Kamishibai viaxe interplanetaria

Page 1


“OS CABEIRONAUTAS EXPLORAN O ESPAZO” É O PROXECTO DA BIBLIOTECA EN 2.016/17. O INVESTIGADO SOBRE O SISTEMA SOLAR TRANSMITÍMOLO CON ESTE KAMISHIBAI. A PROTAGONISTA É A MASCOTA SAÍNZA, QUE INICIA UNHA EMOCIONANTE VIAXE MONTADA NA SÚA SUPER NAVE ESPACIAL. EMPEZAMOS CO NOSO KAMISHIBAI TITULADO: “VIAXE INTERPLANETARIA”


INFANTIL 5 ANOS

O SOL


SAÍNZA PON RUMBO AO… SOL, A ESTRELA DO SISTEMA.

• O SOL atópase a 150 millóns de Km. da TERRA. A súa temperatura é de 6.000 graos centígrados na superficie e de 15 millóns no núcleo. • O SOL é a estrela máis próxima á TERRA. • Todos os planetas xiran ao seu redor. • Sen a luz e a calor que nos proporciona non podería haber vida no noso planeta. • A súa superficie, chamada FOTOSFERA, está formada por unha gran extensión de gas na que se producen explosións constantemente. • Presenta manchas solares nas que varía a temperatura. • Grazas a el e aos movementos da TERRA prodúcese o día/ noite e as estacións. • Non podemos miralo directamente xa que co seu brillo se nos poden danar os ollos.


6ยบ PRIMARIA

MERCURIO


SAÍNZA PON RUMBO A… MERCURIO

MERCURIO é o planeta do SISTEMA SOLAR máis próximo ao SOL e o máis pequeno. • Forma parte dos planetas interiores ou terrestres e carece de satélites.

MERCURIO

• MERCURIO está cuberto de cráteres. Coñecíase pouco da súa superficie ata que foi enviada a sonda planetaria Mariner 10 e se fixeron observacións con radar e radiotelescopio. • Antigamente pensábase que MERCURIO sempre presentaba a mesma cara ao SOL. En 1.965 mandáronse impulsos de radar cara a MERCURIO e así quedou demostrado que o seu período de rotación é de 58,7 días mentres que o movemento de translación é de 88 días.


4ยบ PRIMARIA

VENUS


SAÍNZA PON RUMBO A… VENUS - Coñecido como “Luceiro da alba ou do atardecer” recibe o seu nome en honor de VENUS, a deusa romana do amor. -É o segundo planeta do SISTEMA SOLAR máis próximo ao SOL e o terceiro máis pequeno. Denomínase xemelgo da TERRA debido ao seu parecido en canto a tamaño. - Ao estar cuberto por nubes densas é difícil observar o seu relevo. As imaxes obtidas indican que ten unha gran actividade volcánica e unha gran cantidade de cadeas montañosas. A montaña máis alta ten 11.800 metros. - Despois do SOL e da LÚA é o astro de máis brillo no SISTEMA SOLAR. -Presenta a maior temperatura (425º C) debido a que a súa atmosfera está formada por un 96% de dióxido de carbono. Experimenta un “efecto invernadoiro” que permite a entrada de calor mais non a saída. - Ao igual que MERCURIO carece de satélites naturais. Foi o primeiro en recibir un vehículo espacial non tripulado.


3ยบ PRIMARIA

TERRA


SAÍNZA PON RUMBO Á… TERRA

- A TERRA formouse hai 4.550 millóns de anos. - É o quinto planeta máis grande do SISTEMA SOLAR e o terceiro planeta máis preto do SOL. - Ten seis continentes aínda que a ANTÁRTIDA non se considera continente. - O setenta por cento da superficie terrestre é auga. - É o único planeta con vida e conta con millóns de especies de seres vivos. - Xira ao redor do SOL co movemento de translación, que dura 365 días e 6 horas, e ao redor de si mesma co movemento de rotación que dura 24 horas. - Ten un satélite chamado LÚA.


INFANTIL 3 ANOS

A LÚA


SAÍNZA PON RUMBO Á… LÚA • A LÚA atópase a 385.000 Km. da TERRA. • A LÚA é o único satélite que xira arredor do noso planeta. • A LÚA nunca está quieta, sempre está en movemento e faino de dúas formas distintas: Movemento de Rotación: É cando a LÚA xira arredor de si mesma. Movemento de Translación: É cando a LÚA xira arredor da TERRA. • A duración, tanto do Movemento de Rotación como o de Translación, é de 28 días, polo que sempre nos mostra a mesma cara. • Cando observamos a LÚA durante varios días parécenos que vai cambiando de forma. Estes cambios chámanse FASES LUNARES e son catro: LÚA CHEA, CUARTO MINGUANTE, LÚA NOVA E CUARTO CRECENTE. • A primeira viaxe á LÚA foi realizada no ano 1.969 a bordo do foguete espacial APOLO XI, sendo o primeiro ser humano en pisala o astronauta NEIL AMSTRONG.


2ยบ PRIMARIA

MARTE


SAÍNZA PON RUMBO A… MARTE MARTE é o cuarto planeta do SISTEMA SOLAR. MARTE é coñecido tamén como o planeta vermello. Ten xeo nos Polos. Está composto por rochas. Hai montañas, vales e moito po. En MARTE atópase o volcán máis alto de todo o SISTEMA SOLAR: o Monte Olimpo. Ten moitos leitos de ríos secos. Hai moito frío, polo que non existe a vida. Ten o val máis profundo: Val Marineris. MARTE ten dúas Lúas irregulares: FOBOS e DEIMOS.


5ยบ PRIMARIA

Xร PITER


SAÍNZA PON RUMBO A... XÚPITER - Coñecido dende a Antigüidade, recibe o seu nome por ser o maior de todos os planetas, xa que na Mitoloxía Romana XÚPITER era o deus principal. O seu volume é mil veces o da TERRA. -É o quinto planeta máis próximo ao SOL e forma parte dos planetas exteriores ou gasosos. -Na súa atmosfera hai unha zona de tormentas chamada “A Gran Mancha Vermella”, un enorme remuíño de gas, unha tormenta fortísima, que dura desde hai 300 anos e provoca ventos de 400 km/h. É tan grande que podería engulir dúas veces e media á TERRA. - Ten catro aneis de po formados polo choque de meteoritos contra as súas lúas interiores. -Posúe 64 satélites naturais. Os catro máis grandes, coñecidos como "Lúas de Galileo" son: ÍO, EUROPA, GANÍMEDES e CALISTO e foron descubertas por GALILEO en 1.610. - A súa temperatura media é de – 120º C.


1ยบ PRIMARIA

SATURNO


SAÍNZA PON RUMBO A... SATURNO -É coñecido dende a antigüidade xa que é facilmente visible durante a noite. GALILEO foi o primeiro en observalo cun microscopio e HUYGENS descubriu os seus aneis formados por partículas de xeo, po e material rochoso e cuxa orixe se supón que é debida ao choque dalgún cometa contra unha lúa de SATURNO. -Recibe o seu nome en honor ao deus romano da agricultura e as colleitas. -Pertence ao grupo dos chamados planetas exteriores ou xigantes gasosos. -É o sexto planeta a partir do SOL e o segundo maior do SISTEMA SOLAR. -O seu día dura 10 horas e 35 minutos e tarda 29 anos terrestres en dar a volta arredor do SOL. -A súa temperatura é de-125ºC na superficie e de moitísimo máis no seu interior. -A súa coloración amarela e branca débese a franxas atmosféricas creadas por distintos gases como o hidróxeno e o helio. É menos denso do que a auga (flotaría no Océano). -Ten duascentas lúas ou satélites. A máis coñecida delas é TITÁN que está a ser explorado pola sonda CASSINI.


3ยบ PRIMARIA

URANO


SAÍNZA PON RUMBO A… URANO

-URANO era o Deus do ceo na mitoloxía grega. - URANO foi descuberto polo astrónomo William Herschel no ano 1.781. -É o sétimo planeta en órbita arredor do SOL, o terceiro máis grande e o cuarto con máis masa do SISTEMA SOLAR. -Xira en sentido oposto a como o fai a TERRA. -Ten 27 satélites e, polo menos, 13 aneis . -Un dos seus satélites chámase MIRANDA, que ten unha superficie moi estraña, con canóns doce veces máis profundos que o Gran Canón do Colorado. -Unha nave chamada Voyager 2 é a única que se acercou a URANO; fíxoo durante 5 horas e 30 minutos mentres ía camiño ao Espazo exterior.


5ยบ PRIMARIA

NEPTUNO


SAÍNZA PON RUMBO A… NEPTUNO

- GALILEO observou NEPTUNO por vez primeira en 1.612 pero confundiuno cunha estrela, polo que non se lle pode atribuír a descuberta. Foi o primeiro planeta atopado por predición matemática en vez de pola observación. Recibe o nome do Deus romano dos mares. -NEPTUNO é o oitavo planeta máis afastado do SOL polo que recibe moi pouca calor. A súa temperatura superficial media é de -218 °C. Pero teu unha fonte interna de calor. - NEPTUNO é un planeta dinámico, con manchas que lembran as tempestades de XÚPITER. A máis grande, a “Gran Mancha Escura”, tiña un tamaño similar ao da TERRA, pero en 1.994 desapareceu e formouse outra. Os ventos máis fortes do SISTEMA SOLAR son os de NEPTUNO, xa que se mediron velocidades de 2.000 Km/hora. - Ten 17 veces a masa da TERRA. - Ten catro aneis estreitos e tenues formados a partir de partículas de po desprendidas de impactos de meteoritos. -Unha nave tería quen facer unha viaxe de doce anos para chegar ata el.


6ยบ PRIMARIA

PLUTร N


SAÍNZA PON RUMBO A… PLUTÓN

PLUTÓN é un planeta anano do SISTEMA SOLAR, situado a continuación da órbita de NEPTUNO. •

O seu nome débese ao Deus romano Plutón. •

Posúe cinco satélites.

A súa grande distancia ao SOL e á TERRA, unido ao seu reducido tamaño, impide que sexa apreciado a simple vista.

PLUTÓN foi descuberto en febreiro de 1.930 e foi considerado o noveno e o máis pequeno planeta do SISTEMA SOLAR. Durante moitos anos pensouse que PLUTÓN era un satélite de NEPTUNO. • •

No ano 2.006 acordouse considerar a PLUTÓN como un planeta anano ou Planetoide.

O período de rotación é igual a 6,39 días terrestres e o de translación dura 248 anos terrestres. •

Ten células de xeo.


INFANTIL 4 ANOS

AS ESTRELAS


SAÍNZA PON RUMBO ÁS… ESTRELAS -As ESTRELAS son motores de enerxía cósmica que producen calor, luz, raios ultravioleta, raios X e outras formas de radiación. Están compostas case na súa totalidade de gas e plasma. -Aínda que a ESTRELA más coñecida, o SOL, existe en solitario, a maioría das ESTRELAS orbitan mutuamente de dúas en dúas. -Ninguén sabe cantas ESTRELAS existen. O noso universo podería albergar máis de 100.000 millóns de galaxias, e cada unha delas podería ter máis de 100.000 millóns de ESTRELAS. -Tan só nunha noite clara, dende a TERRA, poden observarse arredor de 3.000 ESTRELAS a simple vista. -Algunhas ESTRELAS sobresaen sempre do resto: polo seu brillo e tamén a distancia á que se atopan da TERRA. -As ESTRELAS do ceo tamén poden parecer de diferentes cores porque as súas temperaturas non son iguais. As ESTRELAS quentes son brancas ou azuis, mentres que as máis frías parecen ter tonalidades vermellas ou alaranxadas. -As ESTRELAS poden ter moitos tamaños, que as clasifican dende ananas a superxigantes.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.