Caderno de investigación

Page 1

CADERNO

BIBLIOTECA

DE INVESTIGACIÓN

CEIP PORTO CABEIRO PLAMBE 2.015/16


“Estación Porto Cabeiro: Unha viaxe polo mundo” é o título do Proxecto da Biblioteca para o curso 2.015/16. Quixemos que o alumnado saíse do seu ámbito máis próximo para internarse no mundo, coñecendo outros espazos e territorios, países e cidades, linguas e culturas, personaxes… coñecemento, oñecemento, chegar ao respecto, ao mergullándonos na súa diversidade para, a partir do seu c diálogo e á paz entre pobos. Con este Caderno de Investigación pretendemos propiciar a produción propia de información contribuíndo así o desenvolvemento das Competencias Clave. Quixemos que o alumnado tivese oportunidades oportunidades para usar diferentes recursos, como poden ser libros informativos e outros materiais, practicando tamén a busca de información en Internet para, máis tarde, seleccionala e organizala. O Caderno, que se edita en formato papel e dixital, dixital, leva por título “Saínza, unha aventureira polo mundo” xa que é a nosa Mascota o elemento unificador do relato informativo.

AUTORES: MESTRES E ALUMNADO EDITADO POR: BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP PORTO CABEIRO VILAR, REDONDELA CURSO 2.015/16


SUDÁFRICA

REINO UNIDO

XAPÓN

MÉXICO

GÚSTANME ESTES LUGARES E QUERO COÑECELOS. QUEREDES VIAXAR COMIGO? COMEZAREI POR…

INDIA

ESTADOS UNIDOS

AUSTRALIA

FRANCIA ITALIA BRASIL

GROENLANDIA


… SUDÁFRICA SUDÁFRICA, que está no Sur do continente africano. Podemos viaxar en…

A bandeira do país é multicolor Os seus habitantes son os Surafricanos Surafricanosafricanos- as. Ten tres capitais: Pretoria, Pretoria Bloemfontein e Cidade do Cabo.

CADERNO DE VIAXE DE SAÍNZA • • • • • •

Sudáfrica é coñecida pola súa diversidade de culturas, idiomas e crenzas relixiosas, polo que se chama "Nación arco da vella". Ten once linguas oficiais,, dúas delas europeas e as outras nove nativas africanas. O inglés é usado por todos os habitantes. O 80% da poboación é de raza negra negra. A súa moeda chámase Rand. Ten unha rica flora e fauna:: pradería, sabana, selva… onde viven leóns, leopardos, hienas, hipopótamos, elefantes, xirafas… Conviven no país dúas etnias nativas: Os Zulús, máis de 10 millóns de persoas, e os Bosquimáns, “Homes do bosque”, uns 7.500. Personaxe famoso é Nelson Mandela que chegou a ser Presidente do país despois de estar no cárcere 27 anos pola súa oposición ao “apartheid”, un sistema no que os brancos, unha minoría, gozaban de privilexios inxustos, como ser os únicos que podían votar e viaxar libremente librem polo país. Os negros gros debían estudar e vivir en escolas e lugares afastados dos brancos, gañaban menos que os brancos realizando o mesmo traballo… trab O “apartheid” está abolido hoxe en día. Nas aforas das cidades están as Townships Townships, barrios pobres habitados, sobre todo, por negros. A de Soweto, Soweto en Johannesburgo é a máis pobre.

BIBLIOTECA


A segunda parada será en ... XAPÓN, XAPÓN que está no Este do continente asiático. Podemos viaxar en ...

A bandeira do país chámase “hinomaru” Os habitantes son os xaponesesxaponeses- as ou nipónsnipóns- niponas. niponas A capital Tokio é a cidade máis poboada do mundo.

CADERNO DE VIAXE DE SAÍNZA • • • • •

Xapón é coñecido como “O país do sol nacente”. Os “Kanji” que compoñen o seu nome significan “Orixe rixe do sol” 日本. É un arquipélago de máis de seis mil illas volcánicas sometidas a influencia de tsunamis, terremotos… … O pico máis alto é o Monte Fuji-Sun. Na fauna abundan bundan o oso negro, o cervo sik sika, o macaco de cara vermella, o gato leopardo, o zorro ro vermello e grúas. Piñeiros, carballos e bosques de bambú, arrozais, ameixeiras e fermos fermosas cerdeiras constitúen a súa flora. A súa lingua é o xaponés, aínda que tamén se fala o ainu e algunhas linguas ryukyuenes. A moeda é o Yen. Xapón é a terceira potencia económica do mundo, o que se chama o “milagre milagre xaponés”, xaponé explicable grazas a súa tenacidade. A cultura une a tradición (a herdanza dos samurais e das geishas en kimono, o kárate, o sumo, a cerimonia do té, té a gastronomía representada no sushi; o teatro do kamishibai, as cidades salpicadas de Torii, arcos sagrados, e os aleiros inconfundibles das Pagodas, torres budistas) coa modernidade (a puxanza das súas cidades dades de rañaceos e luces de neon, o karaoke, o manga… e a tecnoloxía punta, sendo líderes en

electrónica, robótica e telecomunicacións telecomunicacións. Xapón albergará os Xogos Olímpicos límpicos de 22.020.

2º PRIMARIA


A terceira será en ... MÉXICO, MÉXICO que está na parte meridional de América do Norte. Podemos viaxar en ...

A bandeira do país é tricolor cun escudo no centro Os seus habitantes son os mexicanosmexicanos- as. as. A súa capital é México D.F. D.F

CADERNO DE VIAXE DE SAÍNZA • • • • • • •

O seu nome oficial é Estados Unidos Mexicanos. Entre os seus habitantes hai indíxenas, persoas de orixe europea e mestizos. A lingua oficial é o español,, aínda que conviven 89 linguas indíxenas. A moeda é o Peso mexicano. Na flora abundan a chumbeira, a iuca, o guaiule nas zonas áridas; na zona cálida hai densas selvas tropicais con árbores como o coqueiro, chicozapote (do que se obtén o chicle), de froitas tropicais como o mamei ou a goiaba, o piñeiro, a aciñeira e o oiamel. Na fauna destacan os lobos e coiotes; nas zo zonas nas máis altas o teporingo e o coello dos volcáns. Nas ladeiras das montañas os ocelotes, xaguares, pecarís, veados e pumas. Tamén hai réptiles como tartarugas, iguanas, serpes e lagartos. Ten moitos recursos naturais:: prata, ouro, carbón, ferro, chumbo, cobre, xofre, mercurio e zinc. O petróleo e o gas natural son abundantes. A cultura é unha mestura de tradicións indíxenas, españolas e estadounidenses. As cancións e danzas son acompañadas de conxuntos musicais musica onde o principal instrumento é a guitarra.. O Orixinaria de Jalisco é a banda de mariachis que interpretan a rancheira. rancheir México é famoso pola súa gastronomía gastronomía.. Pratos coñecidos son os tacos, burritos, enchiladas, tortillas, quesaillas, tostadas e tamales.

INFANTIL 3 ANOS


A cuarta parada será en en… AUSTRALIA, AUSTRALIA que está en OCEANÍA OCEANÍA, situada no Hemisferio Sur. Podemos viaxar en…

A bandeira está composta pola do Reino Unido e, debaixo, unha estrela de sete puntas coñecida como a “Commonwealth Star Star”” e cinco estrelas á dereita. Os seus habitantes son os australianosaustralianos- as e os primeiros poboadores os aborixes. aborixes A súa capital é Camberra. Camberra.

CADERNO DE VIAXE DE SAÍNZA • • • • • • • •

É un dos catorce países que forman Oceanía e un dos etnicamente máis diversos do mundo.. A igualdade, a tolerancia, o respecto, a liberdade de expresión e a relixión son moi valoradas. A lingua oficial é o inglés aínda que se falan o cantonés, o vietnamita, o italiano, o grego… A súa moeda é o dólar australiano. O clima é temperado e as estacións do ano son opostas ás do Hemisferio Norte. A fauna é célebre pola presenza dos marsupiais e ten abundancia de animais velenosos e tamén gran variedade de lagartos. Na flora,, a pesar de que hai gran diversidade, o eucalipto é a árbore mais coñecida coñecida; pero o emblema floral é a acacia. Entre os monumentos destacan a ópera de Sidnei que é Patrimonio da Humanidade. Entre os lugares destacan o monte Uluru, que é un lugar sagrado para os aborixes e tamén Patrimonio da Humanidade e o monte Kata Tjuta, que significa moitas cabezas en lingua aborixe. En literatura destacan Brice Courtenay, Helen Garner… En pintura destacan as pinturas en area, rocha e covas así como a talla en madeira e outros materiais. Entre os pintores destacan Sir William Wi Dobell, Sir George Russell, DrYsdale e Fred Willians. O día de Australia é o 26 de xaneiro e sinala a fecha en que os europeos se instalaron por primeira vez en Australia.

4º PRIMARIA


A seguinte parada é en… ITALIA, ITALIA que é unha península situada en Europa. Europa Podemos viaxar en…

A súa bandeira é tricolor Os seus habitantes son os italianositalianos- as. as. A súa capital é Roma. Roma

CADERNO DE VIAXE DE SAÍNZA • • • • •

A República de Italia está dividida en cinco rexións xeográficas nas que se atopan as cidades máis importantes: importantes Milán, capital da moda; Turín,, centro da industria automob automobilística; Florencia; Venecia; Nápoles... A lingua oficial é o italiano,, aínda que en determinadas rexións existen dialectos e derivados desta lingua. A súa moeda é o € (Euro). É un país bicontinental:: O seu territorio esténdese en dous continentes: Europa e África. O territorio europeo está formado pola Península Itálica, o val do río Po e as illas mediterráneas de Sardeña e Sicilia; o territorio africano está formado por tres illas: Lampedusa, Lampione e Pantelaria. A cordilleira dos Alpes bordea o país polo norte. Por outra banda, posúe dentro do seu territorio dous estados independentes, que son San Mariño e Cidade do Vaticano,, localización moi importante para a relixión católica. É un país de gran tradición cultural cultural, feito demostrado polo número de Patrimonios da Humanidade que posúe, o maior de todo o mundo. Por isto, xunto co atractivo das súas tradicións e gastronomía, considérase un dos países con maior atractivo turístico do mundo.

INFANTIL 5 ANOS


Seguinte parada… BRASIL, BRASIL que está en América do Sur. Sur Podemos viaxar en…

A súa bandeira é fermosísima Os seus habitantes son os brasileñosbrasileños- as ou brasileirosbrasileiros- as. as. A súa capital é Brasilia.

CADERNO DE VIAXE DE SAÍNZA O idioma oficial do país é o portugués. A moeda oficial é o Real. O seu símbolo é R$. É o 5º país máis grande do mundo por superficie e en número de habitantes. A estatua do Cristo Redentor,, en Río de Janeiro, está considerada como unha das Sete Marabillas do Mundo. Mundo A Amazonía é a selva tropical ical máis rica e biodiversa do P Planeta. É o fogar de máis de 80.000 especies de plantas plan distintas. O guacamayo é un animal emblemático lemático de Brasil e se considera a ave nacional. Brasil ten en unha das poboacións de aves e anfibios máis diversas do mundo. E grandes mamíferos como: pum pumas, xaguares, aguares, ocelotes, raposos, tapires, osos formigueiros, preguiceiros, zarigüeias, armadillos… O río Amazonas é o río máis caudaloso do mundo. Debido as súas dimensións se lle chama o Río Mar. Mar A lonxitude é de 6.800 km. O fútbol é o deporte máis popular. A súa selección gañou en cinco ocasións o Mundial. As artes marciais como a capoeira, recoñecida como a arte marcial nacional, tamén gozan de gran popularidade. Ademais, os Xogos Olímpicos de 2.016 son en Río de Janeiro. O Entroido de Río de Janeiro é unha das festas máis importantes.

3º PRIMARIA


Agora toca ir … o REINO UNIDO - UNITED KINGDOM, KINGDOM que está en Europa. Europa Podemos viaxar en…

A súa bandeira é moi xeométrica Os seus habitantes son os británicosbritánicos- as. as. A súa capital é Londres. Londres

CADERNO DE VIAXE DE SAÍNZA • • • • • • • • • •

Denominado oficialmente Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Irlanda.. É un estado unitario comprendido por 4 nacións: Escocia, Gales, Inglaterra e Irlanda do Norte, situadas en dúas illas distintas. É unha monarquía parlamentaria sendo a Raíña Elizabeth II a Xefa do Estado. As cidades máis importantes son: Londres, Birmingham, Glasgow, Liverpool, Edimburgo, Manchester, Cardiff, Belfast... A poboación total ascende a 64 millóns de persoas. A lingua oficial é o inglés. A moeda do país é a libra esterlina. As festividades máis coñecidas son: Halloween, Bonfire Night, Christmas, Carnival, Easter, Saint Valantine´s day, Saint Patrick´s Day… Os monumentos máis visitados sonn o Big Ben Ben, London Eye, Buckingham Palace, Stonehenge, Saint Patrick´s Catedral… Na fauna destacan paxaros, gaivotas, focas, raposos e esquíos. Na flora as árbores máis comúns son o carballo, o olmo, o freixo , o pino , o bidueiro e a faia.

ENGLISH CLASSROOM


Seguinte parada en… INDIA, INDIA situada no sur de Asia. Podemos viaxar en…

A bandeira é tricolor: a cor azafrán significa Sacrificio; Sacrificio o branco, pureza; pureza o verde, fertilidade; fertilidade a roda, un cambio pacífico. pacífico Os seus habitantes son os indiosindios- as ou hindús. hindús A súa capital é Nova Delhi.

CADERNO DE VIAXE DE SAÍNZA • • • • • • • • • •

Ten máis de 1.240 millóns de habitantes habitantes. Os idiomas oficiais son o hindi e o inglés, existindo outras 21 linguas oficiais. É a segunda entidade xeográfica con maior diversidade cultural, lingüística e xenética do mundo, despois do continente africano. Na flora destaca a selva tropical e o bosque de coníferas no Himalaia Himalaia. Entre as árbores o nim, usado nas zonas rurais para a elaboración el de remedios caseiros, e a figueira de pipal,, árbore relacionada con Buda Buda. Animais sagrados son o tigre de Bengala, a vaca, o elefante, o pavo real… Hai una grande diversidade relixiosa relixiosa: Budismo, Xudaísmo, Hinduísmo, Islamismo, Cristianismo ristianismo e outras crenzas minoritarias. As persoas clasifícanse en catro castas que definen o seu estatus social, con quen se poden casar e o tipo de traballos que poden realizar. r Ten unha historia, cultura e tradicións antiquísimas antiquísimas:: Moitas narracións, lendas e contos coñecidos por nós proveñen da literatura oral hindú. Foi colonia inglesa. En 1.947 proclamou a súa independencia independencia. Mahatma Gandhi contribuíu á mesma reunindo a millóns de persoas en campañas de desobediencia e de non violencia.. O 30 de xaneiro de 1.948 morreu asasinado. Para lembralo celebramos nesa data o Día da Paz. A gastronomía é variada. É unha comida vexetariana vexetariana:: arroz, verduras, leite, lentellas, doces… Usan moitas especias: mostaza negra, xenxibre… É un dos principais ais destinos turísticos do mundo. Entre os monumentos destaca o Taj Mahal, construído do na cidade de Agra, á beira do río Yamuna, polo emperador Shah Jahan na memoria da súa esposa, coñecida como Mumtaz Mahal, que morreu no parto dunha filla. Bollywood é o nome usado para a industria do cine, situada en Bombay. O nome provén ovén dun xogo de palabras entre Bombay e Hollywood.

5º PRIMARIA


Agora iremos a… EE UU, UU que está no Norte do continente americano. americano Podemos viaxar en...

A bandeira é coñecida no país como “Stars and Stripes” Os seus habitantes son os/as estadounidenses. estadounidenses. A súa capital é a cidade de Washington, D C.

CADERNO DE VIAXE DE SAÍNZA Estados Unidos está constituído por 50 Estados. A cidade máis populosa é Nova York, con 8.100.000 habitantes. A moeda dos Estados Unidos, o dólar dólar,, é a divisa máis amplamente utilizada nas finanzas e no comercio en todo o mundo. O inglés foi sempre o idioma predominante e é falado pola inmensa maioría, sendo de feito o idioma dos Estados Unidos. É o paíss que máis produce películas, debuxos animados e series de televisión en todo o mundo. Hollywood é un símbolo da Sétima Arte. A principal festa nacional é o 4 de xullo xullo, Día da Independencia, cando os americanos celebran a separación das trece colonias do Imperio I Británico. É considerado un país megadiverso pola súa fauna e flora. Entre os mamíferos destacan o veado de cola branca, o cervo mulo, o antílope americano, o carneiro das Rochosas, o oso pardo e o oso grizzly. O país inclúe paisaxes distintas,, desd desdee as praias tropicais de Florida ata os picos alpinos das Montañas Rochosas, praderías, desertos baldíos do Oeste e as paraxes de natureza salvaxe do Nordeste e Noroeste. Barack Obama foi o primeiro home negro en asumir a Presidencia en toda a historia dos Estados Unidos. Os deportes favoritos dos estadounidenses son fútbol americano, béisbol e baloncesto, sendo o primeiro o máis popular no país.

6º PRIMARIA


Penúltima parada en… FRANCIA, FRANCIA que se encontra no continente europeo. europeo Podemos viaxar en…

A súa bandeira ten tres cores Os seus habitantes son os francesesfranceses- francesas. francesas. A súa capital é París.

CADERNO DE VIAXE DE SAÍNZA • • • • • • • • • •

Dentro das súas fronteiras atópanse dous principados: Mónaco e Andorra. Dentro do seu territorio encóntrase parte da cordilleira dos Alpes e parte da cordilleira dos Perineos, Perineos coa que fai fronteira con España. Na flora as principais árbores son o castiñeiro, o carballo, a nogueira, o abeto, o piñeiro piñeiro,, oliveira, laranxeira… Na fauna pódense atopar osos pardos, rebecos rebecos,, marmotas, lebres, coellos de monte, porcos bravos, veados de diversos tipos… Entre os paxaros andoriñas e merlos.

A súa lingua oficial é o francés e a súa moeda é o Euro - €. París,, a capital, é unha das súas cidades máis importantes e con máis reclamo turístico. Os monumentos máis destacados nes neste país son: a torre Eiffel, o Arco do Triunfo,, a catedral de Notre Dame ou o museo do Louvre. Francia é famosa pola súa gastronomía sendo moi coñecida a súa repostería, o pan de baguette, o foie gras, o queixo ou as crepes. De Francia nos chegan moitos pintores como Matisse, Cézanne, Monet ou Renoir. Personaxes ilustres son, entre outros, o filósofo Descartes; Louis Braille, inventor do código Braille; B ou os científicos Pierre e Marie Curie.

INFANTIL 4

ANOS


Última parada en… GROENLANDIA, GROENLANDIA situada no Polo Norte. Norte. Podemos viaxar en…

A bandeira bicolor coñécese como “Aapplaatog” Aapplaatog , “a vermella” Os seus habitantes son os groenlandeses - groenlandesas . A súa capital é Nuuk. Nuuk

CADERNO DE VIAXE DE SAÍNZA • • • • • • • • • • • •

É a segunda illa máis grande do mundo mundo, despois de Australia, e pertence a Dinamarca. A Xefa do Estado é a Raíña R Margarita II. Foi descuberta polo viquingo “Erik el Rojo”, no ano 982. Chamoulle Gronland “Terra verde”. A lingua oficial é o groenlandés. O danés é falado por unha minoría de orixe europeo. A súa moeda é a Coroa Danesa (Krone). O 80% está cuberto de xeo.. É a segunda reserva de xeo do planeta, despois da Antártida.. De derreterse, o nivel do mar elevaríase elevarí en 7 metros. A poboación é moi escasa: 57.000 persoa viven na costa que non ocupa o xeo. A maioría son indíxenas indíxena de ascendencia inuit, o resto procede de Dinamarca. Os Inuits son nómadess e seguen aos animais que cazan cazan. No seu escudo figura nun campo de azur un oso polar. O clima é Ártico:: na capital as temperaturas varían dende -90 C ata 70 C. No Norte do país as temperaturas poden chegar ata -400 C. Fauna:: existe unha gran variedade de vida animal animal, tanto acuática como terrestre:: o oso polar (o seu máximo representante), a foca, a morsa,a forca, o caribú ou reno, a beluga, o narval, a balea boreal, o zorro ártico, a medusa melena de león, a escúa ártica, a lebre ártica, o boi almizclero… almizcler A súa economía depende da exportación de peixe peixe, sendo o camarón a súa maior fonte de divisas.. Dispoñen de recursos r petrolíferos e mineiros. Non hai estradas asfaltadas como coñecemos, só dentro das cidades uns poucos quilómetros. Usan barcos, avións, trineos tri de cans e motos de neve. A balea, en concreto a súa pel, e a foca son os pratos nacionais. Non existe o dereito de propiedade sobre as terras, todo é comunal. As tubaxes están calefactadas; senón, estalarían. O Parque Nacional do Nordeste é o máis grande do mundo. Está considerado Reserva Internacional da Biosfera, Biosfera un paraíso natural.

1º PRIMARIA


“ESTACIÓN PORTO CABEIRO: CABEIRO: UNHA VIAXE POLO MUNDO”


BIBLIOTECA CEIP PORTO CABEIRO

PLAMBE 2.015/16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.