Entrevista marcos calveiro

Page 1

19 de Decembro 2.017

SEXTO ENTREVISTA A…

MARCOS CALVEIRO O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria mantivo un Encontro co escritor MARCOS CALVEIRO na Biblioteca. Previamente, lemos o seu libro “A casiña branca”, a historia de dous nenos: NenoRadio e NenaPilas que viven no inmenso vertedoiro no que se converteu o mundo e que loitan por abandonalo e atopar un lugar mellor: unha casiña branca.

MARCOS amosounos un vídeo para criticar a situación de moitos países e mares convertidos nun inmenso vertedoiro. Tamén denunciou a situación de miles de nenos e nenas que viven e traballan neles en situacións moi perigosas. Logo da súa charla puidemos facerlle unha morea de preguntas. Esta é a ENTREVISTA que lle fixemos os alumnos/as da clase de Sexto de Primaria: • Cantos anos tes? Corenta e nove. • Onde vives? En Vigo. • Tes fillos? Teño dous fillos: Lucas, de dezasete anos e Zoe, de trece. (ISMAEL)

• De pequeno, xa te gustaba ler? Si, gustábame ler e tiña na casa unha gran biblioteca. • E escribir? Tamén me gustaba escribir e empecei a facelo con quince anos. (MARTINA) • Por que te gusta escribir libros? Porque podes viaxar a onde queiras coa imaxinación. • Cantos libros levas escrito ata o momento? Publicados, vinte e tantos. (XOEL) • En que te inspiraches para poñer o título “A casiña branca” ? Nunha música, nunha canción. • Que significa a súa dedicatoria? A dedicatoria “A Lucas e Zoe” fai referencia aos meus fillos. (LAURA)


• Por que no libro “A casiña branca” os protagonistas son dous nenos: NenoRadio e NenaPilas? O libro empezou sendo unha obra de teatro e logo transformeina nunha novela para nenos, quería que os protagonistas fosen nenos. • Por que escolliches un vertedoiro como o lugar da acción? Porque moitos nenos do mundo viven e traballan nun vertedoiro. (HUGO) • Se tiveses que continuar “A casiña branca” nunha segunda parte, como sería? Non a continuaría, prefiro deixar un final aberto para que o lector/a imaxine o que acontece despois, así exerce a imaxinación. • Cústache moito atopar a inspiración? Depende do momento, as veces podo escribir tres novelas á vez. Agora levo catro anos sen escribir. • Como o fas? Vexo unha foto, fíxome en algo que ocorre ou en algo que di alguén e a partir de aí fago a historia. (NEREA) • Dos libros que escribiches, cal é o teu favorito? Son todos favoritos, gústanme todos. É como os pais e nais que queren a todos os seus fillos por igual. • Cal é o teu escritor/a favorito/a? Teño moitos escritores que me gustan, non sei dicir un en concreto. Gústame moito a literatura de Ciencia ficción e o cómic. (NAYARA)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.