e ritmos resulta moi atractivo e invita a participar. Se o teu fillo/a está interesado/a en ver unha película, podes aproveitar para ofrecerlle a historia orixinal. Unha noticia de prensa pode ser un bo argumento para contar e motivar o diálogo.

Á HORA DE CONTAR TEN EN CONTA O SEGUINTE : Elixe a fórmula que che pareza máis adecuada para iniciar o conto: Érase unha vez..., Contan que..., Nun lugar de..., Sabías que...? Intenta cambiar a voz, diferenciando ao narrador do resto de personaxes, para transmitir as súas emocións: se están enfadados, alegres, tristes… Se aparecen onomatopeas, enumeracións ou repeticións tenas en conta, xa que lle dan ritmo á historia e contribúen a que o neno/a escoite con interese e participe. Atende as pausas e os silencios. Adapta o texto a túa linguaxe, interpreta o estilo e o ton do conto: fantástico, humorístico, misterioso, terrorífico... Non abuses dos diminutivos, aínda que o teu fillo/a sexa pequeno/a. Conta con entusiasmo, con ganas. Invita ao teu fillo/a a participar na historia. Se te esqueces dalgún detalle non pasa nada, podes retomalo noutro momento se o cres necesario, pero non empeces de novo a historia.

NON ESQUEZAS QUE : Só necesitas ganas e unha boa historia. A contar, como calquera outra actividade, apréndese coa práctica. Todos e todas podemos contar, sen necesidade de ser profesionais.

ANÍMATE !!!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.