MANUAL COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Page 1


Para ser un bo axudante teño que: a.- Selo durante todo o curso completo. b.- Acudir a facer as gardas sempre que me toque. De non poder, debo cambiar a miña quenda con outra persoa colaboradora. c.- Tomar a merenda no banco de fóra da Biblioteca antes de entrar. d.- Falar sempre cun volume de voz baixo. e.- Coñecer ben as normas da Biblioteca e facerllas respectar a todos os usuarios/as. f.- Servir de exemplo para o resto do alumnado cumprindo todas as normas. g.- Acordar co meu compañeiro/a de garda o reparto de tarefas. h.- Facilitar que os meus compañeiros/as de garda fagan o seu traballo sen me entremeter. i.- Comportarse sempre correctamente: non enfadarme, non berrar... l.- Coñecer como está organizada a Biblioteca. m.- Axudar a buscar os libros e outros materiais que se me pidan. n.- Colocar correctamente os libros e material que se devolva, mantendo os andeis ordenados. ñ.- Orientar ao alumnado sobre a zona onde se atopa o material axeitado para cada idade. o.- Acender e apagar correctamente os ordenadores e o equipo de música. p.- Colaborar cos usuarios/as na procura de información en internet ou avisar á persoa responsable da Biblioteca. q.- Apuntar os libros de préstamo. r.- Anotar as quendas de uso de ordenadores e equipo de música.


s.- Comprobar se os libros de préstamo foron devoltos dentro do prazo correspondente. t.- Recoller e deixar ordenada a Biblioteca antes de saír. u.- Repartir os libros de préstamo e os carnés de lectura polas aulas. v.- Colaborar na redacción das novas da Biblioteca para a Revista Escolar. x.- Colaborar no mantemento do blog da Biblioteca. z.- Colaborar no que me solicite a persoa responsable da Biblioteca.

E tamén me comprometo a... Se nalgún momento hai alguén que non respecte as normas: 1º.- Explícolle de boas maneiras como debe actuar correctamente. 2º.- De ser preciso, lémbrolle como ten que facer. 3º.- De seguir cun comportamento incorrecto, aviso á persoa responsable da Biblioteca.


www.bibliotecaportocabeiro. blogspot.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.