Libro festas coca ok

Page 1

FESTAS EN REDONDELA Un achegamento didรกctico para escolares


Este material puido ser editado grazas ao premio recibido polo Equipo de Educación Infantil

no curso 2013-2014, a través da convocatoria de

“Traballo por proxectos” de Bibliotecas Escolares de Galicia. AUTORAS: Susana Crespo Pérez Dolores Sánchez Santorio (titoras de Educación Infantil). CEIP PORTO CABEIRO VILAR DE INFESTA (REDONDELA) CURSO 2014-2015


ÍNDICE Xustificación

1

1. O Concello de Redondela

2

1.1. 1.2. 1.3.

Situación xeográfica A “vila dos viadutos” O escudo e a bandeira

2. Festas en Redondela 2.1.

Festa dos Maios

2.1.1. Os Maios en Redondela 2.1.2. O proceso de elaboración

2 3 3 4 4 5 7

2.2. Festa do Choco

9

2.3. Festa de Corpus ou da Coca

11

2.3.1. 2.3.2. 2.3.3.

Lenda da Coca A festa na antigüidade Como se celebra actualmente

11 13 15

Bibliografía

22

Webgrafía

23

Agradecementos

24


XUSTIFICACIÓN No CEIP Porto Cabeiro de Redondela, estando no curso 2014- 2015 e tendo como Proxecto da Biblioteca do centro, ”Pegadas artísticas da Humanidade”, aprobado a través do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), o Equipo de Educación Infantil decidiu achegar unha realidade cultural e artística moi próxima ao noso alumnado, como son as Festas de Redondela (Festa dos Maios, Festa do Choco e Festa da Coca, coas súas manifestacións artísticas: a lenda da Coca, a Danza das Espadas e as Penlas). No noso curso, cando comezamos a buscar información sobre o tema nos materiais editados, así como nas páxinas web, atopámonos que esta está dirixida a poboación adulta e non é moi axeitada para idades escolares. De aí que as mestras deste ciclo decidíramos editar este libro para poder contar cun material de apoio e así poder utilizar e mostrar esta realidade aos nenos/as en idade escolar, Infantil e Primaria. Por isto,

esperamos

sexa

de

utilidade

para

outros

mestres/as

ou

profesionais que queiran achegar estas manifestacións artísticas aos seus alumnos/as de xeito ameno e divertido.

Traballo feito polos alumnos/as de Educación Infantil 1


1. O CONCELLO DE REDONDELA 1.1.

Situación xeográfica:

Redondela é un concello que limita ao norte co concello de Soutomaior, ao leste con Pazos de Borbén, ao sur con Mos e Vigo, e ao oeste coa ría de Vigo, que conforma na súa parte máis interior a Enseada de San Simón. Neste contorno desembocan os dous ríos que atravesan o municipio: o Alvedosa e o Maceiras. O río Maceiras percorre dende o alto de Cabeiro ata unirse en Redondela co Alvedosa, que ten o seu nacemento na parroquia de Amoedo (Pazos de Borbén). O concello conta cunha lonxitude de costa de 18.7 Km, onde destacan as praias de Cesantes, a Punta do Cabo e Arealonga. A súa superficie en quilómetros cadrados é de 52, contando cunha poboación total de aproximadamente 30.000 habitantes distribuída en catorce parroquias : Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta, Vilavella e O Viso.

2


1.2.

“A vila dos viadutos”

Redondela é coñecida como a "Vila dos Viadutos”, xa que a marca característica da vila é o seu ceo presidido por dous grandes viadutos ferroviarios construídos no século XIX: o Viaduto de Madrid e o Viaduto de Pontevedra. Dende 1978 ambos están catalogados como Ben de Interese Cultural".

Viaduto de Madrid

Viaduto de Pontevedra

(reformado recentemente)

(pasa o tren actualmente)

1.3.

Escudo e bandeira

O Concello de Redondela tamén conta cun escudo propio, que sufriu algúns cambios ao longo do tempo, e unha bandeira que identifica o municipio. Estes dous símbolos de Redondela, foron aprobados pola Xunta en Outubro de 2014, xa que ata ese momento non existía unha bandeira propia do concello e o escudo necesitaba de algún cambio. Actualmente, o escudo é de campo azul, coa letra R de ouro amarelo posta no centro, acompañada de tres vieiras, tamén de ouro, dúas na parte superior e outra na punta. Enriba atópase unha coroa real pechada, símbolo que en adiante representará a institución local redondelá. No caso da bandeira, a primeira que ten Redondela, é un pano granate sobre o que vai o escudo. No caso da bandeira, a primeira que ten Redondela, é un pano granate sobre o que vai o escudo. 3


Antes

Ano 2014

2. FESTAS EN REDONDELA 2.1.

Festa dos Maios:

“Os Maios” é unha celebración popular que se fai nalgunhas zonas de Galicia dende moi antigo, para conmemorar a chegada da primavera e o remate do inverno, e propiciar deste xeito a obtención de boas colleitas.

4


Debeu de ser coñecida xa na antigüidade, existindo a posibilidade de que fose introducida polos celtas ou polos iberos; pero do que non hai dúbida é que co tempo fíxose mais representativa.

2.1.1.

Os Maios en Redondela:

Non hai unha data exacta das primeiras festas, pero sabemos que na década dos anos 50 xa había algúns nenos/as que levaban os seus Maios e as súas coplas á vila.

Señores do Xurado ao maio cantamos a ver si por sorte un premio gañamos.

A carne do gando subírona outra vez en troques baixa a nosa dez quilos cada mes.

Con tanta subida nas casas hai barullos pois vence baixar os nosos bandullos.

A eses do xurado que están ante este maio si non nos da un premio que os parta un raio.

(Coplas do ano 1957) Actualmente celébrase o 1º de maio, con pasarrúas de varios Maios, estruturas de madeira cubertas con elementos naturais como fiúncho, flores silvestres, ovos, paus ou froitas. Despois, a esperada chegada á praza do Concello, onde se poden escoitar as diferentes coplas que se cantan arredor destas estruturas, todas elas narrando acontecementos de anos pasados cun ton satírico e cheas de retranca. Tamén se celebra un concurso para premiar as mellores figuras segundo a súa tipoloxía e as propias composicións das coplas.

5


Se tés algún problema

Esta nosa Redondela

vai o concello a toda presa

é un pobo de tolería

que si non está o alcalde

os problemas só se arranxan

cho resolve a alcaldesa.

alí nas cafeterías.

Poñen plantas a barullo

A miña avoa Josefa

e farolas a parir

a vaca non vai pastar,

o instituto e o mercado

dende que pasa no Cyber

quedan para o ano dous mil.

toda a tarde a chatear.

(Coplas do ano 1987).

(Coplas do ano 2000)

Existen dúas tipoloxías de “Maios”:  Tradicionais:soen ser cónicos e lembran a forma das árbores máis ou menos estilizadas. En Redondela admítense de calquera tipo, aínda que se adoita destinar un premio propio para eles.

 Artísticos:cando se trata de calquera figura, que pode ser dende unha casiña ata un pazo, un apeiro, un cruceiro, unha igrexa, etc.

6


Ademais de pola feitura, tamén se diferencian porque contan con coplas novas todos os anos, feitas para seren cantadas unha vez exclusivamente, e nas que predomina a crítica ás institucións públicas, partidos políticos, persoas sobresaíntes da vila, etc.

2.1.2.

O proceso de elaboración dos maios:

1. A estrutura

2. Elaboración dos elementos decorativos do maio: colares de flores, de ovos…

3. Colocación do fiúncho sobre a estrutura.

7


4. Colocaci贸n dos elementos decorativos sobre o fi煤ncho.

5. Resultado final

8


2.2. Festa do Choco A “Festa do Choco”, é un evento que forma parte da tradición e cultura de Redondela. Esta festa gastronómica vense celebrando dende 1987, e dende a súa 2º edición lévase a cabo a 2º fin de semana de maio.

O choco (molusco cefalópodo

de

corpo

ovado rodeado por dúas aletas laterais, con oito brazos

e

dous

tentáculos) , é un dos produtos

mais

representativos do mar que baña as costas de Redondela, ata tal punto que os habitantes da vila son coñecidos como “choqueiros e choqueiras”. 9


Tal é a representatividade deste produto que incluso o equipo local de fútbol recibe o nome de dito molusco (Club Deportivo CHOCO). Nesta festa os establecementos hostaleiros ofrecen as distintas variedades de preparación do choco como poden ser: arroz con choco, chocos na súa tinta, empanada de choco, choco á prancha, pizzas de choco, etc.

Chocos con arroz

Empanada de chocos

Chocos guisados con patacas

10


2.3. Festas de Corpus ou da Coca. Redondela ten o privilexio de ser a única vila galega onde unha vez ó ano, o día do Corpus Christi, a lexendaria Coca percorre as rúas da mesma maneira que fai centos de anos.

2.3.1.

Lenda da Coca:

Contan que hai moitos anos vivía un monstro xigantesco nas augas da ría de Vigo, que tiña aterrorizadas a todas as poboacións que a circundan , pero en particular a Redondela, pois cando tiña fame subía polo río Alvedosa e apoderábase dalgunha moza. Ninguén se atrevía a enfrontarse con el, pero un día varios mariñeiros armáronse de coraxe, colleron as súas espadas e foron na súa procura. A loita durou varios días. Vencido e morto o monstro trouxérono para o pobo, e os vencedores (os mariñeiros) empezaron a bailar arredor coas espadas nas súas mans; ao mesmo tempo varias mulleres puxeron sobre os seus ombreiros

nenas que non raptara e

tamén bailaron. De esta forma os redondeláns encadean nun mesmo feito as tres manifestacións máis tradicionais da festa do Corpus : o monstro é a Coca, as mulleres (chamadas “Burras”) coas Penlas sobre os seus ombreiros, e os valentes mariñeiros están representados polos mozos que bailan a Danza das Espadas. a) A

Coca:

é

un

dragón

pintado de verde e branco, imitando escamas, con ás de

morcego

rematada

en

e punta

cola de

dardo, que se pasea por Redondela. 11


b) As Penlas: son nenas vestidas de branco con abundantes encaixes, que bailan cos pés apoiados sobre os ombreiros dunha

muller,

coñecida

por

«Burra». Tradicionalmente, as encargadas de andar con elas eran as panadeiras de Porriño que viñan vender o pan a Redondela. Popularmente, chamáronlle “Burras” porque viñan moi cargadas. c) A Danza das Espadas: é un baile que representa a vitoria dos mariñeiros que loitaron coas súas espadas contra a Coca. Despois de vencer ao monstro, levárono para unha praza e danzaron ao seu redor. Antigamente, esta danza, estaba integrada por vintecinco homes, que parece ser o número clásico, distribuídos en: un Mestre (ou director da danza), catro Primeiros ou Guías, 4 Rabelos e 16 Espadas, aos que hai que engadir o son dunha gaita, un tambor e as castañolas dos danzantes. Actualmente, por razón de espazo o seu número adoita ser de vinte e un. Orixinalmente, empregábanse espadas de metal, ata que durante a procesión de Corpus de 1834, houbo unha escandalosa pelexa na que caeu a imaxe dun santo ao río; por isto, o alcalde decidiu substituír as espadas por outras de madeira pintada, que son as que se utilizan na actualidade. 12


Para

facilitar

os

movementos

os

danzantes levan as espadas suxeitas ao pulso cunhas cintas, tanto polas empuñaduras como polas puntas, o que lles permite tocar as castañolas.

2.3.2.

A festa na antigüidade:

A tarasca (ou Coca) de Redondela é actualmente a única que sobrevive en Galicia da que hai constancia da súa existencia durante o século pasado, pois a de Betanzos é unha recuperación moderna de hai moi poucos anos. Antigamente, a gran protagonista do día era a Coca, que se dedicaba a roubar sobre todo froita e rosquillas

aos

vendedores

que tiñan os seus postos montados nas prazas e rúas. En 1867 (o combate xa se suprimira

case

un

século

antes), aínda non perdera de todo as súas mañas, sendo moitos os vendedores que retiraban mercancías

parte cando

das se

achegaba o monstro, pois os portantes (os encargados de andar con el), roubaban todo canto collese pola boca do animal para depositalo no seu «estómago». Outras figuras destacadas eran o Choqueiro ( que ía diante da Coca) e o Céntulo (que ía detrás), tendo a mesma función, andar coa Coca e asaltar os postos de comestibles da festa.


O Choqueiro antigo (século XVIXVIII), era un home disfrazado de diaño, con varias chocas, sempre acompañado dun pau con unha ou varias vexigas de vaca ou porco infladas, coas que golpeaba aos espectadores. Esta costume desapareceu durante a segunda metade do século XIX. Outro elemento relevante e tamén moi coñecido era a imaxe xigantesca de San Cristovo, que medía 4 metros de alto e aproximadamente 80 quilos. As nais da vila aproveitaban a ocasión para pasar por debaixo do santo aos nenos/as cativos, que tiñan problemas de crecemento, para lograr a súa curación, e aos sans para que medraran tanto coma o Santo. Non podemos esquecer outras figuras representativas desta festa, como son os Xigantes e os Cabezudos. Os Xigantes existen dende hai moitos anos na celebración do Corpus, aínda que só hai constancia das súas imaxes

dende

o

século

sempre

como

parella,

XIX.

masculino

Ían e

feminino, formando un dúo, variando a súa indumentaria ao longo do tempo. Acompañando aos Xigantes saían os Cabezudos, danzando ao son da gaita e do tambor. Estas personaxes burlonas e travesas, fabricadas orixinalmente con cartón, recibían o nome de “Papamoscas” pola expresión das súas bocas. A partires de 1980 pasaron de ser 6 a 8 parellas.

14


Como se celebra actualmente: O principal día da Festa da Coca segue sendo o xoves de Corpus Christi. Neste día, logo de celebrarse a misa solemne na igrexa de Santiago, sae a gran procesión, que pasa por riba de varias

alfombras

de

flores

confeccionadas polos veciños durante o día e a noite anterior. O seu proceso de elaboración é o seguinte: - Desfollar as flores: esta tarefa comeza semanas antes da celebración da festa coa preparación dos pétalos e demais elementos necesarios para a decoración das alfombras.

- Marcar con xiz nas rúas as liñas dos debuxos das alfombras, ao longo da tarde anterior o día da festa.

15


-

Comezar a perfilar as liñas dos debuxos. Este traballo adoitan facelo á tardiña os nenos e nenas da vila, delimitando os diferentes deseños da alfombra.

- Encher os debuxos das alfombras cos pétalos das flores e outros materiais naturais. Esta tarefa soen facela os mais maiores ao longo de toda a noite.

- Chegar ao resultado final, tras unha longa noite de traballo floral.

16


Á mañá seguinte, o propio día da festa, estas alfombras son visitadas por moitos espectadores/as que veñen a gozar destas obras de arte naturais, antes de que pase a procesión por riba delas e as desfagan. Ao longo da procesión fanse diversas paradas en prazas, e nunha delas, ten lugar a parada principal, na que se arma un altar para posar a “Custodia” (que representa o Corpo de Cristo). A continuación empezan a bailar conxuntamente os danzantes coas súas espadas e as dúas Penlas sobre os ombreiros das “Burras”. A Danza das Espadas, dura o tempo que tardan en bailar as seguintes figuras, que sufriron modificacións co paso do tempo, algunhas se manteñen e outras foron cambiadas, que son: 1º . A Reverencia, que se lle fai á “Custodia”, na que os danzantes empezan a ir cara atrás, axeonllándose e levantándose á vez que se van alonxando. As Penlas sitúanse unha diante do Mestre e outra por detrás.

2º . O pase liso, que consiste en bailar ao son da música en filas, sen formar ningunha figura concreta. 3º.

O pase en cadeneta, no que o

mestre levanta os brazos collendo as puntas

das

espadas

dos

primeiros,

empezando os Rabelos a pasar por debaixo do arco ou ponte. As Penlas están a ámbolos dous lados do mestre. 17


4º .

O Camiño de Santiago, que consiste en formar dúas filas

paralelas deixando un espazo no medio. As Penlas sitúanse dentro deste camiño. Este paso faise xa que por Redondela pasa o Camiño portugués de cara a Santiago de Compostela.

5º . O Oito, que son dous círculos unidos, nos que entran as Penlas para bailar.

6º . A estrela, na que os danzantes forman unha X, e as Penlas bailan aos lados da mesma.

18


Despois desta figura, o Mestre sae do grupo a bailarlle ás Penlas, aos músicos e aos Rabelos, facéndolle unha triple reverencia á “Custodia”. Este é o momento mais emotivo do baile. 7º . A papoula, que consiste en formar tres pétalos da flor e o talo, na que as Penlas bailan dentro dos pétalos.

8º . A áncora, que representa o mar e a orixe mariñeira dos danzantes. As Penlas sitúanse no extremo da figura.

9º . O “R”, que representa a primeira letra de Redondela.

19


10º . A volta en reverencia, o último dos pasos, que consiste en dar toda a volta en círculo para facer a despedida.

Por outra banda, na actualidade, a pesar de seguir constituíndo elementos tradicionais da celebración da festa de Corpus, tanto a Coca como os Xigantes e Cabezudos foron separados hai xa tempo da procesión. Agora forman un elemento independente dentro dos festexos, paseando polas rúas acompañados de músicos, charangas ou gaiteiros. Os Xigantes son figuras de 3 metros de altura que se coñecen popularmente

como

“Abuelito”

e

“Abuelita”. Xunto con eles seguen saíndo

os

Cabezudos tal e como

facían na antigüidade.

Os Xigantes actualmente

Os cabezudos

20


Nas

últimas

décadas do século XX desapareceron as

figuras

Choqueiro Céntulo,

e

do

sendo

reducidas soa

do

a unha

personaxe:

Benito

Cascallo,

que ao igual que os anteriores

están

desvinculados da procesión. Xa que non se lle dotou dunha indumentaria concreta, a partir do ano 2008 comezouse a tarefa de recuperación do antigo traxe do choqueiro, tal e como luce na fotografía.

21


BIBLIOGRAFÍA: -Martínez Crespo, José: “A Festa da Coca de Redondela”. Concello de Redondela. -Concello de Redondela (Textos de J. Martínez Crespo): “A Coca de Redondela en 1000 imaxes”. -Puga, M. e Cal, M. : “Redondela”. Ir Indo Edicións, S.A. -Xesteira, J.A.: “A memoria de Redondela. Álbum de postais”. Editorial Xerais. 2001 -Cal, M. e Cal, F.: “25 anos de fotografía en Redondela”. Edita Cal3 Fotografía. 2001. -Arbués Villa, J.: “Xiana e a Coca de Redondela”. Colección Lendas Galegas. Aneto Publicacións. -Carreiro, P.: “Os Bolechas van de viaxe á Coca de Redondela”. Promocións culturais galegas. -Giráldez Lera, X.O.: “60 anos de crónicas redondelás (unha ollada dende as coplas dos maios)”. Concellería de cultura do Concello de Redondela. 2015. -González Pérez, C.: “El Corpus en Galicia: Redondela y Ponteareas”. Narria: Estudios de artes y costumbres populares, ISSN-e 02109441, Nº 77-78 (Ejemplar dedicado a: Pontevedra), págs. 47-56. 1997 -González Pérez, C.: “A Coca”. Concello de Redondela. 1987. -González Pérez, C.: “As penlas e a danza de espadas”. Concello de Redondela. 1987. -González Pérez, C.: “A Coca e o mito do dragón”. Ir Indo Edicións, Vigo. 1993. 22


WEBGRAFÍA: -http://anecdotarioredondelan.jimdo.com/ - http://www.redondela-server.net - http://www.lavozdegalicia.es -http://www.atlantico.net -http://www.plataformadigitaldefiestas.com/fiestas-eventosredondela/674-fiesta-corpus-christi-redondela-festa-coca.html - http://xigantes.teatroengalicia.es/concellos/redondela.htm - http://www.youtube.com/watch?v=OzRhv8o5nXU -http://www.youtube.com/watch?v=RGn7cLM0voo -http://bibliotecaportocabeiro.blogspot.com.es/ -http://www.edu.xunta.es/centros/ceipportocabeiro/ (nesta páxina web

está publicado o contido desta guía integramente e ademais unha serie de recursos e material para traballar na aula).

23


AGRADECEMENTOS  A Margot Araújo que viu ao cole xunto coas “Burras” (Sonia Carrera e Sonia) e as Penlas (Lía e Claudia) a explicar e amosar o valor cultural que ten esta manifestación artística.

 A Kiko (integrante da Danza das Espadas), Ángel (gaiteiro) e Xoel (tamborileiro) que nos ensinaron os pasos que realizan os danzantes das espadas o día da celebración da festa.

 A Sandra Iglesias Monroy pola achegas das fotos dos Maios.  Ás familias dos nenos e nenas de Infantil pola colaboración prestada. 24


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.